25, Marzo 2010

O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles,  ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos. Unha posta en marcha que contará cun investimento de dous millóns de euros, dos cales a Xunta aportará un 50 por cento, a Deputación de Ourense un 30 por cento, o Concello de Carballiño un 10 por cento, a Mancomunidade do Ribeiro un 3 por cento e os outros concellos un 7 por cento.

O alcalde do Carballiño, afirmou hoxe trala presentación do proxecto do Parque de Bombeiros intercomarcal, que “estase a dar un paso  atrás con respecto o anterior proxecto presentado polo goberno autonómico na pasada lexislatura, no que se eximía os concellos a aportación alguna para a posta en marcha deste servicio, altamente necesario nesta zona da provincia de Ourense”. Manifestou que o proxecto realizado durante o goberno bipartito fixaba unha financiación a cargo da Xunta e a Deputación. Carlos Montes sinalaba que non era de recibo o feito de que o concello do Carballiño teña que facer unha aportación económica superior os 200.000 euros (o 10% do custe total), o que se debe engadir o terreo que xa foi cedido polo propio concello “e a supresión dos Grumir no noso concello, o que significa unha importante alteración da seguridade no noso municipo” Para o alcalde carballiñés e o primeiro tenente alcalde Manuel Amil, se está a producir unha situación de desigualdade tremenda “xa que nos consta que no resto de Galicia este tipo de parques de bombeiros estase financiado a traveso da Xunta e as deputacións, e non entendemos que xusto neste parque de bombeiros de O Carballiño os concellos debamos aportar cantidades económicas o mesmo”.Según apuntaba o máximo edil do Carballiño o proxecto presetado no día de hoxe polo conselleiro de Presidencia está basado no elaborado durante o último mandato do Partido Pupular na Xunta de Galicia, sen ter en conta o acordado polos seguintes gobernos autonómicos. Así mesmo Manuel Amil e Carlos Montes destacan que a lei de bases de réximen local sinala e destaca que os concellos con menos de 20.000 habitantes non teñen responsablidade directa en accións de extinción de incendios “pese a todo o concello que eu represento estivo sempre a favor de crear este parque, e aportar os terreos para o mesmo, aunque non tiveramos a obriga de facelo, entendendo que este servicio é máis que necesario para a vila e a bisbarra”. Neste senso Montes lembraba que na actualidade ningún concello conta nos seus orznamentos para o presente exercicio, con partidas para afrontar este gasto “en parte baseandose no acordado co anterior goberno autonómico”. Por último Carlos Montes destacaba tamen o feito da eliminación dos Grumir, como un factor negativo para a vila e o municipio carballiñés xa que “estes traballadores estaban a desenrolar actividades importantes para os veciños, que en ningún caso van a desenrolar os bombeiros. Ademáis temos que lembrar a gran inversión realizada polo concello e o anterior goberno galego na equipación destes corpos de seguridade”. O alcalde asegura que o “Parque de Bombeiros é moi necesario, imprescindible, pero seguiremos insistindo no proxecto anterior, eximiendo os concellos da aportación económica, en xusta igualdade con otros concellos galegos”.

 

 

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións do Director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva

O titular de Presidencia explicou que este mesmo ano está previsto que se licite a construción do edificio, así como a adquisición de vehículos e equipamento do parque, de tal xeito que estará en obras a comezos do ano que vén e prestará servizo aos veciños da zona a partires de mediados de 2011.

23, Marzo 2010

O Concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Garcia, denunciou hoxe os actos de gamberrismo da pasada fin de semana, e que provocaron varios desperfectos no mobiliario público, concretamente nas xardineiras da Praza da Mina  e nos maceteiros da Praza dos Irmáns Prieto, que apareceron envocardos, e coa terra esparcida, asi como nos xardíns da Praza Maior, ó lado da rúa Aldara, ónde os gamberros arrincaron varias plantas ornamentais. O Concelleiro amosou a súa preocupación por esta problemática, xa que non é primeira vez que esto sucede, sobre todo coincidindo coas fines de semana, polo que manifestou a súa intención de trasladar esta inquietude ó próximo consello de seguridade cidadán que se celebre. Ademáis, Bernardo García pedíu nunha interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" a colaboración da veciñanza para que se denuncien este tipo de feitos e ós seus autores, no caso de ser posible, xa que " estáse a causar un grave perxuício tanto medio-ambiental como económico contra bens públicos, que temos que pagar todos".

23, Marzo 2010

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez, mantivo unha reunión co director do CEIP de Maside, Luis Veloso, e o portavoz do Partido Popular en Maside, Casimiro Campo, na que se concretou o proxecto de ampliación do CEIP de Maside, Na actualidade, o centro -no que estudan 220 rapaces dos Concellos de Maside, Punxín e San Amaro- está dividido en dous edficios que distan dun kilómetro de distancia, nun deles están os alumnos e alumnas de infantil e primaria, e no outro os rapaces de secundaria. Será neste último, ónde a Conselleriía de Eduacíón  vai acometer a obra de ampliación, coa construcción dun edificio anexo de 300 metros cadrados con capacidade para seis aulas de infantil e primaria. A Consellería  vai investir nesta ampliación arredor dos 400 mil euros. Martinez asegurolles tanto ó director do CEIP coma o voceiro do PP, que a Xunta está a facer todo o posible para acelerar os trámites, de tal maneira que "estáse redactando o proxecto, no verán está previsto que comecen as obras e no vindeiro mes de decembro o CEIP de Maside podería estar en funcionamento ó completo". Finalmente, o Delegado Territorial tamén lles trasladou que a Xunta xa está a estudar o posible uso que se lle vai dar o edificio que quedará valeiro, sito nas aforas da vila de Maside, e que está declarado ben de Interese Cultural.

21, Marzo 2010

Dúas penas máximas decidiron o signo do partido, unha en cada área. A primeira cando se xogaba o minuto 35 da primeira parte, man dun defensor do Arenteiro que aprobeitaba o Portonovo para adiantarse no marcador, tras transformar o penalti, raso e pola parte dereita da portería de Iván, que a punto estivo de tocar balón. A segunda vez que o árbitro sinalaba os once metros era a favor do Arenteiro, por un claro derrubo a Nicol, pero Martín fallou, ou mellor dito, se se quere, o porteiro portonovense acertou a desviar o tiro de Martiín, moi axustado ó pau dereito pero tamèn moi flouxo. Corría o minuto 17 do segundo periodo, e foi  a xogada clave que pudo cambear o rumbo do partido, xa que aínda quedaba media hora de partido e o Arenteiro non o estaba facendo mal desde a reanudación. O Arenteiro ofreceu dúas caras moi distintas neste partido, durante a primeira parte de xogo gris e co equipo moi metido atrás, se ben salvo o penalti, o Portonovo non creou ocasións claras de gol. E unha segunda cara, na segunda parte, máis ambicioso e mellor asentado no terreo de xogo do campo de Baltar. Despois de fallar o penalti, os carballiñeses viñeronse outra vez abaixo por varios minutos, o que propiciou as oportunidades do Portonovo, mentres que o último cuarto de hora o Arenteiro recuperou o equilibrio perdido no centro do campo e volveu intentar ír polo partido, pero xa foi un querer e non poder.

21, Marzo 2010

Tras varios anos de retraso, por fin, parece que o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro, recibirá esta semana un impulso decisivo na reunión que celebrará o Consorcio creado para a xestión deste proxecto, e que servirá ademaís para a presentación do mesmo en público. Ó acto, que se desenvolverá probablemente -aínda está por confirmar- no Centro Comarcal do Carballiño, asistirán o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación Provincial José luis Baltar. Tamén se agarda a presencia dos Alcaldes das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que terán ocasión de coñecer os detalles do proxecto. O futuro parque intercomarcal de bombeiros profesionais ubicaráse en terreos cedidos polo Concello Carballiñés sitos na área industrial, onde se construirá o edificio central, que tamén será presentado neste acto, tras a reforma do proxecto, encargada polo Presidente do Consorcio, o Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez. En canto a equipamento, o parque contará con tres camións para actúar en incendios urbanos, destacando un vehículo dotado dunha escada de altura, apto para acceder atá un octavo piso. En canto a medios humanos, incicialmente, o proxecto contempla unha dotación de 12 bombeiros profesionais. No Consorcio cosntituído para xestionar este servizo, está representadas as tres administraccións públicas, a Xunta que aporta o 50% para a financiación do proxecto, a Deputación Provincial que achega o 30%, e finalmente os Concellos das dúas Comarcas, que completan o 20% restante.

17, Marzo 2010

Desde o mes de marzo de 2009, o recorte nas prestacións que viña ofrecendo a "Cruz Roja" que se viña encargando dos traslados sanitarios, levou o Concello de Avión a reforzar os medios tanto humanos como materiais na Agrupación de Voluntarios de Proteccción Civil, que desde entón puxo en marcha "Emerxencias Avión", con cobertura as 24 horas os 7 dias da semana. Durante este periodo de tempo, atá final de 2009, polo tanto dez meses, "Emerxencias Avión" realizou un total de 335 servizos, dos que o 60% corresponderon a traslados sanitarios, sendo desta maneira ún dos Concellos de Galicia que máis prestou este servizo, atendendo as emerxencias sanitarias non só do Concello de Avión, senón de outros do contorno, como Beariz, Boborás, Leiro. Melón, O Irixo, Carballeda de Avia,  Beade, e incluso outros da provincia de Pontevedra, como foi o caso de Covelo, A Lama e Fornelos de Montes. Agora, O Concello de Avión ven de adquirir unha segunda ambulancia para mellorar a cobertura do servizo, de tal maneira que "poderémos atender dúas emerxencias de forma simultánea, pois ademáis de facernos con esta nova ambulancia, tamen congtamos co persoal preparado para manexar o desfibrilador co que se conta no posto de emerxencias" explicou no programa "A Mañá de Cope" o Alcalde de Avión, Antonio Montero.

16, Marzo 2010

O Concello procederá próximamente á convocatoria dun concurso público para a concesión e posterior explotación do servizo de cemiterio municipal. Desta maneira, a empresa ou sociedade que se faga coa concesión encargaráse da construcción da obra e, despois, da súa explotación, a través da venda ou aluguer dos panteóns. A ubicación elexida é o lugar do Iglesario, na capitalidade municipal, en terreos de sitos nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Stª María de Beariz. Pola súa parte, o Concello faráse cargo da urbanización da zona, dotando a mesma dos servizos de auga, luz e demáis infraestructuras necesarias. Os responsables municipais bearicenses acordaron promover a construcción deste cemiterio municipal, que será polo tanto o primeiro de titularidade pública e aconfesional da Comarca, tendo en conta a demanda existente no municipio e a situación na que se atopan os cemiterios parroquiais, que xa non dispoñen de panteóns á venda, o que está  propiciando que moitos veciños adquiran propiedades noutros concellos, fora de Beariz. O Alcalde da localidade, Manuel Prado, declarou en Cope O Carballiño "que o  servizo de enterramento é un dos que están obrigados a prestar os concellos, e no caso de Beariz era unha necesidade que non podiamos aplazar por maís tempo".

15, Marzo 2010

Na súa intervención ante o grupo de veciñas e veciñas que se deron cita neste acto, a Concelleira Carballiñesa
de Igualdade e Benestar dixo que éste era "un acto de xustiza sobre unha verdade que debemos ter sobre aqueles actos que estiveron silenciados ou acalados no Carballiño, un acto de rebeldia dun pobo e as súas mulleres, enfrontándose en tempos moi duros ás forzas do órden, a Garda Civil, loitando polo que era seu". Aúrea Francisco recordou como o Bañiño de Arcos era o balneario dos pobres, ó que acudian "aqueles augüistas con menos recursos económicos chegados desde toda Galiza", e repasou os feitos que provocou "unha familia poderososa que pretendia asoballar os dereitos dos máis humildes", en referencia ós propietarios do balneario do Carballiño, e neste contexto reflexionou como " coa loita e a dignidade pódese defender a xustiza e a verdade".  Desde hoxe, a carón do Bañiño atopámonos cunha placa que recorda a defensa que desta fonte fixeron as mulleres de Arcos, e tamén lembra á veciña que doou os terreos do entorno, unha placa na que pode lerse: "Este loureiro de esperanza, que afonda as súas raiceiras, na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire, en homenaxe a Dolores López Filgueira, e a todas as mullers de Arcos, enseña de loita, traballo e ben".

14, Marzo 2010

Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado. O árbitro, que incialmente non pitara nada e rectificou despois a instancias do linier, perdonoulle a vermella e ensinou a amarela. Curiosamente, e cando xa pitara o final da primeira parte, o árbitro deixaría o Celanova con dez , ó expulsar a un dos xogadores por protestar. Xa na reaunudación, os celanovenses borraronse do partido, e o Arenteiro aprobeitou tres regalos consecutivos da defensa forasteira para. en apenas dez minutos, sentenciar o partido. Primeiro foi Nacho Currás, que cabeceou a placer á saída dun corner. O segundo de Nicol, tras recoller un balón cedido pola propìa defensa do Celanova, e o pouco tempo, Nacho Currás, noutro corner e outra vez sen marca,  dentro da área pequena sen que ningúen lle estorbase. O Arenteiro, que atá entón estaba ofrecendo outra tarde de sopor en Espiñedo, resolvia o partido no primeiro cuarto de hora desta segunda parte. Logo, chegarían aínda os outros dous goles, obra de Martín e Oliveira, para completar a manita a este inofensivo Celanova, que moito terá que mellorar en defensa se quere manter a categoria.

14, Marzo 2010

O muro de formigón tén unha altura dunhos 2 metros e a súa construcción impide ver a a escalinata e o arco da entrada principal do templo desde a súa parte nordeste, perdendose unha das perspectivas do monumento, tanto desde a rúa Evaristo Vaamonde como desde a zona nordeste da igrexa. Asi  o veñen manifestando nos últimos dias moitos veciños do Carballiño, críticos ante a aparición deste muro, que forma parte da obra de urbanización do entorno da Veracruz, que está a executarse na actualidade.  O proxecto está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas da Xunta de Galicia, cun investimento que ronda o millón de euros, foi tamén este mesmo departamento autonómico quen se encargou da redacción e licitación do proxecto. Non son poucos os carballiñeses que comentan a súa perplexidade sobre este aspecto da obra, "non entendo nin os que redactaron o proxecto e a quenes en patrimonio deron autorización a esta aberración" afirmaba onte unha destas persoas, das moitas que non perden ocasión de reclamar unha urxente actuación das autoridades muncipais para que se reconsidere esta parte do proxecto. Entenden que existen outras solucións técnicas, que non provocarían esta pérdida de visión sobre o monumento de Palacios.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS