9, Outubro 2009

O servizo Xantar na Casa comezará a prestarse nos concellos de Boborás, O Irixo, e Piñor en virtude dos convenios asinados polos alcaldes destas localidades e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Un total de 76 veciños destes concellos beneficiaranse polo momento do servizo que ten xa 1.031 usuarios repartidos entre as catro provincias galegas, persoas ás que se lles garante unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás súas necesidades.O obxectivo principal de Xantar na Casa é mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida de moitas persoas maiores e/ou dependentes, e tamén das súas familias, manténdoas no seu contorno familiar e comunitario e retardando ou evitando a institucionalización. Ao mesmo tempo, facilitase un respiro ás familias e aos coidadores e un seguimento e acompañamento de cada persoa beneficiaria do servizo por parte dos profesionais que acoden aos domicilios.Benefícianse deste programa persoas maiores de 60 anos cunha autonomía persoal limitada, dependentes que carecen de apoio familiar e persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social dos concellos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. En canto ao funcionamento, o transporte dos menús realízase en vehículos adaptados mantendo a temperatura e a refrixeración imprescindible. Os xantares se entregan nun único día á semana nos domicilios das persoas beneficiarias, que reciben sete bandexas diferentes co xantar para cada día. O prezo do menú diario é de 6,93 euros, dos que a Xunta, a través do Consorcio, aporta 3,23, mentres que o Concello e o usuario poñen, cada un, 1,85 euros ó día..

8, Outubro 2009

A colaboración cidadán e a rápida intervención da Policia Local do Carballiño resultaron decisivas para auxiliar a unha veciña do Carballiño que estaba sendo obxeto dun roubo na súa vivenda, no edificio Fraguas. Os feitos sucederonse esta pasada tarde, cando veciños dos pisos colindantes cós da víctima escoitaron berros e golpes, chamando entón á Policia Local do Carballiño e comunicandolle o que estaba acontecendo. Ós poucos minutos, axentes da Policia Carballiñesa accederon atá a vivenda e procederon á detención do asaltante, que resultou ser C.R.R., de 31 anos de idade e veciño da localidade coruñesa de Rianxo. Posteriormente, foi trasladado ás dependencias da Garda Civil para a súa custodia atá ser posto a disposición xudicial. A muller, víctima deste incidente, sufríu varios golpes ó tratar de opoñerse ó asaltante.

7, Outubro 2009

Desde o Concello do Carballiño asegurase que fai seis meses desde que se puxeron en coñecemento da Dirección Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia as deficientes condicións de recepción da televisión dixital terrestre tanto no ámbito urbano coma no rural no municipio carballiñés, xa que son frecuentes as queixas que se presentan no propio Concello por parte dos usuarios da TDT "que no poden ver correctamente varias canles, entre elas a da TVG, unha das queixas máis repetidas ven motivada pola imposiblidade de ver os partidos da liga europea, que son emitidos pola TVG dixital". No comunicado de protesta emitido desde o Concello Carballiñes tamén se pón de manifesto que "todo apunta a que o problema radica na existencia dunhos eólicos preto da zona dos emisores, ubicados no monte da Medela. Os técnicos da Xunta aseguraron que o problema quedaría arranxado ca reubicación destes emisores, pero aínda non fixeron este traballo, co conseguinte trastorno para os veciños do Carballiño". Tamén se aegura desde a Entidade Municipal que xa se está a traballar para a instalación dos equipos reemisores necesarios para dar cobertura total na TDT a todo o territorio muncipal, antes do apagón analóxico, concretamente estímase necesaria a colocación de seis micro-reemisores nas localidades de O Penedo, Pol, Señorín, Mesego, Porto de Eguas e Godás, para que a cobertura sexa do 100% no Concello do Carballiño. A instalación deste equipamento tamén foi xa solicitada a Dirección Xeral de Comunicación.

4, Outubro 2009

O sinistro ocorreu arredor das oito da tarde deste pasado sábado á altura do kilómetro 30,5 da estrada N-541 nas inmediacións entre o cruce de Moldes e a localidade de Sande, no Concello de Boborás. Por causas descoñecidas, o vehículo Lancia Fiat que conducía Sara Fortes Ogando, de 53 anos de idade, saíuse da calzada e despeñouse por un barranco dunhos 10 metros de desnivel, quedando a unhos 20 metros da estrada e coas catro ocupantes atrapadas no habitáculo do automóbil, de maneira que foi necesaria a intervención do equipo de excarcelación da Agrupación de Protección Civil do Carballiño para rescatar as catro mulleres. Unha delas, Lucinda Ogando Barros, de 85 anos, falecía no  mesmo lugar do accidente, mentres que a conductora e as outras dúas ocupantes , de 60 e 88 anos de idade, foron trasladadas en ambulancia ó Complexo Hospitalario de Ourense, ónde ingresaron con feridas graves. As catro son veciñas das localidades de Brués e Feás, no Concello de Boborás, aínda que nos últimos anos residian na vila do Carballiño.

2, Outubro 2009

O Funeral celebraráse este sábado dia 3 de outubro, a conduccción será ás seis da tarde desde o seu pobo natal de Paioso á Igrexa Parroquial de Vilardecás, no Concello de Maceda. Manuel Borrajo era persoa moi coñecida no Carballiño, onde exerceu a súa profesión de médico desde mediados da década dos anos oitenta do século pasado atá fai apenas seis meses, cando se lle diagnosticou unha doenza da que xa non pudo recuperarse. Contaba sesenta anos de idade. Primeiro, na antiga casa sindical e desde a súa construcción, no centro de saúde carballiñés, Manuel Borrajo foi o médico de cabeceira de miles de carballiñeses. Ademáis, Borrajo tamén participou activamente na vida política local, exercendo como Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño polo extinto partido Centristas de Galicia, durante dous mandatos entre 1987 e 1995. Tamén formou parte da Xunta Local do Partido Popular baixo a Presidencia de Maria Dolores Seijas.

2, Outubro 2009

As negociacións dan agora un paso atrás e as posiblidades de que se produza o acordo volven retroceder considerablemente, atá tal punto que para a semana que ven, se non se chega o acordo entre ambas partes, o proceso daráse por roto definitivamente. Na tarde de onte, reuníase novamente unha represntación dos dous grupos municipais e foi precisamente nese encontro cando as posturas volveron distanciarse entre socialistas e nacionalistas, un acordo que se daba xa practicamente por cerrado, a falta tan só de pequenos flecos e a sinatura do documento que recollería as condicións do pacto, pero nesa reunión todo se veu abaixo. Según as noticias chegadas atá esta emisora, foron as executivas do PSOE e o BNG as que botaron o freno a este principio de acordo que xa acadaran os representantes dos dous grupos muncipais. As diferencias -ó parecer bastante notables- están no reparto das áreas e as concellerías  que ocuparían unhos e outros no hipotético Goberno Bipartito que sairía tras a sinatura deste acordo. Concretamente, as maiores discrepancias afectarían ás áreas de obras e urbanisno, que na actualidade ocupan os Concelleiros Socialistas Edelmiro Mateo e Asunción Rivero, e que reclaman os nacionalistas para situar á fornte deste área a Manuel Amil. Tampouco hai acordo en quén e de qué maneira  se xestionaría a área de servizos sociais e os seus diversos departamentos, como o Centro de Información ás mulleres, ónde a Concelleira Socialista Asunción Rivero é reacia a ceder parte das sáus competencias. Se a todo esto sumamos a reación contraria a este pacto entre as bases tanto do PSOE como do BNG, bastante extendida, o acordo volve a complicarse.

1, Outubro 2009

A Dirección Xeral de Tráfico, a través da Xefatura Provincial de Tráfico, formalizará nos vindeiros dias a cesión dun radar móbil á Policia Local do Carballiño. A cesión faráse por medio dun convenio de colaboración  en materia de controis  de velociadade, que asinarán o Xefe provincial de Tráfico David Llorente e o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, un protocolo de colaboración que se vai asinar no transcurso dos vindeiros días. O Modelo de radar co que pasará a contar a Policia Local do Carballiño é o máis moderno sistema de radar móbil, un "autovelox 105". O aparello poderá instalarse nas marxes das vías onde se leve a cabo un control de velocidade, ou tamén no interior dun vehículo. Ademáis, a Policia Local do Carballiño poderá desde entón comunicar a Dirección Xeral de Tráfico as detraccións de puntos no carné de conducir con motivo das sancións que impoñan por infraccións cometidas nas vias urbanas do Carballiño.

29, Setembro 2009

A Empresa Carballiñesa Lorvicon foi a adxudicataria da reforma na rúa Canovas del Castillo, unha obra que conta cun orzamento de 140.000 euros aportados pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense - a través do plan Terras do Avia - e o propio Concello do Carballiño. Os traballos iniciaránse esta semana e a empresa tén dous meses de prazo para a execución da obra. O Alcalde en Funcións, Manuel Dacal, e o Concellleiro de obras Edelmiro Mateo, presentaron hoxe os aspéctos técnicos do proxecto, que transformará este vial nunha rúa dunha mesma e única altura e sen beirarrúas, o solo será de adoquín aínda que está por decidir si será de cerámica ou granito. A actuación tamén contempla a reposición da rede de saneamento e abastecemento de augas. Unha vez rematada a obra, Cánovas del Castillo pasará a ser peonil e en opinión do Concelleiro de Tráfico José Antonio Barge, que tamén participou na presentación do proxecto, "non se debería permitir desde entón o aparcamento de vehiculos" Desta maneira,  o centro da vila ampliará a zona peonil, que abrangue xa a rúa do Paseo, Praza Maior, Praza dos Irmáns Prieto, Praza da Mina e rúa Perfectino Viétez. Ademáis, os responsables municipais xa anunciaron meses atrás a decisión de converter en peonil o barrio de Flores.

28, Setembro 2009

"O Concello do Carballiño é recoñecido a nivel autonómico e estatal polos seus afluentes naturais, unha parte dos que son de características minero-medicinais", pon de manifesto a través dun comunicado a Concellería de Medio Ambiente que tamén aclara que "no afán de informar  á poboación colocou dous tipos de carteis", os de "auga non controlada sanitariamente" que indican que a auga transcorre de maneira natural e non está clorada, e outros coa lenda "auga potable" cando a auga está clorada e procede da rede de abstecemento municipal. Tamén se asegura que todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica. As aclaracións do departamento municipal de Medio Ambiente  teñen, seguramente, que ver coa denuncia pública que na súa páxina web ven de facer A Asociación Ecoloxista "Matar por Matar Non".

No informe ecoloxista chámase a atención sobre a que se entende é "chocante proliferación de carteis colocados polo Concello Carballiñés ó lado das fontes do municipio, o que chama a atención "dos desconcertados visitantes al constatar que pese a la abundante publicidad calificando a O Carballiño como vila termal y balnearia, tal hecho constata con el abandono sanitario de las innumerables fuentes que encontramos en la villa", manifesta o grupo ecoloxista, que ademáis considera que a maioria das fontes están abandoadas, secas e sucias, e polo tanto sen o debido control sanitario. Unha situación da que son culpables -remarca esta asociación- os xestores políticos locais e a súa desidia. O manifesto completo pode verse no enlace http://www.matarpormatarnon.org/node/901

 

27, Setembro 2009

A rotonda da Alameda foi desta vez o escenario deste accidente de tráfico, no que novamente ún dos vehículos involucrados foi unha moto, nun mes de setembro que está resultado negro nas vias da nosa Comarca en canto a accidentes de tráfico, cos dous motoristas mortos nos sinistros ocorridos nos últimos dias no Paraño e en Maside. No de hoxe na rotonda da Alameda, en pleno casco urbano do Carballiño, ás doce e cinco da mañá, non hai que  lamentar víctimas mortais, como nos dous anteriores, aínda que sí un ferido, o motorista, que resultou con lesións nuha perna, coma consecuencia da aparatosa caída. O Accidente produciuse cando o motorista bordeaba a rotonda da Alameda, e perdeu o control ó tratar de evitar a colisión cun automóbil que se incorporaba á rotonda desde a rúa Martínez Avellanosa. O ferido foi trasladado en ambulancia ó Centro Sanitario.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS