Nin ó País Vasco, como inicialmente se pensou, nin tampouco ó Xacobeo 2010 como propuxera o Partido Popular, finalmente, o Concello do Carballiño decidíu dedicarlle este ano a festa do polbo á Comunidade de Monxes Cistercienses de Santa Maria a Real de Oseira. Asi a anunciaron o Alcalde Carlos Montes e mailo Concelleiro de festexos Francisco Gómez, que adiantaron ademáis que por tal motivo a presentación oficial que cada ano se fai da festa vaise trasladar nesta ocasión a ún dos claustros do Mosteiro de Oseira, moi probablemente o primeiro ou segundo venres do vindeiro mes de xullo. Montes xustificou esta dedicatoria non só por deberselle ós monxes de Oseira a introducción e popularización do polbo na nosa comarca "senón tamèn pola relación histórica de Oseira coa vila do Carballiño, xa que as primeiras feiras que se celebraron no Carballiño tiveron lugar en terreos que eran dominio do Mosteiro de Oseira".
A executiva provincial do Partido Popular fixou para o vindeiro dia 2 de xullo a celebración do congreso local desta formación política no Carballiño. Trala la convocatoria, está previsto que hoxe mesmo se proceda á constitución do comité organizador, que terá o seu cargo o proceso congresual, o primeiro paso é a apertura do prazo de presentación de candidatos á presidencia, que deberán reunír un mínimo de 50 avales para poder optar é elección. Despois terán outros dias de prazo para presentar a lista completa coa súa candidatura, e asi participar na votación que se realizará no congreso, e do que sairá a nova executiva local do Partido Popular e o futuro Presdiente dos populares carballiñeses. De momento, xa anunciou a súa intención de optar á presidencia local do PP o actúal concelleiro e portavoz do grupo municipal no concello carballiñes, Argimiro Marnotes Fernández.
Áurea Francisco, concelleira de Igualdade e Benestar, xunto a Elisa G. Sánchez-Albornoz, directora do equipo redactor do Plan de Igualdade do Concello do Carballiño, manterán este martes, 15 de xuño unha nova reunión con distintos axentes da sociedade carballiñesa dentro da fase de consulta previa á elaboración definitiva do denominado Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Carballiño.
Despois das consultas xa realizadas ao persoal técnico e político do Concello e ao tecido asociativo (asociacións veciñais, culturais, ecolóxicas, de mulleres...), e das entrevistas feitas ao persoal técnico do centro de saúde e a outros representativos da cidadanía son, nesta ocasión, axentes sociais, educativos e do mundo empresarial os sectores obxecto da nova fase de entrevistas. “A elaboración dun Plan de Igualdade que pretenda ser ambicioso, real e práctico, en canto aos seus resultados, debe procurar a opinión de toda a cidadanía” subliña a concelleira do BNG. Esta xuntanza, como sa xe dixo ao comezo desta nota terá lugar o vindeiro 15 de xuño, a partires das 17:00 horas nas instalacións de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, situadas na rúa Faustino Santalices.
A convocatoria festiva que cada ano organiza a Xunta no parque municipal carballiñés rexistrou este ano un notable descenso de asistencia, que según os propios datos facilitados pola Consellería de Traballo e Benestar estarían arredor das "20.000 persoas procedentes non só do territorio galego, senón doutras comunidades autónomas como Asturias e Castela-León". Unha cifra de afluencia a esta xornada festiva que se queda, pois, moi por debaixo das acadadas fai unhos anos atrás, aínda que xa no pasado 2009 constatárase un retroceso en asistencia de público. Este ano, o descenso de participantes aínda foi máis acentuado nos locais de hostelería do casco urbano, nada que ver cos cheos que presentaban os comedores dos restaurantes noutras ocasións. O número de autocares que trasladan atá O Carballiño ós participantes, un indicador bastante real para cuantificar a asistencia a esta Festa dos Maiores, foi de 270, que se multiplicamos por unha media de 45 persoas por autocar, sumamos un total de 12.150 persoas, aínda que tamén é certo que moitos autocares chegaron con numerosas prazas libres.
A Garda Civil investiga o suceso ocurrido onte no camiño forestal que comunica a localidade de Anllo có lugar de A Cabana, no Concello de San Amaro, trala denuncia presentada por A.F.B., de 84 anos e veciño de San Amaro. Cando circulaba co seu tráctor agrícola, achegóuselle un individuo coa excusa de pedirllle traballo, agarrouno pola camisa e arrebatoulle a carteira que a víctima levaba no peto, con 400 euros e diversa documentación persoal. Despois, fuxíu cara un vehículo no que o estaba a esperar outra persoa. Do caso ocuparáse o Xulgado nº 1 do Carballiño.
Coa atención posta nas previsións meteorolóxicas, que avanzan unha melloria do tempo para o vindeiro sábado dia 12, o Xefe Territorial da Consellería de Traballo de Benestar, José Selas Souto, confirmou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que xa están contratados 270 autocares, ós que haberá que sumar os vehículos particulares, para trasladar atá O Carballiño ós participantes á Festa dos Maiores. As previsións que manexa a dia de hoxe este departamento autonómico é que asistan a esta convocatoria entre as 25.000 e as 30.000 persoas, procedentes de toda a xeografía galega e incluso doutras comunidades autónomas limítrofes. Selas tamén adiantou a asistencia a esta festa do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estará no parque municipal carballiñés á unha menos cuarto da tarde. O programa para ese dia abriráse ás 10,30 da mañá coa chegada dos primeiros autocares, ás 12 ofrecerá un concerto a Banda Escola de Música do Carballiño, e as dúas da tarde terá lugar un acto institucional no que se lle fará entrega dun recordo conmemortivo ós centros sociais participantes. Un total de 33 postos de venda de polbo instalarán as súas caldeiras no parque carballiñés e varios postos de comida ofrecerán os seus servizos, mentres que un operativo integrado por 130 persoas, no que colabora activamente o Concello do Carballiño, cuidará da seguridade e da asistencia sanitaria para esta esta xornada.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ven de informar desfavoblamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro, aprobado inicialmente pola Corporación deste Concello, polo que deberá introducir diversas modificacións no documento, fundamentalmente relativas á incorporación de bens no catálogo de elementos patrimoniais protexidos, que non figuraban no proxecto que o Concello de Leiro remitíu á Dirección Xeral de Urbanismo e Infraestructuras da Xunta de Galicia. O infome da comisión de patrimonio cultural detectou a ausencia de 7 elementos patrimoniais protexidos que deberán incorporarse ó catálogo, entre eles a necrópolis recentemente descuberta en montes da parroquia de Orega. Tras o achádego, a asociación cultural Castela Auriense solicitara a patrimonio o recoñecemento desta necrópolis medieval, que según posteriores investigacións podería remontarse ó século X. O Alcade de Leiro, Francsico José Fernández restou importancia a este informe negativo de patrimonio e manifestou que "dentro dos informes desfavorables é o menos negativo que podía esperarse, e incluso nos advierte que nalgunhos casos pecamos de proteccionismo como sucedeu coa igrexa parroquial de San Pedro, que non tén interés patrimonial". Agora. o Concello de Leiro deberá corrrexir os erros detectados e remitir novamente a documentación á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O rexidor municipal agarda que os trámites non supoñan un retraso na aprobación definitiva do PXOM de Leiro.
O Grupo municipal do BNG defenderá no próximo pleno que celebre a Corporción do Carballiño unha moción de apoio á proposta que os nacionalistas veñen de formalizar por medio do Senador Xosé Manuel Pérez Bouza, demandando a posta en marcha dun tren de próximidade entre as comarcas do Carballiño e o Ribeiro coa cidade de Ourense. Pérez Bouza e o portavoz do BNG no Concello Carballiñés, Manuel Amil, incidiron na necesidade de colaboración entre as distintas administracións, local, autonómica e estatal, para crear un servizo púlbico de transporte de viaxeiros como o que se prretende. Entende o BNG que o custe de creación desta liña de ferrocarril de cercanías non sería moi alto, xa que aproveitaría as vias e infraestructuras que logo quedarán en desuso, a partir do ano 2015 coa chegada do AVE. O novo servizo, comunicaría Ribadavia e O Carballiño con Ourense, onde completaría un percorrido con varias paradas, entre as que estarían a estación intermodal da Ponte, o campus universitario, a estación de San Francisco e o complexo hospitalario, e tería aínda continuidade atá a zona industrial de San Cibrao e O Pereiro. Na moción que o BNG trasladará á Corporación do Carballiño, solicítase o acordo plenario para instar, tanto ó Ministerio de Fomento como á Xunta de Galicia, para que poñan en marcha os mecanismos necesarios cara a creación e posta en marcha deste tren de cercanías. No Senado, o Bloque xa demandou do Ministerio de Fomento unha partida orzamentaria dun millón de euros con cargo ós orzamentos xerais do Estado de 2011 para iniciar o estudio informativo e de viabiliade deste proxecto.
As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída. O Certo é que, tamén por ampla maioria, os socios aprobaron as contas da tempada 2009-2010, e desta maneira, implícitamente, tamén deron o seu parabén a xestión económica do actúal equipo directivo, que presentou un deficit acumulado de 22.942 euros. Tamén se aprobou a previsión orzamentaria para a vindeira tempada, que se fixou en 121.000 euros. Tal como se foron desenvolvendo as votacións no transcurso da asamblea xa se podía intuir que a intención do grupo opositor de forzar a saída da actúal directiva non tería éxito. E asi foi, chegado o punto de rogos e preguntas, Katy Alvarez entregou un escrito asinado por 33 socios, no que se pedia a convocatoria inmediata de eleccións á xunta directiva. Tras a discusión sobre algunhos aspéctos dos estatutos, finalmente a proposta someteuse á votación e a maioria dos socios presentes rexeitaron esa posibilidade. Valiñas e o seu equipo continuarán polo tanto á fronte do C.D.Arenteiro, xa que aínda lle quedan dous anos de mandato. Ademáis, tras a celebración desta asamblea a actuál directiva sae reforzada no seu apoio pola masa social do club, xa que a convocatoria tivo unha moi alta asistencia, arredor de 80 persoas, a maioria socios, e algunhos afecionados ós que se lle perimitíu a entrada. Xa no plano deportivo, confirmouse que Mindo será o adestrador ó que se confia o novo Arenteiro, do que se adiantou que "será un 75% carballiñés na composición do seu plantel" cara a vindeira tempada.
Charlas informativas, obradoiros e a Praza Maior do Carballiño convertida nunha feira de productos procedentes da agricultura ecolóxica e o consumo responsable, forman a oferta de "Bioterra 2010" que se celebra no Carballiño esta vindeira fin de semana, organizada pola asociación cultural "Pepa Loba" e a colaboración da concellería de medio ambiente do Carballiño. A Presidenta da asociación promotora, Rebeca Carreiro, adiantou no programa "A Mañá de Cope" que "serán polo menos 25 postos os que os vindeiros sábados e domingos se instalarán na Praza Maior do Carballiño" ofrecendo os seus productos, en horario de 11 da mañá atá as 9 do serán, os dous dias". Entre as actividades máis novidosas encontrarémonos cun "Banco de Sementes" no que poderémos trocar todo tipo de sementes. Celebraránse charlas informativas sobre o proxecto AEFER, de agricultura ecolóxica como fonte de emprego rural, outra sobre o funcionamento da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore de Vigo, e unha xuntana dos grupos de consumo responsable. O sábado ás 6 da tarde, terá lugar un obradoiro de plantas mediciñais, e o domingo a mesma hora, outro obradoiro de cestería con materiais de refugallo. Desde a Concellería de medio ambiente do Carballiño, Bernardo García manifestou o apoio incondicional con esta incicitava "tan importante para o desenvolvemento sostible"
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 735
- 736
- 737
- 738
- 739
- 740
- 741
- 742
- 743
- …
- seguinte ›
- última »