O alcalde, Antonio Montero, nun momento do programa
(Redacción Belén González) Esta semana "A mañá de Cope O Carballiño" viaxou ata o Concello de Avión para emitir o seu programa. Ó estudio móbil acudiron diversos invitados do pobo para achegarnos a historia e a actualidade do que aconteceu e do que acontece.
Entre os invitados hai que destacar a intervención do seu alcalde, Antonio Montero que falou do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Programa encargado de regular a construcción e a rehabilitación das casas do pobo. O parón na construcción debido a crise provocou o freo desta actividade, pero Montero tamén reclamou que "fai falta unha zona de extensión onde se poida construir e esperamos que esta crise, máis adiante, permita reactivar a necesidade de construir na nosa zona". O famoso Plan E, tamén se está levando a cabo en Avión grazas ó que se está construíndo unha residencia. Esta instalación terá lugar para 20 persoas, grandes dependentes, que cubrirá tódalas necesidades e que ofrecerá traballo para cinco ou oito persoas.
Outra das obras é a construcción do Parque Eólico que se viu freado por diversas cuestións técnicas e legales; a obra xa está adxudicada, pero o comezo das obras aínda non se vai iniciar. Este parque suporá un ingreso de cartos que servirán para investir en novos proxectos para mellorar o pobo. Noutra orde de cousas, o máximo representante de Avión falou das diversas actividades que o concello ten para todo o verán e para tódolos públicos. Entre elas celebraránse xornadas de cine, clases de piragüismo, actuacións de magos, excursións, cursos de natación para os máis novos e maiores, campionatos de fútbol, andainas en bicicletas e actividades na praia fluvial que contará cun persoal de primeros auxilios. Outra actividade moi interesante son as rutas de sendeirismo que discorren pola Serra do Suído e a V edición da Festa Mexicana.
Para falar desta festa mexicana, adicada este ano ós emigrantes no país azteca, achegouse ós micrófonos de Cope O Carballiño Isabel Gabián, responsable de organizar este festexo. O programa para este ano comezará ás 20.30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñata e moitos máis que evitarán o aburrimento de todos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar os famosos antojitos mexicanos e tamales, tanto doces como normais, a cargo de tres restaurantes de Galicia: Chilam-Balam de Vigo, O Rincón Azteca de O Carballiño e O Mesón Mejicano de Tourón. Ademáis, nesta edición haberá menús degustación para aqueles que se atopen indecisos e para os que descoñecen a ampla gastronomía mexicana. Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polo grupo Garibaldi, composto por doce persoas.
Dunha festa imos a outra, coas festas na honra ós patróns do pobo, Xusto e Pastor e San Roque que terán lugar os días 1, 2 e 3 de agosto. Para falar disto contamos coa presenza de Óscar Martínez, un dos integrantes da comisión de festas deste 2009. Este verán haberá un cartel de luxo: o día 1 a partir das 12.00 horas celebraráse unha misa solmne con procesión e haberá un pasarrúas a cargo do grupo Os Chispas. Na xornada da tarde, os avioneneses contarán cun concerto a cargo de Os Chispas e a Agrupación Musical Monterrei. Pola noite, a verbena estará amenizada polos Diplomáticos do Acordeón. Ó día seguinte, a misa solemne terá lugar ás 13.00 horas e o pasarrúas contará coa presenza da Banda a Lira de Ribadavia que tamén ofrecerá un concerto a partir das 20.00 horas. A verbena estará amenizada polas orquestras Tango e Marimba. A partir da 01.00 horas da madrugada haberá un gran folión de lucería E para rematar este día tocará o mariachi Tecatitlan. O derradeiro día de festexo contará coa misa solemne a partir das 13.00 horas. O pasarrúas correrá a cargo da Banda de Arcade. que a partir das 20.00 horas ofrecerá un concerto. Xa pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras D´Moda e Midas.
O noso último invitado foi "unha memoria viva do que é a historia neste Concello de Avión durante case medio século"; esta descripción corresponde con D. Serafín, o párroco de Avión, que leva exercendo a súa actividade relixiosa durante 48 anos. Ata a terra do Suído chegou, ó saír do seminario, para cubrir o posto do antigo párroco, D. Jesús que se foi para América de misioeiro.
"Fai 48 anos o único coche que se vía era o coche de línea e algún máis". Según D. Serafín, isto cambiou totalmente e cambiou para ben tanto económica como relixiosamente, porque o párroco afirma que á súa misa segue asistindo moita xente. D. Serafín xustificou a presenza de dous patróns porque foron mártires de Alcalá polo ano 400 e define a Avión polo pastoreo, etapa que marcou ó pobo pola subida ó Suído co aquel gando que a xente na súa casa non era capaz de alimentar. Había gardadores que vivían en chozos durante a súa estadía na montaña que se encargaban de coidar e velar polo gando dos veciños; dende alí víase Redondela que D. Serafín explica cunha foto: "Teño unha foto dunhas vacas que están mirando para Redondela, porque lle viña o aire da ría".
A zona do Suído, manifesta o párroco que, nun principio non pertencía a Avión senón que era de Pontevedra, pero os avionenses gañáronlle a batalla do pastoreo. Cando chegaban as festas no mes de setembro, os segadores voltaban de Castela e eran recibidos por un gran folión. Co paso dos anos e do tempo, as festas trasladáronse a mediados de agosto porque era o único mes no que estaban os emigrantes. Durante un tempo, os festexos tiveron lugar o 15 de agosto na honra de San Roque, de Xusto e Pastor pero coincidían con moitas festas espalladas por toda Galicia. Deste xeito, os veciños solicitaron outra vez o cambio das festas para principios de agosto. D. Serafín accedeu e dende aquela, as celebracións dos patróns e de San Roque teñen lugar os primeiros días de agosto para que poidan desfrutar delas os emigrantes e os veciños de Avión.
Un programa cargado da máis pura actualidade e modernidade contrastado co Avión de fai case medio século. Un pobo que avanzou tecnolóxicamente, pero aínda segue conservando a esencia da emigración e de ser un pobo atractivo para todos entre esas montañas do Suído, das que din que se avista o mar.
(Redacción. Belén González) Fai uns días, o Concello de O Carballiño creaba tres prazas máis para discapacitados físicos na rúa Conde Vallellano. Horas despois, dúas delas foron suprimidas debido ás queixas dos comerciantes da zona presentadas na Casa do Concello. A supresión destas a última hora non a entenden dende a Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e Comarca. O seu presidente, Gerardo Pinto, pregúntase "qué poder teñen certos comerciantes para influir nas decisións aprobadas dende o goberno municipal". Ademáis, Pinto non está dacordo conque se volte atrás cun proxecto que xa estaba aprobado polo goberno local. Pola contra, dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes entenden axeitada esta decisión. Según pudo saber "Cope O Carballiño", a creación de tres prazas para persoas con discapacidade física no centro do pobo é excesiva, porque aí non se acha ningunha administración pública. Asociación de Comerciantes está de acordo na creación de prazas, pero repartidas axeitadamente pola vila. Desta maneira, os aparcadoiros para discapacitados na vila atópanse no: centro de saúde, concello, servizos sociais -rúa Faustino Santalices-,centro sociocomunitario, Casa da Cultura e Estación de Autobuses.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Gerardo Pinto, presidente Asoc. Discapacitados Físicos Carballiño
Dous veciños de Ourense, Héctor V.V. e Enríque V.G., de 29 e 23 anos de idade respectivamente, foron detidos hoxe nunha operación levada a cabo pola Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Comisaria Provincial de Ourense, como presuntos autores dos sucesos ocurridos durante a fin de semana, cando varios automóbiles que circulaban por estradas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro foron apedreados, sufrindo desperfectos e rexistrandose unha persoa ferida. Ós dous detidos impútaselles un delito de danos e seguridade contra o tráfico. No momento da súa detención, no vehículo que ocupaban, ocultaban varias pedras e petardos, polo que se supón que tiñan intención de seguir coa súa sinistra actividade delitiva. De feito, a detención foi posible despois de chamadas que alertaron á policia de que estaban sendo apedreados algunhos vehículos nas inmediacións da cidade de Ourense, polo que se intensificaron os controis policiais e, finalmente, puderon interceptar o vehículo na rúa Progreso de Ourense. A Policia ten fondas sospeitas de que ambos detidos sexan os mesmos que protagorizaron idénticos feitos durante a pasada fin de semana, xa que "o modus operandi" era o mesmo, "apedrear coches tanto aparcados coma en circulación, causando os conseguintes danos materiais e, o máis grave, causando un gran perigo para a seguridade no tráfico"
(Redacción. Belén González) Esta mañá a Concelleira de Medio Ambiente, María José Pérez e o alcalde do Carballiño, Carlos Montes anunciaron o programa "Núcleos Sostibles" para fomentar o uso da bicicletas e o emprego do transporte público. Esta iniciativa ten un dobre sentido: deportivo, para impulsar as actividades saudables e un sentido turístico que persegue presentárlle a tódolos turistas as rutas específicas como a do Parque Etnográfico e a do entorno do río Arenteiro. Haberá dous puntos de recollida das bicicletas: Praza do Emigrante e Muíño das Lousas para o que será preciso entregar a documentación e a partir de aí, a persoa terá tres horas por diante para recorrer as zonas máis interesantes do Carballiño. Carlos Montes declarou que "a idea é interesante na que O Carballiño podría dar un bo exemplo".
(Redacción. Belén González) O posto da Garda Civil foi moi demandado ó longo de toda a pasada fin de semana, xa que varias persoas interpuxeron denuncias polos lanzamentos de pedras ós coches realizados de madrugada -a noite do sábado- ó redor da unha da madrugada por persoas das que aínda se descoñece a súa identidade. Este fito tivo lugar na estrada Ourense - Vigo, preto de Razamonde, na N-120 e causou estragos nos vehículos estacionados; ademáis provocou dous feridos.
Según declaracións dun veciño da comarca e familiar dun dos afectados a "A mañá de Cope O Carballiño", unha das mulleres resultou ferida leve, mentres que outra tivo que ser trasladada ó complexo hospitalario de Ourense debido ó impacto dos cristais rotos na cara e fractura da clavícula. Según algunhas testemuñas, trátase dun coche de gran cilindrada que ía cheo de xente e que se atopaba realizando unha competición para ver quén apedreaba máis coches. Ademáis, o automóbil realizou un percorrido por toda a comarca partindo de Ourense e pasando por Untes, Punxín e Maside -N-541-, San Amaro, Portodeguas e Ourense.
Na xornada do luns, 20 de xullo, achegáronse ás dependencias da Garda Civil máis persoas para interpoñer dúas novas denuncias. Os afectados atopábanse circlando pola vía cando recibiron o impacto das pedras. Os turismos afectados corresponden as seguintes identidades: un BMW pertencente a Ramón G.M., veciño de Barbantes, de 46 anos que sufriu danos no teito solar e un Peugeot, propiedade de Fredi P.S de 26 anos, veciña de A Grova (Ribadavia) e que recibiu as pedradas no foco traseiro e aboladuras nas portas. A Garda Civil segue investigando e afirma que os danos foron ocasionados dende o mesmo turismo que circulou polas diferentes localidades da comarca de O Ribeiro e O Carballiño lanzando pedras ós coches aparcados e en circulación.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Modesto familiar dun dos afectados
A maioría dos automóbiles afectados, que interpuxeron as denuncias ó longo de todo o fin de semana, pertencían ós veciños da comarca de O Carballiño. Segundo un comunicado da Garda Civil, os afectados corresponden ós seguintes datos: Nissan Terrano pertencente a Ernesto G.P. de 47 anos, veciño de Punxín (Barbantes); este automóbil sufriu a rotura da ventanilla traseira da parte esquerda. Outro veciño de San Amaro que corresponde á identidade de José B.A., de 69 anos, recibiu no seu Citröen Xsara pedradas que lle romperon a luneta traseira. María Manuela, veciña de Ribadavia e propietaria dun Chevrolet Kalos tamén sufriu danos no seu vehículo.
Durante a tarde do fin de semana, varios Axentes do Subsector de Tráfico tamén rexistraron máis denuncias, pero nesta ocasión os afectados atopábanse circulando pola vía cando recibiron o impacto de pedras nos seus automóbiles. As pedradas tamén foron lanzadas dende coches en movemento e os afectados corresponden cos seguintes datos: Jorge O.B. de 26 anos, veciño de San Vitorio, propietario dun Volkswagen Golf recibiu pedradas e a rotura do seu parabrisas. Outra das afectadas foi unha veciña de Vilar de Rey (Cenlle); Marina V. F. de 45 anos recibiu as pedradas na parte posterior esquerda do seu Peugeot 205. Milagros G.C. de 43 anos, veciña de Vilela (Punxín) sufriu desperfectos no seu vehículo, un Renault Clio. Outro vehículo dunha veciña de Ourense de 58 anos tamén resultou afectada, posto que sufriu danos no proxector dianteiro esquerdo e aboladuras frontais. Polo momento non se coñece o valor dos danos materiais causados ó igual que a identidade das persoas que realizaron estas accións. Outros sucesos similares tiveron lugar días atrás en diversas localidades da provincia de Ourense.
Esther e Joaquín co persoal de cociña
(Redacción. Belén González) Neste programa realizado dende o Concello de San Amaro, o equipo de Cope O Carballiño trasladouse á residencia de maiores do San Amaro onde estivemos co seu xerente, Jesús Pérez, coa súa directora Esther e co xefe de cociña, Joaquín. A residencia ven de celebrar unha gran comida de confraternidade na honra do patrón do concello, San Mauro. Para esta ocación, Joaquín e o seu equipo de cociña elexiron un menú variado e un tanto diferente: unha paella ó máis puro estilo valenciano e uns postres moi ricos. Según Joaquín unha das claves para cociñar para os nosos maiores é facelo con moito cariño e dedicación. Unha empanada de atún e unha paella que tivo unha gran variedade de mariscos como mexillóns, nécoras, langostinos e bogavante. Ó remate desta comida houbo un rico postre composto por un pincho de froitas, iogures e moitos máis doces. Nesta comida non só estiveron os residentes senón que acudiron tódolos familiares que o desexaron para compartir con eles este día de festividade local na honra de San Mauro. A súa directora, Esther ofreceu unha viaxe polas instalacións que fai pouco máis dun ano que se inauguraron e na que traballan unhas 20 persoas, das que a maioría son do concello de San Amaro. Esta residencia conta con unha sala de perruquería, un ximnansio onde acuden os residentes coa fisioterapeuta para realizar exercicios, amplas salas para que os maiores pasen o seu tempo de lecer e xardíns para realizar paseos. Outro punto que destacou Esther é que os residentes poden saír ó longo da semana para ir visitar o pobo e mesmo a casa onde viviron ata fai pouco máis dun ano. Esta foi unha das claves que a residencia requería para poder ter "inquilinos". Un espazo rodeado de natureza e tranquilo para que os nosos maiores poidan desfrutar da súa vida.
Rubén García, con Belén González
(Redacción. Belén González) "A mañá de Cope O Carballiño" trasladouse ó Concello de San Amaro para emitir dende alí o seu programa. Por el pasaron numerosos invitados que mostraron a realidade do concello e das diversas actividades que teñen e que van ter lugar nos meses estivais e os proxectos que están pendentes. O tenente alcalde, Rubén García, manifestou o seu desexo de que o Museo de San Cibrao de Lás se inaugure o máis axiña posible porque é unha peza clave para a comarca. A apertura do centro de interpretación castrexa está prevista para decembro deste ano e nel poderánse ver exposicións permanentes e outro tipo de exposicións itinerantes. Ademáis, este museo vai ofrecer ó redor de 20 postos de traballo (cafetería, tenda de agasallos, limpeza, vixiantes...). Rubén García tamén destacou a posición estratéxica na que se acha a localidade e confía que a apertura deste museo favorecerá a desenrolo do concello e da comarca de O Carballiño, posto que o castro de San Cibrao é o máis grande de Galicia. Un patrimonio que foi estudado por ilustres como Xaquín Lorenzo, Cuevillas e Xesús Ferro Couselo.
Outra das convidadas foi Mónica Veloso, a vicepresidenta da Asociación cultural-deportiva Lansbricae, que manifestou a súa alegría ante a boa acollida que tivo a I edición da Feira do Rastro celebrada o pasado domingo día 12. A esta feira acudiron 26 postos con diferentes obxectos para vender: material informático, motos e coches antigos, roupa, comida, repostería, alfarería, cadros, forxa... Horas despois de iniciar o evento, os postos como o da repostería quedaron sen existencias e outros postos con materiais antigos acadaron un éxito rotundo. Lansbricae, coa celebración deste rastro, pretende recuperar a antiga feira que tiña lugar o día 26 de cada mes. Grazas a boa acollida que tivo, este rastro vaise celebrar os vindeiros meses de agosto e setembro; os postos que acudan non terán que pagar nada, xa que polo momento é una actividade piloto. E mostra deste éxito foi outra convidada ó programa, Cristina que tivo un posto de repostería na feira do rastro e corroborou o éxito que foi esta iniciativa dun grupo de amigos. "A verdade é que non me queixo porque a media mañá xa tiña todo vendido". A Asociación Lansbricae conta cunha historia moi recente, posto que fai un ano escaso que se fundou por iniciativa dun grupo de amigos; concretamente son catro as persoas que a integran, pero teñen a esperanza de ampliala a medida que pase o tempo. A súa subvención, polo momento, corre a cargo dos integrantes debido ó seu recente nacemento, ademáis teñen pensado outros proxectos para dinamizar a vida do concello.
Tamén estivo nos micrófonos Helena, monitora do Campamento Urbán, que contou as actividades que se estaban a desenrolar no concello con tódolos nenos cunha idade entre os 4 e 14 anos. Os monitores estánse encargando de que os máis novos non se aburran nestes meses de vacacións e para iso organizan actividades como obradoiros no colexio público, xogos cooperativos, manualidades e paseos en bici polos pobos do concello.
Este vindeiro domingo día 19, o pobo de Anllo celebra a II edición da Festa da Cabra. Ata alí achegáronse os microfonos do programa para adiantar algo do que vai acontencer dentro duns días no coñecido Campo da Festa de Anllo. Rosa Galiño é unha das organizadoras e das cociñeiras que se encargarán de preparar a exquisita carne de cabra guisada que declarou que non se prepara tan ben en ningún sitio como en Anllo. Son 100 os anos de historia que ten a receita de preparación da carne de cabra guisada e que foi pasada de xeración en xeración. Ademáis da carne de cabra tamén haberá carne ó caldeiro e pulpo á feira; para acudir a esta festa gastronómica é preciso sacar uns tickets que se poden adquirir no mesmo campo e ó remate da celebración terá lugar o sorteo dunha cabra.
Ó longo desta mañá, Cope O Carballiño trasladouse á Residencia de Maiores "San Amaro" onde estivemos co seu xerente, Jesús Pérez; Joaquín, xefe de cociña e Esther que é a directora do centro. A evolución que tivo esta residencia despois de celebrar un ano da súa apertura foi notable, porque comenzaron tendo a catro persoas e hoxe por hoxe contan con 36 maiores ó seu cargo. Co motivo do festivo local, festividade de San Mauro, a residencia celebrouno cunha paella á que acudiron tódolos residentes e os seus respectivos familiares para compartir con eles este día tan especial.
A súa directora explicou que a maioría da xente que alí residen son da capitalidade local e saen do centro cando queren para visitar as súas casas e para pasear polo pobo. Ademáis contan con salas de perruquería, ximnasio, amplas salas para que pasen o tempo de lecer e unha comida caseira que según palabras de Joaquín é "unha cociña caseira feita con moito cariño, que é o pilar fundamental". Nesta residencia traballan ó redor de 20 persoas, a maioría delas do Concello de San Amaro. Joaquín encárgase de ofrecer os mellores consellos culinarios para que a comida quede sempre perfecta.
Non podia fallar na "Mañá de Cope O Carballiño", a Banda de Gaitas de San Amaro integrada por mozos e mozas que se encargan de amenizar as rúas do pobo na véspera das súas festas. As súas próximas actuacións serán en Anllo o vindeiro 25 xullo, na honra a Santiago Apóstol e nas Neves de Grixoa, na honra da Virxe das Neves os días 5 e 6 de agosto.
O actúal portavoz do Partido Popular na Corporación Municipal do Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández, será o novo xerente de Xestur Ourense, a empresa pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se encarga da xestión do solo na provincia de Ourense. Con toda probabilidade, Marnotes será nomeado como novo xerente en sustitución de Emilio Xosé Rodríguez, no Consello de Administración que se celebrará o vindeiro lúns dia 20. Xestur Ourense está participada de forma maioritaria polo Instituto da Vivenda e Solo e a Consellería de Economia e Facenda da Xunta de Galicia, e tamén conta cunha representación minoritaria o Inorde. Xestur Ourense é a empresa pública que se ocupa do desenvolmento da actividade urbanizadora en todo o territorio provincial, elaboración de estudios urbanísticos e a súa posterior execución, urbanización e venda dos parques empresariais e planes de promoción da vivenda. Argimiro Marnotes, xa traballou como arquitécto técnico en Xestur Ourense, aínda que na actualidade atopábase en situación de excedencia. Persoas moi próximas o futuro xerente de Xestur Ourense aseguraron a Cope O Carballiño que a súa intención é seguir desenvolvendo a súa actividade política no Concello do Carballiño, xa que este cargo na xerencia de Xestur non é incompatible coa súa condición de Concelleiro.
(Redacción. Belén González) A Rede de Dinamización da Sociedade da Información ven de rematar a iniciativa "Memoria dos oficios" en colaboración co Concello de Boborás con obxectivo de recabar información sobre o mundo rural de Galicia e as súas actividades. Este programa pretende crear documentos audiovisuais para almacenar e divulgar a memoria da sociedade rural galega e dos seus oficios que, pouco a pouco, foron tapados polos traballos realizados nas grandes urbes. Para recoller toda a información, esta iniciativa remítese ás lembranzas dos nosos maiores ou outros colectivos interesados nesta temática. Isto tamén pretende achegarse as franxas de idade con máis risco de exclusión social e xerar contidos en galego. A actividade tivo unha duración de 20 horas e levouse a cabo na aula Wimax que se atopa na antiga Escola de Feás. "Memoria dos oficios: Lembranzas do campo" está formada por catro videomontaxes que versan sobre a esfolla, a gandería, a matanza e a vendima. Na primeira videomontaxe pódese ver cómo se realizaba tradicionalmente esta tarefa nas aldeas, ademáis de recoller recordos e vivencias en distintas esfollas. A gandería ofrece unha visión sobre cómo era a vida nas casas onde había gando e o traballo que xeraban os animais; o vídeo da matanza establece unha comparación entre a realización desta actividade fai algúns anos e a actualidade; a derradeira montaxe é da vendima na que establece unha conexión entre o pasado e o presente, tamén se fai fincapé na incorporación da maquinaria agrícola e do cambio que isto supuxo para o mundo rural. A Rede de Dinaminación, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica enmarcada no Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información.
(Redacción. Belén González) A asociación ecoloxista Matar por matar NON púxose en contacto co embaixador mexicano en Madrid para informalo da situación e do trato que están a recibir os cans acollidos na canceira municipal. Matar por matar NON pon ó tanto ó Embaixador de México sobre a situación tan deficiente na que se acha a canceira e invitao a que a visite co gallo da Festa do Pulpo o vindeiro 9 de agosto. Con esta iniciativa, a asociación busca que o embaixador interceda para mellorar as condicións de vida dos cans da Medela. Tamén denuncia o malgasto que a corporación municipal está a facer dos cartos públicos e di que "non dispoñemos dos fondos necesarios para ir persoalmente á capital acompañando ó nutrido grupo de políticos que alí se desprazou con fondos públicos". Con isto, a asociación pretende dar a coñecer a tódolos visitantes a realidade de O Carballiño; unha realidade que se agocha tras as festas e concursos de bebidas alcohólicas. Ademáis, Matar por matar NON vai remitir esta información a tódolos medios de comunicación mexicanos para que coñezan "a tráxica situación destes animais e as cuestións pendentes de aclarar como son a morte e maltrato de cansa na Medela, os atrasos sobre a creación dunha fundación, a negativa a iniciar a comisión de investigación, a apertura ó público das instalacións, a aclaración das mortes violentas de cans, a falta de medios para alimentalos adecuadamente, o uso que se deu ós fondos concedidos para mellorar a canceira, etc."
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- …
- seguinte ›
- última »