20, Outubro 2010

Entre o 5 e o 6 de novembro do presente ano e tras o éxito da primeira edición,  terá lugar no concello de Maside a II Fin de semana Micolóxica ¡Á busca dos cogomelos das Terras de Maside! Con esta novidosa iniciativa preténdese iniciar ós asistentes no mundo das setas e ensinarlles a distinguir as variedades que son comestibles das velenosas, para que, cos coñecementos oportunos, poidan aproveitar este produto tan abundante nos nosos montes e tan apreciado na cociña actual. Asemade, pretendese fomentar as relacións sociais, a cultura e o deporte ó aire libre.

 O programa, que será moi práctico e ameno, está dirixido a persoas de tódalas idades, que poderán gozar de dúas charlas impartidas polo experto en micoloxía, Juan José Martínez (Presidente da Asociación Micolóxica ourensana “Os Cogordos”), saída ó monte a recoller cogomelos guiada por expertos en micoloxía; análise e exposición dos exemplares máis comúns nas terras de Maside; talleres de mico-cociña (cociña con cogomelos); presentación da empresa emprendedora na comercialización de cogomelos MUIÑOS FUNGICULTURA, que realizará un taller práctico de conservación  de cogomelos e que nos presentará a súa novedosa liña de conservas de cogomelos e algas.

Para rematar farase a entrega de premios os ganadores do II Concurso de Debuxo sobre setas, no que participan os alumnos e alumnas de Ensinanza Infantil e Primaria de tódolos centros públicos de Maside.

 Ó longo das Xornadas haberá varios agasallos para tódolos asistentes e diferentes e interesantes sorteos como navallas seteras, guías sobre setas, etc.

 A inscrición ten un coste simbólico de 3 €.

O prazo de inscrición remata o 3 de  novembro e as canles para facela son:

- No e-mail: turismo@concellodemaside.es
- No teléfono: 988 28 06 06 (Ana Otero). En horario: De 8.00 - 14.30
- Directamente no Concello (Praza maior , 1 - 32570 – Maside).

18, Outubro 2010

O historiador e estudioso da Veracruz Felipe-Senén López, O Presidente do Colexio de Arquitéctos Xan Rodríguez, que ademáís exerce como asesor de patrimonio do Bispado, ou o tamén arquitécto carballiñés e neto do constructor da Veracruz, Adolfo Otero, serán algúns dos participantes nunha mesa-redonda informativa sobre o proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, que terá lugar este vindeiro venres dia 22 ás 8 da tarde no Casino do Carballiño. O obxetivo deste acto é informar a toda a veciñanza carballiñesa dos diversos aspéctos desta obra que promove e financia a Xunta de Galicia, e máis concretamente sobre os seus aspéctos máis polémicos, como o caso do muro de contención previsto inicialmente no proxecto e que acadaría unha altura de 4 metros na parte sur da praza. A mediados do pasado mes de setembro, e tras unha reunión que mantivo no Carballiño a Secretaria Xeral de Urbanismo, acordarase que os redactores do proxecto realizasen un reformado do muro, buscando outra solución técnica, tal como se viña reclamando desde amplos sectores da sociadade carballiñesa. Sen embargo, e según adiantou a través desta emisora de radio Adolfo Otero "a pasada semana mantivemos unha reuníon cos redactores do proxecto e a única reforma que se contempla é unha mínima rebaixa da altura do muro, que se reduce en 60 cms, pasando dos 4 metros inicialmente previstos aos 3,40 nos que pretenden deixalo". Ademáis, Otero confirmou que a Consellería non ten previsto modificar outros aspéctos do proxecto, en relación a zona xa acondicionada da praza, tal como se pedia desde patrimonio do Bispado, para que se mantivese a praza tal como está na actualidade, xa que a intención é tranformar esta zona con cesped e palmeras nun espazo a base de terra batida con grandes elementos de formigón ríxido.

14, Outubro 2010

 O delegado do Goberno en Galicia, Antòn Louro, visitou às obras de adecuaciòn que se estàn a realizar na estrada N-541 ò seu paso pola vila do Carballiño.

O màximo representante do Executivo estatal na comunidade autònoma estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Carlos Alberto Montes; o subdelegado do Governo en Ourense, Camilo Ocampo; e o xefe da Demarcaciòn de Estradas do Esatdo en Galicia, Angel González del Rìo.

O delegado do Governo diu conta dos datos mais importantes desta actuaciòn; asì indicou co Ministerio de Fomento adxudicou à empresa Aopil S. L. as obras de mellora e acondicionamento desta travesìa que discorre polo tèrmino municipal do Carballiño

Por outro lado, o delegado precisou que a zona sobre a que se està a actuar è a comprendida entre os puntos kilomètricos 25 e 27 da N-541 e,  entre outros traballos proxectados, destacou a construcciòn dunha nova glorieta (à altura da Casa Azul), novas beirrarùas e a habilitaciòn de novos servicios urbanos.

Louro Goyanes incidiu, asemade, na importante inversiòn destinada polo Governo central a iste proxecto; cantidade que ascende a 1.81 millòns de euros. Ademais, subliñou que as  reformas previstas conlevaràn importantes melloras en materia de funcionalidade e seguridade vial nesta estrada, e tamèn remarcou o compromiso do executivo de Rodrìguez Zapatero cas polìticas encaminadas a reducir a sinistralidade viaria.

14, Outubro 2010

Onta xoves, remataba en principio, o prazo de reflexiòn e paralizaciòn momentànea das obras da pranta de compostaxe das Fontaìñas (Cea). A iste acordo de mìnimos chegaban, Compost Galicia - empresa adxudicataria da licencia- e os representantes da Plataforma Cidadà en contra da ubicaciòn de dita pranta,na reuniòn informativa mantida o luns dia 4.

Abrìase, deste xeito, un prazo prudencial de 10 dìas para a bùsqueda de soluciòns e calmar a axitaciòn veciñal. Asemade, tamèn, pretendìase, niste tempo, aclarar a titularidade dun camiño pùblico, que segundo os veciños, pasa entre as dùas parcelas onde se executa a pranta e tentar dilucidar os lìmites entre os concellos de San Cristovo de Cea e Maside

Non hai de momento, ningùn tipo de acordo, segundo Josè Mosquera, voceiro da plataforma; mentras tanto dende a empresa comunìcase que non hai data para a reanudaciòn dos traballos, a pesares, de que a legalidade os ampara, o ter tòdolos permisos esixidos para o desenvolvemento do proxecto.

13, Outubro 2010

Trala penosa imaxe amosada polo C.D Arenteiro ante o Nigràn o pasado domingo en Condominguez, os homes de Mindo acadaron un valioso empate ante o Barbadàs no encontro xogado no Municipal dos Carrìs (1-1), na ida da eliminatoria de oitavos de final da Copa Deputaciòn.

O vixente campiòn de Copa adiantàbase no marcador no minuto 2 de xogo, aproveitando un erro da zaga carballiñesa que durante os primeiros 20 minutos non foi capaz de controlar o potencial do seu rival.

Xa na segunda metade, o Arenteiro mudou radicalmente de mentalidade, cun xogo mais sosegado e vertical, conquerindo Kennedy o tanto do empate mediada esta etapa complementaria.

A seguinta cita do cadro verde serà iste vindeiro domingo na oitava xornada de liga, cando en Espiñedo reciba a visita do co-lìder do grupo, o Ràpido Bahia da comarca pontevedresa do Morrazo

10, Outubro 2010

Os catros concelleiros do grupo municipal do BNG do Concello do Carballiño veñen de asinar unha mociòn pedindo a retirada do canon da auga recollido no proxecto de lei de Augas de Galiza.

Un dos puntos mais polèmicos da nova lei e que ista obriga a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de atè 30.000 euros.

Polo tanto o grupo nacionalista vai presentar na pròxima sesiòn plenaria ista mociòn cas seguintes demandas:

garantir o acceso ao ciclo completo da auga para tòdolos cidadàns en igualdade de condiciòns;  unha regulaciòn e ordenaciòn dos usos da auga que recolla tòdalas peculiaridades do territorio galego e, ademais, crear un rèxime fiscal progresivo ,que de ningùn xeito, supòña un incremento da carga impositiva na situaciòn actual de crise ploa vìa dos impostos indirectos.

 

7, Outubro 2010

 O actual concelleiro de Tràfico, Jose Antonio Barge, manifestaba en declaraciòns a Cope-O Carballiño a sùa mais que posible renuncia a continuar coa sùa actividade polìtica, despois das vindeiras elecciòns municipais a celebrar o dia 22 de maio de 2011.

Deste xeito, unha das grandes apostas do actual Secretario Xeral do PSG-PSOE, "Pachi" Vàzquez  para apuntalar a hexemonìa socialista no Concello do Carballiño, abandonaria a vida polìtica, catros anos despois, por motivos de incompatibilidade profesional e achaques de saùde.

 

4, Outubro 2010

Quinta derrota consecutiva nesta liga dun Arenteiro que segue empeñado en cometer  os mesmos erros, tres pérdidas de balón no centro do campo sobraronlle a un práctico Lalín para levarse os 3 puntos de Espiñedo, os dezanos incluso poideron conseguir un marcador más abultado, ó fallar David Soares un penalti e non estar fino Matelo en dúas claras ocasións ante o  meta local Samuel. Se a esto unimos que o Arenteiro amosase cada domingo como un equipo moi limitado técnicamente para a categoria da preferente, o resultado non podía ser outro que unha nova derrota, ésta vez por 1-3, que mantén os carballiñeses no antepenultimo posto da clasificación, en posto directo de descenso. O equipo entregase en cada partido, pero as limitacións e a falta de oficio son considerables. Ante este panorama non queda outra máís ca reforzar con urxencia o equipo se se quere competir na categoria. De feito, durante esta semana deberíanse concretar a fichaxe de alomenos tres xogadores, un defensa, un medio-centro e un dianteiro. Ademáis, está por aclararse a situación de Kennedy, xa que este domingo o xogador nigeriano volveu chegar tarde á convocatoria, sendo reincidente, polo que Mindo non contou co seu concurso para o partido ante o Lalín.

2, Outubro 2010

A sentencia  é firme e contra a mesma non cabe recurso, e condena o Alcalde de Punxín, Alfredo Cruz a unha inhabilitación especial para o exercicio de cargo público durante un periodo de oito anos e seis meses, o quedar probado que cometeu un delito de prevaricación no exercicio das súas funcións como Alcalde. A Audiencia provincial tén en conta a apelación da Fiscalia e revoca a sentencia anterior do Xulgado Penal nº 1 de Ourense, que absolvera o rexidor municipal. Os feitos que deron lugar a esta condena o Alcalde de Punxín, que deberá abandonar o seu cargo no Concello, remontanse o 21 de xuño de 2007, ós poucos dias de tomar posesión como Alcalde, éste asina unha carta de despido a Ramona Lema, traballadora do servizo municipal de limmpeza, que formara parte da lista do Partido Popular nas elección municipais. A sentencia condenatoria resalta que o Alcalde adoptou o acordo "pese a ser conocedor de que el mismo no se ajustaba a derecho, habiendo sido informado de tal extremo, tanto verbalmente como a través de infome por la Secretaria de la Corporación Municipal". Alfredo Cruz, foi unha das fichaxes do actúal Secretario do PSOE galego, Pachi Vázquez, encabezando a lista socialista de Punxín nas eleccións de 2007, nas que conseguíu maioria absoluta, polo que foi elexido Alcalde, un cargo para o que agora está inhabilitado por parte da Xustiza.

29, Setembro 2010

O Concello de Maside pon en marcha o I Programa de actividades lúdicas-saudables para adultos, que se realizarán ó longo do mes de outubro deste ano 2010 e que está orientado a persoas maiores de 30 anos. Este programa está incluído dentro da Campaña de Citymarketing ¡VIVE MASIDE!, na que se promociona Maside como un concello que ofrece Calidade de Vida e benestar.

 Os obxectivos que se buscan con este programa son:

-        Ofrecer unha actividade de lecer divertida e innovadora, ó mesmo tempo que beneficiosa para o corpo e sobre todo para a mente dos nosos veciños e amigos.

-        Potenciar os lazos de veciñanza e a sociabilidade entre as nosas xentes.

-        Dar a coñecer e potenciar a valorización de puntos importantes do noso Concello, como son o Puzo do Lago ou a Rañoa, tanto ós nosos veciños como ós foráneos que se sintan atraídos por estas actividades.

-        Informar e Concienciar sobre a importancia terapéutica do termalismo, da natureza e do deporte como elementos imprescindibles nunha vida de calidade.

As actividades que se levarán a cabo son:

-         Taichi: 3 de outubro ás 17.00 horas na Paraxe Natural do Puzo do Lago.

-         Risoterapia: 17 de outubro na Casa de Cultura de Maside.

-         Termas de Outariz: 22 de outubro.

-         Yoga: 24 de outubro na Rañoa.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS