27, Xullo 2010

A dia de hoxe, aínda non chegou ó Concello do Carballiño resolución algunha solicitando a devolución dos 250.000 mil euros investidos no proxecto de construcción da canceira municipal da Medela, asi o asegurou esta mañá a Concelleira de Facenda do Carballiño, Inmaculada Ucha, saíndo ó paso da información facilitada desde o Partido Popular, que advertía desta decisión da administracción autonómica, esixindo ó Concello a devolución da citada cantidade de diñeiro, debido a defectos de forma na tramitación da achega económica recibida no seu dia por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, na etapa do bipartito e sendo o seu titular Pachi Vázquez. A responsable das contas muncipais negou trato de favor algún có Concello do Carballiño e criticou ó Portavoz do Partido Popular de "trasmitir ó pobo do Carballiño datos erróneos ben polo seu descoñecemento do tema ou ben pola mala información das súas fontes". Ucha manifestou que todo o expediente está en regla por parte do Concello do Carballiño, e que a auditoria feita sobre as obras da canceira só desvelou "a ausencia do cartel de obra, que xa fora retirado". A Concelleira insistíu en que ó Coincello "aínda non chegou ningún requerimento por parte da Consellería de Facenda", eso si, adiantou que no caso de recibirse algunha resolución reclamando o diñeiro gastado nas obras da canceira, o Concello do Carballiño tomará as medidas necesarias e "agotaránse todas as posibles vias", antes de aceptar esa posible reclamación. Inmaculada Ucha tamén explicou a contía das axudas recibidas e os pagos feitos á empresa que executou a obra, e aseverou que en todo momento desde o Concello se seguiran as indicacións da Xunta para a tramitación de todo o expediente "a través dun convenio de colaboración, e non a través da lei de subvencións", como posterirormente se estaría solicitando.

27, Xullo 2010

O Grupo Municipal do BNG de Boborás presentouse nas dependencias municipais co obxecto de estudiar en profundidade os nove expedientes relativos as adxudicacións das obras subvencionadas a través do Plan E. A través dunha resolución dictada polo alcalde Cipriano Caamaño permitirase o acceso a antecedentes, datos e informacións que obren en poder dos servicios da Corporación en relación coas obras do Plan para o Fomento do Empleo e a Sostenibilidade Local 2010, así como a consulta do expediente de contratación das referidas obras que nunca son concedidas ás empresas e empresarios do concello.O Grupo Municipal do BNG poderá, polo tanto, revisar a documentación nas dependencias municipais o día 30 de xullo entre as 9:00 e 9:15 horas. Un total de quince minutos que fai aumentar aínda máis as sospeitas das posibles irregularidades. Diante deste novo atropelo o BNG anuncia que "o día 30 deste mes non se presentará nas dependencias municipais e reserva presentar accións legais en contra deste boicot".

26, Xullo 2010

O concello de Beariz inclue dentro do Plan E as obras de aforro enerxético previstas para as localidades de Magros, Correa, Alén, Framia e Abeleira. As princiais vantaxes deste sistema de xestión e aforro enerxéticos son: o aforro enerxético e en mantemento, o control do punto de luz, o sistema de vixilancia da instalación, o control integral da instalación, o sistema de comunicación por onda portadora e o sistema informatizado de control da instalación. As obras, cun orzamento total de 46.000 euros, foron adxudicadas á empresa Esinor Sistemas.

23, Xullo 2010

(Redacción. Rocio Campos) A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia reclama ó Concello do Carballiño a cantidade de 250.000 euros, motivada por unha mala xestión  feita dunha subvención utilizada no seu día para a construcción da canceira do Carballiño, sendo Pachi Vazquez Conselleiro de medio-ambiente, entre as irregularidades detectadas están certificacións mal emitidas e pagos sen xustificar. Cabe recordar que María José Pérez, concelleira de Medio Ambiente naquela época, nunca se manifestou sobre as xestións feitas durante a obra de construcción da canceira. Un asunto que resulta de moita gravidade, xa que evidencia o que se viña denunciando denda fai uns meses na propia canceira cando apareceron un elevado número de cans mortos nunha fosa.

O Partido Popular do Carballiño pide "que se aclare esta situación e se depuren responsabilidades sobre calquera irregularidade que se determine". Desta maneira, demanda explicacións claras ó alcalde do Carballiño, Carlos Montes, ante a presente denuncia pública e ó BNG, como socio do goberno actual, para que actúe en consecuencia e axude dende a Concellería de Medio Ambiente a que todo este se clarifique.

23, Xullo 2010

"A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de Avión para disfrutar en vivo da celebración da súa VI Festa Mexicana na cal tivemos ocasión de falar co seu alcalde, Antonio Montero e Isabel Gabián, organizadora do festexo para coñecer da súa man a historia deste pobo. Isabel Gabián achegouse ós micrófonos do programa para explicarnos en que consiste a citada celebración. A Festa Mexicana iniciouse no ano 1995 como homenaxe a todos os emigrantes no pais azteca e debido o seu gran éxito xa vai pola súa VI edición. O programa para este ano comezará as 20:30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñatas, hinchables e touros mecánicos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar da "tardeada mexicana" acompañado das típicas bebidas mexicanas, da cal Isabel nos aconsellaba os "tacos ó pastor" feitos á forma tradicional no trompo. Os restaurantes encargados de colaborar son O Rincón Azteca de O Carballiño, Chilam-Balam de Vigo e O Mesón Mejicano de Tourón.  Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polos grupos de mariachis Garibaldi e Zones Mexico. Isabel tamén tivo ocasión de falar da Fundación Avión que desenvolve actividades durante todo o ano, pero que durante os meses de verán programa actividades especiais como o piragüismo, a piscina de auga salada e a Festa Mexicana entre outras. Amparo García tamén falou para nós. Trátase dunha emigrante mexicana e veciña do concello de Avión durante os meses de verán que axuda na decoración e organización da Festa Mexicana.

O concello de Avión delimita coa Serra do Suído e a do Faro e nos seus vales nacen multitude de ríos que desembocan no seu principal río, o Avia, de aí que o topónimo de Avión teña a súa orixe neste río. Dos importantes recursos naturales cos que conta o concello falou en "A Mañá de Cope" o seu alcalde, Antonio Montero. A pesca e a caza son as dúas principais actividades que se desenvolven debido a importancia dos ríos e os montes que rodean o concello nos seus catro costados. Os anos 2004, 2005 e 2006 non foron os mellores para as terras de Avión, xa que os incendios arrasaron gran parte da zona forestal. Desta maneira, o concello de Avión foi pioneiro no nacemento de "Mancomunidades de comunidades de montes veciñais en man común" que agrupa a distintas comunidades de montes cun obxecto común como é a limpeza dos montes, a reforestación e o tratamento da madeira. Ademais, durante os últimos meses o concello de Avión está pendente de multitude de proxectos "que estaban en mente  e se lle comeza a dar o visto bo". Un deles é a axuda de case un millón de euros para un proxecto de saneamento integral e de depuración nas augas de Avión. Ademais, a Praza da Igrexa sufrirá unha reforma integral para aproveitar ese patrimonio cultural co que conta. E por último, estanse priorizando os servizos socias que presta o Centro Integral de Servizos Sociais Albetus do concello de Avión onde se van incluir vinte prazas máis para os grandes dependentes que conten cun deterioro físico importante.

Como non podía ser doutra maneira "A Mañá de Cope" estivo amenizada de novo coa música en vivo do cantante de música mexicana, Pepe Benavente.

21, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) Hoxe comezan as festas na honra a Santa María Madanela na parroquia de Santa Uxía de Lobás. O seu párroco, Emilio Vieitez, anunciaba en "A Mañá de Cope" a dedicación das festas á "Teoloxía da Liberación". Esta teoloxía pretende liberarnos da inxustiza, a opresión e a esclavitude, e cambiar o que diría Hobbes "o home é un lobo para o home" por que "o home sexa unha oportunidade para outro home" e desta maneira, a solidaridade e o respeto se convertan nos principais valores.

Dende hoxe a parroquia de Santa Uxía de Lobás prepárase para tres días de festa que comezan ás 19:30 cunha mesa redonda na igrexa parroquial a cargo dunha teóloga da liberación, onde todos os presentes poderán compartira as súas inquietudes. As 21:20 terá lugar a procesión de antorchas cun percorrido dende a igrexa parroquial ata a ermita da madanela. A partir das doce da noite a orquestra Fantasía amenizará a verbea. O xoves as encargadas de amenizar as festas serán as orquestras Poceiro e Costa Dorada e o venres, último día das festas, Tropicana de León e Bohemia.

Francisco Javier e Antonio Villanueva, integrantes da comisión de festas, esperan que o tempo os acompañe nestes tres días, xa que o ano pasado o día grande das festas estivo pasado por auga "foi un día de inverno dos de antes".

19, Xullo 2010

A monumental biblioteca do Mosteiro de Santa María A Real de Oseira convertíuse hoxe no excepcional escenario para a presentación oficial da Festa do Polbo, dedicada este ano ó Mosteiro Cisterciense, ó que según a tradición oral se lle debe a introdución e popularización do polbo na nosa Comarca. Tanto o Alcalde do Carballiño Carlos Montes, como o actúal Abade de Oseira, Juan Javier Martín, incidiron precisamente nas súas respectivas intervencións, neste aspécto histórico, que atribuie ós monxes de Oseira a chegada do polbo a estas terras do interior de Galicia nos tempos nos que "as xentes do mar pagaban os seus tributos ós monxes de Oseira, cándo os dominios do mosteiro chegaban atá o mar de Pontevedra, e desde alí os aparceiros pagaban os seus tributos ó mosteiro en polbo seco", e asi sería coma os monxes propiciaron a tradición polbeira entre os labregos que traballaban nas granxas que o mosteiro tiña repartidas pola comarca adiante. No programa "A Mañá de Cope", o Abade de Oseira, Juan Javier Martín agradeceu ó Concello do Carballiño esta dedicatoria, mentres o Alcalde Carballiñes confirmou que esta semana continuarán os actos promocionais da festa cunha visita á cidade alemana na que se atopa o acuario no que reside o famoso "Pulpo Paul", a ónde se desplazará o mércores dia 21 unha delegación institucional do Concello Carballiñes para facerlle entrega do distintitivo de "Amigo Predilecto do Carballiño". A este acto celebrado en Oseira, asistiron representantes dos grupos políticos das Corporacións Municipais do Carballiño e San Cristovo de Cea, éste último co seu Alcalde, José Luis Valladares, á cabeza. O remata-la presentación, todos os asistentes tiveron ocasión de degustar o polbo á feira, acompañado de pan de Cea e viño do Ribeiro, que se serviron no claustro dos Cabaleiros do Cenobio Cisterciense.

 

16, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de San Amaro para celebrar a festividade do Carme cos seus veciños. Despois do día festivo de San Mauro a vila segue coas celebracións do Carme e da Festa da Cabra no pobo de Anllo o vindeiro domingo 18 de xullo. Por el pasaron numerosos invitados que mostraron a realidade do concello e das diversas actividades que teñen e que van ter lugar nos meses estivais e os proxectos que están pendentes. Elena, integrante da comisión de festas de San Amaro, manifestouse moi contenta co traballo realizado aínda que estar detrás dunha comisión conleva un gran esforzo, por eso agradecía a colaboración de tódolos veciños. Elena presentábanos o cartel das festas que comezaron o xoves día 15 coa festividade de San Mauro e cunha verbena a cargo das orquestras Monumental e Nafta e que continuaban hoxe coa festividade do Carme e cunha verbena a cargo dun dúo e da orquestra Copacabana. Pero por se fora pouco, a festa rematará o sábado cunha gran sardiñada para todos. Tamén nos explicaba que o San Mauro non so se celebra no verán, senón tamén durante o inverno no mes de xaneiro.  

Outra das convidadas foi Marisol, a secretaria da Asociación cultural Lansbricae, que manifestou a súa alegría pola boa acollida da xente do pobo. Marisol emigrante retornada a San Amaro dende hai un ano considera ser unha privilexiada por vivir nun concello que está "estupendamente bien situado" e onde "los servicios están muy bien", donde o único problema é o fallo da cobertura nos móbiles e internet. Lansbricae conta cunha historia moi recente, posto que fai un ano se fundou por iniciativa dun grupo de amigos, pero xa leva realizadas unhas cantas actividades como o carnaval, o mercadillo e as festas. Grazas ó alcalde, dende este ano, contan con oficinas propias situadas na antiga casa do médico. Entre as próximas actividades previstas pola asociación destaca a viaxe a Santiago de Compostela debido ó ano Xacobeo 2010.

Este vindeiro domingo día 18, o pobo de Anllo celebra a III edición da Festa da Cabra. Rosa e María son dúas das organizadoras e das cociñeiras que se encargarán de preparar a exquisita carne de cabrá nas súas dúas especialidades, guisada e cocida, que se repartirán na festa. Son 100 os anos de historia que ten a receita de preparación da carne de cabra guisada e que foi pasada de xeración en xeración. Para acudir a esta festa gastronómica é preciso contar cuns tickets individuais para cada plato, xa que non so se preparará carne de cabra senón tamén carne ó caldeiro e pulpo á feira. A festa estará amenizada por un grupo de gaitas, un dúo musical e a charanga "Os Centellas". Durante todo o día terá lugar unha exposición e venda de cabras e ó final da celebración o sorteo dunha cabra. A organización da festa espera superar as 600 persoas que tiveron ocasión de acudir o ano pasado.

Na "Mañá de Cope O Carballiño" acompañounos tamén o alcalde do concello, Ernesto Pérez, que manifestou a súa alegría pola implicación da xente neste tipo de actividades, confirmando que se trata dun "concello moi festeiro" O alcalde tamén falou dos futuros proxectos que se levarán a cabo no concello nos vindeiros meses. Un deles o Centro de Interpretación de Cultura Castrexa, o cal vai ser unha das locomotoras económicas desta comarca debido á importancia que ten o turismo hoxe en día. Os prazos do proxecto estanse cumprindo, neste caso co proxecto museolóxico que trata de dotar do mobiliario necesario ó centro que contará cunha tecnoloxía moi avanzada.  Ernesto Pérez confirmaba a inauguración do centro para os meses de outubro ou novembro e o seu funcionamento para o un de xaneiro. As obras arqueolóxicas de investigación no castro de San Cibrao de Lás comezarán o día vinte de xullo, ás que se unirán as obras de urbanización do entorno do Centro de Cultura Castrexa. A partires do un de agosto haberá guías instalados para facilitar as visitas dos interesados. O alcalde tamén falou dos problemas de cobertura móbil e acceso a internet que se atopan na zona e que serán solventados grazas á tecnoloxía WIMAX . Esta mesma semana a empresa Iberbanda resultou adxudicataria da concesión por parte da deputación deste proxecto que vai comezar a dar servizos de maneira inmediata.

"A Mañá de Cope O Carballiño" estivo amenizada coa charanga "Os Centellas", os cales nos confirmaban que contaban cun verán cargado de actuacións.

16, Xullo 2010

Os feitos foron denunciados na Garda Civil polo Párroco de Señorín, tras descubrir onte como persoas descoñecidas entraron no cemiterio inter-parroquial de Señorín-O Carballiño, provocando diversos danos, consistentes en destrozos na tapas de once nichos, propiedade de nove familias do Carballiño, os danos causados foron valorados en 1.100 eruros. Os feitos terían acontecido durante a noite madrugada deste pasado xoves dia 14. A Garda Civil abríu unha investigación, e instrue dilixencias o Xulgado nº 2 do Carballiño.

14, Xullo 2010

La Cadena COPE incorpora a su programación para la próxima temporada a estos dos importantes periodistas deportivos. Paco González, una vez terminado el Mundial de Fútbol y finalizado su compromiso con Telecinco, ha decidido aceptar la oferta realizada por la Cadena COPE para formar parte de la parrilla de su programación. También ha decidido sumarse a este nuevo proyecto Pepe Domingo Castaño, su pareja radiofónica durante los últimos años Paco González abandonó la Cadena SER el pasado mes de mayo, después de haber dirigido el programa Carrusel Deportivo durante los últimos 18 años, a cuya dirección llegó con tan sólo 25 años. Durante este tiempo mantuvo el liderazgo de los programas radiofónicos deportivos del fin de semana y de los programas semanales especiales que se emiten con las Jornadas de la Champions o de la Liga española de Fútbol. En esta tarea, Paco González ha estado acompañado siempre por Pepe Domingo Castaño. El veterano periodista gallego vuelve a unirse a Paco González para iniciar una nueva aventura radiofónica. Pepe Domingo Castaño lo ha sido todo en la radio española. Ganador de varios premios Ondas, presentó El Gran Musical, Viva la Radio o Sintonía sobre Ruedas, para consagrarse como el gran animador del Carrusel Deportivo. Con la incorporación de Paco González y de Pepe Domingo Castaño, la Cadena COPE refuerza y amplía su oferta radiofónica para la próxima temporada, con una programación atractiva y nueva que consolidará y ampliará la subida de audiencia que ha experimentado en el último EGM, con la confianza de alcanzar pronto el liderazgo de la radio en España.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS