Onte xoves unha representación dos traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Emerxencias asistiron ao pleno ordinario para reclamar unha vez máis e ante a pasividade do goberno municipal, a convocatoria dunha mesa de negociación e que se resolvan as demandas do Servizo.
Unha vez finalizada a quenda de rogos e preguntas, no espazo de participación cidadá un dos traballadores solicitou a palabra para expoñerlle ao alcalde as demandas que se negan a escoitar por outros cauces, tanto escritos como verbais, ao que o Sr. Fumega se negou dicindo que as cuestións deben plantexarse por escrito previamente. Acto seguido o grupo de goberno fuxiu do salón de plenos sen dar ningunha explicación máis ante a mirada atónita da oposición.

A Semana Santa carballiñesa consolídase nesta edición como un dos eventos relixiosos e culturais máis relevantes da provincia. Cunha vintena de actos, que inclúen seis procesións, seis saetas, dúas conferencias, un roteiro urbano, dúas exposicións e un concerto, a programación elaborada pola Confraría da Veracruz presentouse este xoves, 7 de marzo, no salón de plenos do concello do Carballiño.
O acto contou coa presentación da periodista da TVG Raquel Domínguez, así como coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; dos párrocos Jorge Juan Pérez e Emmanuel Cipriano Álvarez, e do confrade maior Rafael Melero.
A Valedora do Povo, María Dolores Fernández Galiño, será a encargada de pronunciar o pregón. Terá lugar o 17 de marzo no Templo da Veracruz, antes da celebración da misa, na que participará a Coral de Ruada.
Nesta edición, a Confraría da Veracruz conta coa colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial de Ourense, así como co patrocinio da Pulpería Asador Veracruz. Os arranxos florais os realizarán Arte Floral Rita Soto e Flor de Lis.
No apartado musical, figuran, entre outras, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de Música de Vilatuxe, así como as corais de Ruada e o Orfeón do Carballiño, mentres que as saetas serán interpretadas por Chema Ares, Almudena Mosquera, Maribel López, Christian Casas e Maite López Martínez.
O escultor masidao Alberto Fernández é o autor das pezas que se exporán na mostra “Os Cristos do Lume”.
No ciclo de conferencias son protagonistas o Rvdo. P. Fray Francisco Javier Castro Miramontes, Rector do Santuario de Santa María la Real de O Cebreiro: «Los Santos Lugares: el Camino de la Fe», e o historiador carballiñés David Chao Castro. Profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela: «Do Santo Sepulcro de Xerusalén ao Santuario da Vera Cruz de Antonio Palacios».
Nesta edición, o segundo roteiro urbano “Historia, Arte e Arquitectura relixiosa no Carballiño”, guiado polos historiadores do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado, incorpora por vez primeira a igrexa parroquial de Señorín, onde dará comezo o roteiro para rematar no templo da Veracruz, coa vella igrexa parroquial, a do Colexio do Sagrado Corazón e a da Residencia Irmáns Prieto no medio.
Raquel Domínguez agradeceu en nome da Confraría da Veracruz a colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial, así como dos patrocinadores, Pulpería Restaurante Veracruz, e as floristerías Arte Floral Rita Soto e Flor de Lis. E a continuación desgranou o contido do programa polo miúdo cunha vintena de actos culturáis e relixiosos de moito interese.
Destacou o esforzo, o traballo, a ilusión e a entrega da Confraría da Vera Cruz, que, ano tras ano, segue a presentar múltiples novidades e continúa consolidando a Semana Santa carballiñesa como unha referencia da Semana Santa na nosa provincia, e por extensión, no interior de Galicia.
Presentou o cartel da Semana Santa do Carballiño que, unha vez máis, reflicte o lema “devoción, gastronomía e termalismo”, e referiuse á pregoeira, que cualificou de excepcional, a maxistrada carballiñesa e Valedora do Pobo María Dolores Fernández Galiño, que falará das súas vivencias na nosa Semana Santa. Terá lugar na mañá do día 17 de marzo, ás 12 do mediodía, antes da misa no Templo da Veracruz. Participa tamén a centenaria e recoñecida Coral de Ruada para darlle maior solemnidade ao acto.
Tamén citou o Concerto de Música Cofrade, o mesmo día 17, pero polo serán, ao finalizar a misa das seis, coa participación da Banda de Música da Misericordia de Viveiro.
Rafael Melero referiuse na súa intervención ao nacemento da parroquia do Carballiño no ano 1893 así como á donación á parroquia da reliquia do lignum crucis polo monxe franciscano Frey Pedro Fernández en 1901, que sería o estímulo para a posterior construcción do Templo da Veracruz, e fixo fincapé na creación da Confraría da Veracruz no ano 2007 co obxectivo de reorganizar, dinamizar e canalizar a Semana Santa carballiñesa.
Neste senso destacou o esforzo realizado nestes dezasete anos para consolidar a Semana Santa do Carballiño como unha das máis salentables da provincia e de Galicia. Amosouse especialmente satisfeito co programa cultural e relixioso desta edición, destacando a compoñente musical e as celebracións relixiosas, cuio cumio é a procesión do Venres Santo, que nesta edición contará cun cortexo procesional de máis de trescentas cincuenta persoas e o acompañamento musical de dúas bandas: a Banda de cornetas e trompetas ACOTAGA de Ferrol e a Banda de Vilatuxe.
Ademáis, mencionou a adquisición de máis de cento cincuenta túnicas novas para os distintos cortexos procesionais, a elaboración de 65 ciriais e 14 cruces de noble madeira para portar o Vía Crucis na Procesión do Cristo da Saúde, a incorporación de varios estandartes de paso e o arranxo de varios dos tronos procesionais entre outras novidades. Todo esto gracias á fundación dos Talleres de Costura e Priostía da Confraría, según dixo, polo que agraceceu a todos os membros o esforzo e desinteresada colaboración.
Pola súa parte, o alcalde agraceceu o traballo e o esforzo persoal e económico da confraría para dignificar a Semana Santa carballiñesa e convertela nun evento cun gran atractivo para a veciñanza da vila e comarca e para os visitantes, ademais da súa compoñente cultural e relixiosa, que sucede precisamente nun ano no que se celebra o 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, arquitecto do Templo da Veracruz, o que lle otorga a este programa da Semana Santa elaborado pola Confraría da Veracruz, que se desenvolve en gran medida no templo a arredores, un carácter especial.
PREGÓN DE LA SEMANA SANTA DE O CARBALLIÑO:
17 DE MARZO, DOMINGO DE PASIÓN
SANTA MISA Y PREGÓN DE LA SEMANA SANTA DE O CARBALLIÑO.
12:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
Participa: Coral de Ruada. Dirige: D. Jesús Alfonso González Selas.
Pregón: Dª María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Povo.
SEMANA SANTA MUSICAL:
Concierto «Sonidos Cofrades».
17 DE MARZO, DOMINGO.
18:30 horas (al terminar la Santa Misa). Templo de la Vera Cruz.
Participa: Banda de Música Nuestra Señora de la Misericordia, Viveiro
La Música de Nuestras Procesiones.
BANDAS:
-Sección Musical de la Cofradía Franciscana de la Vera Cruz, Santiago de Compostela.
-Banda de Guerra de la Brigada Ligera Aerotransportable «Galicia VII».
-Tercio de tambores de la Legio VII Civitas Limicorum.
-Real Banda de Gaitas, da Excma. Deputación de Ourense.
-Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, Ferrol.
-Banda de Música de Vilatuxe, Lalín.
-Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.
CORALES:
-Coral de Ruada, Ourense.
-Orfeón do Carballiño.
SAETAS:
-Chema Ares.
-Almudena Mosquera.
-Maribel López.
-Christian Casas.
-Maite López Martínez.
EXPOSICIONS:
«O Camiño da Cruz» y «Os Cristos do Lume».
Con motivo de la celebración de la Semana Santa 2024, la Cofradía de la Vera Cruz pone en marcha dos nuevas exposiciones «O Camiño da Cruz» y «Os Cristos do Lume».
Fecha: 15 al 31 de marzo de 2024.
Lugar: Templo de la Vera Cruz. Iglesia Parroquial de San Cibrao.
Hora:Según el horario del Templo.
Entrada: Gratuita.
NOTA: No se podrá visitar durante los actos litúrgicos.
Con esta muestra se nos invita a adentrarnos en el auténtico mundo cofrade realizando un recorrido por las principales iglesias de O Carballiño, donde se nos mostrarán varios de los pasos y enseres relacionados con sus procesiones de Semana Santa, junto con una selección fotográfica representativa de cada una de ellas.
Así mismo, desde el día 25 de marzo, Lunes Santo, se podrá disfrutar de una segunda exposición titulada «Os Cristos do Lume», obra del escultor masidao Alberto Fernández.
En palabras de Jesús: «Toma tu cruz y sígueme».
CICLO DE CONFERENCIAS:
«Ante la Semana Santa: un relato de Pasión».
Sede:Iglesia Parroquial de San Cibrao.
Horario: 20:00 horas.
Entrada: Gratuita.
Modalidad: Presencial.
-18 de marzo, Lunes de Pasión.
CONFERENCIA: «Los Santos Lugares: el Camino de la Fe».
PONENTE: Rvdo. P. Fray Francisco Javier Castro Miramontes, O.F.M. Rector del Santuario de Santa María la Real de O Cebreiro.
-20 de marzo, Miércoles de Pasión.
CONFERENCIA: «Do Santo Sepulcro de Xerusalén ao Santuario da Vera Cruz de Antonio Palacios».
PONENTE: Prof. Dr. D. David Chao Castro. Profesor de Historia del Arte. Universidad de Santiago de Compostela.
ROTEIRO URBANO NA SEMANA SANTA:
«Historia, arte e arquitectura relixiosa no Carballiño».
Fecha: 28 de marzo, Jueves Santo.
Hora: 11:00 horas. Duración: 2,5 horas.
Punto de Encuentro: Entrada del Cementerio Parroquial, frente al cruceiro.
Itinerario: Iglesia Parroquial de San Roque de Señorín, Iglesia Parroquial de San Cibrao, Capilla del Colegio Sagrado Corazón, Capilla de la Residencia de los Hermanos Prieto, Templo de la Vera Cruz.
Colabora: Centro de Estudios Chamoso Lamas
Guías: D. Juan Manuel Rodríguez y D. Xosé Luis Sobrado.
PROCESIONES:
Procesión de Traslado de la Virgen Dolorosa.
Fecha: 22 de marzo, Viernes de Dolores.
Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Misa).
Itinerario: Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Tomás Mª Mosquera – Rosalía de Castro – Curros Enríquez – Rúa dos Canteiros – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Nuestra Señora de los Dolores.
Banda: Sección Musical de la Cofradía Franciscana de la Vera Cruz, Santiago de Compostela.
Procesión Litúrgica de Ramos.
Fecha: 24 de marzo, Domingo de Ramos.
Hora: 11:15 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Conde Vallellano – Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Jesús Triunfante entrando en Jerusalén, también llamado «a borriquiña».
Participan: Grupos de Catequesis de la Parroquia de San Cibrao do Carballiño.
Banda: Banda de Guerra de la Brigada Ligera Aerotransportable «Galicia VII».
Coro: Orfeón do Carballiño. Director: D. Christian Casas.
Destacado: En la Nueva Plaza de la Vera Cruz tendrá lugar la Bendición de ramos y palmas.
Procesión Penitencial de la Sentencia y la Misericordia.
Fecha: 28 de marzo, Jueves Santo.
Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Cena).
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rosalía de Castro – Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Nuestro Padre Jesús de la Sentencia y la Misericordia.
Participan: Legio VII Civitas Limicorum, con su tercio de tambores.
Destacado: Abre filas la Cruz Franciscana de Santa María de Mesego, custodiada por nazarenos de la Cofradía.
Procesión del Cristo de la Salud.
Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo.
Hora: 12:00 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Rúa de Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa de Tomás Mª Mosquera – Rúa de Rosalía de Castro – Rúa de Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Cristo de la Salud.
Banda: Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.
Procesión Solemne del Santo Entierro o «dos Caladiños».
Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo.
Hora: 21:00 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Conde Vallellano – Rúa Aldara – Rúa Cesáreo Tizón – Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Praza Maior – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores.
Bandas: Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe.
Destacado: Abren filas la Cruz Procesional, el Estandarte de la Cofradía y el Lignum Crucis custodiado por las secciones de nazarenos, prometidos descalzos y mantillas.
Procesión Gloriosa de la Resurrección.
Fecha: 31 de marzo, Domingo de Pascua.
Hora: 13:00 horas (al finalizar la Santa Misa).
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Conde Vallellano – Rúa Rosalía de Castro – Praza Maior – Rúa Tomás Mª Mosquera – Iglesia Parroquial de San Cibrao.
Pasos: Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria.
Banda: Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.
ACTOS LITÚRGICOS:
16 – 22 DE MARZO,
SANTA MISA Y SEPTENARIO DE LA VIRGEN DE LOS DOLORES.
9:00 horas. Iglesia Parroquial de San Cibrao.
22 DE MARZO, VIERNES DE DOLORES.
SANTA MISA.
20:00 horas. Iglesia Parroquial de San Cibrao.
PROCESIÓN DE TRASLADO DE LA VIRGEN DOLOROSA.
Al terminar la Santa Misa. Iglesia Parroquial de San Cibrao.
24 DE MARZO, DOMINGO DE RAMOS.
PROCESIÓN LITÚRGICA DE RAMOS.
11:15 horas. Templo de la Vera Cruz.
Bendición de Ramos y Palmas en la Nueva Plaza de la Vera Cruz.
SANTA MISA.
Al terminar la Procesión. Templo de la Vera Cruz.
28 DE MARZO, JUEVES SANTO.
CELEBRACIÓN DE LA CENA DEL SEÑOR.
16:30 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
19:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
Durante la misma se realizará el Lavatorio de pies y el Traslado del Santísimo Sacramento al Monumento donde permanecerá para la adoración solemne de los fieles.
PROCESIÓN PENITENCIAL DE LA SENTENCIA Y LA MISERICORDIA.
20:30 horas. Templo de la Vera Cruz.
CELEBRACIÓN DE LA HORA SANTA.
23:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
29 DE MARZO, VIERNES SANTO
PROCESIÓN DEL CRISTO DE LA SALUD.
12:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
CELEBRACIÓN DE LA PASIÓN DEL SEÑOR.
16:30 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
18:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
PROCESIÓN SOLEMNE DEL SANTO ENTIERRO O «DOS CALADIÑOS»
21:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
30 DE MARZO, SÁBADO SANTO.
SOLEMNE LITURGIA DE LA VIGILIA PASCUAL
20:30 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
22:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
Durante la misma se realizará la Bendición del fuego, la luz y el agua.
31 DE MARZO, DOMINGO DE PASCUA.
CELEBRACIÓN DE LA RESURRECCIÓN DEL SEÑOR.
12.30 horas. Templo de la Vera Cruz.
18:00 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
19.00 horas. Templo de la Vera Cruz.
PROCESIÓN GLORIOSA DE LA RESURRECCIÓN.
13:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza unha nova edición da súa popular Feira de Stock, que levará a cabo os próximos días 8, 9 e 10 de marzo na Praza Maior do Carballiño. Durante estes días, os establecementos asociados ofrecerán unha ampla variedade de produtos con prezos reducidos, brindando aos clientes a oportunidade de adquirir artigos de calidade a prezos atractivos.
En total, serán 17 expositores nos que os visitantes poderán comprar roupa e calzado para todas as idades, complementos, xoguetes, doces, artesanía, decoración e moito máis. Esta diversidade de opcións asegura que haxa algo para cada gusto e necesidade.
Ademais, desde Mercería A Moderna, e con motivo das celebracións do Día da Muller, impartiranse talleres no recinto da feira. O venres 8 de marzo levará a cabo un Taller de Corazóns de Patchwork de 17:30 a 19:30 horas, mentres que o sábado 9 de marzo realizarase un Taller de Bolboretas a Crochet de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 19:00 horas.
Ademais dos descontos en produtos de fin de tempada, desde a organización comercial destacan unha atractiva oferta para os clientes: por cada compra realizada nos establecementos asociados entre os días 8 e 10 de marzo, os clientes entrarán automaticamente no sorteo de 100 euros en vales de compra. Esta iniciativa ten como obxectivo incentivar as compras e premiar a fidelidade dos clientes.
O horario da feira será o seguinte: o venres de 17:00 a 21:00 horas, e o sábado e domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Este evento proporcionará unha experiencia de compra única nunha contorna vibrante e acolledora.
A Feira de Stock é unha oportunidade tanto para os negocios como para os consumidores. Para os comerciantes, representa unha ocasión ideal para liquidar os restos de stock antes de iniciar a campaña primavera-verán 2024, mentres que para os clientes supón a oportunidade de adquirir produtos de calidade a prezos irresistibles.
Esta campaña conta coa colaboración do Concello do Carballiño e está cofinanciada pola Xunta de Galicia, o que reflicte o compromiso conxunto por impulsar o comercio local e dinamizar a economía da zona.
O Centro Comercial Aberto do Carballiño convida a toda a veciñanza a participar nesta emocionante feira e a gozar das ofertas e promocións especiais que se ofrecerán durante estes días.

A Escudería "Arenteiro Clásicos" organiza o XIV rallye do Lacón Históricos que terá lugar este sábado dia 9 de marzo en horario de tarde e que recorrerá por estradas de oito concellos.
O parque pechado será na Praza da Veracruz de 11:00 a 15:00 h, e a saída do primeiro participante ás 15:30 h. desde a rúa Curros Enríquez do Carballiño.
Tramo 1: https://maps.app.goo.gl/28uPDuQa56KTDLz76 desde las 15:35 a las 16:15
Tramo 2: https://maps.app.goo.gl/td4q6hv4Z6jdo1NZ9 desde las 15:40 a las 16:30
Tramo 3: https://maps.app.goo.gl/YQJ9agcms69A3Pwi7 desde las 16:10 a las 17:00
Tramo 4: https://maps.app.goo.gl/ik2xJMqYkjfD7vj3A desde las 16:30 a las 17:30
Tramo 6: https://maps.app.goo.gl/3GxEyffXb58mboxc8 desde las 17:30 a las 18:30
Descanso: https://maps.app.goo.gl/tQ7DUAVdYMyx9gho9 desde las 18:00 a las 19:20
Tramo 9: https://maps.app.goo.gl/g5VqPStgAMxqgf1PA desde las 19:50 a las 20:40
https://maps.app.goo.gl/jYXYwTxDLSeNcRhg6 desde las 19:50 a las 20:50
https://maps.app.goo.gl/6tqjdCA4TVwnaCE69 desde las 20:10 a las 21:20
Tramo 10: https://maps.app.goo.gl/xdxumNa2zFDPQ8vb8 desde las 20:40 a las 21:40

A Deputación de Ourense promove o emprendemento feminino en zonas rurais da provincia, coa posta en marcha do proxecto “EmprendOU en feminino–8M” co que apoiará as iniciativas das mulleres de menos de 30 anos que creen unha empresa en concellos de menos de 10.000 habitantes, é dicir, en 88 dos 92 municipios ourensáns.
Na presentación desta nova iniciativa participaron o presidente provincial, Luis Menor; a deputada de Mocidade e Igualdade, Teresa Barge; e o director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, que explicaron as bases reguladoras deste programa.
Na súa intervención, o presidente provincial congratulouse de “demostrar con feitos e non só con palabras que as políticas de igualdade son unha prioridade para este goberno provincial. Para conmemorar o Día Internacional da Muller, desde a Deputación de Ourense lanzamos esta iniciativa que nos permite promocionar unha provincia emprendedora en feminino cun investimento de 150.000 euros”.
Neste sentido, Luis Menor explicou que apostar polo emprendemento feminino é “apostar pola igualdade e polo futuro dos nosos territorios que precisan, indubidablemente, o compromiso da nosa mocidade para poder afrontar xuntos os desafíos do reto demográfico nas zonas máis rurais da nosa provincia”. Engadiu que “debemos traballar por un territorio no que cada vez exista unha maior porcentaxe de empresas lideradas por mulleres para camiñar xuntos na transformación da sociedade cara unha crecente igualdade emprendedora no rural”.
O presidente provincial dixo que hoxe era “un día importante para Ourense porque non só estamos apoiando a igualdade real e efectiva con medidas concretas como con estas axudas económicas de 1.134 euros -que é o importe do Salario Mínimo Interprofesional-, senón que estamos contribuíndo a xerar emprego e crear riqueza nos concellos rurais da provincia”. Felicitou ademais á área de Benestar da Deputación “por materializar tecnicamente a nosa vontade política e facilitar ao máximo as usuarias a posta en marcha da súa actividade empresarial unificando os trámites nun único que poderá realizarse directamente a través da Deputación”.
O obxectivo é -tal e como dixo o director da área de Benestar- lograr que ao longo do mandato 2023-2027 se xeren 500 iniciativas empresariais de mulleres nos concellos rurais da provincia.
Trámite único e compatibilidade da axuda ao 100%
Para facilitar os trámites administrativos e axilizar a posta en marcha do seu proxecto empresarial, a Deputación propón un trámite único que pode levarse a cabo desde a casa. Deste modo, a emprendedora poderá darse de alta como empresaria autónoma realizando todos os trámites a través da Deputación. Esta xestión poderá tramitarse desde a casa por videoconferencia presentando a solicitude coa firma por voz da emprendedora. Unha vez realizada a solicitude, as mulleres beneficiarias destas axudas recibirán unha tarxeta cun saldo inmediato de 1.134 euros no prazo máximo de 8 días.
Ademais, cabe destacar que esta axuda provincial é compatible ao 100% coa axuda autonómica que apoia ás persoas desempregadas no inicio da actividade e no mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e coa axuda de tarifa plana da Seguridade Social que contribúe a sufragar os gastos de mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas.

Unha rapaza de 14 anos de idade precipitouse, por causas que se investigan, desde un cuarto piso pola fachada traseira dun edificio da Avenida do Balneario do Carballiño, un suceso que se rexistrou unhos minutos despois das sete desta tarde de lúns.
Na súa caída, o corpo impactou cun tendal e un toldo dos pisos inferiores, que amortiguaron o golpe no chan. De contado, o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, bombeiros do Carballiño, Garda Civil e Policia Local, tras recibir as primeiras asistencias médicas no mesmo lugar do suceso, foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde ingresou con feridas na cabeza e nunha perna.

O PSdeG-PSOE de Punxín presenta unha moción na que insta ao bigoberno municipal do PP e CxG a que amosen o seu “total” apoio e respaldo á posta en marcha do tan “agardado” transporte metropolitano. As e os socialistas piden que dende o consistorio se impulse o transporte metropolitano “dunha vez por todas”, a través do contacto coas distintas administracións implicadas na posta en funcionamento do mesmo.
Dende o grupo municipal socialista de Punxín explican que os concellos da área metropolitana de Ourense, entre os que se atopa Punxín, “levan máis de 25 anos agardando pola chegada do transporte metropolitano”. As concelleiras socialistas apuntan a que no mes de decembro, na véspera das eleccións, “asistimos a un novo anuncio electoral do PP, no que o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, se comprometía a apoiar un plan que prolongase as liñas da cidade cos concellos limítrofes”.
A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, afirma que a posta en marcha do transporte metropolitano “é unha cuestión de vital importancia”, xa que tal e como apunta “facilitaría as comunicacións e a mobilidade, permitiría asentar poboación no rural, frear a grave crise demográfica e mellorar a calidade de vida da veciñanza de Punxín, evitando que o noso municipio siga esmorecendo”. A edil socialista considera que a posta en marcha deste servizo “suporía un revulsivo para que a xente aposte e se decida a vivir en Punxín”.
“Na última década foron varios os convenios que se firmaron coa Xunta de Galicia para a posta en marcha do transporte metropolitano, pero a día de hoxe seguimos agardando que se impulse de forma real e non obtivemos ningún tipo de avance”, denuncia Peleteiro Vázquez. A voceira socialista considera tamén que “o desleixo e abandono por parte da Xunta padecémolo os concellos, pero tamén a veciñanza”, motivo polo que urxe ao concello que “se poña as pilas e reclame o que Punxín tanto precisa”.
O PSdeG-PSOE de Punxín aposta por un transporte “público de calidade, que ofreza un servizo adaptado á realidade e necesidades da cidade de Ourense, de Punxín e dos municipios da súa contorna, a un custo razoable, garantindo así a cohesión territorial arredor da capital, mellorando as conexións, facilitando os desprazamentos e diminuíndo a contaminación e pegada de carbono inherentes ao uso dos vehículos particulares”.

Pouco se pode comentar, non hai máis que ver o cartaz anunciador das actividades do concello do Irixo para este mes de marzo. Chama a atención que un concello con alcaldesa e un concello dirixido por mulleres se confunda o 8 de Marzo co 25 de Novembro, Dia Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres. Enfin...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »