A Xunta Directiva de C.D. Arenteiro convoca ós socios e afecionados en xeral a unha reunión informativa que terá lugar este venres dia 26 ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Nesta convocatoria abordaráse a delicada situación tanto deportiva como económica que vive o club, e que pode incluso desembocar na demisión do actúal Presidente Antonio Valiñas, que se dá practicamente por segura e como primeiro paso para salvar a grave crise pola que atravesa a entidade. A actúal Directiva pretende con esta reunión lanzar un SOS entre a masa social, na búsqueda de posibles solucións, e tanto para o ámbito deportivo como para o social. En canto á parte deportiva, aínda se pensa que hai tempo para salvar a categoria, unha meta que pasa pola chegada de xogadores que lle aporten o equipo ese salto de calidade e experiencia que se necesita para reconducir a situación actúal, co equipo clasificado no penúltimo posto, pero ainda con posibilidades de salvarse do descenso si se produce esa esperada reacción. No tocante o aspe´cto social, a solución pasaría pola chegada de novos directivos que se sumen o grupo actúal, e coa idea fundamental de sanear o club, aínda que sen deixar de lado o aspécto deportivo.
Ante el éxito cosechado con la celebración del campus de verano de la Fundación Celta de Vigo en O Carballiño, el citado club de futbol optó por esta villa para celebrar uno de sus campus de invierno, que se desarrollarán en el campo de A Uceira del 27 al 31 de diciembre. Con motivo de la presentación de este campus de invierno, este miércoles, 24 de noviembre, a las 19:00 horas, estarán en la villa carballiñesa los representantes de la citada fundación, acompañados por los jugadores de la primera plantilla del Celta, Yago Aspas y Trashorras. La presentación tendrá lugar en el auditorio de O Caralliño, ubicado en la avenida del Balneario, y está dirigida a niños con edades comprendidas entre los 5 y los 14 años. Todos los interesados en vivir como un jugador profesional, descubrir las facetas y detalles del fútbol que le permitan ampliar y perfeccionar sus conocimientos y vivir una gran experiencia, deberán acudir a esta cita en el auditorio carballiñés.
O Presidente do PSdeG de Leiro, Ángel Sanmarful, denuncia “as continuas fallas de respecto do Alcalde cos concelleiros socialistas tanto a nivel político como persoal, tal e como demostran as súas manifestacións ante os medios de comunicación”. Sanmarful lembra ademais que “o Alcalde da corporación municipal non debería consentir ningún trato despreciativo ante os edís socialistas que son representantes da cidadanía no Concello, e moito menos sorrir ante tal circuntancia ou ser el mesmo a orixe destos actos merecedores dunha total repulsa en democracia”.
Neste sentido engade que nin el nin a Agrupación van consentir que o Alcade vulnere os dereitos e deberes dos concelleiros socialistas, e advirten que no caso de verse obligados o levarán aos tribunais para que lles sexan recoñecidos os seus dereitos. Sinala que os concelleiros socialistas buscan como único protagonismo defender os intereses dos veciños para que teñan a maior calidade de vida e benestar posibles, infraestruturas e vivendas dignas, ademais de evitar que se maltraten os seus dereitos como cidadáns. “Este labor conleva asímesmo o control á acción de goberno, e o desprecio do alcalde á oposición só amosa a súa evidente a palpable ineptitude”, afirma. Sanmarful considera que o Alcalde “está queimándose el só” e que “non representa máis que aos seus amigos”, e pídelle que non lle bote a culpa aos socialistas “dos seus males, xa que son froito da súa política”. En canto á planta de lodos recorda que foi o alcalde quen deu a licenza municipal, polo que “é o único responsable dos malos cheiros e as molestias ocasionadas aos veciños e ao medio ambiente”.
Con respecto ao Balneario de Berán, sinala que “tamén é culpa do alcalde que esté pechado, porque tiña todo amañado cunha empresa amiga, e o vocal socialista na Entidade Menor só pediu transparecia e legalidade, e o tempo simplemente lle está dando a razón”. Por último manifesta a súa satisfación porque “grazas ao esforzo e tesón dos veciños de Leiro unha parte dos terreos do Camping, pechado no seu día pola nefasta xestión do Alcalde, serán obxecto de investimento dunha empresa de ocio”.
A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, que dirixe a nacionalista Aúrea Francisco Lorenzo, organiza durante esta semana actos conmemorativos do dia internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, será pois este vindeiro xoves. Antes, este lúns dia 22, ás 8 da tarde no Casino do Carballiño, celebraráse outro acto, que consistirá na conferencia-presentación do libro "O clamor da rebeldia" a cargo da súa autora, a profesora e escritora Pilar García Negro, unha publicación coa que gañou este ano o premio "Vicente Risco" de cencias sociais, e na que a escritora ofrece a súa visión sobre a obra de Rosalia de Castro e a súa influencia sobre as primeiras manifestacións do feminismo.
Xa o xoves dia 25, ás 12 do mediodia, o salón de actos da casa do concello do Carballiño acollerá un acto institucional no que se procederá a lectura dun manifesto do "dia internacional contra a violencia de xénero", e no que concelleiras da corporación municipal e representantes das asociacións de mulleres do Carballiño leerán diversos poemas.Ese mesmo dia, instalaránse altofalantes na Praza Maior que transmitirán música e poemas relativos a esta conmemoración.
No Concello de Beariz será o primeiro da súa historia, mentres en Boborás será éste o cuarto proxecto que se pon en marcha, en ámbolos dous concellos terán unha duración de 6 meses, e o inicio da súa actividade está prevista para o vindeiro mes de decembro. Especialmente chamativo resulta o caso de Beariz, concello que tan só conta con 32 persoas en paro, e que polo tanto se aproximará o "pleno-emprego" unha vez que ven de confirmarse a concesión deste proxecto por parte da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, que dará formación ocupacional a un total de 18 personas, que se repartirán en dous módulos, ún de albanelería e outro de medio-ambiente. O Obradoiro bearicense ocuparáse en traballos de recuperación do partrimonio etnográfico e do entorno natural, tales como o acondicionamento de eiras e das marxes dos rios. En Boborás, serán 24 as persoas que serán seleccionadas para participar neste novo obradoiro de emprego, que centrará a súa actividade na construcciión dun centro social na parroquia de Xendive, e no acondicionamento de sendeiros e camiños, asi como na formación de auxiliarres de asistencia a domicilio.
A Consellería de Cultura e Turismo vai financiar cun investimento de 1,6 millóns de euros o proxecto de musealización e acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, sito no Concello de San Amaro. Ademáis, este mesmo departamento auotonómico achegará 430.000 euros para o acondicionamento, accesos, urbanización, excavación e consolidación do castro da cidade, nos Concellos de Punxín e San Amaro. Os novos investimentos foron anunciados polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, no transcurso dunha visita ás instalacións, na que estivo acompañado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Rey Pichel, O Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martinez, e os Alcaldes de de San Amaro e Punxín, Ernesto Pérez e Alfredo Cruz. O Conselleiro cifrou o investimento total neste proxecto “en 8,6 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia aporta 5,3 miilóns”, mentres que o resto corresponde as achegas económicas feitas polo Ministerio de Fomento a través do 1% cultural. A finalización do proxecto está previsto para o ano que vén, tal como avanzou a través desta emisora de radio O Alcalde de San Amaro, para o que a entrada en funcionamento do parque “convertiráse nunha das grandes locomotoras económicas da Comarca do Carballiño”.
O Paro aumentou no Concello do Carballiño un 3,73% no pasado mes de outubro, acadando a cifra de 1.224 persoas en situación de desemprego, delas 572 son homes e 652 mulleres. Por segmentos de idade, a maior porcentaxe dase entre as persoas de 25 a 44 anos, con 627 parados. Entre os maiores de 45 anos son 486 persoas as que están inscrítas como demandantes de emprego no concello carballiñés, e finalmente, entre os menores de 25 anos rexistrananse 111 parados. En relación ós datos de fai un ano atrás, o paro incrementouse no municipio do Carballiño un 10,77%, 119 persoas perderon o seu posto de traballo durante os últimos 12 meses. No conxunto dos 9 concellos da Comarca Carballiño, as persoas en situación de paro suman xa 2.184, según os últimos datos oficiais, que son os relativos ó pasado mes de outubro.
O Alcalde do Carballiño ven de remitir unha carta á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, na que lle indica "que o noso desexo é chegar a un acordo co Bispado para poder proseguir co normal desenvolvemento do proxecto e buscar unha saída de entendemento, e mais cando son moitas as voces que piden efectuar reformas sobre o mesmo". Montes tamén manifesta neste escrito sobre o conflicto xerado por estas obras no entorno da Veracruz a preocupación municipal sobre o actúal estado das obras, que non avanzan, e pídeselle que se reunan as partes interesadas co fin de chegar a un entendemento "que remate co actúal estado de confrontación e permita rematar as actuacións do xeito máis consensuado posible". Tamén se posicionou nesta mesma dirección o Concelleiro de obras e urbanismo, Manuel Amil, asegurando que desde o principio no que comezaron a aparecer os problemas a postura do Concello sempre foi a mesma, buscando o diálogo e o consenso entre as partes enfrontadadas, e como mostra referísuse ás reunións ás que veu asistindo, atá un total de 17, no transcurso dos últimos meses.
Doutra parte, desde a Xunta Directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño tamén se expresa a inquedanza deste colectivo pola situación xerada, e faise un chamamento a "un intento de conciliar posturas para a resolución dos problema plantexados". Advírtese do agravio que para O Carballiño siñificaría a suspesión da execución do proxecto, que deixaría o entorno da Veracruz nun estado calamitoso, un "feito que prexudicaría enormemente á Vila do Carballiño, tanto a nivel comercial como turístico".
Ernesto Perez preside o consorcio
O pleno do consorcio do parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro ven de aprobar na súa última reunión o proxecto para a construcción do edificio que albergará o futuro parque, cun orzamento de 750.000 euros. En datas póximas a Sociedade Pública de Investimento licitará a obra, e según avanzou no programa "Asi son as mañás de Cope" o Presidente do Consorcio Ernesto Pérez, as previsións son a que este novo servizo esté operativo a mediados do ano 2011. Ademáis, neste pleno do consorcio tamén se acordou a adquisición de dous novos vehículos que non estaban inicialmente previstos no proxecto, un camión dotado dunha escada de 32 metros de altura apto para acceder a edificios de 8 pisos, e un vehículo apropiado para actuar en núcleos de poboación con accesos estreitos. Non hai cámbeos na dotación humana do parque,que será de 18 bombeiros. Aínda está por decidir si o parque será de xestión directa, por parte do consorcio, ou se cede a mesma a unha empresa.
Ademáis, nesta mesma reunión, o pleno foi informado da solicitude presentada polos concellos de Ribadavia, Melón e Avión para integrarse no consorcio, un trámite para o que será necesario introducir unha reforma nos estatutos que rixen o funcionamento da entidade. Unha vez que se formalice a adhesión dos 3 concellos antes citados, no futuro parque intercomarcal de bombeiros estarán integrados a totalidade dos concellos das dúas comarcas. Do consorcio xa formaban parte desde a súa creación as Mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro, e os Concellos do Carballiño e Carballeda de Avia.
O portavoz municipal, Manuel Rodríguez considera que “o Grupo de Goberno non fai nada para aliviar a suba da factura da auga aos veciños de Leiro, como demostra a súa negativa a renunciar ao que perciben por asistencia a plenos e por dietas para este fin”. “Os socialistas estábamos dispostos a facelo porque consideramos que a auga é un ben de primeira necesidade, así como polo seu interese social, ambiental e patrimonial”, explica o edil. Engade que a taxante oposición do alcalde á proposta socialista amosa que está no Concello por intereses persoais, pero non para mellorar a calidade de vida dos veciños de Leiro, neste caso axudar a levar con maior facilidade os gastos do fogar nun momento de especial dificultade. Rodríguez indica que “a ineptitude do alcalde está tamén detrás da espectacular suba do IBI, que grazas á súa pésima xestión aumentou máis dun 100% de promedio a cada veciño”. Con respecto á nova Lei de Augas aprobada polo goberno popular da Xunta de Galicia salienta que subirá o prezo da auga ao conxunto da cidadanía, e será un 120% máis cara que o prezo en Andalucía. “Con esta Lei o noso Concello convértese nunha entidade con afán recadatorio deixando unha factura mínima de 12 euros independentemente do consumo”, afirma. Ademais apunta que esta Lei vai en contra das Directivas Comunitarias, xa que non se contemplan obxectivos ambientais de calidade das augas nin obxectivos en materia de contaminación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 727
- 728
- 729
- 730
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- …
- seguinte ›
- última »