Maside celebra as súas festas do San Vitorio cun programa de tres días que se abrirá este venres. Pero desde o día 21 son moitas as actividades culturais que se veñen celebrando nesta vila, como a tradicional Festa do Cabalo. As actividades previstas para o mércores 25 corren a cargo da obra de teatro "A familia do Pindirico" que terá lugar ás 19:30 horas na Praza Julio Rodríguez Soto e a exhibición da película "Ace Age 3" ás 22:00 horas na Praza Maior. O xoves 26 remata a programación cultural de Maside 2010 coa actuación do monologuista "Avelino González " na Rúa Principal ás 21:30 horas e cunha sesión de fogos artificiais á medianoite. En caso de que o tempo non o permita as actividades trasladaranse ó Pavillón de Deportes e á Casa da Cultura. O venres 27 unha salva de bombas de palenque e un pasarrúas cunha banda de música anunciarán o inicio dos festexos á primeira hora da mañá. A misa cantada pola Coral A Torre e a procesión celebrarase ás 12:30 horas. As 20:30 da tarde a Banda de Gaitas de Maside ofrecerá un pasarrúas e desde as 22:00 horas as orquestras Montes e Combo serán as encargadas de amenizar a verbena. Á medianoite terá lugar unha sesión de fogos de artificio. O sábado 28 haberá misa cantada polo Coro Parroquial e procesión ás 12:30 e a partir das 22:00 horas verbena amenizada polas orquestras Lamas e Alcotán. Ás 24:00 horas interrumpirase a festa cunha sesión de fogos de artificio. O domingo 29 terá lugar unha festa campestre na Rañoa cun xantar que organiza a Comisión de Festas, con servizo de restaurante incluido onde a charanga "Castro Vello de Maside" se encargará de animar a tódolos asistentes ás 13:00 horas, na sobremesa a partir das 16:30 horas e pola noite cunha terceira actuación ás 23:30 horas. Pola noite,unha afamada orquestra encargarase de pechar os festexos de Maside. O domingo 5 está prevista unha carreira Popular en honra ás Festa do San Vitorio.
O Concello de Beariz procedeu ó fallo do "Concurso Literario 2010" que se enmarca dentro da programación cultural do verán. O primeiro premio, cunha dotación económica de 550 euros, concedeúselle a un veciño de Torrejón de Ardoz, pola súa obra "Un espejo ovalado". O segundo premio, de 350 euros recaeu nun veciño de Sevilla e o terceiro, de 250 euros foi parar ás mans dun veciño de Beariz. Dende o concello tamén se presentou a edición nº 20 da súa revista cultural "O Quince". A revista cunha tirada de 1000 exemplares edítase anualmente pola Comisión de Cultura do Concello de Beariz. Un ano máis intentaron mergullarse na cultura da xente do pobo, debido o especial interese que estes temas despertan sobre aquelas persoas ás que se lle solicita algún tipo de coloboración ou que por iniciativa propia presentan os seus traballos para que sexan incluídos na revista. Pero esta non foi a única presentación que se fixo durante os últimos días no Concello de Beariz. Unha exposición de pintura, de María Ofir Janeiro Ramos, e outra de escultura, de Juan Manuel Paz son outras actividades que se presentaron e que se encontran dentro da programación do verán cultural do concello. As esculturas expostas son da súa serie de inspiración medieval e están elaboradas en diferentes tamaños e materiais. A exposición estará aberta os días lectivos en horario de mañán na casa do Concello de Beariz ata o día 31 de agosto.
(Redacción. Rocío Campos) O I Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado polo Xacobeo 2010, levará durante os días 3, 4 e 5 de setembro ó concello de Cea a formacións musicais de distintos puntos do mundo que participarán nun evento novidoso co baile como protagonista. O innovador proxecto pretende convertir a Cea no escaparate das mellores orquestras a nivel mundial. Desta maneira, o evento, acollerá orquestras de distintos tipos e procedencias, ata un total de 11, entre as que se encontran a Orchestre National de Barbès (Francia), a Billo's Caracas Boys (Venezuela), Roy Paci & Aretuska (Italia) e as galegas Sintonía de Vigo e Olympus, entre outras. Paralelamente ó evento musical, a festa complétase con outras actividades como unha exposición sobre a historia das orquestras de baile en Galicia que estará distribuida pola localidade de Cea, un mercado popular e coloquios, así como un aparcamento e zona de acampada libre de case 10.000 m2 e 408 prazas. Os interesados pódense apuntar enviando a folla de inscripción que se atopa na propia páxina web do concello.
Durante os tres días, a programación iniciarase ás 13:30 horas coa sesión vermú, que dará paso, ás 20:00 horas, ós "Clásicos Latinos" e ás 23:00 horas ás "Orquestras do mundo". Así mesmo, á 1:00 horas terá lugar unha sesión verbena coas orquestras galegas e, a partir das 3:00 en adiante, unha festa cun dj. Trátase dun festival que responde ó estilo festeiro que nos caracteriza ós galegos. Un novo concepto que conxuga o formato tradicional da verbena popular cos actuais eventos musicais de masas. A gran foliada será grabada para un documental que recollerá a orixe e a evolución das miles de verbenas populares de Galicia e os momentos estelares do Festival.
A quinta festa da Asociación de Comerciantes e Empresarios de O Carballiño, terá como protagonista este ano a empresa "Frigoríficos Florindo e Hijos S.L." que recibirá o "Premio Azougue 2010". O premio recoñece a traxectoria profesional da empresa que foi fundada en Arcos hai preto de 50 anos por Florindo González Otero e que segue en mans dos seus fillos, Floro e Suso. A empresa cumpre cos requisitos axeitados para recibir dito galardón pola súa antigüidade, o alto número de empregos directos que ofrece e o alto grao de internacionalización con presencia en diferentes países como Chile, China, Japón, Malasia e Estados Unidos, e que según anunciaba Adolfo Nogueira, con "perspectiva de seguir crecendo" O premio entregarase o vindeiro 3 de setembro nunha cea que se celebrará no restaurante O Pote. O prezo da entrada terá un custo de 20 euros e poderase adquirir en diferentes establecementos de O Carballiño, na Confitería Cerviño, en Establecementos Celta, en Hipercalzados e na Sastrería Pájaro. Manolo Blanco facía unha petición a tódolos comerciantes que asistan, "de levar un obsequio á dita cena".
(Redacción. Rocío Campos) A Casa do Concello acolleu o acto de presentación da programación das Festas do San Cibrao que se celebrarán do 14 o 19 de setembro no Carballiño. A gran aposta deste ano serán as orquestras, en lugar dos concertos que ata este ano eran o sinal de identidade dos festexos. Pero a actuación das mellores orquestras de Galicia non será a única novidade para este ano, senón que tamén apostan pola animación diaria con diferentes charangas, bandas de música, gaiteiros e actividades para os máis cativos. Previa á celebración dos festexos, o día 11 e 12 de setembro terá lugar o festival "Likorkafest 2010" coa actuación de diferentes grupos locais noveis de rock e rap na Praza das Monxas. O martes día 14 darán comezo as Festas na honra do San Cibrao coa inauguración do tradicional Alumeado Artístico ás 22:00 horas. O mércores día 15 terá lugar o pregón popular a cargo do "Humorista Campos" e a partir deste día e ata o 19 as verbeas correrán a cargo das mellores orquestras de Galicia. Paris de Noia, Gran Parada, Panorama, La Oca, Olympus, Tekila, Nova Palma, Filadelfia e Sintonía de Vigo serán as encargadas de amenizar as noites durante estes días festivos. Unha gran cambio onde se aposta polas orquestras debido a gran experiencia acadada en edicións anteriores, apuntaba o alcalde de O Carballliño, Carlos Montes. As diferentes actuacións terán lugar na Praza Maior, aquelas que conten cun palco de grandes características, e na Pista Roxa, o resto. As actuacións musicais deixarán un oco para outras actividades de ocio, culturais e deportivas. A tradicional Feira de Artesanía durantes os días 16, 17,18 e 19 e a "4º proba puntuable do Campionato Galego de Trial 4x4 na Comunal de Pol, serán algunha delas. A gran tirada de fogos realizarase os días 16 e 17 a cargo da Pirotecnia "Penide" e "La Gallega". Juan Nogueira, representante da comisión de festas, agradecía ós patrocinadores, colaboradores, comerciantes e persoas do pobo "a súa colaboración nun ano tan delicado como este" e onde contan cun orzamento de 130.000 euros.
(Redacción. Rocío Campos) O vindeiro 22 de agosto celébrase en Maside a XXIII edición da Festa do Cabalo. Trátase dun concello que sempre tivo unha gran relación co cabalo, debido primordialmente á súa situación, nun cruce de camiños, por iso tal vez, houbo tantos arrieiros e comerciantes que enriba de mulas ou cabalos percorrían a nosa comunidade levando viño do Ribeiro ás vilas máis alonxadas de Galicia, das que a cambio traían xamóns e diferentes obxectos. Pero non so iso, senón que Maside tamén é terra de tratantes de gando ou feirantes que coa súa gorra, chaqueta negra e tixolas recorrían Galicia nas súas bestas en busca do mellor gando. Os descendentes dos antigos arrieiros gardaron sempre un gran cariño a dito animal e por iso, no ano 1988 decidiron organizar a I Festa do Cabalo de Maside, na paraxe natural do Puzo do Lago. Unha festa que non so desperta interese a nivel rexional ou autonómico, senón tamén nacional e internacional, a Festa do Cabalo de Maside é a festa cabalar continuada máis antiga que se celebra en toda Galicia. Os cabalos convértense durante un día nos auténticos protagonistas das máis diversas probas, as cales a organización intenta variar e innovar ano tras ano.
Joaquín Rodríguez, presidente da asociación do cabalo "Puzo do Lago", adiantou nos micrófonos da Cope o programa previsto para este ano. Ás 9:30 da mañá será a recepción dos animais e a apertura de inscripción para as diferentes probas, pero a xornada festiva dará comezo ás 10:00 horas con concursos morfolóxicos e cabalos do país. Éguas do País, Éguas Cruzadas, Cabalos de Pura Raza Española, Cabalos de Pura Raza Árabe, Éguas de Pura Raza Árabe, Andadura a dous tempos, Andadura de cabalos trotóns e Arrastre conforman a programación matinal que culminará a mediodía, ó redor das 14:00 horas cun xantar popular con posibilidade de degustar carne de poldro, o que converte esta festa cabalar tamén nunha xuntanza gastronómica. Ás 16:00 horas reanudarase a xornada festiva cunha ximkana para os máis cativos onde haberá trofeos para os cinco primeiros participantes. Ás 16:30 horas reanudaranse as probas con diferentes carreiras de cabalos trotóns, cabalos trotóns con carro, carreira de burros, carreira de cabalo de País, carreira de cabalos cruzados e carreira de cabalos de puro sangue inglés serán o atractivo para a tarde do domingo que rematará ás 19:30 cun sorteo dun magnífico potro. Finalmente ás 8 da tarde terá lugar a entrega de premios. En cada unha das probas haberá 3 premios de 100, 60 e 40 euros respectivamente acompañados dun trofeo. Unha festa que organiza a Asociación do Cabalo "Puzo do Lago" en colaboración co Concello de Maside e que este ano está adicada a Moncho Dalama, un dos grandes impulsores da festa, falecido hai un mes. Joaquín Rodríguez recordaba a súa figura como un peso importante da festa que fixo que progresara e se asentara nas súas primeiras edicións.
(Redacción. Rocio Campos) A Casa do Concello de O Carballiño acolleu a renovación do convenio en materia de política da muller que leva a cabo o concello de O carballiño, xunto cos de Piñor, Punxín, Maside e Boborás. Ó acto acudiron os alcaldes de ditos concellos, coa excepción do alcalde de Boborás, o cal non puido asistir, pero que fixo a súa asinación en días anteriores. Tratáse dun servizo, apuntaba o alcalde de O Carballiño Carlos Montes, de obrigado cumprimento porque o demanda a sociedade de hoxe en día. O servizo ten como finalidade a atención ás mulleres en tódolos aspectos e conta nas súas instalacións con persoas especializadas, entre elas unha psicóloga e unha avogada. A día de hoxe, o Centro de Información á Muller suma 136 expedientes abertos, dos cales 70 deles son de violencia de xénero. O convenio entre os diferentes concellos facilitará os medios económicos por parte da Xunta de Galicia para levar adiante este servizo, o cal so ten custo algún para o concello de O Carballiño, xa que ó resto dos concellos adscritos so se lle pide colaboración e compromiso coa causa, apuntaba a Concelleira de servizos sociais, Aúrea Francisco. O orzamento deste ano alcanza os 30.000 euros, que no caso de verse reducido coas vindeiras eleccións seguirán poñendo todo da súa man para traballar na materia.
(Redacción. Rocío Campos) O Mosteiro de Aciveiro, no concello de Forcarei, foi o lugar elexido para acoller o derradeiro acto de presentación da XXXI edición da Festa do Gaiteiro que se celebra o vindeiro 21 de agosto en Soutelo de Montes. Ata alí achegáronse os micrófonos da Cope para recoller a información de primeira man. No acto de presentación estivo o alcalde do concello, David Raposeiras, acompañado polo concelleiro de Cultura, Francisco Rozados "Rochi" e por Cristina de Andrés, en representación do despacho no que o concello delegou este ano dotar dunha maior proxección a festa co obxectivo de que sea declarada de Interese Turístico Galego. De feito, foi esta iniciativa a que levou ó concello a presentala na Casa da Galicia de Madrid, no Centro Cultural de Ourense, no Hostal Pazo los Escudos de Vigo e no Hostal de Los Reyes Católicos en Santiago. Raposeiras destacou que a celebración de todas as presentacións suscitaron "sensacións e emoción moi profundas" en todos os presentes. O empresario soutelano, José Manuel Otero Alonso, presidente do Grupo Puentes y Calzadas, será o primeiro embaixador da Festa do Gaiteiro, que como anunciaba Raposeiras é un gran defensor alá por onde vai do plato gastronómico por excelencia de Forcarei "a richada". Xosé Luis Barreiro Rivas "Fillo Predilecto de Forcarei" e gran escritor e politólogo exercerá, pola contra, de pregoeiro da festa. Por último o alcalde destacou que o presuposto deste ano está en torno ós 40.000 ou 50.000 euros. Señalou a "austeridade" coa que se programou este ano a festa e o abaratamento mediante o intercambio de agrupacións.
As actividades programadas para a Festa do Gaiteiro comezarán xa a víspera, co concerto do grupo folk "Fía Na Roca" o venres ás 23:00 horas na Praza da Igrexa. Pero o día grande espérase o sábado. As 10:00 horas comezará un pasacalles de bandas de gaitas, o pregón, a entrega de medallas do Gaiteiro, a imposición do título de Embaixador da festa e a intervención da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, conforman a programación matinal, que culminará ó mediodía co trailer da campaña Gadis que realiza un "cásting" para elexir ó "Super Gaiteiro". Pola tarde terá lugar o XII Concurso de gaiteiros solistas Avelino Cachafeiro "Gaiteiro de Soutelo". A partir das 22:30 horas haberá un concerto en homenaxe a José Firvida Cachafeiro "Maduro" coas actuacións de Lume na Lareira e os Diplomáticos do Acordeón.
Francisco Rozados "Rochi" falou da importante figura de Avelino Cachafeiro que tanto ten que ver na celebración desta festa. Cachafeiro naceu en 1899 e foi un home polifacético que non so destacou no mundo da música, senón que tamén foi un importante tallista, escultor, pintor, empresario e poeta. Con ta so 25 anos foi considerado o mellor gaiteiro e tivo ocasión de tocar en lugar tan emblemáticos como a apertura das Olimpíadas de Amberes ou no Teatro de Avenida de Bos Aires. Pero a Festa do Gaiteiro non é a única das actividades que se inclúe dentro do "verán cultural", senón que hai un amplo abanico de actividades lúdicas e culturais para todos os gusto e idades. A presentación, o 27 de agosto, da XIII edición da Revista Cotaredo, exposición das pinturas de Mario Rodríguez, exposición de fotografía "Forcarei en Cores" de Pancho Rodiño e Francisco Rozados, diferentes xogos infantís como a festa da espuma e a táboa de surf, festa da bicicleta para nenos e nenas, noite folk e noite rock en Forcarei o 27 de agosto, Festa das Dores en Forcarei do 27-30 de agosto son algunhas das actividades que se incluén dentro do programa que remata o día 4 de setembro coa actuación de Xestreu no festival folk Churruchao de Presqueiras.
O concelleiro de urbanismo, comercio, industria e turismo, José González, apuntaba o crecemento industrial que se esta vivindo na zona, en concreto no polígono industrial de Vilapouca onde o que se pretende e que as empresas se asenten en Forcarei para non perder poboación e crear postos de traballos. Na área xa hai seis empresas asentadas e na parte nova do polígono xa están vendidas a case totalidade das parcelas. A última empresa en abrir foi ABCR, unha aposta arriscada polo dificultade de conseguir os terreos, pero que foi positiva porque se trata dunha empresa líder no seu segmento. Pero non so se pode falar do polígono de Vilapouca senón que nos últimos anos foron moitas as infraestructuras que deron a luz no concello como a residencia de anciáns en Forcarei, a nova gardería infantil, o Observatorio Astronómico Público situado en As Casetas e o Circuito de Kárting en A Magdalena que este ano albergou probas de alto nivel como o Campionato de España "Supermotard"
Un concello situado no centro da comarca Deza-Tabeirós que conta con diferentes atractivos como o Mosteiro de Aciveiro, diferentes rutas de sendeirismo polas beiras do río Lerez, paraxes de casas rurais e ante todo unha boa gastronomía nun entorno único.
O concello de Boborás organiza para os días 11 e 12 de setembro unha excursión a Portugal para visitar lugares tan emblemáticos como o Santuario de Fátima, Coimbra ou Aveiro, entre outras. A saída está programada para o vindeiro día 11 desde o Colexio Público de Boborás. Farase unha parada na cidade de Braga e entorno ó mediodía está prevista a comida na localidade de Fátima, onde se visitará o Santuario de Fátima e máis tarde a localidade veciña de Nazaré. A cea será no hotel Católica. O día 12 pola mañá terá lugar unha visita guiada ós monasterios de Alcobaza e Batalha e rematarase a viaxe cunha visita ás cidades de Coimbra e Aveiro, co fin de chegar o lugar de residencia arredor as 23.00 horas do mesmo día. O custo da viaxe é de 70 euros para as persoas empadroadas no municipio, xa que o concello subvencionará o 50% do custo. Para aquelas persoas que non estean empadroadas e queiran asistir, o custo será de 100 euros. O prezo inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento e almorzo no hotel, xantar e cea do sábado, xantar do domingo, as visitas guiadas e o seguro de viaxe. Aquelas persoas interesadas poden facer a súa inscripción no concello antes do día 3 de setembro.
Un veciño da urbanización de Outeiro Grande, en Maside, que corresponde ás iniciais J.A.I.A. denuncia que autores descoñecidos, tras forzar a porta de entrada ó recinto da empresa, así como tamén a porta da nave, roubaron do interior un camión cunha grúa da marca Volvo de cor branco e franxas vermellas o pasado xoves de madrugada, entre as 23:00 e as 00:30 horas. O camión que se atopaba cargado con aparatos sanitarios e grifería estaba no interior da nave aberto, pero sen chaves no seu interior. O camión valórano nuns 45.000 euros, o material sustraído nuns 9000 euros, mentres que os danos ocasionados en 1000 euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 730
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- 736
- 737
- 738
- …
- seguinte ›
- última »