A Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, xunto co Delegado Territorial, Rogelio Martínez González e o Xefe Territorial da Consellería de Traballo, José Sela Souto visitaron Avión con motivo da nova Residencia de Maiores "Alvetus" onde o alcalde do concello, Antonio Montero e a Directora do Centro, Eva Campo os esperaban á súa chegada para recorrer ás novas instalacións do centro. Esta residencia de maiores pasa a formar parte do Centro Integral de Servicios Sociais "Alvetus", que desta maneira se converte nun gran complexo residencial e de servizos sociais para persoas maiores ou dependentes. Con esta nova residencia cérrase o círculo sobre as posibilidades tanto de vellez como de dependencia sen sair do concello, xa que dende que abra as súas portas terán á disposición dos cidadáns tódolos equipamentos posibles según os grados de dependencia previstas. Despois da visita da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, os veciños de Avión terán a oportunidade de coñecer a fondo a nova residencia durante unha semana completa, desde este venres 13 de agosto ata o vindeiro 30 de agosto, incluido a fin de semana tanto en horario de mañá como de tarde. Un servicio que serve de modelo para outras localidades, xa que ademais de cubrir as necesidades tanto de vellez como de dependencia creou ata agora máis de vinte postos de traballo, ocupados a inmensa maioría por xente de Avión, e que está previsto aumentar a plantilla con este novo equipamento que empezará a funcionar en moi pouco tempo.
(Redacción. Rocío Campos) O programa que cada venres de verán emite Cope O Carballiño de forma itinerante, estivo esta semana adicado ó concello de Carballedo, na provincia de Lugo. Aínda que pertence a outra provincia é certo que Carballedo está intimamente ligado co concello de O Carballiño, tanto na súa raíz toponímica como na escasa media hora que separa a ambos núcleos de poboación. Os dous concellos fan honor ó seu nome, xa que están bañados de carballos e outra vexetación típica de Galicia. O concello ten a súa capitalidade municipal na localidade de A Barrela, e hoxe mesmo celebra a súa feira mensual. Ó longo de todo o programa tivemos a ocasión de falar con diferentes traballadores do concello, entre eles co seu alcalde Julio Yebra-Pimentel. O alcalde aseguraba que Carballedo é un pobo moi rural que conta con moitos núcleos de poboación e que en parte segue vivo gracias á colaboración de tódolos traballadores do concello. O medio rural galego está sufrindo unha gran recesión debido a que se concentra todo nas grandes cidades. Hoxe en día é moi difícil manter un concello con estas características onde desde o concello non se pode planificar, xa que sempre están pendentes doutras administracións. Dende o programa pide a colaboración cidadán, xa que o que "non se pode pretender é que o concello solucione todo". O polígono industrial que verá a luz unha vez que remate a autovía axudará ó asentamento da poboación que tanto necesita o pobo. Pero esto non parece algo inmediato, xa que as obras da autovía Ourense-Lugo quedaron paralizadas nos últimos días. Unha grave situación para o concello nesta época estival que demostra unha gran improvisación neste tipo de obras e que desta maneira teñen que buscar outras alternativas para o tramo dende A Grela-A Barrela, xa que afecta ó nexo de comunicación entre as comarcas de O Carballiño e O Ribeiro. Pero a paralización da obra non so afecta á comunicación entre as diferentes vilas, senón tamén perxudica ós ríos, á fauna e á flora.
Outro dos convidados ó programa foi Jesús Fernández Dorego, un artista de renome que viviu durante trinta e oito anos en Madrid, pero que voltou a súa terra xa que nunca se considerou da capital de España. Entre os traballos que realiza destaca a talla en pedra, madeira e colmillos de elefante. Jesús asegurou que nos 139 km2 cos que conta o concello podemos atopar unha importante mostra arquitectónica relixiosa e un dos primeiros testimonios do cristianismo en Galicia. Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sarcófago que data do s. IV. Jesús tamén nos falou do carballo máis lonxevo de Europa, o cal ten máis de 1500 anos de antigüidade, 34 metros de altura e que produce unha sombra de 630 m2.
Elvira Fernández González é unha das propietarias do Hotel Río Bubal, o cal se atopa na entrada de A Barrela indo dende O Carballiño. Podemos atopar un menú do máis variado, pero a súa especialidade céntrase na carne á brasa, o bacallao e os postres caseiros. O nome do hotel fai referencia o principal río que atravesa o concello, o río Bubal. Un río que ten moita soa polas boas troitas que leva, as cales non se poden comercializar.
Raquel Vázquez, educadora familiar, e Beatriz Ríos, informadora xuvenil, son as encargadas de realizar diversas actividades e de axudar ós máis cativos. Debido a gran extensión do concello, que conta cun total de 201 entidades locais, tenden a centralizar as actividades nun so núcleo de poboación, xa que doutra maneira tería un custo moi alto. O concello ofrece unha oferta cultural moi ampla dirixida ós máis cativos e ás persoas da terceira idade. Aínda que nos últimos cinco anos aumentou o índice de poboación, a maioría segue sendo envellecida. Debido á situación do concello, enclavado na Ribeira Sacra, existen diferentes rutas de sendeirismo propias para os meses de verán, así como tamén se poden visitar as moitas igrexas que rodean o concello. Pero a oferta cultural de verán para os máis ctivos comezou a finais de xuño cunha festa para os nenos e nenas, un campamento para nenos de entre 4 e 12 anos nas instalacións do polideportivo, diferentes espectáculos de maxia, circo e excursións á Ribeira Sacra, entre outras actividades. Raquel e Beatriz recordaban que existe unha oficina de información xuvenil para resolver dúbidas de calquera aspecto.
Jesús Sánchez, encargado de emprego local do concello, asentía que estamos nun concello onde a gandeiría ten un peso importante "onde se ven boas vacas, aínda que non tantas como antes". Existen explotacións con cerca de 200 vacas de tipo tradicional de rubia galega, mentres que as de raza de leite foron desaparecendo co paso do tempo. A xente xoven, polo xeral, non tende a implicarse nas explotacións agrarias familiares, pero si nas diferentes asociacións cooperativas que existen no concello. Pero non so a gandeiría é importante, senón que outros sectores productivos do concello son o forestal que atravesa unha profunda crise debido ó baixo nivel de corte e venta no monte, o sector servicios nos grandes núcleos de poboación como en Castro ou A Barrela, o pequeno comercio, a construcción e o sector do transporte. Dende o día 18 de agosto do ano 2009 existe un servicio de orientación laboral onde acude xente de toda a comarca de Chantada. Jesús ofrece servicios de asesoría, axuda ós emprendedores, ós desempregado e incluso axuda en tarefas como pode ser a realización dun curriculum vitae.
Unha xornada radiofónica que abarcou tódalas perspectivas de Carballedo, dende a xestión, pasando por turismo, gastronómica, historia e servizos. Unha localidade enclavada na Ribeira Sacra que alberga entre os seus límites xeográficos unha historia relixiosa, arquitectónica e paisaxística. Un pobo que recorre as primeiras pegadas do cristianismo e posúe a árbore máis lonxeva de Europa.
( Redacción. Rocio Campos) A Agrupación Local do PSOE felicita ó grupo do goberno municipal polo resultado acadado na derradeira edición da Festa do Pulpo e da celebración das Xociviga 2010. Ambos actos de gran repercusión gastronómica e cultural para o concello favoreceron tanto á hostelería como ó sector turístico. Nas derradeiras semanas as prazas hoteleiras do Carballiño e dos arredores quedáronse curtas, rexistrando unha ocupación do 100%. Pero o éxito acadado non sería posible, segundo o PSOE, sen a intensa laboura feita desde as diferentes áreas do concello, como a de Turismo, Cultura ou Comercio, que cunha organización á altura das circunstancias colaboraron na consecución dun record guinness para O Carballiño, o do plato de pulpo máis grande xamais visto. Na celebración de ambos eventos tamén cabe destacar, apunta o PSOE, a implicación dos departamentos de Medio Ambiente e Obras e Servizos Públicos, así como tamén da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Forzas e Corpos de Seguridade. Pero os agradecementos por parte da agrupación local do PSOE, non so se limitan á colaboración cidadán, senón tamén á presenza de diferentes persoeiros que tras ser invitados polo concello carballiñés se derón cita o pasado día 8 na XLVIII edición da Festa do Pulpo. Entre os presentes hai que destacar ós membros do goberno municipal de Oberhausen, cidade xa irmandada coa historia carballiñesa despois da repercusión do pulpo "Paul", así como tamén a presenza do actual ministro de Fomento José Blanco. Non é o caso da falta da representación do Goberno Galego, o presidente Alberto Núñez Feijoó, tamén invitado con suficiente antelación, e do líder da oposición municipal do Partido Popular carballiñés, Argimiro Marnotes. O Secretario Xeral da Agrupación Local do PSOE, Guillermo Fernández Dopazo quixo agradecer finalmente "o esforzo de todos os partícipes nestes eventos e felicitalos e animalos para que as vindeiras edicións tanto das Xociviga como da Festa do Pulpo sigan o camiño marcado neste ano".
O concello de Boborás pon a disposición dos rapaces un total de quince prazas para disfrutar do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto, en Porto do Son entre os vindeiros días 23 e 29 de agosto. A saída terá lugar o día 23 ás 9:30 da maña do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, para chegar a dito campamento ás 11 da mañá, sendo a chegada a Boborás o día 29 ás 12:30 da mañá. Os asistentes irán acompañados de dous monitores con titulación en materia de tempo libre que tratarán de fomentar nos rapaces a convivencia, o respeto e outras actitudes imprescindibles para o desarrollo armónico da persoa, a través de diferentes actividades como obradoiros de artesanía, reciclaxe e xogos, entre outras. O concello de Boborás farase cargo do 50% do custo do campamento e cada un dos participantes deberá de abonar a cantidade de vinte euros.
O abade de Oseira, O Cónsul español en Dusseldorf e o Concelleiro de cultura de Oberhausem, foron os protagonistas do acto institucional que acollía a casa do concello do Carballiño, con motivo da celebración da XLVIII Festa do pulpo, e que trouxo atá O Carballiño a otros persoeiros da vida social e política, entre eles ó Ministro de Fomento José Blanco, todos eles asinaron no libro de honra do concello carballiñés. Deulles a benvida o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, e logo tomou a palabra o Abade de Oseira, Juan Javier Martín, que agradeceu a dedicatoria da festa ó Mosteiro de Oseira e manifestou sentirse emocionado nun acto no que "siento en estos momentos que no solo represento a la Oseira de 2010, sino a tantas y tantas y tantas generaciones que durante 8 siglos poblaron Oseira". Manuel Viturro, o Cónsul Español en Dusseldorf, destacou a gran repercusión mediática que despertou o pulpo Paul e o acordo do Concello do Carballiño de nomealo "Amigo Predilécto", e amosouse sorprendido ante "el ambiente festivo que me he encontrado en O Carballiño, la alegria y la implicación de la población, se nota la importancia que tiene esta fiesta". Desde as once da mañá en adiante as caravanas de vehículos convertironse na estampa que podia verse en todas as entradas á vila, aínda que non houbo que rexistrar retenciones no tráfico. A Afluencia de público O Carballiño durante esta xornada festiva volveu a ser importante, acaso non na medida que apuntaban algunhas previsións feitas nos últimos dias debido "o efecto Paul", asi e todo desde a propia organización cifrouse a asistencia arredor das 90.000 persoas, o que constituiría un record na historia da convocatoria festiva.
( Redacción. Rocio Campos) O vindeiro domingo 8 de agosto celébrase a XLVIII edición da Festa do Pulpo en O Carballiño adicada este ano o Mosteiro de Oseira. Ás 12 da mañá terá lugar o acto de recepción institucional na Casa do Concello onde se espera unha representación oficial da comunidade cistercense de Oseira. Unha adicación acertada a deste ano dada a estreita relación en tempos pasados e a importancia dos propios monxes na historia de dita vila e na tradición "pulpeira". Pero este ano o mosteiro tivo que compartir coprotagonismo co afamado pulpo "Paul", recoñecido por acertar os resultados dos partidos no Mundial de Sudáfrica 2010, que foi nomeado "Amigo Predilecto de O Carballiño. Esta consideración sería unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a vila gracias ó cefalópodo. Repercusión que chegou a Alemania onde a visita do alcalde a Oberhausen foi o inicio dun proceso de colaboración turísta entre os dous municipios, que será ultimado na visita que a delegación do concello alemán realizará o vindeiro domingo. Á cita acudirán o cónsul de Dusseldorf, Manuel Viturro, os edís de Cultura e Turismo, o xerente da capitalidade cultural europea, así como o xerente do acuario Sea Life onde se atopa o afamado cefalópodo. O alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, mostraba a súa ledicia sinalando que "vai ser un verdadeiro reto, sobre todo tengo en conta o magnífico trato recibido durante a nosa visita á cidade de Oberhausen". A intención dos dirixentes municipales é contar coas dúas vilas como eixes centrais do programa de turismo entre Alemania e España. A partir da repercusión do afamado cefalópodo formouse en O Carballiño a asociación de "Amigos del Pulpo Paul" que convocou para a semana da Festa do Pulpo unha serie de actividades. Entre elas destacaba a de elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo sobre un plato de madeira de 2,20 metros de diámetro onde se serviron 120 kilos de pulpo. Un notario deu fe da elaboración da tapa, para poder enviar estos datos ó Récord Guinness, demostrando que é a tapa máis grande do mundo. O anterior récord tíñao a localidade madrileña de Alcobendas cun prato de 2,06 metros de diámetro. Esta iniciativa da asociación acrecentou aínda máis a repercusión mediática, de aí que ocupación hoteleira en O Carballiño xa rexistre o 100%, así como o cámping municipal que conta con cheo absoluto tanto nas 26 prazas de acampada como nos 6 bungalows. Pero este ano as reservas xa estaban agotadas varias semanas antes da celebración da festa, incluso nos hoteis das comarcas veciñas. Manuel Amil, concelleiro de urbanismo e teniente alcalde do concello, anunciaba que todo o operativo de limpieza estaba preparado para a cita gastronómica do vindeiro domingo, o cal requiere moito esforzo, pero permite dar unha boa imaxe do pobo. Francisco Valeiras, xefe da policía local de O Carballiño, aconsella a tódolos asistentes vir escalonadamente durante toda a mañá para que a regulalción do tráfico sexa máis fácil para todos.
A asociación "Amigos del pulpo Paul" programa do 3 ao 8 de agosto diferentes actividades en O Carballiño con motivo da XLVIII Festa do Pulpo. A primeira cita tiña lugar onte día 3 cun reto dun plato de “pulpo á feira” de 2,20 metros de diámetro onde se serviron 120 kilos do cefalópodo a cerca de duas mil persoas na Praza Maior de O Carballiño. Pero a iniciativa da asociación non se reducirá so a este récord, senón que se ampliará con diferentes actividades ata a cita gastronómica do vindeiro domingo 8 de agosto. O mércores dia 4 haberá xogos para nenos a partir das 7 da tarde , e ás 11 da noite o concerto de "La Acústikasesina".
O xoves día 5 concerto dun cantautor celestial a partir das 0.00 horas. O venres día 6 a partir das 18:00 horas actuación do espectáculo cabaret "Troula" e da charanga "Garrafón.com". Ademais, a partir das 21:00 horas terá lugar o festival "Octopusfest" onde se inclúe o final de Bandas do primeiro concurso "Jorigames.com" e a actuación dos grupos Buenos Aires de Portugal e Eladio y los Seres Queridos de Vigos, ambos fóra do concurso. O sábado 7 celebrarase unha cea para tódalas peñas. A venta anticipada das entradas poderase adquirir nos locais "A Botica" e "Moma" por un prezo de 15 euros. Todas as actividades terán lugar na Praza Maior, Irmás Prieto e Aquilino Sánchez. Pero a gran cita será o domingo 8 de agosto coa tan esperada Festa do Pulpo e que rematará cun espectáculo de maxia para os máis cativos. Á cita do vindeiro domingo hai que sumarlle a presenza do cónsul de Dusseldorf, Manuel Viturro, e varios dos edis de Oberhousen que confirmaron a súa asistencia á Festa do Pulpo. Pero non serán os únicos, xa que onte desde o concello alemán anunciábase a visita dos edis de Cultura e Turismo, o xerente da capitalidade cultural europea, así como o xerente do acuario Sea Life onde se atopa o cefalópodo. O alcade de O Carballiño, Carlos Montes, mostraba a súa ledicia, sinalando que "vai ser un verdadeiro reto, sobre todo tendo en conta o magnífico trato recibido durante a nosa visita á cidade de Oberhausen". Esta expedición ten como fin a posta en marcha de futuros proxectos comúns entres ambos concellos, sobre todo en materia de turismo e cultura.
(Redacción. Rocío Campos) O Centro de Servizos Sociais "Alvetus" en O Sifón ven de ampliar e mellorar o servizo de Fisioterapia. Esta nova prestación estará a disposición de tódolos veciños de Avión de calquera franxa de idade por un prezo moi asequible. Desta maneira, non terán a necesidade de desprazarse para acudir a outros centros especializados, xa que dende agora o Centro de Servizos Sociais "Alvetus" conta cun equipamento fisioterapeuta cun nivel altamente cualificado con camillas articuladas, camilla especial para embarazadas, lámpadas de infrarroxos, máquinas de electroterapia, máquina de parafina, máquinas de axentes quentes e máquinas de axentes fríos.
Co novo equipamento, ademais dos tratamentos que xa se viñan realizando, tratarán as seguintes patoloxías: problemas de espalda, incontinencia urinaria, problemas reumáticos e artrósicos, esguinces, problemas circulatorios, insuficiencia respiratoria, insuficiencia cardíaca e masaxes terapeúticos, entre moitas outras.
(Redacción. Rocío Campos) A xunta local do Partido Popular de O Carballiño elixe a Argimiro Marnotes como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais.O actual portavoz do PP no concello e Xerente de Xestur en Ourense S.A foi nomeado por unanimidade candidato á alcaldía de O Carballiño para as vindeiras eleccións municipais nunha reunión celebrada na sede Local do Partido Popular. Argimiro Marnotes "recolle con responsabilidade a confianza que o Partido está a poñer nel", pero asegurou que "terá que dar un salto importante para conquerir a alcaldía que xa fai 14 anos está en poder do PSOE". Unha suma de esforzos por parte de todo o Partido, xunto co apoio dos votantes axudarían según os populares a conseguir o éxito nas vindeiras eleccións municipais.
A partir deste momento, o Partido Popular en O Carballiño, cunha xunta local renovada por medio dun congreso e con Argimiro Marnotes elexido como candidato á alcaldía, "está en disposición de traballar nun programa e na elección de persoas que lideren un proxecto político pensado no valor máis importante que ten o pobo, que son as persoas, pero sempre sen deixar de traballar durante os meses que quedan de mandato nas tarefas de oposición"
(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse esta semana ata o concello de O Irixo para coñecer mellor a súa historia. Un concello que conta con 120 km de extensión e onde entre os veciños abunda o apelido Nogueira, mostra diso dous dos nosos convidades no programa Antonio Nogueira, dueño do xeriátrico Nosa Señora da Sela e recoñecido construtor e Elisa Nogueira, veciña da parroquia de Campo. Pero durante a mañá tamén tivemos ocasión de falar co teniente alcalde do concello, Manuel Cerdeira "Lito".
Antonio Nogueira contábanos que O Irixo é un concello onde en tempos atrás houbo moita inmigración, maioritariamente cara o País Vasco. Pero non so houbo emigración a Euskadi, senón que tamén era común que veciños das parroquias de Dadín e do Campo emigrasen a países europeos como Alemania e Francia.
No seu papel de constructor, o cal xa leva construido ó redor de doce pisos en O Carballiño, aseguraba que cerca de mil pisos de O Carballiño pertencen a veciños de O Irixo. En canto á residencia xeriátrica Nosa Señora da Sela, que non hai moito iniciou a súa actividade, está considerada unhas das máis completas e modernas da provincia de Ourense cun entorno que conta con cerca dos 4000 km2.
Elena Nogueira, María e Irene son as tres integrantes da comisión de festas do Irixo que de última hora acordaron organizar as festas do quince que terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto. Elena aseguraba que para ter máis información sobre o cartel habería que esperar uns días.
O último dos convidados desta maña foi o teniente alcalde, Manuel Cerdeira "Lito", o cal aseguraba que a emisión do noso programa dende o concello e a Festa do Cabalo eran o pistoletazo de salida dunha serie de acontecementos festivos. O domingo 1 de agosto celébrase a décima Festa do Cabalo que desde as 12:00 horas acolle diferentes concursos de beleza, andadura e trote e unha comida popular con pulpo e carne o caldeiro. Unha festa que se celebra desde hai dez anos, pero onde a tradición se remonta os anos noventa celebrando, incluso, curros nos pobos de Parada de Labiote e Carballeda. Outra das actividades previstas para este verán está dirixida ós máis cativos, xa que durante os días 9 e 13 de agosto realizarase un campamento urbano nas instalacións da praia fluvial de O Irixo. O día 14 celébrase a X Festa do neno onde a partir das 16.00 horas disfrutarán de diferentes actividades como hinchables, touros, tobogáns e unha festa da espuma.
Manuel Cerdeira tamén falou de diferentes temas municipais que afectan ó concello, entre os que destacan as obras do AVE. Debido a iso, as estradas secundarias de diferentes parroquias víronse moi afectadas, as cales xa están rematadas e melloradas na súa maioría. As que aínda non están rematadas son as obras do AVE, xa que ó concello aféctanlle os dous trazados que están previstos “Ourense-Santiago” e “Ourense-Vigo”. En canto á construcción da estación de mantemento realizada pola empresa COPASA e que se atopa nas instalacións da estación de trens de O Irixo creará moitos postos de traballos tanto directos como indirectos para o concello. A maioría do trazado do AVE irá por viaducto ou túnel, de aí que o túnel que empezará na zona de Prexigueiro e terá a súa saída en Cerdedo esté considerado como o terceiro máis grande de España cunha lonxitude aproximada de 16 km. Outro dos proxectos que pon en marcha o concello de O Irixo está relacionado co programa de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O Irixo conta cunha poboación moi envellecida de aí que se leven a cabo tarefas de acondicionamento de espazos públicos e de asistencia a domicilio. Para rematar, o teniente alcalde falou tamén das obras do Plan E previstas para este ano. O concello contaba cunha cantidade de 202.000 euros, a cal invertiron en aforro enerxético facendo unha reforma de todo o alumeado público.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- 736
- 737
- 738
- 739
- …
- seguinte ›
- última »