Todas as previsións quedaron desbordadas na noite do pasado venres 22 de maio, madrugada xa do sábado, na que foi unha das multitudinarias verbenas que se recordan en toda a historia da nosa comarca. Confluiron varios factores, comezando pola data, un venres noite, vispera de xornada non laboral para a maioria, unhas moi agradables temperaturas sen que as temidas treboadas coas que amenazaban algunhas previsións meteorolóxicas, e por suposto, o gran tirón popular das dúas orquestras, fixeron que Dacón rexistrase unha asistencia record. Un dos integrantes da comisión de festas, Aurelio contaba hoxe no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que nunca antes se recordaba algo asi "porque calculase que foron unhas nove mil persoas as que o venres se achegaron a Dacón", asi que seguramente foi ésta das festas de Santa Rita 2009 a verbena máis concurrrida de toda a historia festiva da nosa Comarca. Outro medidor atopámolo nos problemas de tráfico e as retencións, que tampouco nunca se recordan, para acceder en automóbil a Dacón, e o estacionamento de vehículos chegou a ocupar unha boa parte do polígono industrial do Carballiño, na zona de Corzos.
A saída será as 10 da mañá do domingo 31 de maio desde a praza maior de Ribadavia, aínda que desde a organización prégase ós participantes que recollan a diversa documentación que se lle entregará desde media hora antes, e a chegada a Berán está prevista arredor da unha da tarde, tempo que se calcula tardará en facerse o percorrido dunhos 10 kilómentros que a través deste "camiño xacobeo do ribeiro" une ambas localidades. A unha e media celebraráse o xantar na carballeira de San Roque de Berán. A cuota de participación é de 6 eruros e inclúe o xantar, e as inscricións poden facerse atá o 29 de maio a través de internet en castelaauriense@hotmail.com.
Trátase da segunda andaina que organiza esta asociación cultural a través do "camiño xacobeo do ribeiro". Precisamente foi Castela Auriense o colectivo que impulsou a creación da "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro" que integran diversas asociaciós e entidades, incluidos a maioria dos Concellos polos que decorría este camiño procedente do norte de Portugal e que, atravesando as terras do ribeiro, continuaría cara Cospostela a través do actúal concello de Boborás e Terra de Montes. O seu Obxetivo é conseguir o recoñecemento institucional deste "camiño xacobeo do ribeiro". No pasado mes de novembro tivera lugar a primeira edición desta andaina, daquéla fixerase o tramo deste camiño entrre as localidades de Berán e Moldes, cruzando Pazos de Arenteiro, cunha participación arredor dun cento de persoas, unha cifra que agora pretende supersarse nesta segunda edición da andaina.
A quiniela premiada con 14 resultados correspondente á xornada futbolística de onte domingo foi selada na adinistracción de loterias Prada, na rúa Curros Enríquez do Carballiño, e o seu posuidor é "un home, veciño do Carballiño, e xogador habitual da quiniela" según manifestou o propietario do establecemento, Juan Antonio Prada, que non desvelou a identidade do afortunado "porque quere permanecer no anonimato". Polo pleno de 14 acertos corresponderonlle 90.462 euros, e o tratarse dun boleto reducido de 4 triples, obtivo ademáis unha de 13, e varias de 12,11 e 10 resultados acertados, polo que suma en total un premio de 104 mil euros.
A capela ardente quedou instalada no auditorio de Vilatuxe, esta localidade dezana da que eran veciños Alberto Silva e Eulogio López, de 24 e 25 anos de idade respectivamente, as dúas victimas mortais do accidente de tráfico ocurrddo na mañá deste domingo na estrada O Carballiño-Lalín, á altura da localidade de A Xesta, e cando regresaban ós seus domicilios despois dunha noite de marcha no Carballiño. O vehículo no que regresaban a Vilatuxe, un seat león, saíuse da calzada pola marxe esquerda tras unha curva moi pechada e chocou contra unha árbore, o que provocou que o turismo rebotase e acabase nun terraplén. As dúas vícitmas mortais faleceron no acto mesmo do accidente, no que resultou con feridas leves unha terceira persoa, unnha moza que pudo saír do automóbil polo seu propio pé e dar aviso ós veciños da zona. Tra-lo aparatoso accidente, foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcelar ós dous cadáveres.
Os paneis informativos instalados pola confederación hidrográfica no paseo fluvial do rio arenteiro, como pode apreciarse na fotografía ( PODE AMPLIALA FACENDO CLIC) conteñen un erro de bulto ó referirse á ponte medieval de Veiga, ó aparecer nos paneis como "Puente Romano", nada menos. Os paneis informativos nos que aparece este erro histórico forman parte da sinalización instalada ás beiras do paseo fluvial do río Arenteiro, que se inicia precisamente nesta antiga ponte, nas inmediacións do cuartel da Garda civil e as piscinas municipais, e continúa atá a piscifactoria. En total, foron instalados oito paneis que conteñen información sobre a historia dos lugares máis senlleiros de todo o percorrrido a carón do rio en ambas marxes, e un total de 24 sinais informativas e direccionais.
Na presentación da sinalización, que foi financiada por medio dunha achega económica da consellería de medio ambiente, o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, adiantou que en poucos dias iniciaráse a segunda e definitiva fase de construcción deste paseo fluvial do río Arenteiro, no tramo que resta por executar, na marxe dereita entre a ponte de Toscaña e o hotel Xardín, dunhos 300 metros de lonxitude. Inicialmente, no proxecto que se levou a cabo por parte da confederación hidrográfica calificouse este espacio como reserva de fauna, pero tras as alegacións presentadas tanto por veciños como polo propio Concello, decidiuse finalmente acometer esta actuación, e na que se contempla a instalación dunha pasarela de madeira sobre pivotes nunha gran parte deste percorrido, para evitar a zona de alagamento do río.
O Concelleiro do Bng Bernardo García deberá acudir nos vindeiros dias ó xulgado do Carballiño, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo tamén concelleiro da Corporación Carballiñesa Edelmiro Mateo, do Psoe, e titular do departamento muncipal de obras do Concello do Carballiño. O acto de conciliación é o trámite que prevé a lei de enxuizamento criminal no proceso para presentar un querella por inxurias e calumnias. Neste caso, o motivo que levou o concelleiro socialista a presentar esta denuncia no xulgado foron unhas manifestaciós do concelleiro do bloque no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", o pasado 28 de abril, nas que criticou a xestión de Mateo como responsable de obras do Concello carballiñés.Ese dia, Bernardo García acompañara os veciños da rúa río Avia, solicitando que se restablecese a legalidade urbanística nesta rúa, na que a construcción ilegal dun muro impedía o paso. Despois, na súa interveción radiofónica, Bernardo García comentou que era " un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa" e referirase a outras polémicas urbanísticas no Carballiño, das que fixo responsable ó concelleiro de obras, facendo un paralelismo entre Marbella e O Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Son precisamente estas dúas referencias as que menciona o concelleiro socialista no escrito do acto de conciliación, pedindo que Bernardo García rectifique as súas palabras, e solicitando unha indemnización simbólica de 1 euro.
A principios deste mes de maio, e por este mesmo motivo que agora chega o xulgado, ambos concelleiros protagonizaron un sonoro incidente verbal nas dependencias municipais, que pudo oírse en boa parte da casa do concello, cando o concelleiro socialista lle recriminou ó do bng a súa intervención radiofónica, na que Bernardo García afrimara que "este señor está acostumado a facer un pandeiro do Concello".
Desde o Bng, a decisión de Edelmiro Mateo de levar este asunto ó xulgado causou perplexidade, xa que senta un precedente de xudicialización da vida política no Concello do Carballiño. E é que, efectivamente, é a primeira vez que unha liorta política destas características se vai debatir en sede xudicial.
Primeiro no mesmo lugar da obra, na rúa do paseo do Carballiño, e máis tarde na casa do Concello, un grupo de veciños residentes nesta zona volveron solicitar o traslado dunha instalación soterrada da rede de gas ciudad, ó enteder que o lugar elixido non é o maís apropiado para unha infraestructura destas carecterísticas, da que ademáis -insisten- non teñen a información suficiente para considerar que a mesma non entraña perigo para a poboación. Mentres, por parte dos responsables muncipais considerase que non hai ningún tipo de risco para a seguridade, e que a instalación que se está levando a cabo "cumple todas as medidas legais esixidas". O Alcalde Carlos Montes explicou ós veciños que esta mañá acudiron novamente á casa do Concello que "o proxecto foi aprobado na comisión informativa de obras na que está representados os tres grupos políticos da Corporación Municipal e non podo parar a obra porque incurriría nunha prevaricación", ainda que se comprometeu ante ós veciños para realizar xestiós coa empresa responsable desta instalación para ver se hai posiblidades de buscar outra ubicación.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Veciños da rúa do Paseo falando co alcalde Carlos Montes
Aurelio, Rodi e Narciso forman a comisión de festas
Coa programación máis ambiciosa dos últimos anos, na que descatan as orquestras "Panorama" e "Paris de Noia", consideradas como as dúas mellores orquestras de Galicia, Dacón vive xa ambiente festivo.
A presencia destas dúas grandes orquestras para a noite do venres 22, e a asistencia multitudinaria que se prevé levou a comisión de festas a organizar un servizo de transporte en autocar, que comunicará O Carballiño -rúa Evaristo Vaamonde- con Dacón, con intervalos de unha hora a partir das 10 da noite en adiante. Para as outras dúas verbenas destas festas de Santa Rita, do 21 ó 23 de maio, cóntase coas orquestras Marbella, Olympus, Nueva Generación e Casablanca, tamén de alto nivel artístico. Completan a programación musical a banda de gaitas do Concello de Verea, que actúa o dia 23, a banda-escola do Carballiño que ofrecera concertos e acompañará á procesión de Santa Rita o dia 22, e un concerto da coral polifónica do Casino do Carballiño. Ademaís, para os nenos están programadas diversas actividades durante os tres días, e para os maiores xogos populares. As sesións de fogo artístico estarán a cargo da pirotecnia Abad, e o momento maís emotivo será o acto no que se recordará a Alfonso Róo Gil, ex-presidente da Asociación de Veciños e tantas veces organizador destas festas, falecido o ano pasado tras sufrir un accidente laboral. A praza do centro do pobo levará a partir de agora o seu nome.
Durante os últimos dias, e desde que comezou a novena na igrexa parroquial, calcúlase que unhas mil persoas acheganse diariamente a Dacón, desbordando a capacidade do Tempo Parroquial nas tres misas que se celebran a diario con motivo desta novena á Santa Rita, que acadou unha gran popularidade nos últimos anos. A diario centos de persoas, sobrre todo mulleres, fan o camiño entre O Carballiño e Dacón a pé, o que xa se convertíu nunha tradición. A Comisión de festas, integrada por tres daconenses, Aurelio, Rodi e Narciso, xa teñen as contas cadradas e antes de iniciarse a programación festiva o orzamento xa está cuberto.
A partir do vindeiro lúns o barrio de Flores convertese en zona peonil, asi o anunciou o concelleiro de tráfico do Carballiño José Antonio Barge, nun acto informativo no que compareceu acompañado polo Alcalde Carlos Montes. Desta maneira, todos os accesos a este barrrio de Flores quedarán desde a vindeira semana pechados por medio da instalación de pivotes automáticos, entregandoselle unha tarxeta ós residentes para que poidan acceder cos vehículos ós garaxes existentes no barrio. A decisión municipal conlevará consigo a supresión de numerosas prazas de aparcamento, agravandose aínda máis esta problemática nunha tan próxima ó centro do Carballiño, sen que por parte dos responsables municipais se teña prevista alternativa algunha para compensar esta nova supresión de prazas de aparcamento públicas. Ademáis, Barge tamén adiantou futuros e novos cámbeos para a reorganización do tráfico nas rúas carballiñesas, que afectarían a rúa dos canteiros e un tramo da rúa cerca, que invertirán o sentido da circulación, ainda que os cámbeos non se farán efectivos atá que se leve a cabo a construcción da praza da Veracruz, que ademáis prevé a apertura dun novo vial que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde. Tamén se invertirá o sentido da circulación na rúa Marcelino Parrondo, no tramo entre Martínez Avellanosa e Curros Enríquez.
Aproveitando esta mesma comparecencia informativa, O Alcalde Carlos Montes volveu referirse - a preguntas dos xornalistas- sobre a fallida presentación da cuestión de confianza ante o pleno da Corporación Municipal, limitandose a decir que "é unha posibilidade que sigue ahí, pero agora o importante é traballar e pensar no dia a dia, seguir con toda tranquilidade, e a partir de ahí seguimos abertos ó diálogo"
Tras varios dias de protesta e mobilizacións, chegando incluso a cortar o tráfico e impedir o paso de camións á zona de obras, os veciños de Lama de Campo e representantes do Adif chegaron hoxe a un principio de acordo para a contrucción dun paso elevado nesta localidade, que quedou dividida en dúas partes pola construcción da nova via. Inicialmente os veciños viñan demandando a construcicón dun paso inferior, para evitar que o pobo quedase illado en dúas bandas, e incluso a petición se traladara ó Senado, a traves dunha iniciativa do senador do Bng Pérez Bouza, que lograra o compromiso do Ministerio de Fomento para que se construíra un paso inferior. Sen embaro, cuestíóns tecnicas levaron novamente o Adif a desbotar esa posiblidade. Finalmente, e tras varios dias de presión en forma de protestas e mobilizacións, veciños e responsables do adif chegaron hoxe a este principio de acordo no que se contempla a construcción dun paso elevado, aínda que mellorando o proxecto inicialmente previsto. A este acordo chegouse no transcruso dunha reunión na que tamén participou o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Luis portavoz dos veciños
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- …
- seguinte ›
- última »