"O Concello do Carballiño é recoñecido a nivel autonómico e estatal polos seus afluentes naturais, unha parte dos que son de características minero-medicinais", pon de manifesto a través dun comunicado a Concellería de Medio Ambiente que tamén aclara que "no afán de informar á poboación colocou dous tipos de carteis", os de "auga non controlada sanitariamente" que indican que a auga transcorre de maneira natural e non está clorada, e outros coa lenda "auga potable" cando a auga está clorada e procede da rede de abstecemento municipal. Tamén se asegura que todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica. As aclaracións do departamento municipal de Medio Ambiente teñen, seguramente, que ver coa denuncia pública que na súa páxina web ven de facer A Asociación Ecoloxista "Matar por Matar Non".
No informe ecoloxista chámase a atención sobre a que se entende é "chocante proliferación de carteis colocados polo Concello Carballiñés ó lado das fontes do municipio, o que chama a atención "dos desconcertados visitantes al constatar que pese a la abundante publicidad calificando a O Carballiño como vila termal y balnearia, tal hecho constata con el abandono sanitario de las innumerables fuentes que encontramos en la villa", manifesta o grupo ecoloxista, que ademáis considera que a maioria das fontes están abandoadas, secas e sucias, e polo tanto sen o debido control sanitario. Unha situación da que son culpables -remarca esta asociación- os xestores políticos locais e a súa desidia. O manifesto completo pode verse no enlace http://www.matarpormatarnon.org/node/901
A rotonda da Alameda foi desta vez o escenario deste accidente de tráfico, no que novamente ún dos vehículos involucrados foi unha moto, nun mes de setembro que está resultado negro nas vias da nosa Comarca en canto a accidentes de tráfico, cos dous motoristas mortos nos sinistros ocorridos nos últimos dias no Paraño e en Maside. No de hoxe na rotonda da Alameda, en pleno casco urbano do Carballiño, ás doce e cinco da mañá, non hai que lamentar víctimas mortais, como nos dous anteriores, aínda que sí un ferido, o motorista, que resultou con lesións nuha perna, coma consecuencia da aparatosa caída. O Accidente produciuse cando o motorista bordeaba a rotonda da Alameda, e perdeu o control ó tratar de evitar a colisión cun automóbil que se incorporaba á rotonda desde a rúa Martínez Avellanosa. O ferido foi trasladado en ambulancia ó Centro Sanitario.
O Arenteiro viaxa co equipo titular ó completo, e coa idea -adiantada polo adestrador Marquitos- de saír ó campo do Alivio cun 4-3-3, que sería o integrado por Iván na portería, unha defensa con Xurxo, D.Soto, Jorge e Nacho Currás; no medio centro estarán José Juan, Iago, Marcos Castro e Alfredo, e na punta o goleador Martín, con Tacón -que entraría no equipo titular- facendo labores de enganche e media punta. Completarán a expedición Valeiras, Victor Oliveira, Fran e Nicol. O obxetivo é volver acadar os tres puntos, sería entón a quinta victoria consecutiva en liga, sendo conscientes de que enfronte agarda un Tomiño que ofrece sempre o seu mellor nivel como locatario. O partido na vila do Baixo Miño comezará ás cinco da tarde do domingo.
O accidente tivo lugar hoxe unhos minutos antes das cinco da tarde, cando o motorista colisionou contra un camión, na estrada N-541, á altura do Concello de Maside, no cruce de Garabás, ún dos puntos negros para o tráfico, e no que se contabilizan varias víctimas mortais nos últimos anos. Atá o lugar do sinistro ordenouse o desplazamento dun helipcótero medicalizado con base en Ourense, que non chegou a aterrizar ó confirmarse o falecemento do home, veciño da localidade de Vilariño Frio, no Concello de Castro Caldelas. Atá o lugar do accidente tamén se desplazaron os efectivos do Grumir do Carballiño, Garda Civil de Tráfico, e unha ambulancia cun médico do Pac do Carballiño, que únicamente pudo certificar a morte do motorista. Trátase do segundo accidente de moto que se produce nun periodo de 10 dias na N-541 ó seu paso pola nosa Comarca, xa que o pasado dia 15 deste mes de setembro, outro motorista perdeu a vida ó sairse da via nas inmediacións do Alto do Paraño.
O vehículo que foi entregado hoxe ó Concello de Maside será utilizado como medio de transporte para o traslado das persoas maiores ou con capacidade reducida desde as distintas localidades do municipio atá o centro de saúde. A adquisición deste novo vehículo, un renault trafic con capacidade para nove prazas, foi posible a través dun convenio que meses atrás suscribiron o Concello de Maside e a entidade crediticia Caixanova en materia asistencial. No acto simbólico de entrega do vehículo estiveron presentes o Alcalde Masidao Celso Fernández, que agradeceu a Caixanova a deferencia que tivo con Maside facendo posible que desde agora sexa posible contar cun medio de transporte público para a xente que máis o necesita "esperando facer un bó uso deste novo servizo". En represntación de Caixanova participou no acto o director de Relacións Institucionais na provincia de Ourense Amadeo Rodríguez Piñeiro, que aproveitou a ocasión para mostrar o apoio de Caixanova á labor asistencial que realiza o Concello de Maside, ónde a entidade crediticia cumple 50 anos de presenza, con dúas sucursais nas localidades de Dacón e Maside.
Asi o anunciou o Alcalde de Boborás a través desta emisora de radio, finalmente descartase a posibilidade de apagar as iluminacións públicas na súa totalidade entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, e como inicialmente estaba previsto como medida de aforro no gasto público. Cipriano Caamaño recoñeceu nunha intervención no programa de Xan Pinal que o anunciou desta medida xerara inquietude entre a veciñanza ó ser utilizada pola oposición "para meterlle medo a xente e decirlle que ían aumentar os roubos e a inseguraridade cidadán", polo que se optará por outra fórmula alternativa que consistirá en apagar as iluminacións de forma parcial, unha ou dúas de cada tres farolas "que é o sitema preferido pola maioria da poboación e así se fará". Con este procedemento o Alcalde de Boborás pensa que o aforro no gasto eléctrico pode ser aínda superior o que estaba calculado que pudera acadarse coa medida inicialmente presentada, apagando a totalidade das luminarias, pero só durante catro horas. Agora, o apagado será tan só parcial e segundo as demandas e preferencias da maioria dos veciños en cada pobo.
De cumplirse as previsións do Portavoz do BNG Manolo Amil, o celebrado hoxe foi moi probablemente o derradeiro ó que asistíu o seu grupo como oposición, xa que o pacto cos solicialistas é inminente e antes dunha semana debería acadarse o acordo definitivo. Amil considera que xa se está cumplida "a prudencia" do proceso e agora "hai que pasar das palabras ós feitos", de tal maneira que antes de rematar este mes de setembro debería darse por cerrado o pacto entre PSOE e BNG que dará paso a un novo Goberno Bipartito no Concello do Carballiño. Un acordo que xa se da por feito tanto nunha coma noutra formación política.
En canto á sesión plenaria, acordouse deixar sobre a mesa a moción do PSOE propoñendo a creación dun parque infantil acuático na zona das Barcias, no parque municipal, atá madurar máis este proxecto. A Corporación acordou instar a Fomento para que regule o estacionamento de vehículos no recorrido urbano da Estrada N-541, e solicitando que se prohiba o aparcamento a camións e autocares. En canto a moción do PP sobre a emisora muncipal, o Pleno manifestouse a favor da súa continuidade aínda que se estudiarán medidas para reducir os costes económicos na xestión deste servizo de radiodifusión.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Manuel Amil voceiro BNG Carballiño
Un feito insólito na historia festiva da nosa Comarca, o que acontecía este ano na localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán, ónde as festas na honra á Virxe Peregrina quedaban suspendidas en plena celebración o pasado domingo día 13, tras decidilo asi a Comisión de Festas, e como sinal de luto e condolencia pola morte repentina dunha moza de 32 anos de idade, veciña da parroquia, unha morte que deixou conmocionada á veciñanza e que motivou a suspensión do programa festivo. Agora, tras as negociacións da Comisión coas orquestras, as festas reanudanse este xoves 24 de setembro cunha verbena que estará amenizada por "América S.L.", e continuarán o venres 25 coa festa e verbena na que alternarán o grupo "Aramio" e a orquestra "Os Satélites". Éstas da Peregrina no Arenteiro son, xunto as da Milagrosa no Reino, as festas festas máis representativas do Concello de Piñor.
O Portavoz Socialista na Corporación Municipal de Boborás denunciou hoxe -nunha intervención en Cope O Carballiño- a preocupante situación financieira e de endebedamento do Concello de Boborás, e que se situaría nunha débeda de 1.068.000 euros, a día 31 de decembro de 2008, cantidade que o portavoz socialista manexa en base os datos recollidos do Ministerio de Economia e Facenda. Alberto Otero asegurou que na actualidade o de Boborás é o segundo máis endebedado da Comarca do Carballiño, e sería o número 12 entre os 93 Concellos da Provincia de Ourense, algo que contrasta coa situación de fai tan só unhos anos atrás cando Boborás presumia de ser un Concello rico en con superavit. Precisamente, esta delicada situación financieira do Concello de Boborás estaría detrás -manifestaba o o portavoz socialista- da decisión de apagar as iluminacións públicas e como medida de aforro no gasto municipal. Unha decisión "que non é a maís idónea para un Concello Rural e cunha poboacion moi envellecida, xa que aumentará a inseguridade e propiciará que os veciños abandonen Boborás para ir vivir a cidades nas que se sentirán máis seguros". Insistiu o portavoz socialista no que considera é unha alta carga para a economia muncipal, os gastos en persoal e a remuneración que recibe o Alcalde e os Concelleiros do Grupo de Goberno, unhos 60.000 euros ó ano, ós que sumou 28.000 maís que recibe o Asesor da Alcaldia. Finalmente, Alberto Otero (DECLARACIÓNS EN AUDIO) manifestou que non era certo que a maioria da poboación apoie que se recorten as horas de iluminación, tal como afirmara o Alcalde, e que "son numerosas as Asociacións de Veciños que están recoñendo sinaturas contra este acordo".
CERTIFICACIÓN DO SECRETARIO-INTERVENTOR DO CONCELLO DE BOBORÁS . Tras a intervención hoxe do portavoz socialista no programa "A mañá de Cope", o Concello de Boborás difundiu un certificado do Secretario interventor no que se fai constar que a día 1 de setembro de 2009, a débeda contraída polo Concello de Boborás a longo prazo ascende a 669.745 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Concelleiro do PSOE en Boborás
A medida de aforro no gasto municipal anunciada polo Concello de Boborás e consistente no apagado das iluminacións públicas durante catro horas, de 2,30 a 6,30 da madrugada, está provocando un carrusel de críticas por parte dos grupos da oposición. O PSOE aproveitaba a celebración da romaría da Saleta para achegar á veciñanza a súa postura contraria a esta decisión, e criticando coma o Concello de Boborás recorta servizos públicos co pretexto da crise mentres gasta o diñeiro en pagar soldos ós Concelleiros do Grupo de Goberno, ó Alcade e ó seu Asesor. Nunha intervención no programa "A mañá de Cope", onde foi entrevistado por Xan Pinal, o Alcalde de Boborás rexeitou as criticas dos socilaistas e asegurou que o gasto en persoal en Boborás - un 19% do orzamento total- está moi debaixo doutros Concellos da Comarca, e puxo os exemplos de Maside ou Punxín, ónde este mesmo capítulo ascende o 30% e o 36% do orzamento total dos respectivos Concellos. Caamaño mantén que o noventa por cento da veciñanza do Concello de Boborás está a favor desta medida de racionalización dos horarios nas iluminacións públicas "que permitirán manter servizos como o xantar sobre rodas, axuda no fogar, o punto de atención á infancia e outros irrenunciables para o Concello de Boborás" (DECLARACIÓNS DE CIPRIANO CAAMAÑO EN AUDIO)
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- 762
- 763
- 764
- 765
- …
- seguinte ›
- última »