Punxín e Maside xa teñen plan de igualdade
No Carballiño, a praza Emilia Pardo Bazán acolleu un acto organizado pola concellería de igualdade e no que mulleres dos tres grupos políticos con representación municipal recitaron poemas alusivos a esta data porque "a condición de ser muller está por enriba de calquera ideoloxía" manifestou Aúrea Francisco. A concelleira nacionalista, que citou a Gabriel Celaya "a poesia é unha arma cargada de futuro", adicou a lectura dos poemas "ás mulleres do pasado que morreron sen saber porqué". Un monolito que recorda ás victimas da violencia de xénero, e que fai un ano fora ubicado na parte traseira do auditorio municipal, foi trasladado coincidendo coa conmemoración desta data a esta praza Emilia Pardo Bazán por considerarse máis axeitada e porque leva o nome "dunha feminista decimonónica tan vencellada con estas terras do Carballiño", explicou a concelleira de igualdade, que ademáis organizou unha mesa redonda na que se abordou esta probemática da violencia de xénero desde os ámbitos xurídico, sanitario e xornalístico.
Mentres, en Maside, o Alcalde da localidade Celso Fernández, acompañado da concelleira de servizos sociais masidá Maria Joséfa Vázquez e o Alcalde de Punxín Alfredo Cruz, presentaron o "plan de igualdade de homes e mulleres" que conxuntamente promoven ambos Concellos, e co obxetivo de "mellorar a situación social da muller aplicando o principio de igualdade, cunha política igualitaria en todas as actividades abertas á poboación en xeral", suliñou o rexidor municipal masidao. Fernández tamèn puxo de manifesto que "tanto o Concello de Punxín coma o de Maside xa prredicamos có exemplo, se temos en conta que as mulleres representan o 63% do cadro laboral e de traballadodres de ambos Concellos", e tamén destacou o feito de que por primeira vez na historia da democracia e durante o presente mandato municipal, varias mulleres forman parte da brigada de obras do Concello de Maside.
O que era un antigo camiño de carro nunha boa parte do seu percorrido, a rúa Alexandre Bóveda, pasará a convertirse nun novo vial apto para a circulación de vechículos en ambos sentidos, cun ancho de 3,5 metros para cada carril e 1,5 para as beirarrúas, e unha vez que se remate a obra de ensanche e acondicionamento que está executando o Concello do Carballiño. As previsións municipais apuntan ó vindeiro mes de decembro para a súa apertura ó tráfico, según avanzou o Concelleiro José Antonio Barge, que ademáis considera de vital importancia para a mellora da circulalción este novo vial, que comunica a rúa Alberte Vilanova coa estrada de Ribadavia, bordeando o barrio de Flores, de tal maneira que facilitará o tráfico rodado dun a outro extremo do Carballiño, sen necesidade de facélo polo centro urbano. O Concelleiro de tráfico tamén deu a coñecer outras previsións do seu departamento para a mellora da seguridade vial, como sería a construcción dunha rotonda na rúa Ourense, a altura do cruce de interseción coa rúa Antón Fraguas, de feito xa encargou un estudio á Policia Local para examinar a súa viabilidade.Doutra parte, Barge anunciou a instalación de novos pasos de peóns sobreelevados, que se ubicarán na rúa Conde Vallellano, a altura da escalinata de acceso á praza da Veracruz, e o outro no cruce de Enríquez Parrondo con Martinez Avellanosa. O responsable municipal de tráfico e seguridade cidadán destacou a efectividade destos dispositivos para evitar os excesos de velocidade e asegurou que "os veciños aínda me piden se poden ser máis altos". En relación, precisamente, o control da velocidade no ámbito urbano, o Xefe da Policia Local do Carballiño Francisco Valeiras, adiantou que a partir de mediados do mes de decembro van dispoñer dun radar móbil cedido pola DXT, que lles permitirá mellorar as prestacións para o control da seguridade do tráfico nas vias carballiñesas.
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño. Atá catorce baixas no parte médico das últimas horas obrigou o equipo carballiñés a solicitar ante o Porriño e a Federación Galega de Fútbol a suspensión deste encontro correspondente á 13ª xornada do campionato ligueiro, que queda pendiente de nova data para a súa desputa.
Blanco e Nogueira presentaron a campaña
A campaña iniciase este martes 24 de novembro e rematará o vindeiro 18 de decembro. Durante este tempo, os 86 establecementos do Centro Comercial Aberto do Carballiño que participan nesta campaña de nadal, repartirán os "rascas" -en total 45.000- entre os clientes que realicen unha compra, por un importe que estará exposto en cada establecemento participante. Os premios serán directos e consistirán en vales de compra que van dos 2 atá os 200 euros, que poderán canxearse en compras en calquera establecemento pertecente ó Centro Comercial Aberto do Carballiño, agás onde o rasca obtivo premio. No caso dos premios de 200, 100 e 50 euros, os rascas poderán cambearse polo mesmo valor en vales de 10 euros, na oficina da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Carballiño. Manolo Blanco e Adolfo Nogueira presentaron no nome do colectivo este nova campaña "que pretende ser un complemento de animación do comercio local nas datas previas ó nadal, unha campaña sinxela, e concebida coma un xogo". O orzamento total da campaña, incluidos todos os gastos, ascende a 14.000 euros, que se financian cos propios recursos do Centro Comercial Aberto e as axudas económicas de diversas Entidades e Institucións Públicas.
Dende a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello do Carballiño, a súa titular, a concelleira do BNG Aúrea Francisco ven de emitir un escrito no que manifesta a "súa repulsa e malestar pola subvención municipal á 2ª subida a Cabanelas", que se vai celebrar esta vindeira fin de semana. O motivo desta protesta ten que ver coas publicacións deste acontecemento automobilístico que organiza unha escudería carballiñesa. A Concelleira critica como ó lado de distintas empresas e entidades, entre as que figuran a Deputación de Ourense, A Xunta de Galicia e o propio Concello do Carballiño, aparecen "anuncios de negocios ou empresas que teñen como actividade principal, precisamente vivir do fomento de actitudes e comportamentos sexistas". Ademáis, manifesta que "sen querer entrar a valorar máis en profundidade estas actividades", recorda como na propia lexislación sobre igualdade especifícase que nos proxectos e actividades sufragadas total ou parcialmente con diñeiro público debese garantir que a linguaxe ou os contidos sexan non sexistas. Finalmente, a Concelleira carballiñesa "lamenta profundamente estes feitos, que se producen a poucas datas de celebrarse o dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, e por iso instamos a todos os organismos de carácter público a que revisen os espazos ou publicacións onde figure propaganda institucional, para que estes despropósitos non se repitan". Áurea Francisco é a Concelleira de Igualdade e Benestar no goberno municipal bipartito do Carballiño, que desde o pasado mes de outubro forman PSOE e BNG.
Con motivo da “Campaña de sensibilización e fomento da reciclaxe dos Residuos Sólidos urbanos” levada a cabo pola Deputación Provincial de Ourense, convídase ós veciños desde o Concello de San Cristovo de Cea convidase a toda a veciñanza a asistir ás charlas informativas que terán lugar nos centros sociais das distintas localidades do municipio, entre o 19 de novembro e o 4 de decembro de 2009.
-Cea.19 de novembro.as 18:30 horas - Lugar Multiusos
-S. Facundo.20 de novembro ás 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Vales. 23 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Bustelo. 24 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-A Grela. 25 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Casasnovas. 26 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Pereda. 27 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Fatón.27 de novembro 20 horas –Lugar Bar de Fatón
-Faramontaos de Viña. 30 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Toubes. 1 de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Lamas. 2 de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Oseira. 3 de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Cea. 4 de decembro – Lugar Multiusos – CHARLA DE REMATE cunha conferencia sobre medidas de aforro da auga e repartiranse embudos para botar o aceite doméstico en botellas de plástico para logo levalos ós novos contedores de aceite situados na Praza Maior e ó remate da Rúa España.
Así mesmo, nos pequenos núcleos do Concello nos que haxa contedor amarelo, dous monitores visitarán porta a porta ós veciños informando da importancia da reciclaxe e da existencia do punto limpo.
Visiblemente afectada, e tamén "sorprendida de que sexa Marnotes quen fale deste tema, porque aquí todos nos coñecemos", a concelleira socialista do Carballiño Asunción Rivero, a quen o PP involucrou nun fraude de lei por "regalarlle un contrato de traballo para liberala coma concelleira", compareceu esta mañá ante os medios e despois de pasar unhos dias fora do Carballiño, para dar resposta as acusacións do Partido Popular. Rivero confesou sentirse orgullosa da súa humilde orixe familiar e de "terse feito a sí mesma" e nese sentido o que máis lle molestou foron "as dudas sobre a miña valía profesional". Tamén engadiu a concelleira socialista que sobre a súa vida profesional non tén por qué dar explicacións a ningúen, e que tratou e tratará de seguir compaxinando a súa vida profesional coa actividade pública que desenvolve no Concello do Carballiño. Preguntada sobre si a súa relación laboral tivera que ver coa Xunta de Galicia, Asunción Rivero recoñeceu que "evidentemente sí, pero creo que me avala a miña valía profesional".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Asunción Rivero concelleira socialista no Carballiño
A praza maior de Cea acollerá o vindeiro sábado 28 de novembro o que será, seguramente, o derradeiro gran magosto popular deste ano na nosa Comarca. E é que, tal como ven sendo xa habitual nos últimos anos, o Concello de San Cristovo de Cea ven retrasando a celebración desta festa ós últimos dias de novembro. Para esta ocasión, contaráse con música en directo, a animación estará a cargo dun dúo musical, e a festa faráse baixo carpa, asi que non haberá problemas coa meteoroloxía. O menú prrevisto será a base de empanada, chourizos asados con pan, queique, castañas, viño e auga, e os bonos que terán un coste de 5 euros por persoa poden retirarse atá o dia 25 na casa do Concello de San Cristobo de Cea.
O programa, que será moi práctico e ameno, está dirixido a persoas de todas as idades, que poderán participar nas distintas actividades que se van desenvolver, entre elas, charlas impartidas polo experto micólogo Ricardo Mínguez, presentación de libros de micoloxia, saída ó monte para recoller cogomelos, talleres de cociña, e atá unha cea-degustación que terá lugar o sábado dia 21 e que servirá para clausurar estas xornadas organizadas polo Concello de Maside, que se iniciarán o dia anterior, o venres 20. Cada participante reicibirá un diploma acreditativo, e ademaís, coincidindo coa celebración destas xornadas levaráse a cabo un concurso fotográfico e para os maís cativos outro concurso, neste cso será de debuxo e orientado ó almnunado de ensinanza infantil e primaria dos centros púlblicos de Maside. Ademáis, os asistentes recibirán un receitario de cómo conservar e cociñar cogomelos, elaborado por Daniel García Fernández, veciño de Maside e xefe de cociña do restuarante Mosteo de San Clodio. A incripción para estas xornadas é gratuíta e para poder asistir á cea-degustación do sábado haberá que abonar 5 euros. Para máis información, pode consultarse en www.concellodemaside.es
O Goberno Municipal do Concello de Boborás ven asegurando nos últimos meses que as axudas que concede ás familias polo nacemento de fillos está contribuíndo en gran maneira ó aumento da natalidade neste Concello. Según os datos municipais, no pasado 2008 houbo 13 nacementos e no que levamos de 2009 xa son 23 os novos veciños recén nacidos que pasaron a engrosar o padrón municipal de habitantes. Sen embargo, as optimistas avaliacións dos responsables municpais foron matizadas pola portavoz do BNG en Boborás María Dolores Cachafeiro, xa que no transcurso da súa interveción de hoxe no programa "A Mañá de Cope" a nacionalista asegurou que o Concello de Boborás está dando estas axudas a "familias que viven fora de Boborás, polo que se trata dunha política engañosa que non tén moito sentido". A ordenanza municipal que regula a concesión destas axudas contempla unha axuda de 500 euros por cada recén nacido no Concello de Boborás, e 50 euros mensuais durante os dous primeiros anos de vida. En total, O Concello de Boborás xa leva desembolsado un total de 20.750 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Mª Dolores concelleira do BNG en Boborás
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- …
- seguinte ›
- última »