A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño, solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.
As mulleres de Arcos protagonizaron fai arredor de 40 anos ún dos episodios valerosos que forman parte da historia desta parroquia carballiñesa, na defensa da propiedade das augas do Bañiño de Arcos. Desde tempos inmemoriais estas augas minero-medicinais foran de acceso libre, tanto para a veciñanza da parroquia coma para os numerosos augüístas que se achegaban atá esta fonte, á beira do río Arenteiro, atá que a principios dos anos setenta un particular denunciou estas augas para a súa explotación termal. Daquéla, chegara a construir unha caseta e pasara a cobrarse os augüistas, e foi entón cando as mulleres de Arcos, utilizando mazas, picos e apeiros de labranza, botaron abaixo a caseta, e desde entón a utilización da fonte volveu ser pública para disfrute de todos os augüistas. Aínda en pleno franquismo, a Garda Civil non pudera impedir a actúación das mulleres de Arcos, e tempo despois o promotor da privatización do Bañiño renunciou os dereitos adiministrativos que aseguraba ter. Agora, a Concelleira de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, vai lembrar a aquelas mulleres, simbolizando nelas "a loita pacífica de tantas mulleres do Carballiño, tantas veces silenciadas e invisibilizadas no desenvolvemento social e económico do Carballiño". A iniciativa foi presentada con motivo da conmemoración do "Dia Internacional das Mulleres", e consistirá nun acto de homenaxe no que se descubrirá unha placa no Bañiño de Arcos, programado para o vindeiro dia 15 de marzo. Ese dia, tamén se recoñecerá a Dolores López Filgueira, a veciña que doou ó pobo de Arcos os terreos que se atopan no entorno da fonte.
O Portavoz do Psoe no Concello de Boborás, Alberto Otero, pensa que a a moción promovida poolo Alcalde de Boborás para faovorecer a austeridade e o aforro no gasto público, con distintas medidas entre as que se propón a retirada dos plus dos altos cargos e a diminución dun 20% nos salarios dos cargos electos non mileuristas, obedece a "envexa que ten Cipriano Caamaño dos seus compañeiros de partido, porque a él gustaríalle ser Deputado Provincial ou Autonómico, e despois de 20 anos na política non pudo ser maís cá Alcalde de Boborás". Nunha entrevista no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", Otero tamén se referíu o asunto das dietas, despois de que O Alcalde desvelase no último pleno municipal que non as cobraba desde o ano 2007, algo que en opiníon do socialista responde a "unha extratexia política, pode estar anos sen pasalas e cobralas despois todas xuntas, esto é intentar quedar ben ante os veciños, dar a sensación de austero e honrado". Tamén aclarou o portvoz socialista que Caamaño cobrou todas as dietas desde que leva de Alcalde entre 1991 e 2007, e "a xente debe saber que as dietas non son baratas en Boborás, 150 euros por dia, 75 euros por medio dia e 18 céntimos por kilómetro recorrido con coche propio". Ademáis, en relación a reducción do 10% no salario do Alcalde, Alberto Otero entende que tampouco a rebaixa é real "xa que debería explicar que antes que baixalo xa o subira en anos anteriores". Finalmente, o representante socialista na Corporación de Boborás lamentou a actitude de "prepotencia e soberbia" do Alcalde, que no último pleno "chegou a decirnos que que algunhos tiñamos as tripas na cabeza, entre orella e orella e polo tanto tendes merda na cabeza, ou cando afirmou que él tiña unha estructura neuronal máis complexa cá nosa, e que polo tanto podia predicir os problemas antes cá ninguén".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Alberto Otero, portavoz do PSOE
Non son cálculos de aproximación, senón entradas vendidas en taquilla, máis de cinco mil espectadores viron "Avatar" en 3D no Novocine de Leiro, no transcurso das últimas seis semanas, desde mediados do mes de xaneiro, coincidindo coa inauguración do novo sistema de proxección dixital en 3D, a única sala da provincia en contar con este sitema de exhibición cinemotográfica e ún dos pioneiros en Galicia. A gran repercusión mediática que acadou esta aventura empresarial de Ernesto Romero, que volveu hipotecar a súa casa en Leiro, para financiar o proxecto, despertou unha gran simpatía popular e converteu o Novocine de Leiro nun auténtico fenómeno social sen precendentes no noso país. En seis semanas, pasaron polo Novocine máis do doble de persoas que veciños tén a localidade de Leiro, "algo que non podía imaxinar nin nos meus soños máis optimístas, nunca me puden imaxinar que viñese tanta xente ó cine a Leiro" recoñeceu Ernesto Romero. O propietario agradeceu o apoio recibido polo público no programa de Xan Pinal e confesou que "nas últimas semanas vivíu momentos de moita emoción", e tivo palabras de agradecemento moi especiais para "os rapaces de Leiro, que tamén axudaron a este éxito creando grupos de apoio en internet, e por suposto a tanta xente me achegou a súa simpatía". A derradeira proxección de "Avatar" en 3D será este xoves dia 4 de marzo ás 8 da tarde. A partir do venres toma o relevo "Up In The Air", en sesións de tarde e noite.
Os datos foron facilitados polo Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, Manuel Amil, no transcurso da súa interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", en total son 680 vivendas as que quedaron en suspenso, sen que os promotores desenvolvesen os proxectos que tiñan xa tramitados ante o departamento municipal de urbanismo. As 680 vivendas estaban proxectadas desde o ano 2007, nun total de 23 edificios, que contaban coa correspodente licencia de obra outorgada polo Concello do Carballiño. As malas previsións de vendas do sector, motivaron a suspensión dos proxectos por parte das empresas promotoras. Os datos son certamente moi siñificativos e confirman a recesión da construcción no ámbito municipal, un dos sectores clave na economia local, que mantivo historicamente un número de postos de traballo incluso por enriba de outras actividades, como a industrial. Esta caída na construcción no Concello do Carballiño xa se viña rexistrando, maís lentamente desde o ano 2003, xa que no "Anuario económico La Caixa 2009" recollíase que no quinquenio 2003-2008 a actividade no sector da construcción descendera un 15,2 no Carballiño, unha porcentaxe que, evidentemente, está xa moi por enriba nos dous últimos nanos. Os últimos datos veñen a confirmar agora que a construcción de vivendas está en caída libre, tamén no Concello do Carballiño. O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, recoñeceu que os datos son moi negativos e preocupantes, e manifestou que "tratarémos de contrarrestálos na medida das nosas posibilidades coas obras públicas do Plan E para este ano".
Cipriano Caamaño reaccionou desta maneira ante a demanda de información por parte do Bloque Nacionalista Galego, que con anterioridade á celebración do Pleno da Corporación Municipal, solicitou ó Secretario do Concello de Boborás os datos relativos ó cobro de dietas por parte do Alcalde. Caamaño aproveitou a sesión plenaria para recriminarlle ó BNG esta solicitude, e asegurou que nos últimos anos non pasou ó cobro ningunha dieta de desplazamento, malia que foron numerosas as viaxes que fixo para realizar xestións municipais. Caamaño anuncio que hoxe luns presentaría a documentación "para cobrar todas xuntas, porque me obriga o BNG". Aínda que no transcurso da sesión plenaria que ven de celebrar a Corporación de Boborás ningún nin dos dous grupos da oposición se interesou por este asunto, o Alcalde aproveitou un momento do debate para aclarar que él levaba anos, polo menos desde 2007, sen pasar dietas de desplazamento e dirixindose ás bancadas da oposición enfatizou "seguramente pensaban vostedes que eu son como o do yate de luxo en alta mar, como a señora Seara, os do bipartito, que van catro nun coche e cobran dietas sen facelas", en referencia á polémica das dietas no Parlamento Galego.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Alcalde de Boborás
Alguén podería chegar a conclusión errónea que nos últimos dias choveu máis no Carballiño que no resto de Galicia, tras saberse que este domingo tivo que adiarse o partido que tiñan que xogar no campo municipal de Espiñedo o Arenteiro e o Arousa, debido a gran cantidade de auga acumulada no terreo de xogo. Foi o único encontro de futbol de categoria autonómica que tivo que aplazarse por este motivo, o calamitoso estado no que se atopaba o campo. En realidade, non choveu no Carballiño maís que no resto do país, senón que o recinto deportivo municpal ten prácticamente inutilizado o sistema de drenaxe e cando chove non filltra a auga. O problema arrástrase desde que o Concello do Carballiño utilizou Espiñedo para o concerto do artísta brasileiro Carlinhos Brown, en xuño de 2007. Daquéla instalárase un macro-escenario sobre o terreo de xogo, equipos de luces e son, e camións de gran tonelaxe accederan ó recinto deportivo. A desfeita causada entón fixo que tiveran que investirse 60.000 mil euros, que aportou unha empresa privada, para recuperar o terreo de xogo, quedou coma unha alfombra verde perfecta, pero comezou a deteriorarse o pouco tempo coa chegada dos invernos. Ademáis, en xaneiro de 2009 os ventos do ciclón Klaus derrubaron unha parte do muro exterior, que desde fai tempo atrás xa amenazaba perigo de derrubamento. Un ano despóis a inercia municipal mantén as pedras tiradas no chan, e o muro sen reconstruirse. Non parece que os responsables muncipais do Carballiño teñan a Espiñedo entre as súas prioridades, aínda que o mínimo que podería exisirselle é que reparasen o que coa súa irresposabilidade estragaron.
Non foi "Xhyntia" tan fero como nolo pintaban, e tan só por unhos minutos parecía asemellarse a aquél "Klaus" de xaneiro de 2009, finalmente foise da Comarca sen facer moito ruido nin tampouco demasiádo mal. Tan só entre as cinco e as seis e media da tarde se rexistraron na xeografia comarcal refachos fortes de vento por enriba dos 100 Kms. hora. Foi entón cando se produciron cortes na subministración eléctrica, tanto na zona rural como na propia vila do Carballiño, ónde faltou o suministro por espacio de 15 minutos. E ademaís, pequenas incidencias que foron atendidas por Protección Civil, que tivo que retirar algunhas árbores caídas sobre as vias púlblicas. Na rúa Carmen, o vento derrubou a chimenea dunha casa e optouse por cerrala ó trafico, tanto automobilístico como peonil. Tamén se cortou a circulación na rúa Solana, debido ó desprendemento de tellas dun edificio, mentres que na rúa Calvo Sotelo os efectivo de Protección Civil procederon a derrubar un muro que ofrecía perigo de caída sobre a beirarúa. Varios coches, que estaban estacionados nas rúas do Carballiño resultaron danados polo desprendemento de obxetos, e tamén se contabilizaron algunhos contenedores do lixo rotos. Antes, pola mañá, as advertencias sobre a gravidade do fenómeno meteoróxico, que foi bastante menos do anunciado, reducíu a feira carballiñesa á súa mínima expresión, xa que a maioria dos vendedores ambulantes nin xiquera chegaron a instalar os seus postos e o ambiente comercial foi moi escaso.
O acordo tomouse por unha estreita marxe, tan só un voto de diferencia no seo da xunta local do partido Popular, no trannscurso dunha reunión á que asistiron 24 dos 30 integrantes da actúal xunta local do partido no Carballiño, que preside Guillermo Fernández Feijóo. Na xuntanza puxeronse de manifesto dúas posturas, unha favorable á convocatoria inminente do congreso local do partido defendida polo grupo municipal có seu portavoz Argimiro Marnotes á cabeza, e a outra partidaria de retrasar a convocatoria, que apoiaron o actúal Presidente Guillermo Fernández e un sector da xunta. Por un só voto de diferencia impúxose a primeira das opcións, solicitar da dirección provincial do a convocatoria do congreso local do Partido Popular, que podería ser tan só cuestión de dias, de tal maneira que a súa celebración teria lugar entre os vindeiros meses de marzo ou abril. A esa convocatoria xa anunciou que se presentará Argimiro Marnotes, como candidato á presidencia local. Marnotes é ún dos secretarios executivos da xunta provincial do Partido Popular, que preside desde o pasado mes de xaneiro José Manuel Baltar.
O Concello de Leiro quere que as Consellerias de Cultura e Medio Rural se impliquen conxuntamente no "museo dos sentidos do viño", un proxecto arredor da cultura e o mundo do viño que se ubicaría no anexo do Mosteiro de San Clodio, no que son as ruínas existentes na parte dereita da entrada principal do Mosteiro. O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasaladou esta idea o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co que se reuníu no seu despacho de San Caetano. No transcurso deste contacto institucional entre ambos, o rexidor municpal de Leiro tamén recabou do mandatario galego o seu apoio para a recuperación das pinturas murais de san Clodio, e a rehabilitación do capela de San Pedro, sita na zona vella da vila de Leiro. O Alcalde de Leiro, manifestou en Cope O Carballiño que "foi unha entrevista moi cordial, e espero que moi proveitosa para levar a cabo os proxectos que tiven ocasión de expoñerlle, e estou seguro que vai ser asi porque o Presidente da Xunta sempre foi moi receptivo co Concello de Leiro". Fernández, tamén aproveitou esta visita a Santiago de Compostela para realizar xestións ante a Secretaría Xeral de Medios, e coa finalidade de solventar as deficiencias que se rexistran na implantación da TDT no ámbito municipal do Concello de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 742
- 743
- 744
- 745
- 746
- 747
- 748
- 749
- 750
- …
- seguinte ›
- última »