Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado. O árbitro, que incialmente non pitara nada e rectificou despois a instancias do linier, perdonoulle a vermella e ensinou a amarela. Curiosamente, e cando xa pitara o final da primeira parte, o árbitro deixaría o Celanova con dez , ó expulsar a un dos xogadores por protestar. Xa na reaunudación, os celanovenses borraronse do partido, e o Arenteiro aprobeitou tres regalos consecutivos da defensa forasteira para. en apenas dez minutos, sentenciar o partido. Primeiro foi Nacho Currás, que cabeceou a placer á saída dun corner. O segundo de Nicol, tras recoller un balón cedido pola propìa defensa do Celanova, e o pouco tempo, Nacho Currás, noutro corner e outra vez sen marca, dentro da área pequena sen que ningúen lle estorbase. O Arenteiro, que atá entón estaba ofrecendo outra tarde de sopor en Espiñedo, resolvia o partido no primeiro cuarto de hora desta segunda parte. Logo, chegarían aínda os outros dous goles, obra de Martín e Oliveira, para completar a manita a este inofensivo Celanova, que moito terá que mellorar en defensa se quere manter a categoria.
O muro de formigón tén unha altura dunhos 2 metros e a súa construcción impide ver a a escalinata e o arco da entrada principal do templo desde a súa parte nordeste, perdendose unha das perspectivas do monumento, tanto desde a rúa Evaristo Vaamonde como desde a zona nordeste da igrexa. Asi o veñen manifestando nos últimos dias moitos veciños do Carballiño, críticos ante a aparición deste muro, que forma parte da obra de urbanización do entorno da Veracruz, que está a executarse na actualidade. O proxecto está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas da Xunta de Galicia, cun investimento que ronda o millón de euros, foi tamén este mesmo departamento autonómico quen se encargou da redacción e licitación do proxecto. Non son poucos os carballiñeses que comentan a súa perplexidade sobre este aspecto da obra, "non entendo nin os que redactaron o proxecto e a quenes en patrimonio deron autorización a esta aberración" afirmaba onte unha destas persoas, das moitas que non perden ocasión de reclamar unha urxente actuación das autoridades muncipais para que se reconsidere esta parte do proxecto. Entenden que existen outras solucións técnicas, que non provocarían esta pérdida de visión sobre o monumento de Palacios.
El domigo dia 7 se disputó la octava prueba de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS, en el circuito situado en el monte AÑARBE ,perteneciente al paque natural AIAKO HARRIA, muy próximo a Errenteria (San Sebastián) A las once y media de la mañana , se daba la salida a los noventa equipos participantes en esta edicción, para recorrer la distancia de casi 8 km. muy exigentes por las cuestas que había, pero accesible. Hay que destacar la cantidad de aficcionados , muy próximos a los tres mil, fueron los que se acercaron esa mañana, para presenciar la carrera de canicross, los cuales estuvieron animando todo el tiempo, tanto a los musher como a los perros. En cuanto al equipo de Carballiño, subió al podium una vez mas esta temporada, en esta ocasión lo hizo en el tercer lugar del cajon, continuando una semana mas en el segundo puesto de la LIGA NACIONAL, en master-50, agradecer a los colaboradores , como son : ARION, AGROBOTICA, GIMNASIO
ESPARTA , que hacen posible que este equipo corra la LIGA NACIONAL DE CANICROSS. ENHORABUENA a los organizadores, y a los colaboradores, por el éxito que obtuvieron.
anubis.
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o edicto do Concello de Leiro, no que se recolle o acordo da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que se somete a información pública durante un prazo de dous meses, a contar desde o dia 12 de marzo de 2010. Durante este tempo poderá examinarse a documentación nas dependencias do Concello de Leiro, ós efectos de consulta e tamén da presentación de posibles alegacións. Tamén se fai constar neste edicto, que están suspendidas as licenzas urbanísticas en todo o termo municipal, quedando excluidas aquelas que supoñan obras de conservación e mantemento. Non obstante, e con carácter excepcional, a Xunta de Goberno Local poderá acordar aquelas licenzas cuxa compatibilidade sexa incuestionable có PXOM. A duración da suspensión será como máximo de dous anos e, en todo caso, extinguiráse coa aprobación definitiva do novo ordenamento urbanístico do Concello de Leiro.
A cita gastronónica e festiva está fixada para o domingo dia 14 de marzo, e estará este ano dedicada a México, co que Beariz mantén unha gran interrelación, xa que unha gran parte das familias bearicenses emigraron a este país. Con tal motivo, o menú preparado para o xantar oficial terá en conta esta dedicatoria, e entre os platos que se degustarán estará presente a comida tradicional mexicana, a base de tortas que mesturarán os "frijoles" con manteiga, queixo e carne esfiañada; despois, chegarán os chourizos de porco celta con cachelos, o xamón asado con salsa, e para o postre as chulas e os chupitos de tequila. O prezo por persoa é de 20 euros, e as tarxetas poden retirarse nas oficinas de Caixanova e CaixaGalicia de Beariz, atá completar o aforo do polideportivo de Beariz, onde se servirá o xantar para 800 comensais, a partir das dúas da tarde. Antes, desde as 10 da mañá, abriráse o mercado de artesanía e productos elaborados de porco celta, no campo da Goberna, e durante toda a xornada animarán a festa grupos de mariachis, pandereteiras do Concello de Beariz, e a banda de gaitas do Concello de Beariz.
A proposta foi presentada esta mañá por medio dun escrito dirixido ó Alcalde do Carballiño, solicitando que a vindeira edición da festa do polbo que se celebrará o domingo 8 de agosto sexa dedicada ó Xacobeo 2010. O Partido Popular expón como "O Xacobeo é un acontecemento especial para tódolos galegos e galegas, sexan ou non cristiáns, e arredor do mesmo xurden acontecementos de tipo social e cultural de ampla diversidade que complementan o potencial turístico". Tamén subliñan os populares que a Festa do Polbo está considerada como a festa gastronóminca máis importante e representativa das convocatorias festivo-gastronómicas de Galicia, polo que "a confluencia de ambos acontecementos sería moi positivo, o noso Patrón Santiago sentiríase honrado, e o Xacobeo e os seus perregrinos terían a súa disposición a mellor das festas gastronómicas de Galicia e o mellor pulpo á feira que nunca teñan comido". Sería ésta a segunda vez na que se dedicaría a festa carballiñesa ó Xacobeo, a primeira foi no ano 1993.
As mulleres de Arcos protagonizaron fai arredor de 40 anos ún dos episodios valerosos que forman parte da historia desta parroquia carballiñesa, na defensa da propiedade das augas do Bañiño de Arcos. Desde tempos inmemoriais estas augas minero-medicinais foran de acceso libre, tanto para a veciñanza da parroquia coma para os numerosos augüístas que se achegaban atá esta fonte, á beira do río Arenteiro, atá que a principios dos anos setenta un particular denunciou estas augas para a súa explotación termal. Daquéla, chegara a construir unha caseta e pasara a cobrarse os augüistas, e foi entón cando as mulleres de Arcos, utilizando mazas, picos e apeiros de labranza, botaron abaixo a caseta, e desde entón a utilización da fonte volveu ser pública para disfrute de todos os augüistas. Aínda en pleno franquismo, a Garda Civil non pudera impedir a actúación das mulleres de Arcos, e tempo despois o promotor da privatización do Bañiño renunciou os dereitos adiministrativos que aseguraba ter. Agora, a Concelleira de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, vai lembrar a aquelas mulleres, simbolizando nelas "a loita pacífica de tantas mulleres do Carballiño, tantas veces silenciadas e invisibilizadas no desenvolvemento social e económico do Carballiño". A iniciativa foi presentada con motivo da conmemoración do "Dia Internacional das Mulleres", e consistirá nun acto de homenaxe no que se descubrirá unha placa no Bañiño de Arcos, programado para o vindeiro dia 15 de marzo. Ese dia, tamén se recoñecerá a Dolores López Filgueira, a veciña que doou ó pobo de Arcos os terreos que se atopan no entorno da fonte.
O Portavoz do Psoe no Concello de Boborás, Alberto Otero, pensa que a a moción promovida poolo Alcalde de Boborás para faovorecer a austeridade e o aforro no gasto público, con distintas medidas entre as que se propón a retirada dos plus dos altos cargos e a diminución dun 20% nos salarios dos cargos electos non mileuristas, obedece a "envexa que ten Cipriano Caamaño dos seus compañeiros de partido, porque a él gustaríalle ser Deputado Provincial ou Autonómico, e despois de 20 anos na política non pudo ser maís cá Alcalde de Boborás". Nunha entrevista no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", Otero tamén se referíu o asunto das dietas, despois de que O Alcalde desvelase no último pleno municipal que non as cobraba desde o ano 2007, algo que en opiníon do socialista responde a "unha extratexia política, pode estar anos sen pasalas e cobralas despois todas xuntas, esto é intentar quedar ben ante os veciños, dar a sensación de austero e honrado". Tamén aclarou o portvoz socialista que Caamaño cobrou todas as dietas desde que leva de Alcalde entre 1991 e 2007, e "a xente debe saber que as dietas non son baratas en Boborás, 150 euros por dia, 75 euros por medio dia e 18 céntimos por kilómetro recorrido con coche propio". Ademáis, en relación a reducción do 10% no salario do Alcalde, Alberto Otero entende que tampouco a rebaixa é real "xa que debería explicar que antes que baixalo xa o subira en anos anteriores". Finalmente, o representante socialista na Corporación de Boborás lamentou a actitude de "prepotencia e soberbia" do Alcalde, que no último pleno "chegou a decirnos que que algunhos tiñamos as tripas na cabeza, entre orella e orella e polo tanto tendes merda na cabeza, ou cando afirmou que él tiña unha estructura neuronal máis complexa cá nosa, e que polo tanto podia predicir os problemas antes cá ninguén".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Alberto Otero, portavoz do PSOE
Non son cálculos de aproximación, senón entradas vendidas en taquilla, máis de cinco mil espectadores viron "Avatar" en 3D no Novocine de Leiro, no transcurso das últimas seis semanas, desde mediados do mes de xaneiro, coincidindo coa inauguración do novo sistema de proxección dixital en 3D, a única sala da provincia en contar con este sitema de exhibición cinemotográfica e ún dos pioneiros en Galicia. A gran repercusión mediática que acadou esta aventura empresarial de Ernesto Romero, que volveu hipotecar a súa casa en Leiro, para financiar o proxecto, despertou unha gran simpatía popular e converteu o Novocine de Leiro nun auténtico fenómeno social sen precendentes no noso país. En seis semanas, pasaron polo Novocine máis do doble de persoas que veciños tén a localidade de Leiro, "algo que non podía imaxinar nin nos meus soños máis optimístas, nunca me puden imaxinar que viñese tanta xente ó cine a Leiro" recoñeceu Ernesto Romero. O propietario agradeceu o apoio recibido polo público no programa de Xan Pinal e confesou que "nas últimas semanas vivíu momentos de moita emoción", e tivo palabras de agradecemento moi especiais para "os rapaces de Leiro, que tamén axudaron a este éxito creando grupos de apoio en internet, e por suposto a tanta xente me achegou a súa simpatía". A derradeira proxección de "Avatar" en 3D será este xoves dia 4 de marzo ás 8 da tarde. A partir do venres toma o relevo "Up In The Air", en sesións de tarde e noite.
Os datos foron facilitados polo Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, Manuel Amil, no transcurso da súa interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", en total son 680 vivendas as que quedaron en suspenso, sen que os promotores desenvolvesen os proxectos que tiñan xa tramitados ante o departamento municipal de urbanismo. As 680 vivendas estaban proxectadas desde o ano 2007, nun total de 23 edificios, que contaban coa correspodente licencia de obra outorgada polo Concello do Carballiño. As malas previsións de vendas do sector, motivaron a suspensión dos proxectos por parte das empresas promotoras. Os datos son certamente moi siñificativos e confirman a recesión da construcción no ámbito municipal, un dos sectores clave na economia local, que mantivo historicamente un número de postos de traballo incluso por enriba de outras actividades, como a industrial. Esta caída na construcción no Concello do Carballiño xa se viña rexistrando, maís lentamente desde o ano 2003, xa que no "Anuario económico La Caixa 2009" recollíase que no quinquenio 2003-2008 a actividade no sector da construcción descendera un 15,2 no Carballiño, unha porcentaxe que, evidentemente, está xa moi por enriba nos dous últimos nanos. Os últimos datos veñen a confirmar agora que a construcción de vivendas está en caída libre, tamén no Concello do Carballiño. O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, recoñeceu que os datos son moi negativos e preocupantes, e manifestou que "tratarémos de contrarrestálos na medida das nosas posibilidades coas obras públicas do Plan E para este ano".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 742
- 743
- 744
- 745
- 746
- 747
- 748
- 749
- 750
- …
- seguinte ›
- última »