A denuncia fora presentada polo Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e na mesma facíase constar que o Goberno deste Concello non lle facilitaba a información e documentación que lle solicitaba para exercer as súas funcións coma membro da Corporación Municipal. Concretamente, o Concelleiro Socialista requirira a relación de licencias de todos os negocios de calquera tipo no Concello de Leiro, o que en consideración do Fiscal estas peticións indiscriminadas e genéricas supoñen unha dubidosa obrigación por parte do Concello para ser satisfeitas. En canto a documentación relativa a licencias de apertura de clínicas, o Concello constestou en oficio remitido ó Concelleiro Socialista. Non existe polo tanto negación de documentación, e da mesma maneira entedese que tendo en conta "criterios de prudencia e ponderación" non se xustifica que haca negación de información pola non obtención das fotocopias da documentación solicitada polo portavoz socialista, polo que "non se observa una voluntad de ocultación de datos sino un criterio de obteción de fotocopias que, aparentemente, en el presente caso puede parecer razonable, pero en culaquier caso no constituye la presunta comisión de un hecho delitivo". Con estos razoamentos, a Fiscalia decretou o arquivo das dilixencias de investigación que foran abertas.
Eran dúas as candidaturas que optaban a facerse coa xestión dos fondos do Leader Galicia 2007-2013 para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o chamado GDR-9. Finalmente, a Axencia de Desenvolvemento Rural elexíu á "Asociación Carballiño-Ribeiro" e, en consecuencia, denegou a solicitude que fora presentada pola asociación "Terras do Noroeste Ourensán", que integraban os Concellos gobernados con marioria absoluta polo Psoe e asocacións e entidades afíns ós socialistas, que se desmarcaran da outra asociación na xestación inicial de constitución ó non compartir o criterio maioritario e amosar a súa disconformidade no proceso de elección dos órganos directivos e a representatividade, que entendian os socialistas non era proporcional. Tras varios meses de incertidume, e sen que fose posible chegar a un acordo entre ambas candidaturas, agora a administracción seleccionou á Asociación que preside o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e da que forman parte 14 Concellos de ambas Comarcas, 9 entidades públicas e un total de 248 entidades de carácter privado. O seu ámbito de actuación será o dos 19 Concellos das dúas comarcas e o orzamento que manexará ascende a catro millóns e medio de euros.
Manuel Prado, o Presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, confia en que a nova Xunta de Galicia axilice o proxecto de construcción do parque intercomarcal de bombeiros profesionais para O Carballiño-O Ribeiro, un proxecto que acumula xa varios anos de retraso, primeiro pola tardanza do Concello do Carballiño en poñer a disposición do Consorcio os terreos nos que se ubicará o edificio, na zona industrial do Carballiño, e últimamente polas diferencias de criterio que mantiñan a Xunta do Bipartito e a Deputación en relación ás aportacións económicas que ambas administraccións deberían facer para o manteñento deste parque de bombeiros, do que xa dispoñen desde fai anos outras comarcas da provincia, como Valdeorras ou Verín, e máis recentemente A Limia, un proxecto que comezou a xestarse de forma simultánea a este do Carballiño. Manuel Prado manifestou no programa "a mañá de Cope" que o acordo entre os Alcaldes para poñer en funcionamento o parque de bombeiros era total, e que polo tanto este retraso era unha consecuencia máis da "mala xestión do goberno bipartito que xestionou a Xunta de Galicia nos últimos catro anos"
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Manuel Prado Presidente Mancomunidade Concellos do Carballiño
Polo mesmo motivo, a colocación dunha pancarta fronte a casa do Concello do Carballiño, a Policia Local do Carballiño
tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García, e do mesmo xeito que a Julio Fernández, o portavoz de "matar por matar non", a Subdelegación do Goberno tamén iniciou expediente sancionador contra o Concelleiro carballiñés, cunha proposta de multa de 60 euros. García manifestou quu "toda esta histoira é un esperpento, xa é ben ridículo que unha manifestación de dúas persoas e unha pancarta de catro metros alteren o orden público", polo que detecta "un claro transfondo político" na actuación da Subdelegación. Tamén recordou o Concelleiro do Bng que as preguntas formuladas á comisión informativa da canceira aínda están sen contestar por parte dos responsalbes muncipais, e polo tanto seguen sen aclararse todas as irregularidades que se deron no funcionamento destas intalacións municipais da Medela.
A Subdelegación do Goberno ven de comunicar ó portavoz da asociación ecoloxista "matar por matar non", Julio Fernández, o inicio dun expediente sancionador pola colocación dunha pancarta os pasados dias 20,21,22, e 23 do pasado mes de abil na escalinata da Praza Maior do Carballiño "impidiendo asi el tránsito habitual de los ciudadanos y olbligando a estos a cambiar su trayectoria, negadonse asimismo en un primer momento a identificarse cuando fué requerido para ello". Estos son os feitos que se lle imputan ó portavoz de MatarXMatar Non tras a denuncia formulada contra él pola Policia Local do Carballiño cando se manifestaba no pasado mes de abril en demanda da convocatoria da comisión de investigación da canceira municipal, tal como acordara o Pleno da Corporación Carballiñesa para aclarar os sucesos ocurridos nestas instalacións municipais, e despois de que o Seprona ratificase as denuncias de grupos ecoloxistas nas que se constataron diversas irregularidades no funcionamento da canceira e a desaparición de preto de cen cans, unhos feitos que aínda seguen sen aclararse. A comunicación da Subdelegación a Julio Fernández indícalle que pudo infrinxir o artículo 26 da lei de protección de seguridade cidadán, advertíndolle que ten 15 dias para presentar alegacións, e senón consideraríase resolta esta proposta, cunha multa de 60 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións a Cope Carballiño de Julio Fernández
A Directora Xeral da depencencia e autonomia persoal, Coro Piñeiro, confirmou hoxe nunha entrevista con Xan Pinal no programa "a mañá de Cope O Carballiño" que o Presidente da Xunta de Galicia asistirá este vindeiro sábado á Xuntanza de Maiores que terá lugar no parque municipal. Alberto Nuñez Feijóo realizará desta maneira a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido Presidente do goberno galego. En canto ás previsións de asistencia que se manexan a día de hoxe, serán entre vintecinco e trinta mil persoas as que este vindeiro sábo dia 27 de xuño se van trasladar atá O Carballiño, procedentes de toda a xeografía galega. De confirmarse estas expectativas, a participación sería inferior á rexistrada nos últimos anos. Tamén se referíu a Directora Xeral á austeridade que presidirá este ano o orzamento previsto en relación ás pasadas edicións que estiveran a cargo da Vicepresidencia de Anxo Quintana, aínda que en palabras de Coro Piñeiro este recorte presupostario non impedirá "manter a dignidade" que se merece este día para as persoas maiores. Finalmente, A Directora Xeral tamén asegurou que esta Xuntanza seguirá celebrandose con carácter anual na vila do Carballiño.
O distrito forestal Arenteiro-O Ribeiro, con base operativa na localidade de Seoane, onde se concentran os recursos humanos e materiais da Xunta de Galicia na loita contra os incendios forestais, tén un total de nove parroquias que foron catalogadas de moi alto risco, e que serán obxeto dun plan especial de vixiancia. Son as de Nieva, no Concello de Avión, Abelenda das Penas en Carballeda de Avia, A Corna e Loeda en Piñor, Melón e Quíns en Melón, Lobás no Carballiño, Amarante en Maside e, finalmente, a parroquia de Oseira no Concello de San Cristovo de Cea. Todas estas parroquias, consideradas como de risco extremo serán obxeto dun operativo especial de vixiancia e control. Ademáis, neste mesmo plan de prevención e defensa contra os incendios forestais, que ven de aprobar o Consello da Xunta de Galicia para este ano 2009, figuran como Concellos que tamén se catalogaron como de risco elevado os de Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, San Cristovo de Cea, Melón, Carballeda de Avia, Cortegada e Melón, todos eles pertecentes a este mesmo distrito forestal que agrupa a totalidade dos Concellos das Comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Gudelj e Fran Noguerol, con Lolo Carril
A Fundación Real Club Celta de Vigo, en colaboración co Concello do Carballiño, organiza un campus deportivo de verán no que técnicos profesionais e figuras do celtismo ensinarán ós rapaces entre os catro e os quince ano os valores deportivos e a práctica do fútbol. Terá lugar entre os dias 13 e 18 de xullo e terá como escenario o novo campo de fútbol de herba artificial da Uceira. A matricula terá un coste de 200 euros e poderá formalizarse na área de deportes do Concello Carballiñés. No acto de presentación, a directora da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, dixo que con esta actividade no Carballiño cumpliase co compromiso de trasladar este tipo de inicativas por toda a xeografia galega, e neste caso a unha comarca con gran sentimento celtista como é a do Carballiño. Neste mesmo acto, animaron ós rapaces a participar neste campus de verán o ex-xogador Gudelj e Fran Noguerol, xogador en activo da actúal plantilla do Celta, natural da vila de Cea, e os que agradeceu a súa presencia o concelleiro de deportes Manolo Dacal.
O Presidente da Entidade Local de Berán, José Luis Rodríguez, calificou como de "dia histórico o de hoxe para Berán", tras a aprobación das bases que deberán regular a convocatoria do concurso público para adxudicar a concesión do novo balneario de Berán. Nunha intervención a través do programa "A Mañá de Cope O Carballiño" posterior á celebración da Xunta da Entidade na que se aprobou o documento por unanimidade, O Presidente non desimulou o seu sentimento de satisfacción, xa que atrás queda un longo proceso de ano e medio no que as diferencias có vocal socialista Tomás Lorenzo foi retrasando sucesivamente a súa aprobación. Agora, as bases serán remitidas á Xunta de Galicia e o Concello de Leiro para a súa ratificación, antes de proceder a súa publicación no DOGA. As empresas que opten ó concurso terán 40 dias para presentar ás suas ofertas, deberán abonar cen mil euros á sinatura do contrato, e un canon anual mínimo de 18 mil euros. Os veciños de Berán disfrutarán das novas instalacións balnearias cun rexime especial de prezos e tarifas reducidas.
A solicitude de recoñecemento dos perímetros de protección presentada ante a Xunta por parte dos Balnearios do Carballiño e As Caldas de Partovia está xerando certa inquietude entre a veciñanza, sobre todo na parroquia de Partovia, o que levou a asociación de veciños desta localidade a convocar unha reunión informativa que terá lugar este mércores dia 17 de xuño ás 8,30 da tarde na sede da asociación veciñal, no lugar das Cabadas. A esta reunión foron invitados os Alcaldes dos Concellos de Maside, San Amaro, Boborás e O Carballiño, ós que abarca os rerspectivos perímetros de protección, ós que ambos - As Caldas e O Carballiño- teñen dereito como balnearios históricos. O perímetro de protección recolle tres franxas distintas, sendo a primeira e máis próxima a estos centros balnearios a máis restrictiva en canto a certas actividades industriais e agrícolas, que aparecen recollidas no Real Decreto 116 do ano 2001. O departamento Territorial da Consellería de Economia e Industria somete a información pública esta solicitude, desde o pasado dia 10 de xuño e por un periodo de 20 dias hábiles, ós efectos de presentación de alegacións por parte dos propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos neste perímetro de protección.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- …
- seguinte ›
- última »