El pasado fin de semana se celebraba el III canicros de Rodeiro, puntuable para la LIGA NACIONAL y la LIGA GALLEGA. Tomaron la salida 40 equipos , procedentes de distintos puntos de la geografía española, y una buena representación de equipos gallegos, para recorrer la distancia de 10 Km. , muy embarrados por la cantidad de agua que había caÍdo.
La climatología acompañó en esta ocasión , a los mas peludos del equipo, ya que con la temperatura de 9 grados y la lluvia que estaba cayendo, los perros corren mucho mejor.
En esta VI carrera de la LIGA NACIONAL, hay que destacar el estricto control veterinario, puesto que se detectó en algún perro la falta de continuación de las vacunas obligatorias en esta compitición, así como una
estricta vigilancia de las reglas de canicross , durante el recorrido , ya que cada 25Om. se encontraba un JUEZ , así como cámaras de video, fotógraficas, incluso una cámara camuflada, obteniendo un resultado
fantástico, puesto que no hubo reclamaciones y solo se registraron dos faltas.
El equipo de carballiño, formado por J.FERNANDEZ Y LEO , que están en el club ACADE de Santiago, patrocinado por ARION-AGROBOTICA-GIMNASIO ESPARTA, los que le permiten asistir a las pruebas ,subieron de segundos al podium en la categoria master 50, de la L.N. y de primeros en la L.G.
ENHORABUENA a la organización, y agradecer al concello de RODEIRO, patrocinadores, guardiacivil,voluntarios,tvg.,jueces de la F.G.D.I. por su colaboración, asi como al público en general, por su presencia en esta prueba. SALUDOS. ANUBIS.
Deste xeito, o Concello facilita a xestión a moitos propietarios interesados en tramitar calquera expediente menos cambios de dominio, todo tipo de trámites, tales como altas, modificacións, agrupacións en rústica urbana, segregación en urbana, e cámbeos de cultivos e aproveitamentos.
O novo servizo enmarcase dentro do convenio asinado entre o Concello de Maside e o Catastro, polo que desta maneira, evitanse desprazamentos e reducense gastos ós interesados. ademaís, redúceselle o tempo de resolución, e poderá procederse dunha forma máis áxil á tramitación de todo tipo de expedientes. O Servizo de Atención para a Xestión Catastral comezará a funcionar o próximo mes de marzo coa seguinte periodización e ubicación:
- Lugar: Antiga Casa Sindical de Maside.-
- Primeiro e último xoves de cada mes, de 10.00 h a 14.00 h (de coincidir algún en festivo, pasaría ó día seguinte, venres).
O partido foi pésimo na súa primeira parte polos dous equipos, apenas cunha ocasión en ambas porterias, pobre bagaxe atancante de unhos e outros que se foron o descanso sen mover o marcador. Na reaunudación, tampouco se albiscaban cámbeos de actitude nin no Pontellas nin pola parte do arenteiro, e todo parecía indicar que o partido sería para o que lograse marcar un gol. E precisamente, cando xa se consumira o ecuador da segunda parte sería o Arenteiro quen se adiantaba no marcador, xa pudo facélo antes nun cabezazo de Martín que se foi fora por pouco, pero foi Tacón quen enganchou dentro da área grande un zurdazo que se colou axustado ó pau, inalcanzable para o meta local. O partido poñíase de cara e parecía que o máis dificil estaba feito. Pouco durou a alegria, porque o Pontellas foi quen de voltear o marcador en cinco minutos aciagos para o Arenteiro, primeiro cun disparo desde caseque 40 metros que con Iván fora da porteria non conseguiu despexar ningún defensa e de seguido aproveitando un fallo de marcaxe da defensa carballiñesa, que deixaron o dianteiro local para que poidese cabecear a placer o gol da remontada. O Arenteiro, que xogou os últimos minutos con 10 por doble amarela a Oliveira, aínda tería ocasión de empatar no último suspiro do partido, cando un remate a media altura de Nicol foi enviado a corner nunha gran intervención do meta local. Mención aparte merece a labor do árbitro, que castigou en exceso ós carballiñeses, ensinandolle atá oito tarxetas, mentres se amosaba condescendiente cos locais. A derrota fai descender o Arenteiro atá o séptimo posto da clasificación, descolgandose do obxetivo do ascenso.
Nais, pais, nenos e tamén avós -250 manifestantes según os organizadores- recorreron esta mañá as rúas máis céntricas do Carballiño polo "dereito a decidir" o horario escolar que queren para os seus fillos no colexio público Calvo Sotelo. O sector que defende a xornada única considera que "as medidas de presión tiveron un respaldo bastante maioritario, que debería facer recapacitar á consellería sobre a súa postura". En representación dos convocantes da protesta, Ricardo Paz subliñou que " O Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, está a facer demagoxia cando afirma que a implantación da xornada única implicaría cambear horarios noutros centros, eso é mentira, porque cós 60.000 euros que tería que aportar a conselleria non hai que modificar horarios nos demáis centros". O portavoz da comsión de pais e nais a favor da xornada única tamén pediíu. ó inicio desta manifestción, o apoio dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño "xa que non estarían defendendo un modelo de horario, senón o dereito de veciños e veciñas do Carballiño para que poidan expresar a súa opinión", e solicitou expresamente do Partido Popular que diga "se está a defender ós veciños do Carballiño ou a acatar sumisamente as ordes de Santiago". Os nenos regresarán este lúns con normalidade a clases, ainda que non se descartan novas medidas de presión "atá conseguir o obxetivo, incluso a convocatoria dunha votación para ver se a postura que defendemos é a moioritaria"
A concelleira nacionalista de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, ven de facer públicas distintas ofertas de formación para mulleres. Estas ofertas consisten nun curso de iniciación ao inglés, un de perfeccionamento de ofimática e internet e outro de maquillaxe creativa de entroido.
O Centro de Información ás Mulleres procederá a inscribir ás mulleres solicitantes dentro do prazo que comeza o vindeiro luns 8 de febreiro. Os horarios e datas son variados polo que aquelas mulleres interesadas deberán dirixirse ás oficinas do CIM, sito na rúa Faustino Santalices, ou ben facer as súas consultas por teléfono nos números 988531076 e 988531077, ou a traveso do correo electrónico cimcarballino@yahoo.es.
“O número de prazas é limitado –explica a concelleira do BNG, Áurea Francisco- polo que, aquelas mulleres interesadas non deben deixar a matrícula para última hora”. “Trátase de ofertar cursos –subliñou a portavoz nacionalista- que poidan servirlles cara a mellorar os seus currículos, ao tempo que melloran a súa formación persoal ”.
O programa do antroido no Concello de Boborás ábrese o domingo dia 7 de febreiro, co domingo de corredoiro. Os participantes concentraránse ás 3,30 da tarde no colexio de Boborás, para comezar seguidamente o percorrido por todas as parroquias do Concello, nunha xornada que estará amenizada coa música da charanga de Bande. Xa o domingo dia 14, dia grande do antroido en Boborás, terá lugar o xa tradicional desfile de comparsas e carrozas, e ademáis haberá concursos de disfraces para os nenos. Os interesados en particpar no desfile deberán facélo anotandose nas oficinas muncipais, atá o venres dia 12. O final do desfile celebraráse unha festa e verbena, que estará animada pola orquestra Atenas. E xa finalmente, completando esta programación organizada pola concellería de cultura de Boborás, volverá este ano celebrarse o "lúns de rodos", que como manda a tradición, sairán desde Pazos de Arenteiro, para facer un perocorrido polos pobos dos arredores. A festa dos rodos comezará ás dez da noite e o lugar de concentración será o Bar da Ponte, de Pazos de Arenteiro.
As obras do ave entre Ourense e Santiago, que afectaron no caso da Comarca a distintas parroquias dos Concellos de Maside, O Carballiño e O Irixo, contemplan diversas medidas de protección medio-ambiental e do entorno e co obxetivo de "respetar escrupulosamente o ecosistema das zonas polas que decorre a via, e desta maneira minimizar o seu impacto visual, acústico e paisaxístico", según a nota informativa difundida polo Ministerio de Fomento. O longo do trazado da liña férrea, replantaránse unhas 346 hectáreas de arbolado e arbustos, e preto de 500 hectáreas con cuberta vexetal. A plantación de árbores, aínda que non se espeficica qué tipo de especies serán, ademáis de recuperar o terreo desbrozado durante as obras dos últimos anos, e contribuirá ademáis a minimizar o impacto acústico nalgunhas zonas. En todo o eixo Ourense-Santiago da alta velocidade, e según os datos aportados polo Adif, os investimentos a realizar neste apartado do proxecto, e para a recuperación medio-ambiental, representan o 23% do orzamento total da obra.
O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.
Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello:
A sinatura deste Protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estes trámites gratuítos desde o Concello, quen lles ofrece un novo servizo máis, co fin de facilitarlles a xestión.
Arredor do 50% do alunmado do Colexio Público Calvo Sotelo do Carballiño secundou hoxe a xornada de protesta convocada polo pais partidarios da xornada única, alomenos esa foi a porcentaxe de alumnos e alunmas que esta mañá non acudiron a clases según a información facilitada desde o colexio ós pais convocantes. Esta cifra do 50% é relativa ó conxunto dos tres edificios do CEIP Calvo Sotelo, aínda que cun seguimento bastante desigual, xa que no edficio da rúa Calvo sotelo o absentismo escolar tería chegado atá o 90%, mentres que foi moi inferior, por debaixo do 50% nos outros dous edificios, os do antigo campo da feira e A Uceira. Para os pais promotores desta xornada reivindicativa o seguimento "foi maior do esperado inicialmente, dada a premura de tempo coa que se fixo a convocatoria". Esta medida de presión continuará nos vindeiros dias da semana, demandando a oportunidade de poder votar a posible implantación da xornada única neste centro escolar. Polo demaís, a xornada desenvolveuse con normalidade para aqueles alumnos que sí acudiron a clases.
O actúal portavoz do Partido Popular no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, anunciou hoxe no transcurso dunha intervención a través desta emisora de radio, a súa intención de optar a presidir o partido no Carballiño. Marnotes fixo público este anuncio despois de adiantar que "nun prazo entre 3 e 4 meses vaise proceder a convocatoria dos congresos locais naquelas localidades da provincia onde levan tempo sen renovarse as executivas" Éste é o caso do Carballiño, concello no que o Partido Popular conta con 1.100 afilidados, e que preside desde fai 6 anos Guillermo Fernández Feijóo. Chegado o momento desa convocatoria congresual, Marnotes manifestou que " xa será entón o que os afiliados e afiliadas queiran, e quero anunciar e xa o digo claramente, que cando ese congreso se faga, eu intentaréi encabezar unha candidatura para presidir o P.P. no Carballiño, porque éste segue a ser o meu territorio político". Marnotes forma parte do novo equipo directivo provincial do Partido Popular que preside desde o pasado sábado José Manuel Baltar, e no que o carballiñés figura como ún dos Secretarios Executivos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 745
- 746
- 747
- 748
- 749
- 750
- 751
- 752
- 753
- …
- seguinte ›
- última »