28, Xuño 2010

O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez, manifestou a súa sorpresa tralo rexeitamento por parte do grupo popular dunha emenda socialista na que se instaba a unha redución nas contías por asistencia a plenos e comisións de goberno dos concelleiros en solidariedade coa redución dos soldos dos funcionarios e o personal laboral do concello, aprobada con anterioridade.

Rodríguez sinala que como explicación o alcalde indicou "que é pouco o que cobran los Concejales para o traballo que desempeñan".  O Grupo Municipal Socialista pregúntase “qué traballo desempeñan os concelleiros do Grupo de Goberno, xa que o único que fan é levantar a man nos plenos como un robot que está programado para esa función e para cobrar cada un deles 1800 euros ao ano por plenos e comisións. “A conclusión que sacamos de todo esto é que están no Concello en beneficio propio e non en beneficio de todos os veciños e veciñas de Leiro, e o Alcalde ten a desfachez de dicir que cobran pouco. Este Alcalde non ten vergoña ningunha xa que coa situación que se vive en todo o país debido á crise aínda quere se cobre máis”, dixo Rodríguez. Tamén referíndose ao rexedor municipal engadiu que “se tivera decencia non cobraba nada do soldo, pero xa nos deixou clarísimo que el está por interese persoal”. Por último o portavoz socialista sinala que é inadmisible que o alcalde non xustifique os gastos das dietas que cobra, motivo polo que foi preguntado no punto de rogos e preguntas da orde do día do pleno. O rexedor Francisco José Fernández esgrimiu como razón que non iba pedir un xustificante a un Conselleiro cando vai visitalo a Santiago, algo que é intolerable porque ademais pon en risco a legalidade do pago da dieta correspondente por parte do funcionario.Rodríguez censura este comportamento, xa que “unha vez máis o alcalde actúa como se o concellero fora a súa casa e non tivera que dar explicacións por nada, cando ten que dar explicacións tanto aos cidadáns como á oposición”. “Igual é que vai a Santiago en avión e por eso non presenta facturas da gasolina nin da peaxe da autopista, aínda que creo recordar que en Leiro, polo momento, non temos aeroporto”, concluiu.   

24, Xuño 2010

Para que logo se diga que "o país paralízase" e outros tópico ó uso, desde logo que non será o caso do Concello de Boborás. O Alcalde, Cipriano Caamaño, convocou para este venres dia 25 de xuño ás 8,30 da tarde o pleno ordinario da Corporación Municipal de Boborás, á mesma hora na que España xoga ante Chile o transcedental partido de clasificación para a seguinte ronda do  mundial de fútbol, unha coincidencia horaria coa convocatoria da sesión de pleno que causou certa sorpresa. Para Caamaño non hai motivo para que ninguén se sorprenda xa que "os plenos ordinarios están fixados desde o inicio desta lexislatura para celebrarse os derradeiros venres dos meses pares, asi que non hai motivo para cambear a convocatoria, e ademáis estou seguro que non vai faltar ningúen". Desde a oposición, o portavoz do PSOE, Alberto Otero, entende que "había maneiras para evitar a coincidencia se houbese algo de vontade por parte do Alcalde, simplemente con adiantar a hora do pleno, e non pasaba nada". Nesta sesión, a Corporación de Boborás debatirá  a proposta da Alcaldia relativa á aplicación do Real Decreto Lei 8/2010 para a reducción do gasto público e no que respecta ós gastos do persoal. Ademáis, o pleno deberá aprobar os proxectos a incluir polo Concello de Boborás no Fondo de Cooperación Local para este ano, e que consistirán na mellora de aforro enerxético e ampliación da iluminación pública en varias localidades do municipio.

22, Xuño 2010

Unha vez rematado o prazo dado polo comité organizador do congreso local do Partido Popular, tán só o actúal portavoz do grupo municipal no Concello do Carballiño presentou a súa candidatura para optar á presidir o partido, desta maneira, Argimiro Marnotes Fernández convertese en virtual novo presidente do Partido Popular do Carballiño. Para poder ser candidato era necesario contar con 50 avales, Marnotes presentou preto de 300. Agora, o xa candidato e virtual novo presidente tén de prazo unha semana para formar a súa candidatura, na que según avanzou "contaréi con xente da actúal executiva, de executivas anteriores e xente nova que, nalgunhos casos, van integrarse por primeira vez no Partido Popular". O vindeiro dia 2 de xullo celebraráse o congreso local no que Argimiro Marnotes asumirá a presidencia local dos populares, en sustitución de Guillermo Fernández Feijóo, que ven ocupando este cargo desde decembro de 2003.

19, Xuño 2010

A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello do Carballiño, que dirixe a nacionalista Áurea Francisco, en colaboración co Sindicato Labrego Galego promoven unha campaña informativa sobre a Lei de Dependencia e o mundo rural. A campaña consistirá nunha serie de reunións ou charlas con variadas informacións sobre a nova Lei da Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia centradas fundamentalmente nas persoas maiores e os seus familiares, dando conta dos servizos existentes e das posibilidades de accesibilidade a estes, así como, dos trámites e procedementos para a súa solicitude. As charlas perseguen, asemade, sensibilizar sobre o papel social das coidadoras e coidadores das persoas dependentes que, no mundo rural e, en máis do 90% dos casos esta labor é desenvolvida por mulleres. Esta campaña informativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia a través da Consellería de traballo e Benestar. Dende o Concello do Carballiño, destácase o interese destas charlas para todas e todos as veciñas e veciños do rural e, nomeadamente, para aquelas familias nas que algún dos seus membros teña solicitado ou recoñecida unha situación de dependencia, así como para todo aquel que pretenda iniciar un expediente na administración.As parroquias e lugares onde se van celebrar estas reunións son:

- Para Arcos e Seoane, o luns 21 de xuño en Arcos, ás 20:00 h.

- Para a Piteira e Santa Uxía, o martes 22 de xuño na Piteira, ás 20:00 h.

- Para A Veiga, Madarnás e Mudelos, o mércores 23 de xuño na Veiga, ás 20:00 h.

- Para Mesego, Sagra, Banga e Cabanelas, o xoves 24 de xuño en Mesego, ás 20:00 h.

- Para O Carballiño e Longoseiros, o luns 28 de xuño no Carballiño, ás 20:00 h.

- Para Partovia, Señorín e San Fiz, o martes 29 de xuño en Partovia, ás 20:00 h.

17, Xuño 2010

Poeta e diplomático arxentino, e fillo de emigrantes masidaos, Francisco Luis Bernárdez será nomeado a título postumo "Fillo Adoptivo de Maside". A Corporación Municipal aprobará na sesión extraordinaria convocada para este venres dia 18 ás 12 do mediodia o expediente para o outorgamento desta distinción, recoñecendo asi a universalidade deste pesoeiro e a súa relación en vida coas terras masidás. Francisco Luis Bernárdez (Buenos Aires 1900-1978) conta cunha meritoria traxectoria como poeta, e tamén como diplomático, xa que foi Ministro na República Argentina e mesmo Embaixador en Madrid. Formou parte da Academia Argentina de las Letras, e tamén foi recoñecido pola súa labor periodística, tanto na súa estadía en España como na Argentina. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria , a Corporación de Maside aprobará o convenio de cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Maside para a execución e posta en funcionamento da depuradora nodriza de augas residuias prevista dentro do proxecto "Terras do Avia". O Concello de Maside tamén asinará outro convenio coa entidade provincial, para que ésta se faga cargo do proxecto de aforro enerxético na E.D.A.R de Maside, asi como da xestión da rede municipal de abastecemento de auga e a rede de saneamento e sumidorios, a través da sociedade provincial de auga e medio ambiente "AQUAOURENSE".

 

15, Xuño 2010

Nin ó País Vasco, como inicialmente se pensou, nin tampouco ó Xacobeo 2010 como propuxera o Partido Popular, finalmente, o Concello do Carballiño decidíu dedicarlle este ano a festa do polbo á Comunidade de Monxes Cistercienses de Santa Maria a Real de Oseira. Asi a anunciaron o Alcalde Carlos Montes e mailo Concelleiro de festexos Francisco Gómez, que adiantaron ademáis que por tal motivo a presentación oficial que cada ano se fai da festa vaise trasladar nesta ocasión a ún dos claustros do Mosteiro de Oseira, moi probablemente o primeiro ou segundo venres do vindeiro mes de xullo. Montes xustificou esta dedicatoria non só por deberselle ós monxes de Oseira a introducción e popularización do polbo na nosa comarca "senón tamèn pola relación histórica de Oseira coa vila do Carballiño, xa que as primeiras feiras que se celebraron no Carballiño tiveron lugar en terreos que eran dominio do Mosteiro de Oseira".

15, Xuño 2010

A executiva provincial do Partido Popular fixou para o vindeiro dia 2 de xullo a celebración do congreso local desta formación política no Carballiño. Trala la convocatoria, está previsto que hoxe mesmo se proceda á constitución do comité organizador, que terá o seu cargo o proceso congresual, o primeiro paso é a apertura do prazo de presentación de candidatos á presidencia, que deberán reunír un mínimo de 50 avales para poder optar é elección. Despois terán outros dias de prazo para presentar a lista completa coa súa candidatura, e asi participar na votación que se realizará no congreso, e do que sairá a nova executiva local do Partido Popular e o futuro Presdiente dos populares carballiñeses. De momento, xa anunciou a súa intención de optar á presidencia local do PP o actúal concelleiro e portavoz do grupo municipal no concello carballiñes, Argimiro Marnotes Fernández.

14, Xuño 2010

Áurea Francisco, concelleira de Igualdade e Benestar, xunto a  Elisa G. Sánchez-Albornoz, directora do equipo redactor do Plan de Igualdade do Concello do Carballiño, manterán este martes, 15 de xuño unha nova reunión con distintos axentes da sociedade carballiñesa  dentro da fase de consulta previa á elaboración definitiva do denominado  Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Carballiño.

Despois das consultas xa realizadas ao persoal técnico e político do Concello e ao tecido asociativo (asociacións veciñais, culturais, ecolóxicas, de mulleres...), e das entrevistas feitas ao persoal técnico do centro de saúde e a outros representativos da cidadanía son, nesta ocasión, axentes sociais, educativos e do mundo empresarial os sectores obxecto da nova fase de entrevistas. “A elaboración dun Plan de Igualdade que pretenda ser ambicioso, real e práctico, en canto aos seus resultados, debe procurar a opinión de toda a cidadanía” subliña a concelleira do BNG. Esta xuntanza, como sa xe dixo ao comezo desta nota terá lugar o vindeiro 15 de xuño, a partires das 17:00 horas nas instalacións de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, situadas na rúa Faustino Santalices.

13, Xuño 2010

A convocatoria festiva que cada ano organiza a Xunta no parque municipal carballiñés rexistrou este ano un notable descenso de asistencia, que según os propios datos facilitados pola Consellería de Traballo e Benestar estarían arredor das "20.000 persoas procedentes non só do territorio galego, senón doutras comunidades autónomas como Asturias e Castela-León". Unha cifra de afluencia a esta xornada festiva que se queda, pois, moi por debaixo das acadadas fai unhos anos atrás, aínda que xa no pasado 2009 constatárase un retroceso en asistencia de público. Este ano, o descenso de participantes aínda foi máis acentuado nos locais de hostelería do casco urbano, nada que ver cos cheos que presentaban os comedores dos restaurantes noutras ocasións. O número de autocares que trasladan atá O Carballiño ós participantes, un indicador bastante real para cuantificar a asistencia a esta Festa dos Maiores, foi de 270, que se multiplicamos por unha media de 45 persoas por autocar, sumamos un total de 12.150 persoas, aínda que tamén é certo que moitos autocares chegaron con numerosas prazas libres.

11, Xuño 2010

A Garda Civil investiga o suceso ocurrido onte no camiño forestal que comunica a localidade de Anllo có lugar de A Cabana, no Concello de San Amaro, trala denuncia presentada por A.F.B., de 84 anos e veciño de San Amaro. Cando circulaba co seu tráctor agrícola, achegóuselle un individuo coa excusa de pedirllle traballo, agarrouno pola camisa e arrebatoulle a carteira que a víctima levaba no peto, con 400 euros e diversa documentación persoal. Despois, fuxíu cara un vehículo no que o estaba a esperar outra persoa. Do caso ocuparáse o Xulgado nº 1 do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS