24, Decembro 2009

A campaña desenvolveráse en diversos soportes publicitarios, prensa, radio, tv e folletos nos que se oferta o Carballiño como lugar de residencia. Para atraer ós futuros veciños e antes clientes do sector inmobiliario local, incidiráse na boa cobertura de servizos e tamén na variada oferta de actividades para o ocio, o deporte e a cultura, coas aventaxes de poder acceder a unha vivenda con prezos moi competitivos en relación ós que se ofrecen na cidade de Ourense, onde se centrará a maior parte desta campaña. Outro factor que se tén moi en conta é a calidade de vida que pode atoparse nunha poboación rodeada de natureza cunha ubicación xeográfica privilexiada, a 14 minutos de Ourense por autoestrada, asi como a 48 minutos, tamén por autoestrada, dos aeroportos de Peinador ou Lavacolla, e mesmo a apenas 50 minutos das praias da rías baixas.  A iniciativa promocional, ideada desde a Agrupación de Promotores e Constructores, conta cun orzamento de 40.000 euros, dos que 10.000 euros son aportados polo Concello do Carballiño, e contase tamén coa colaboración do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes do Carballiño. 

22, Decembro 2009

Un grupo de nais e pais do colexio púlblico Calvo Sotelo do Carballiño -arredor de 70- manifestaronse  este mediodia na Praza Maior do Carballiño en favor da implantación da xornada única neste centro educativo, unha petición que está sendo contestada por outro sector de nais e pais, partidarios da continuidade do horario en horario partido, de mañán e tarde, como está fixado na actualidade. Non é a primeira vez que se plantexa este debate no seo da comunidade escolar, a implantación da xornada única, unha postura que sí é maioritaria entre o profesorado e mesmo no consello escolar do centro, tal commo se puxo de manifesto no acordo adoptado meses atrás, cando se solicitou da administracción que leve a cabo o proceso que regula o decreto para a implantación da xornada única. Precisamente, onte, a Consellería de Educación remitíu ó colexio o informe desfavorable en relación a esta petición no Colexio Calvo Sotelo, un informe do servizo do transporte escolar -que é vinculante- e que desautoriza esta peticiòn, ó entender que a xornada única provocaría trastornos co transporte que nestes momentos non poden ser asumidos. Un  argumento que resulta esperpéntico para os pais partidarios da xornada única, ó entender que co novo sistema horario non se aumentaría o custo do servizo, tal como se manifesta no informe. A comisión de nais e pais que convocou a protesta desta mañá, pide que se revise ese infome, que se permita a votación na que os pais deberán pronunciarse nun ou noutro sentido, e de non ser así anuncian que levarán a cabo outras medidas de presión.

22, Decembro 2009

O roubo foi cometido entre as oito e as dez da mañá deste pasado lúns dia 21, ese intervalo de dúas horas foi o que aproveitaron os ladróns para entrar na vivenda dunha veciña do Carballiño, R.R.B., de 63 anos de idade, que ven de presentar a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Según o seu propio testimonio, os ladróns apoderaronse de 4.800 euros en efectivo que esta muller gardaba no domicilio, e tamén se levaron diversas xoias valoradas en 13.550 euros. Para entrar na vivenda, os autores do roubo forzaron a porta de entrada.

21, Decembro 2009

Cativos e maiores poderán disfrutar dun variado programa lúdico e de animación cultural que programou para estas datas do nadal e ano novo o Concello de San Cristovo de Cea, e que se inicia o dia de noiteboa coa visita do "Papá Nöel", que fará un percorrido polas rúas de Cea a partir das dez da mañá en adiante. Os dias 28 e 29 de decembro os nenos e mozos entre os 8 e os 18 anos de idade poderán participar nunha estadía subvencionada na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. A inscripción deberá facerse atá o 24 de decembro, e os participantes empadronados no Concello de San Cristovo de Cea terán que pagar 30 euros,e 42 os non empadronados, incluíndose pensión completa, autobús, seguro de viaxe e actividades, tales como a piscina climatizada. A xa clásica visita a Pazolandia fixouse este ano para o mércores 30 de decembro, sendo tamén necesaria a incripción, neste caso aberta atá o dia 28. Tamén para os máis cativos, será o "Ludinadal con Xogaventura", con xogos, obradoiros, globomagic, manualidades e outras actividades, os dias 4 e 5 de xaneiro en horario matinal. Completará esta programación a tradicional cabalgata de reis, ás cinco e media da tarde do dia 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á casa do Concello, farán o seu desfile polas rúas de Cea e trasladaránse finalmente ó pavillón de deportes da localidade, onde repartirán agasallos e farán entrega dos premios do concurso de tarxetas do nadal organizado polo Concello de San Cristovo de Cea.

21, Decembro 2009

As Concellerías de Cultura e Deporte do Concello de Boborás veñen de programar varias actividades para os  veciños e veciñas do municipio, e que terán lugar durante as vacacións do nadal, xa que boa parte das mesmas están dirixidas ós maís pequenos. Do 28 ó 31 de decembro, de dez da mañá á unha da tarde, o colexio "Nosa Sra. de Xuvencos" acollerá un obradoiro de arranxos de nadal. Xa na primeira semana de xaneiro, desenvolveránse o resto das actividades programadas. O dia 2, membros da asociación cultural "Os Serandeiros", moitos deles veciños de Boborás, percorrerán os pobos do Concello, animando á veciñanza a cantar os reis. O dia 3, pola tarde, e novamente nas dependencias do colexio púlblico, celebraráse a xa tradicional Festa de Nadal, na que haberá xogos, actuacións e faráse entrega dos premios ós gañadores do 3º concurso municipal de postais. E tamén se celebrará unha merenda, á que están convidados todos os veciños e veciñas do Concello. Xa finalmente, o dia 4 será a visita o parque de atraccións de Pazolandia, no recinto de Expourense, con saída en autocar desde Boborás ás dez e media da mañá e regreso ás dúas e media da tarde. Esta actividade está reservada para nenos e nenas entre os catro e os dezaséis anos, que deberán inscribirse con antelación nas oficinas municipais do Concello de Boborás, atá o dia 30 de decembro.

21, Decembro 2009

Fin de semana para esquecer para os equipos máis representativos do deporte carballiñés, ambos resultaron goleados nos seus respectivos desplazamentos. O Arenteiro colleitou unha incontestable derrota por catro goles a cero na súa visita á parroquia canguesa de Aldán, onde se atopou cun Rápido Bahía moi superior desde o principio ó remate do partido, os cangueses non deron opción a un Arenteiro outra vez incapaz de crear nin xiquera unha ocasión de gol. O recén ascendido Rápido Bahía, dando unha lección de fútbol moderno, borrou do campo ós carballiñeses, que volveron estar apáticos e sen ideas do qué facer no campo. Un caos na defensa e unha parsimonia total no resto do equipo explican unha derrota que só as boas intervencións do porteiro Iván González evitaron que o resutado fora aínda máis escandaloso. O Arenteiro, que xogou a última media hora con dez pola expulsión por doble amarela de Oliveira, volveu amosar a súa pior cara desta tempada, desta vez esqueceuse incluso que non xogaba en Espiñedo.

Tampouco foron ben as cousas para o Carballiño F.S, no seu desplazamento ó lider da categoria. O Parrulo do Ferrol endosou un severo 8-2 ós carballiñeses, un excesivo castigo para o visto na cancha, e truncando así a case inmaculada marcha do equipo de Colmenero nesta competición da primeira A do fútbol sala. Malia esta derrota, o Carballiño F.S. conserva a segunda posición na táboa clasificatoria, a cinco puntos do lider.

18, Decembro 2009

A proposta que o Partido Popular vai trasladar á Corporación Municipal do Carballiño persigue un doble obxetivo, concentrar os servizos de transporte de viaxeiros nun mesmo espacio e atopar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño. Vai para dous anos que o Alcalde, Carlos Montes, anunciara o inicio de xestóns municipais para a adquisición por parte do Concello de  terreos o máis céntricos posible, e que reunisen as condicións axeitadas, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia con vistas á construcción dun novo centro sanitario na localidade. Incluso se apuntara por parte dos responsables municipais a intención de convocar un concurso público para que os propietarios interesados poidesen presentar as súas ofertas. Todo se quedou en nada. Agora, o Partido Popular quere reactivar este proxecto e ademáis introduce unha variante, a da concentración dos servizos de transporte de viaxeiros na actúal estación de ferrocarril, o que deixaría sen uso a actúal estación de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde. Con esta opción, o Concello non tería que facer ningún investimento na compra de terreos, sería suficente con solicitar a desafectación por parte da Xunta, como propietaria da estación de autobuses. Tan só faltaría a negociación co Adif para que dea luz verde a esta operación. O portavoz do Partido Popular considera que "é un clamor entre o sector do transporte agora que se fala de estación intermodal en Ourense, que no Carballiño fagamos algo así, sería bó para as empresas e bó para o cidadán do Carballiño". Argimiro Marnotes tamén subliña como desa maneira se resolvería o problema de  encontrar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño, xa que os terreos que ocupa a estación de autobuses teñen carácter dotacional, xa non sería necesaria ningunha recalificación urbanística. O Partido Popular agardará ó vindeiro mes de febreiro para presentar esta proposta ó Pleno da Corporación porque en opinión de Marnotes "despois de dous anos que leva o Alcalde buscando terreos, non sabemos nunca se busca ou non busca, ou pasa coma tantas outras cousas que vai levando o vento"

16, Decembro 2009

Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de  baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés. Tras o patinazo do pasado domingo ante o Nogueira, poucos eran os optimistas neste desprazamento ante o líder e neste partido nocturno no que o Arenteiro demostrou que fora de Espiñedo é un equipo moi distinto. Malia que o Porriiño afrontaba o partido mermado polas baixas de cinco titulares, por lesión e expulsiós, comezou adiantandose no marcador no minuto 41 de partido, tras unha indecisón en defensa entre Michel e Tacón, e asi se chegou o descanso. Na segunda parte o Arenteiro foi quen de remonatar o partido. No minuto 48 Martín lograba o empate a pase de Oliveira, e cando xa se xogaba o tempo de desconto, no m. 94 Tacón lograba o gol da victoria tras executar unha falta directa. Tres puntos de ouro para este sorprendente Arenteiro.

15, Decembro 2009

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou, de xeito provisional, as obras de acondicionamento do entorno do Templo de Veracruz. A empresa adxudicataria foi Misturas Obras e Proxectos S.A., por un importe de 957.882 euros. Esta actuación consiste nas obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo de Veracruz , e teñen un prazo de execución de dez meses.O anterior departamento responsable en materia de ordenación asinou en setembro de 2006 un convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello de O Carballiño, polo cal se comprometía a financiar o 100% das obras de reurbanización. Posteriormente, esta colaboración modificouse e para iso o anterior executivo asinou tres addendas ao convenio; a primeira e a segunda formalizáronse para axustar as anualidades establecidas e a terceira asinouse ao incrementar a contía aportada pola Xunta -en case 80.000 euros- para aumentar o ámbito de actuación

A Consellería de Medio Ambiente reactivou esta colaboración a través da autorización polo Consello da Xunta dunha addenda ao convenio. Esta decisión esta xustificada pola necesidade de modificar as anualidades e prolongar a vixencia do acordo, coa finalidade de adaptar as contías económicas coas fases de execución dos traballos.

Este tipo de actuacións redundará na mellora do espazo público, na modificación parcial dalgunhas das redes de infraestruturas dos servizos urbanísticos existentes e na dotación de redes na vía de nova construcción. O Partido Popular do Carballiño, que deu a coñecer a adxudicación da obra por medio dun comunicado informativo, puxo de manifesto "a satisfacción pola rápida actuación da Xunta nos últimos meses, no que vai ser o proxecto máis importante do Carballiño nos últimos anos"

As obras teñen como base o acondicionamento do contorno do templo de Veracruz. Os traballos céntranse en mellorar e cualificar o contorno do templo e construír unha nova rúa, a rúa Antonio Palacios, así como mellora o trazado e a aliñación da rúa dos Canteiros. Estas dúas vías, xunto coa de Evaristo Vaamonde, delimitarán o recinto do ámbito do templo. O convenio asinado tamén fixa que se acondicionará o propio contorno do edificio, co tratamento superficial e a incorporación de árbores e de vexetación.

15, Decembro 2009

A medida afectará a todos os centros de ensinanza non universitaria, como os pertecentes a rede galega de escolas infantís, que non terán actividade durante a xornada deste mércores 16 de decembro. O motivo é a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso, polo que as autoridades optaron pola suspensión cautelar da actividade nas aulas para "que non se produzca ningunha incidencia no acceso dos escolares e preservar a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente". A Dirección Xeral de Emerxencias decretou a alerta laranxa por neve, tras as prediccións en forma de neve por enriba dos 300 metros, subindo a cota según avance o dia. Desta maneira, e según a axencia estatal de meteoroloxía, poderíanse acadar atá os 2centímetros de neve nas zona noroeste da provincia de Ourense, que poderían subir atá os 10 centímetros nas serras do Suiído e O Testeiro, nos Concellos de Avión, Beariz e O Irixo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS