17, Novembro 2010

No Concello de Beariz será o primeiro da súa historia, mentres en Boborás será éste o cuarto proxecto que se pon en marcha, en ámbolos dous concellos terán unha duración de 6 meses, e o inicio da súa actividade está prevista para o vindeiro mes de decembro. Especialmente chamativo resulta o caso de Beariz, concello que tan só conta con 32 persoas en paro, e que polo tanto se aproximará o "pleno-emprego" unha vez que ven de confirmarse a concesión deste proxecto por parte da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, que dará formación ocupacional a un total de 18 personas, que se repartirán en dous módulos, ún de albanelería e outro de medio-ambiente. O Obradoiro bearicense ocuparáse en traballos de recuperación do partrimonio etnográfico e do entorno natural, tales como o acondicionamento de eiras e das marxes dos rios. En Boborás, serán 24 as persoas que serán seleccionadas para participar neste novo obradoiro de emprego, que centrará a súa actividade na construcciión dun centro social na parroquia de Xendive, e no acondicionamento de sendeiros e camiños, asi como na formación de auxiliarres de asistencia a domicilio.

15, Novembro 2010

A Consellería de Cultura e Turismo vai financiar cun investimento de 1,6 millóns de euros o proxecto de musealización e acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, sito no Concello de San Amaro. Ademáis, este mesmo departamento auotonómico achegará 430.000 euros para o acondicionamento, accesos, urbanización, excavación e consolidación do castro da cidade, nos Concellos de Punxín e San Amaro. Os novos  investimentos foron anunciados polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, no transcurso dunha visita ás instalacións, na que estivo acompañado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Rey Pichel, O Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martinez, e os Alcaldes de de San Amaro e Punxín, Ernesto Pérez e Alfredo Cruz. O Conselleiro cifrou o investimento total neste proxecto “en 8,6 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia aporta 5,3 miilóns”, mentres que o resto corresponde as achegas económicas feitas polo Ministerio de Fomento a través do 1% cultural. A finalización do proxecto está previsto para o ano que vén, tal como avanzou a través desta emisora de radio O Alcalde de San Amaro, para o que a entrada en funcionamento do parque “convertiráse nunha das grandes locomotoras económicas da Comarca do Carballiño”.

15, Novembro 2010

O Paro aumentou no Concello do Carballiño un 3,73% no pasado mes de outubro, acadando a cifra de 1.224 persoas en situación de desemprego, delas 572 son homes e 652  mulleres. Por segmentos de idade, a maior porcentaxe dase entre as persoas de 25 a 44 anos, con 627 parados. Entre os maiores de 45 anos son 486 persoas as que están inscrítas como demandantes de emprego no concello carballiñés, e finalmente, entre os menores de 25 anos rexistrananse 111 parados. En relación ós datos de fai un ano atrás, o paro incrementouse no municipio do Carballiño un 10,77%, 119 persoas perderon o seu  posto de traballo durante os últimos 12 meses. No conxunto dos 9 concellos da Comarca Carballiño, as persoas en situación de paro suman xa 2.184, según os últimos datos oficiais, que son os relativos ó pasado mes de outubro.

 

11, Novembro 2010

O Alcalde do Carballiño ven de remitir unha carta á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, na que lle indica "que o noso desexo é chegar a un acordo co Bispado  para poder proseguir  co normal desenvolvemento do proxecto e buscar unha saída  de entendemento, e mais cando son moitas as voces que piden efectuar reformas sobre o mesmo". Montes tamén manifesta neste escrito sobre o conflicto xerado por estas obras no entorno da Veracruz  a preocupación municipal sobre o actúal estado das obras, que non avanzan, e pídeselle que se reunan as partes interesadas co fin de chegar a un entendemento "que remate co actúal estado de confrontación e permita rematar as actuacións do xeito máis consensuado posible". Tamén se posicionou nesta mesma dirección o Concelleiro de obras e urbanismo, Manuel Amil, asegurando que desde o principio no que comezaron a aparecer os problemas a postura do Concello sempre foi a mesma, buscando o diálogo e o consenso entre as partes enfrontadadas, e como mostra referísuse ás reunións ás que veu asistindo, atá un total  de 17, no transcurso dos últimos meses.

Doutra parte, desde a Xunta Directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño tamén se expresa a inquedanza deste colectivo pola situación xerada, e faise un chamamento a "un intento de conciliar posturas para a resolución dos problema plantexados". Advírtese do agravio que para O Carballiño siñificaría a suspesión da execución do proxecto, que deixaría o entorno da Veracruz nun estado calamitoso, un "feito que prexudicaría enormemente á Vila do Carballiño, tanto a nivel comercial como turístico".

 

9, Novembro 2010

Ernesto Perez preside o consorcio

O pleno do consorcio do parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro ven de aprobar na súa última reunión o proxecto para a construcción do edificio que albergará o futuro parque, cun orzamento de 750.000 euros. En datas póximas a Sociedade Pública de Investimento licitará a obra, e según avanzou no programa "Asi son as mañás de Cope" o Presidente do Consorcio Ernesto Pérez, as previsións son a que este novo servizo esté operativo a mediados do ano 2011. Ademáis, neste pleno do consorcio tamén se acordou a adquisición de dous novos vehículos que non estaban inicialmente previstos no proxecto, un camión dotado dunha escada de 32 metros de altura apto para acceder a edificios de 8 pisos, e un vehículo apropiado para actuar en núcleos de poboación con accesos estreitos. Non hai cámbeos na dotación humana do parque,que será de 18 bombeiros. Aínda está por decidir si o parque será de xestión directa, por parte do consorcio, ou se cede a mesma a unha empresa.

Ademáis, nesta mesma reunión, o pleno foi informado da solicitude presentada polos concellos de Ribadavia, Melón e Avión para integrarse no consorcio, un trámite para o que será necesario introducir unha reforma nos estatutos que rixen o funcionamento da entidade. Unha vez que se formalice a adhesión dos 3 concellos antes citados, no futuro parque intercomarcal de bombeiros estarán integrados a totalidade dos concellos  das dúas comarcas. Do consorcio xa formaban parte desde a súa creación as Mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro, e os Concellos do Carballiño e Carballeda de Avia.

6, Novembro 2010

O portavoz municipal, Manuel Rodríguez considera que “o Grupo de Goberno non fai nada para aliviar a suba da factura da auga aos veciños de Leiro, como demostra a súa negativa a renunciar ao que perciben por asistencia a plenos e por dietas para este fin”. “Os socialistas estábamos dispostos a facelo porque consideramos que a auga é un ben de primeira necesidade, así como polo seu interese social, ambiental e patrimonial”, explica o edil. Engade que a taxante oposición do alcalde á proposta socialista amosa que está no Concello por intereses persoais, pero non para mellorar a calidade de vida dos veciños de Leiro, neste caso axudar a levar con maior facilidade os gastos do fogar nun momento de especial dificultade. Rodríguez indica que “a ineptitude do alcalde está tamén detrás da espectacular suba do IBI, que grazas á súa pésima xestión aumentou  máis dun 100% de promedio a cada veciño”. Con respecto á nova Lei de Augas aprobada polo goberno popular da Xunta de Galicia salienta que subirá o prezo da auga ao conxunto da cidadanía, e será un 120% máis cara que o prezo en Andalucía.  “Con esta Lei o noso Concello convértese nunha entidade con afán recadatorio  deixando unha factura mínima de 12 euros independentemente do consumo”, afirma. Ademais apunta que esta Lei vai en contra das Directivas Comunitarias, xa que non se contemplan obxectivos ambientais de calidade das augas nin obxectivos en materia de contaminación.

4, Novembro 2010

O Concelleiro de tráfico José Antonio Barge foi o encargado de oficializar a entrada en vigor da peonalización do barrio de Flores, coa entrada en funcionamento do sistema de bolardos automáticos que tan só permiten a entrada ó barrio para os residentes con garaxes na zona. Tras supervisar persoalmente o funcionamento do sistema, Barge manifestou que "hoxe é un dia a ter en conta na historia do Carballiño", e agradeceu ós tres grupos políticos da Corporación Municipal o seu apoio para esta inciciativa de convertir en peonil este barrio carballiñés, e tamén "os veciños agradecerlle a súa amabilidade e respeto a esta proposta". O certo é que a amablidade, alomenos dun numeroso grupo de veciños descontentos, pouco durou, xa que nas horas posteriores forzaron unha reunión de urxencia na casa do concello co Alcalde e o propio concelleiro de tráfico, manifestando o seu malestar con algunhos aspectos da peonalización. Concretamente polas dificultades na activación do sistema de bolardos automáticos, unha problemática que afecta a dous edficios con garaxes na zona xa que o concello non lles facilitou os mandos a distancia para accionar sistema de apertura dos bolardos, "non pode ser que para 20 prazas de garaxe nos entreguen un único mando". No transcurso da reunión rexistraronse algunhos momentos de tensión cando algún dos afectados chamou "mentiroso" ó concelleiro de tráfico, éste  tratou de aclarar que o concello tán só dispoñia de 45 mandos, aínda que "se conseguirían os que fosen necesarios". Os veciños piden que o concello lle entregue os mandos gratuitamente, xa que os mesmos teñen un coste de 40 euros.

3, Novembro 2010

O Grupo Municipal Socialista de Leiro critica a falta de respecto do alcalde deste concello para o que hai veciños de primera e de segunda categoría. Manuel Rodríguez, portavoz socialista no municipio, sinala que no pleno celebrado o pasado xoves e preguntado por un escrito presentado polos veciños no que se pedían melloras e diversas actuacións en Leiro, o alcalde afirmou que moitos dos veciños que asinaron dito escrito non estaban censados.

 “Parece que aínda que sexas natural de Leiro e teñas propiedades no concello non tes dereito a reclamar nada se non tes voto; é dicir, como sempre o alcalde antepón os seus intereses aos da cidadanía”, indica Rodríguez.

 Os socialistas xa teñen manifestado a súa disconformidade coa forma de actuar do rexedor municipal, que “habitualmente só ten en conta aos seus amigos á hora de tomar decisións”.

 Neste caso o PSdeG fíxose eco das reivindicacións dos veciños porque parece que non hai outra vía para trasladar as súas demandas ao  alcalde, “pero o resultado segue sendo o mesmo: ningún, porque como sempre fai oídos xordos ás necesidades reais dos veciños de Leiro”, conclúe Rodríguez.

Doutra parte, en declaracións a esta emisora de radio, o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, manifestou "que o escrito ó que fan referencia os socialistas estivo circulando por Leiro durante un mes, e despois dese tempo tan só asinaron o mesmo 33 persoas, das que tan só 11 son veciños residentes no Concello de Leiro", polo que "entendo que de 1.600 veciños tan só 11 asinan este escrito, podese deducir que o mesmo non é moi representativo da opinión pública".

 

2, Novembro 2010

El Ministerio de Fomento, a través de Adif, ha adjudicado por 12,8 millones de euros tres contratos referidos al Eje de Alta Velocidad Ourense-Santiago de Compostela. Los contratos hacen referencia al control de obras de instalaciones, la instalación de detectores de caída de objetos y a la realización de pruebas de carga.

 Control de las obras de instalaciones de señalización, telecomunicaciones y seguridad

Adif ha adjudicado el contrato de consultoría para el control de las obras de instalaciones de señalización, telecomunicaciones y seguridad en el tramo Ourense-Santiago del corredor Norte-Noroeste de alta velocidad por importe de 3.358.386,2 euros.

 El contrato incluye las labores de consultoría y asistencia técnica en lo relativo a las instalaciones de señalización, telecomunicaciones fijas, control de tráfico centralizado, protección y seguridad y sistemas de protección del tren. 

 Así, entre las actividades que contempla el contrato, se incluyen los trabajos durante las pruebas y validaciones para la puesta en servicio de las instalaciones, así como los trabajos previos y posteriores a la recepción de la obra. Se contempla también la edición de informes, el seguimiento presupuestario, y la documentación y tratamiento de datos.

  Detectores de caída de objetos

Adif también ha aprobado la adjudicación del contrato para el suministro, montaje, pruebas y puesta en servicio del sistema de detectores de caída de objetos a la vía en el Eje Ourense-Santiago de Compostela. El presupuesto de adjudicación del contrato asciende a 7.079.982,5 euros. Los 88 dispositivos se instalarán en las bocas de los túneles del tramo, y a ambos lados de los pasos superiores del trayecto con circulación de vehículos, por encima de las vallas antivandálicas.

 El sistema de detección de caída de obstáculos a la vía es preceptivo en las líneas de alta velocidad. Su fin es aumentar la seguridad en la circulación ante eventuales invasiones del gálibo de vía por parte de objetos extraños, que podrían provocar incidentes de mayor o menor gravedad en la circulación de los trenes.

Los detectores de caída de objetos a la vía férrea se disponen a lo largo de la línea de alta velocidad como uno de los mejores sistemas de alarma, constituyéndose como barreras que impiden la caída de objetos que pueden suponer un peligro para la circulación.

 

 

 

26, Outubro 2010

Conforme van pasando as semanas vai en aumento a incertidume sobre a continuidade ou non das obras de urbanización da praza da Veracruz, unha problemática debida ás diferencias que manteñen o Bispado e o Concello do Carballiño sobre a tilularidade de parte dos terreos nos que se executa este proxecto, concretamente os que se localizan na parte sur do templo, na zona xa acondicionada e axardinada polo concello carballiñes a principios da década dos anos 90 do pasado século, dáquela e cun investimento de 5 millóns de pesetas, procederase  ao acondicionamento deste espazo, tal como hoxe o coñecemos. Desde o Bispado a a Parroquia do Carballiño, tras a polémica polo muro, advertíuse ós promotores da obra que para autorizar a súa continuidade nesta parte da praza teríanse que atender unha série de peticións, tanto en relación ó muro como a outros aspéctos técnicos do proxecto. Mentres, desde o Concello Carballiñés, tanto o Alcalde Carlos Montes coma o Concelleiro de Obras, Manuel Amil, comparecian conxuntamente ante os medios de comunicación para desvelar a existencia dun documento de compra-venda polo que o Concello do Carballiño adquiríu unha parcela de 600 mts cadrados á familia Seisdedos, no ano 1972, e por importe de 820.000 pesetas. Esta parcela é a que se sitúa dentro da zona axardinada´fronte ó Tanatorio Veracruz, sen embargo o Concello do Carballiño non conta con ningún outro documento de propiedade relativo o resto dos terreos da parte sur, aínda que os responsables municipais manteñen que tamèn son de propiedade pública "porque figuran como tales no catálogo de bens do Concello, e desde sempre foi o Concello quen se ocupou dos traballos de conservación desta praza".  Ante a posiblidade que este litixio pola propiedade dos terreos levase á Xunta a suspender a execución da obra, Amil manifestou que "se o pobo do Carballiño, foi capaz de levantar a Igrexa coas suás aportacións, tamén tería que selo agora para facer o mesmo coa praza ".

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS