Sen excesos, ó práctico e tamén con algo de fortuna, asi se presentou o Arenteiro este sábado en Eiroás, onde calquera resultado que non fose a victoria sería un paso atrás para as aspiracións do equipo carballiñés. Eso sí, para asegurar os tres puntos houbo que esperar ós últimos suspiros do partido para que chegase o 0-2 da tranquilidade definitiva tras unha indecisión por parte da defensa do Covadonga . Antes, no ecuador da segunda parte Martín fixera xa o primeiro gol ó aproveitar un balón que non pudo atallar o meta local. O partido deste sábado tivo dúas partes nitidamente diferenciadas, unha primeira na que o dominio foi bastante alterno e na que o Covadonga pudo adiantarse dúas veces por medio de Iglesias. Tamén o Arenteiro tivo a súa ocasión nos primeiros campases nas botas de Diego soto. Na reanudación, o partido convertíuse nun monólogo do Arenteiro, sobre todo a partir de quedarse o Covadonga con dez trala expulsión dún dos seus dianteiros por protestar ó árbitro. Co 0-1 no marcadar o Arenteiro pudo marcar nun par de ocasións, e nunha delas Martín enviou o balón ó poste, tras esta xogada o carballiñés tivo que abandonar o terreo de xogo, mancado polo porteiro locatario coa súa impetusosa saída. En defintiva, o Arenteiro cumpliu o trámite e sumou os tres puntos ante un rival que non gaña desde o pasado mes de outubro. Unha victoria que sitúa os carballiñeses segundos na clasificación a un punto do líder Choco, e superando nun punto a Porriño e Estradense, os tres perderon nesta xornada, que resultou,pois, redonda para o Arenteiro.
O colectivo de nais e pais do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, partidarios da implantación da xornada única neste centro escolar, anunciaron varias medidas de protesta ante a Consellería de Educación, da que demandan que se complete o proceso para que os pais poidan decidir a modalidade de horario escolar que queren para os seus fillos. O vindeiro martes dia 19 trasladarán esta petición en forma de protesta atá a sede da Consellería de Educación en Santiago de Compostela, ónde ademáis esperan poder entrevistarse có Conselleiro, Jesús Vázquez, e coa intención de facerlle entrega dun escrito coas sinaturas de apoio a demanda dos pais. E xa adiantan tamén que os dias 20,21 e 22 os seus fillos non acudirán ó centro escolar, para facer valer "o noso dereito a manifestar a nosa opinión". Neste sentido, manifestan que "o que estamos a defender é simplemente o dereito de todos os pais e nais a decidir, independentemente de que sexan favorables ou non ao cámbeo de xornada". O proceso de aprobación de cámbeo horario iniciouse co acordo favorable tanto do claustro como do consello escolar, pero viuse frenado no pasado mes de decembro có informe desfavorable da Unidade Técnica de Transportes da Delegación Provincial da Consellería de Eduación, contrario ó cámbeo horario o entender que no caso concreto deste centro escolar conlevaría un aumento no coste do servizo, unha valoración que non comparten os pais, e en todo caso, entenden que tampouco ese argumento pode invalidar o seu dereito a decidir. Denuncian, ademáis, que " a actitude da administracción foi totalmente irresponsable, xa que firmou un contrato por 10 anos cas empresas de transporte en data posterior a ter coñecemento de que o noso centro quería intentar cambear a xornada"
Desde as dúas e media da madrugada comezaron as incidencias coincidindo có paso pola Comarca do temporal de ventos fortes que acadaron refachos de atá 100 km.hora nas zonas de montaña. Árbores caidas sobre os camiños e sobre os tendidos aéreos provocaron averias na rede eléctrica, que afectaron incluso á zona urbana do Carballiño, onde se produciron cortes no fluido eléctrico durante esta pasada madrugada. Tamén en moitas parroquias dos Municipios de Piñor e San Cristovo de Cea.O Concello do Irixo na súa práctica totalidade e unha boa parte do de Boborás permaneceron sen suministración eléctrica desde as 3 da madrugada, afectando tamén os equipos reemisores de tv e radio, ubicados no monte do Castelo, na parroquia de Madarnás, polo que COPE O CARBALLIÑO estivo sen emisión desde esa hora da madrugada e atá as seis da tarde, cando se recuperou o suministro eléctrico. Na zona traballaron operarios da empresa contratada pola compañía eléctrica para retirar as árbores caídas sobre os tendidos e repoñer o servizo. Tamén Protección Civil estivo activa toda a xornada atendendo numerosas incidencias, a maioria pola caída de árbores sobre as estradas e camiños de acceso a distintas localidades da zona rural, Cabanelas, A Piteira, Arcos, A Pedriña, O Irixo e San Amaro, entre outras.
O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes e mailo 1º Tenente Alcade e Concellleiro de obras do Carballiño, Manuel Amil, presentaron un adianto dos proxectos que o Concello Carballiñés desenvolverá durante este ano 2010 con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local, cun orzamento de millón e medio de euros. Montes e Amil coincidiron en destacar o cámbeo na filosofia deste novo plan, xa que se o ano pasado apostouse polos grandes proxectos -como a reforma das piscinas municipais- que se levaron gran parte dos recursos -dous millóns catrocentos mil euros no 2009- mentres que para este ano optouse por actuacións máis repartidas. Para obras de infraestuctura resenvanse 350 mil euros, destinados á reposición da rede municipal de abastecemento de auga na parroquia de Partovia, a obra de reforma que se executará no túnel de 25 de Xullo e a rúa Serra Martiñá, para resolver a problemática das inundacións; e finalmente, o proxecto de reposición de infraestructuras soterradas e mellora da seuguridade vial na rúa Virtude. Para políticas sociais están contemplados 300 mil euros, que posibilitarán a contratación de 25 traballadores para atender as necesidades dos distintos departamento muncipais. Outro capítulo importante será o das novas tecnolóxias e o afooro enerxético, con varias actuacións nas que se investirán 360 mil euros.
A Concellaría de Igualdade e Benestar do Carballiño, por medio da súa voceira Áurea Francisco ven de facer público o seu contento e felicitar trala súa reelección á carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal como Presidenta da Real Academia de Farmacia. A Concelleira nacionalista destaca a valía e a traxectoria profesional que premian deste xeito a unha muller que xa marcara un fito ao ser elixida no 2007 como primeira muller á fronte, non só da Real Académica de Farmacia senón como a primeira muller á fronte dunha academia no Estado Español. “Debemos felicitarnos –subliña Áurea Francisco- non só por sermos carballiñeses e carballiñesas senón polo feito de que sexa unha muller e desta valía a elixida para este cargo demostrando máis unha vez que ser muller e con formación, cando se pode acceder a ela, nunca vai ser un atranco para o triunfo persoal e profesional”. Tamén se fai referencia o brillante currículo desta muller de ciencia quen amais do seu nomeamento pode presumir dunha longa traxectoria entre a que debemos destacar a Cátedra de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense, máis dunha ducia de teses doutorais –cinco delas con Premio Extraordinario- e máis de 180 publicacións en revistas internacionais centradas en neurociencia
O Alcalde de Boborás asegurou que as averias que durante as últimas semanas veñen afectando ás iluminacións públicas de varias localidades do Concello de Boborás estiveron provocadas por sabotaxes cometidas sobre a rede eléctrica. Cipriano Caamaño pensa que o autor dos feitos tén unha clara intencionalidade e persigue "queimarme políticamente", declarou no transcurso da súa intervención radiofónica no programa "A mañá de Cope O Carballiño". As manifestacións do Alcalde de Boborás producironse despois das críticas do BNG, en relación os apagóns das últimas semanas, que en varios pobos prolongaronse por espacio de varios dias, afectando a localidades como Feás, Vilachá, Boborás, Porto Pereiras ou Xurenzás, advertindo ademáis o BNG que "de non solucionarse este gravísimo problema, reservámonos as accións que se considere oportunas e mesmamente poñer en coñecemento desta grave situación ás autoridades competentes en seguridade cidadana". Cirpiano Caamaño afirmou que estas averias non teñen nada que ver coas medidas de aforro enerxético que se veñen poñendo en práctica por parte deste Concello, consistente no apagado selectivo de parte das iluminacións públicas, e esixíu da oposición municipal "unha condena expresa destas sabotaxes". Tamén manifestou a súa esperanza para que a Garda Civil investigue e aclare estos sucesos.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Alcalde de Boboras, Cipriano Caamaño
Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes. Agora mesmo, o Arenteiro está a 4 puntos do líder Choco e a dous de Estradense e O Porriño, os tres equipos que temos por diante. E só os dous primeiros ascenden á terceira división. Asi que con estos números na segunda volta, as matemáticas non fallan, estariámos fora dos postos de ascenso. A única solución posible é mellorar a estadiística na segunda volta. Dos 57 puntos en xogo, como mínimo habería que sumar 40, seis maís que nesta primeira volta, 74 puntos serían suficientes para asegurar cando menos o segundo posto, sempre e cando os demáis aspirantes sigan nos mesmos números da primeira volta, porque senón incluso cumpriría algún puntiño maís para amarrar o ascenso. A vindeira xornada, primeira da segunda volta en Eiroás e ante o Covadonga comeza a conta atrás.
A posible implantación da ORA nas rúas carballiñesas non convence ó Partido Popular, partidario de buscar outras alternativas para solucionar a problemática derivada da falla de aparcamentos púlblicos. Non é a primeira vez que desde o Concello do Carballño se apunta esta posibilidade, a aprobación da ordenanza de regulación de aparcamentos (ORA), mesmo desde algún sector do comercio local se demandou un estudio que regulase o aparcamento público de vehículos no casco urbano do Carballiño, xa que a carencia de prazas públicas é unha das queixas que máis se escoitan nos últimos anos entre os automovilístas que se achegan ó Carballiño.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Argimiro Marnotes portavoz do PP
A preguntas de Xan pinal no programa "A mañá de Cope", o portavoz do Partido Popular no concello carballiñés, Argimiro Marnotes, adiantou que o seu grupo posicionaráse, chegado o momento, contra a implantación da ora nas rúas carbaliññesas. No seu lugar, o Partido popular vai propoñer un plan alternativo que consistirá, fundamentalmente, no aproveitamento dos solares valeiros que permanecen sen edificar, convertindoos en aparcadoiros públicos e gratúítos. A cámbeo da súa cesión temporal, os seus propietarios quedarían exentos de pagar o imposto de bens inmobles.
O pasado dia 31 de decembro rematou o contrato laboral dos 15 integrantes do Grupo de Intervención Rápida do Carballiño, e deles, só a tres se lles ven de renovar a relación contratual coa Direción Xeral de Emerxencias. Asi se pón de manifesto a través dun escrito remitido ós medios comunciación por parte dos membros que integran o Grumir, e no que ante distintas informacións aparecidas nos últimos dias, tamén aclaran que según as comunicacións que se lles achegou, ós doce traballadores restantes non se contratarán atá o vindeiro mes de marzo. Ante esta situación de precariedade na que se atopa o servizo, o Grumir Carballiñés traslada a súa inquedanza ó conuxunto da poboación, xa que os recursos cos que na actualidade se conta non son os máis apropiados para atender as emerxencias que se poidan presentar. De tódolos xeitos, os doce integrantes do Grumir ós que non se lle renovou o contrato de traballo, acordaron seguir facendo gardas voluntarias, e na medida das súas posibilidades "para non abandoar a súa sorte á xente do Carballiño". Finalmente, o Grumir carballiñés esixe "dunha vez por todas estabilidade laboral dun servizo esencial como é o Grumir e o seu traballo de atención ás emerxencias".
No transcurso da vindeira semana comezarán as obras de construcción da caseta e o resto da infraestuctura necesaria para a instalación do equipo reemisor da televisión dixital terrestre que se ubicará nas inmediacións da localidade de Señorín, que dará cobertura a unha zona do Carballiño, fundamentalmente a vertente do río Carrás, e para garantir unha correcta recepción da TDT na totalidade da zona urbana. O Concello carballiñés realizará a obra civil, mentres que a instalación técnica será financiada pola Xunta de Galicia. Ademaís, os responsables municipais solicitaron un informe técnico para coñecer as posibles zonas de sombra na cobertura da TDT no ámbito territorial do municipio carballiñés. Ademaís deste reemisor de Señorín, xa se sabe que será necesaria mellorar a sinal nalgunhas outras zonas do rural, como na localidade do Varón. Mentres , a zona norte do municipio, as parroquias de Santa Uxía de Lobás e A Piteira, recibirán a sinal desde o emisor instalado no monte do Pico da Peniza. O Concello do Carballiño, igual que os do resto da Comarca, están incluidos na 2ª fase de implantación da TDT, onde inicialmente o apagón analóxico está anunciado para o vindeiro dia 18 deste mes de xaneiro, aínda que esta data é orientativa e podería variar según as distintas áreas xeográficas en función de que poida garantirse a total cobertura da televisión dixital terrestre.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 747
- 748
- 749
- 750
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- …
- seguinte ›
- última »