30, Abril 2010

A mairoría de concelleiras e concelleiros dos tres grupos políticos que integran a corporación do Carballiño -poucos fallaron á cita- protagonizaron a enésima presentación do camping muncipal "Arenteiro". Desta vez, para anunciar a apertura da tempada 2010, prevista para esta primeira fin de semana do mes de maio, data teórica para o inicio da actividade nestas instalacións muncipais e a chegada dos primeiros campistas. Entre a actuacións de mellora que se levaron a cabo últimamente, atópanse as reformas das que foron obxeto as vivendas vacacionais "Pallozas do Arenteiro", sitas na parte máis próxima á chamada "Pena dos Namorados", dentro do conxunto etnográfico do río Arenteiro. Construídas a imitación das antiquísimas pallozas, de planta circular e teito cónico, estas vivendas vacacionais foron obxeto recentemente de diversas melloras para adaptálas á normativa deste tipo de instalacións, con actuacións que consistiron no aillamento térmico, mellora dos sistemas eléctrico e de seguridade, e instalación de antenas de tv e televisores LCD. Ademáis, por medio do Plan E acometeronse outras obras no resto das instalacións do camping, como a construcción de bocas de incendio e máis torres de instalación eléctrica, novo abastecemento con caudal suficiente para un servizo de calidade, e instalación dun depósito para a evacuación e tratamento das augas residuais para as autocaravanas, servizos dos que estas instalacións muncipais carecían atá o de agora. O Alcalde Carlos Montes, manifestou no transcurso desta nova presentación do camping muncipal que "a partir de agora O Carballiño e Comarca recibirán un novo pulo no seu desenvolvemento turístico, exemplo de modelo sostible e de promoción turística da nosa vila".

29, Abril 2010

A Garda Civil de Leiro procedeu a dentención de catro mozos, dous deles menores de idade, e todos veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, no que ademáis causaron destrozos no interior dunha vivenda en Leiro, onde se apoderaron de moedas e billetes antigos, asi como varias botellas de bebidas alchohólicas, valorando o propietario en mil euros a contía do roubo. Ademáis dos dous menores de idade, a Garda Civil de Leiro tamén prendeu a D.S.R. de 18 anos, e O.R.M. de 20 anos, que hoxe pasarán a disposición xudicial.

28, Abril 2010

Os datos son os facilitados polo Ministerio de Economia e Facenda, e recollen a débeda viva das Entidades Locais con data de referencia a dia 31 de decembro de 2009. Según os mesmos, o Concello do Carballiño tén unha débeda viva de 5.668.000 euros, sendo desta maneira o Concello da provincia -agás a capital-  coa débeda maís elevada, e moi por enriba dos outros dous concellos pronvinciais que teñen idénticos orzamentos anuais e somellante poboación, como son O Barco de Valdeorras e Verín, que contan -respectivamente- cunha débeda de 3.201.000 e 4.307.000 euros. Tampouco sae moi ben parado nesta comparativa o Concello do Carballiño se a mesma a establecemos có veciño concello de Lalín, con maior poboación e un orzamento anual moi superior ó do Carballiño, e sen embargo cunha débeda inferior, de 4.100.000 euros. A chamada débeda viva é aquela que os concellos manteñen coas entidades bancarias en forma de préstamos a curto ou longo prazo, e mesmo os compromisos adquiridos có propio Ministerio de Economia e Facenda. Nesta débeda non se contabilizan outras obrigacións pendientes de pago, como poden ser as que se manteñen cós preveedores. Durante o pasado ano 2009, o concello carballiñés aumentou a súa débeda en 796.000 euros, mentras que na maioria dos concellos permaneceu inalterable ou incluso nalgunhos casos conseguiron rebaixala.

26, Abril 2010

O Xulgado nº 1 do Carballiño ven de dictar unha resolución pola que se propón o arquivo da causa incoada pola morte masiva de cans, feitos denunciados polos grupos ecoloxistas "Matarpormatarnon" e "Amigos da Terra", fai agora algo maís dun ano. Según os ecoloxistas e a denuncia que presentaran ante a Garda Civil, entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 1 de marzo dese mesmo ano, resultaron mortos un número moi elevado de cans, moitos deles apareceron enterrados e con sinais de morte vilolenta nunha fosa aberta nas propias intalacións, xestionadas polo Concello do Carballiño, como constatou posteriormente unha impección oficial do Seprona da Garda Civil, que daquéla, contabilizara a desaparición de de 79 cans e advertira doutras deficiencias varias nas instalacións, nas que a Consellería de Medio Ambiente investira 250.000 euros e carecían de auga corrente e suministro eléctrico, ademáis doutras irregularidades administrativas no seu funcionamento. Despois, o pleno da corporación municipal carballiñesa  acordara crear unha comisión de invstigación, que logo quedaría desactivada ante a pasividade dos grupos políticos. Agora, un ano despóis, o xulgado entende que "de lo actuado no aparece debidamente justificada la perpetración de delito". Os grupos ecoloxístas anunciaron xa que recurrirán esta decisión xudicial. Máis información en www.matarpormatarnon.org

25, Abril 2010

Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver. Practicamente na seguinte xogada, invéntase un penalti e ademáis deixa ó Arenteiro con 10 xogadores por expulsión do defensa Diego. O Choco tranforma a pena máxima e acabase o partido, descaradamente condicionado por dous erros arbitrais de bulto. Despois, viñeron os outros tres goles, cando o arenteiro xogaba con 9, xa que o árbitro aínda se encargaría de desequilibar aínda máis o partido expulsando ó local Juan, por doble amarela.

25, Abril 2010

Atá o vindeiro dia 14 de maio poderán presentarse as solicitudes de inscrición para participar neste sorteo, que será o primeiro que se faga conforme ás novas condicións do rexistro único de demandantes de vivenda. Poderán participar no sorteo os inscritos no rexistro de demandantes atá o 22 de abril de 2010, data na que se iniciou o prcedemento para o sorteo, debendo presentar as solicitudes na xefatura da área provincial do Instituto da Vivenda e o Solo na provincia de Ourense, na rúa Sáenz Díez, 1-baixo, en Ourense. As 57 vivendas que se ofertan no Carballiño teñen prezos que van desde os 60.000 ó 99.722 euros, e foron promovidas por Construcciones Joenfe S.L.  e Proyecon Galicia S.L. e pertencen á categoria de vivendas de protección autonómica, de promoción privada.  Do total de vivendas, 10 xa están rematadas e as outras 47 teñen previsto o seu remate neste mes de abril de 2010. No caso de que o número de solicitantes sexa igual ou inferior ao número de vivendas da promoción, procederáse á adxudicación directa das mesmas sen necesidade de sorteo. Ademáis destas 57 vivendas no Carballiño, entrarán neste sorteo 20 na cidade de Ourense, 4 no Barco de Valdeorras e 48 en Xinzo de Limia.

22, Abril 2010

O rexidor municipal masidao fixo hoxe balance dos investimentos públicos feitos no pasado ano 2009 no municipio, destacando as obras executadas a través do plan E. Tamén estaba previsto a asistencia do Subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, que non pudo chegar a hora prevista ó mediiodia, por motivos de axenda, xa que a esa hora presidía na casa do concello do Carballiño a reuníon da xunta local de seguridade. Asi que foi o Alcalde de Maside, Celso Fernández, quen compareceu ante os medios para facer un repaso polos proxectos desenvolvidos nos últimos meses e financiados por medio do fondo estatal de investimento local, un total de 8 proxectos, que tiveron un orzamento de 540.000 euros, e deron emprego a 38 traballadores. Entrre as actuacións que se levaron a cabo contase o acondicionamento de varios camiños en distintas localidades, asi como a reforma da rúa Sanjurjo, na capitalidade municipal, a obra cun investimento máis elevado, 78.000 euros. Tamén se acometeu a reforma da cuberta da pista polideportiva de Dacón, o acondicionamento de zonas verdes e un plan municipal de aforro enerxético. Ainda sen ter en conta outras infraestructuras, como a autovia, os investimentos públicos feitos durante o pasado ano 2009, levaron o Alcalde a manifestar que "sen dúbida podemos asegurar que éste foi o mellor ano da historia para Maside, en canto a investimentos feitos". Celso Fernández tamén adiantou que para este 2010 contemplase unha inversión de 330.000 euros, con cargo a este mesmo plan E, que se adicarán a un proxecto de aforro enerxético, a reforma da rede de abastecemento de auga, o acondicionamento de locais, e a financiar actividades de servizos sociais.

21, Abril 2010

O caso está rodeado dun total mutismo por parte dos responsables municipais do Concello de Piñor, e do mesmo nada trancedeu oficial ou oficiosamente atá o dia de hoxe, cando se desvelou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño". O roubo xa tería acontecido fai case un mes atrás, concretamente na noite do dia 23 de marzo pasado, aínda que atá tres dias despois, o dia 26 á unha da tarde non compareceu o Alcalde de Piñor, Francisco Fraga, ante a Garda Civil para presentar a correspondente denuncia. Según consta na mesma, entre as 8 da tarde do dia 22 e as 8 da mañá do dia seguínte, persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior das dependencias municipais, levandose 11.111 euros en diñeiro efectivo, ademáis de 5 ordenadores portátiles e 3 cámaras fotográficas, material que foi valorado en 11.200 euros. A tardanza en presentar a denuncia foi, según manifestou o propio Alcalde, seguindo recomendacións da policia, para facilitar a investigación. Malia a gravidade do acontecido, desde o Concello de Piñor non se facilitou ningunha información pública sobre o roubo e as circustancias nas que ocorreu, e tampouco evidentemente, polo tanto, se deron explicacións do motivo da existencia nas dependencias municipais dunha cantidade tan elevada de diñeiro. Os representantes da oposición muncipal, que se enteraron do acontecido a través desta emisora de radio, anunciaron que pedirán explicaciós ó Alcade de Piñor no transcurso do pleno municipal que está convocado para este xoves dia 22 ás 8,30 da tarde.

20, Abril 2010

Os responsables da consellería de Infraestructuras aceptaron xa dúas alegacións das presentadas no concello do Carballiño sobre o proxecto da praza da Veracruz. En concreto son  as referidas a manter a cota na zona baixa da praza, no terreo colindante  cun particular na rúa Evaristo Vaamonde, e a relativa á rua Otero Landeira, para que enlazara na mesma rasante cá rua de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón cá rúa Evaristo Vaamonde. Esta foi a contestación que os responsables da Dirección Xeral de Urbanismo trasladaron o alcalde do Carballiño e o primeiro tenente alcade, na reunión mantida durante a maña deste martes nas dependencias da consellería. Esta reunión tiña un doble obxetivo, por un lado solicitar información sobre a resolución das alegacións, e por outra achegar a Xunta o rexeitamento popular poo muro da praza da Veracruz. No primeiro dos casos os responsables de Infraestructuras acordaron que en poco tiempo resolverían o resto das alegaciòns,  e para elo abriarán converdas có Bispado, xa que as mesmas foron presentadas por dita instituciòn e teñen que ver coa zona da rampa de acceso o templo, así como a accesibilidade dende a casa parroquial.
Sobre o muro perimetral os responsables do proxecto, e dicir os técnicos da consellería, sinalaron que estudiarán a problematica que Montes e Amil lles achegaron, para buscar posibles solucións, sempre dentro das posibilidades técnicas que se barallan. Neste sneso Montes e Amil apremiaron os responsables de Infraestructuras xa que entenden "que tampoco podemos estar moito tempo agardando por este tema, e moito menos paralizar un proxecto que agaradomos dende hai moitos anos". Os edis carballiñeses confían, e así o expresaron na consellería, que en poucos dìas haxa unha resolución a todolos temas, tanto as alegacións restantes, como o muro da Veracruz.
O alcalde e o primeiro tenente alcalde regresaban de Santiago satisfeitos despois de trasladar á conselleria unha problemática que esta na rúa do Carballiño ós verdadeiros repsonsables, e os únicos que poden decidir unha solución nun ou noutro sentido.

19, Abril 2010

(Lolo Carril. Xefe de deportes de Cope O Carballiño) Pensan que son o ombligo de todo, e son o que son. Os capitalinos provincianos son aquéles que miran o resto por enriba do ombreiro, aínda que detrás desa actitude de soberbia e prepotencia, de suposta e falsa superioridade, o que en realidade se esconde é a súa frustración e complexo de inferioridade. Son incapaces da máis mínima autocrítca, aínda que o seu equipo sexa o único dunha capital galega que deambula por unha categoria que por moito que lle chamen "nacional" non pasa de ser unha competición autónomica, xogan en "regional" pero non teñen reparos para calificar de "peleles" a unhos rapaces que cada domingo saen ó campo para defender con orgullo ó equipo do seu pobo. Eso dixeron desde "a capital" este pasado domingo. O Arenteiro é "un equipo de peleles, sobre os que os rivais practican o pim pam pum". Unha cousa é a critica e outra ben distinta a falla de consideración e respeto para unhos rapaces e para un club histórico coma é o Arenteiro, que por certo, xa no seu dia e en competición oficial fixo "pim pam pum" sobre o equipo capitalino. Hai feridas que nunca cicatrizan.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS