(Redacción. Rocio Campos) Os continuos problemas de circulación e aparcamento no Carballiño foron as causas que levaron a José Antonio Barge Gil, concelleiro de tráfico, a poñer en marcha o novo regulamento da ora para o estacionamento de vehículos. A nova medida entrará en vigor a mediados de outubro debido ó longo proceso administrativo, aínda que so falta concretar a decisión do grupo de goberno no próximo pleno que celebre a corporación municipal, polo que respecta ás rúas nas que se vai implantar.O regulamento recollerá tres zonas ben diferenciadas: "a zona azul" atoparase na zona máis céntrica e comercial do concello. Contará con máquinas expendedoras de tickets e cobrarase polo tempo que se permaneza estacionado, 0,20 céntimos por trinta minutos, 0,50 por unha hora e 1 euros por dúas horas. A "zona verde" para residentes do Carballiño contarán cunha tarxeta dun prezo anual de 50 euros e semetral de 25 euros. Desa maneira os residentes que vivan nunha determinada zona poderán aparcar nun espacio de cincocentos metros á redonda. Unha vez que se revise o padrón das persoas interesadas nas tarxetas dentro deste grupo haberá certas prioridades a persoas que viven nunha determinada rúa, teñen coche, pero non teñen garaxe, a persoas que viven nesa rúa e por último a traballadores que veñen de fóra. A "zona libre" dirixida a tódolas persoas residentes ou non no Carballiño. Dúas destas rúas consideras libres serán a Avenida do Balneario que conta con 128 prazas de aparcamento e a rúa Otero Pedrayo.
Barge pretende con esta nova medida buscar a sostenibilidade e aforrar en enerxía contaminante como o gasoil ou a gasolina. Unha vila onde todo está tan concentrado debemos "movernos a pé polas rúas e buscar a calidade de vida".
O concello de Cea comezou a instalación de sinais viales na Praza Maior e nos seus accesos, xa que según confirmaba o seu alcalde, José Luis Valladares, nas Mañás de Cope "non había ningún tipo de regulación". O seu obxectivo é regular e facer máis cómodo o tránsito tanto de vehículos como de viandantes para evitar os sustos que moitas veces levan os conductores. No entorno da Praza Maior ademais, instalarán sinais propias de aparcadoiros para non interrumpir o tráfico debido a que "moitas veces queremos meter os coches nos bares". Antes de poñer en funcionamento o novo regulamento pretenden informar a tódolos cidadáns de cómo se debe circular, de aí que as sinais viales aínda non entrasen en servizo.
O alcalde mencionou tamén o Obradoiro de Emprego e felicitou a tódolos seus monitores e alumnos. Despois de quince días de vacacións retomaron a súa labor de restauración en fornos, fontes e xardíns en todo o concello de Cea. Debido ó éxito conseguido xa se pensa nun novo obradoiro para o vindeiro ano.
Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade". A visita faríase coincidir có vindeiro dia 8 da agosto, data de celebración da Festa do Polbo, e para a que desde o Concello Carballiñés tamén se cursará unha invitación especial ó Presidente da Federación Española de fútbol, Angel María Villar, o adestrador Vicente del Bosque, e ós xogadores que conseguiron para España a primeira Copa do Mundo da súa historia. Este anuncio fíxose coincidir coa presentación do cartel anunciador da festa, do que outro ano máís é o seu autor o carballiñes Felipe -Senén López Gómez, un acto que se desenvolveu na casa do concello e ó que, ademáis do Alcalde e o Concelleiro de Festexos, tamén acudiron os patrocinadores da festa, que estará este ano dedicada ó Mosteiro de Oseira.
A unidade de Policía Xudicial da Garda Civil detivo esta fin de semana a un veciño do Carballiño, de 85 anos de idade para dar cumprimento a unha orden de búsqueda, detención e ingreso en prisión dictada pola Audiencia Provincial. J.L.N foi condenado por unha tentativa de homicidio. Os feitos polos que foi xulgado e condenado remontanse ó ano 2005.
O concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, o nacionalista Manolo Amil, avanzaba en Cope-O Carballiño a relaciòn de obras a solicitar polo seu departamento para o vindeiro ano 2011 e condicionadas a aprobaciòn por parte de diferentes administraciòns pùblicas.
Tratariase dunha inversiòn de 242.000 euros, repartidos en 3 eixos:
O primeiro diles contemplarìa un investimento de 100.000 euros para acometer obras de rehabilitaciòn no barrio de Flores (empedrado, mobiloario urbano, etc); cantidade que chegaria nun 80 % da Conselleria de Industria da Xunta de Galicia
O segundo eixo contemplarìa un orzamento similar a travès do Plan PEIM (PLANS ESTRATEXICOS DE INFRAESTRUCTURAS NO MEDIO RURAL) para acometer obras de asfaltado e reafirmado no vial que comprende o tramo entre a piscina situada en Corzos e o polìgono da Uceira e, ademais, nas rùas Pena Grande, Beariz e Testeiro; nesta ùltima tamèn se procederia a reposiciòn da rede de abastecemento e saneamento.
E por ùltimo, o terceiro dos eixos dotado con algo mais de 42.000 euros, procedentes dos Plans Provinciales da Deputaciòn, prevèe o afirmado de camiños nos Foros de Torròn, na estada da Gouxiña a Batallàs e no vial dende a entrada de Seoane ata a igrexa.
(Redacción. Lolo Carril) Primeiro o Comité de Competición, logo Apelación e agora o Comité Galego de Xustiza Deportiva da propia Xunta de Galicia veñen de darlle a razón ó C.D Arenteiro e a súa vez quitarlla ó Arousa ante as sucesivas reclamacións destes por suposta alineación indebida no partido xogado e gañado 3-2 polos carballiñeses o día 7 de abril. Na última notificación remitida ó Arenteiro, o Comité Galego ven de rexeitar unha nova proba documental presentada polo Arousa ó entender que non procedía á referida proba, xa que a mesma se dirixiría a constatar uns feitos que non foron denunciados no seu día ante o Comité de Apelación e por ese mesmo motivo, non poden valorarse neste procedemento ante Xustiza Deportiva.
Asemade tamén, o propio Comité de Xustiza Deportiva ven de denegarlle a suspensión cautelar que pretendía influir na clasificación final da categoría de Preferente Autonómica-Grupo Sur, en concreto afectaría ó posible réxime de ascensos e descensos, habida conta de que a concesión da medida solicitada podería causar prexuízos ao resto de clubs e de que a non concesión da mesma non conleva prexuízos de imposible ou difícil reparación para o clube recurrente o Comité acorda non conceder a suspensión cautelar solicitada.
Son estas dúas novas excelentes que xa nos permiten adiviñar os términos da resolución final que se dictará nun prazo de apenas dez días e que oxalá sexa a definitiva para deixar as cousas e a cada quen no seu lugar.
(Redacción. Lolo Carril) Tanto o adestrador (Mindo) como os directivos encargados da ardua labor de confeccionar un plantel competitivo en tempos de crise seguen a traballar sen desmaio na elaboración do plantel do vindeiro curso. Unha tempada (2010-2011) que adiviñamos complicada para iste novo Arenteiro, que deixa as grandes ensoñacións a un lado para apostar por un proxecto austero, sostible e realista, cos tempos de invernía economómica que vivimos. As fichaxes rimbombantes e de moi duvidoso rendemento, xunto cos dispendios económicos forman parte do pasado "o diñeiro nunca foi garantía de nada, sobor de todo no Arenteiro, e ós datos nos remitimos". Agora toca ser prudentes, pacientes e perseverantes.
As primeiras novas fichaxes son : o dianteiro José Antonio que procede do Ourense B, o central Diego Viñas que chega a Espiñedo dende o Cortegada C.F, o interior Iago Casas que procedente do Cruceiro do Hío inicia a súa segunda etapa no clube carballiñés tras formar parte do plantel que adestrara Suso Rodríguez e logo Chuchy na tempada 2006 (finalista da Copa Deputación), o lateral Simón que procede do Ourense B, xogador xoven e de proxección que xa debutara co primeiro equipo do Couto. Así mesmo, tamén se confirman os retornos do porteiro Chavo e do lateral Adrián Caíña, ambos anos despois, voltan o equipo do seu pobo. E xa nas vindeiras horas poderían estampar a súa firma outros xogadores, neste caso estaríamos falando de nomes importantes e referímonos a ise ramillete de non menos de entre cinco ou sete xogadores con experiencia na categoría que ten obligatoriamente que fichar o Arenteiro para conformar un equipo con certas garantías.
As ofertas están feitas, as posturas son achegadas e non vindeiros días seguiremos informando.
(Redacción. Rocío Campos) O concello de Maside convoca unha Sesión Extraordinaria que celebrará o Pleno da Corporación o día 8 de xullo ás doce do mediodía no Salón de Actos da Casa Consistorial. A convocatoria farase co obxecto de tratar os seguintes asuntos: a aprobación se procede da acta da sesión extraordinaria e urxente de data 18/6/2010, a aprobación inicial do plan parcial correspondente ó sector S.UR.D-R.6 en A Fontela para unha recalificación urbanística, a aprobación do convenio de cooperación entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o concello de Maside para a construcción dunha pista de paddel-tenis e a modificación da ordenanza reguladora de axuda no fogar do concello de Maside. Neste pleno non se presentou a moción para executar o camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, que quedará pendente para vindeiros días.
(Redacción. Rocio Campos) Un ano máis chega a O Carballiño o verán cultural durante os meses de Xullo e Agosto. Algunhas das actividades descatadas no mes de xullo son a "Semana Grande para os pequenos" que terá lugar do día 5 ó 9 de xullo de 19 a 21 horas con diferentes obradoiros creativos. Na segunda quincena hai que descatar tamén un Festival benéfico a favor de Cruz Vermella que terá lugar o sábado 17 a partir das 19:30 horas na Pista Roxa e que contará con grupos como Demetrius, Susi Q's, Os moiantes e Laura de Factor X entre outros.O mes de Agosto comeza con Xociviga que durará dende o 2 ó 6 con actividades moi variadas como cine, exposicións e concursos. Durante a segunda quincena, do 16 o 20 realizarase o Festival de Títeres don diferentes obras como "As aventuras de Polichinela e a Galiña negra", LBA e Marxos e os xoguetes encantados", "O gato simple", "Marusía" e "Títeres Tanxarina", todas elas ás 19:30 horas na Praza Maior. Pero a gran novidade deste ano, como anunciaba Asunción Rivero, será o Festival de Bandas de Música que nos amenizarán durante as tardes do 27, 28 e 29 de Agosto a partir das 20:30 horas na Praza Irmáns Prieto. As bandas elexidas son A Banda de música de Merza, a Banda de música de Celnova e a banda de música La Lira de Ribadavia.
Debido ó estado no que se atopa o camiño Constanza-Faquín e polo que afecta ós veciños, dado que une estas dúas localidades e o núcleo do Bolo coa carretera local do Bolo a Faquín, Casimiro Campo Fernández, concelleiro do PP no concello de Maside, solicita a presentación dunha moción diante do pleno da corporación municipal para a execución do camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, por un importe de 63.477,88 euros a cargo da Consellería do Medio Rural.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 733
- 734
- 735
- 736
- 737
- 738
- 739
- 740
- 741
- …
- seguinte ›
- última »