26, Maio 2009

A Concelleira de medio ambiente, Mª José Pérez

Cun orzamento de  dez mil euros, a concellería de medio ambiente do concello carballiñés pon en marcha a partir da vindeira semana un novo servizo municipal de préstamo de bicicletas, coa idea de fomentar o seu uso como "medio de transporte non contaminate", como salientou a concelleira María José Pérez. En total serán 20 bicicletas, das que 12 serán para o seu uso por adultos e 8 estarán a disposición dos cativos, e de forma gratuíta. De maneira simultánea a creación deste servizo de préstamo, o Concello do Carballiño procederá a instalación de aparcabicis, que se ubicarán na piscifactoría, no parque muncipal, o campimg, a alameda, a casa da cultura e o Concello, no polideportivo Paco Chao e as piscinas, no auditorio e finalmente, nos dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño.Outro dos obxetivos que pretende este programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar ás condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pretendese que descenda o hábito de desplazarse en automóbil no ámbito urbano, e desta maneira tamén mellorará a fluidez do tráfico nas rúas carballiñesas. Alomenos ésta é a idea na que fai unhos dias atrás incidía o concelleiro de tráfico, José Antonio Barge.

26, Maio 2009

A maioria dos cativos, atá os tres anos de idade, pertencen a familias residentes no concello do Carballiño, aínda que tamén se rexistraron solicitudes doutros concellos da comarca, como de San Amaro, Boborás ou San Cristovo de Cea. Inicialmente poderán atenderse todas as solicitudes presentadas, de maneira que a partir do 26 de xuño e atá o 10 de xullo terá lugar o prazo de matrícula, e as listas provisionais publicaránse o dia 28. Ainda que a apertura oficial está prevista para o mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, o Concello do Carballiño solicitará que se adiante o inicio deste servizo de gardería ó vindeiro mes de agosto, alomenos esta é a idea da concelleira de servizos sociais Asunción Rivero. Tamén se deu a coñecer a cuota que deberán pagar as familias dos cativos, que será de 33 euros ó mes.   Un convenio asinado entre o Concello do Carballiño e o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar permitíu a adhesión deste servizo á rede de galescolas. Tamén foi o Consorcio quen asumíu as obras de adaptación das instalaciós desta galescola, nas dependencias do colexio público Calvo Sotelo do Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións en rolda de prensa de Asunción Rivero

25, Maio 2009

Todas as previsións quedaron desbordadas na noite do pasado venres 22 de maio, madrugada xa do sábado, na que foi unha das multitudinarias verbenas que se recordan en toda a historia da nosa comarca. Confluiron varios factores, comezando pola data, un venres noite, vispera de xornada non laboral para a maioria, unhas moi agradables temperaturas sen que as temidas treboadas coas que amenazaban algunhas previsións meteorolóxicas, e por suposto, o gran tirón popular das dúas orquestras, fixeron que Dacón rexistrase unha asistencia record. Un dos integrantes da comisión de festas, Aurelio contaba hoxe no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que nunca antes se recordaba algo asi "porque calculase que foron unhas nove mil persoas as que o venres se achegaron a Dacón", asi que seguramente foi ésta das festas de Santa Rita 2009 a verbena máis concurrrida de toda a historia festiva da nosa Comarca. Outro medidor atopámolo nos problemas de tráfico e as retencións, que tampouco nunca se recordan, para acceder en automóbil a Dacón, e o estacionamento de vehículos chegou a ocupar unha boa parte do polígono industrial do Carballiño, na zona de Corzos.

25, Maio 2009

A saída será as 10 da mañá do domingo 31 de maio desde a praza maior de Ribadavia, aínda que desde a organización prégase ós participantes que recollan a diversa documentación que se lle entregará desde media hora antes, e a chegada a Berán está prevista arredor da unha da tarde, tempo que se calcula tardará en facerse o percorrido dunhos 10 kilómentros que a través deste "camiño xacobeo do ribeiro" une ambas localidades. A unha e media celebraráse o xantar na carballeira de San Roque de Berán. A cuota de participación é de 6 eruros e inclúe o xantar, e as inscricións poden facerse atá o 29 de maio a través de internet en castelaauriense@hotmail.com.

Trátase da segunda andaina que organiza esta asociación cultural a través do "camiño xacobeo do ribeiro". Precisamente foi Castela Auriense o colectivo que impulsou a creación da "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro" que integran diversas asociaciós e entidades, incluidos a maioria dos Concellos polos que decorría este camiño procedente do norte de Portugal e que, atravesando as terras do ribeiro, continuaría cara Cospostela a través do actúal concello de Boborás e Terra de Montes. O seu Obxetivo é conseguir o recoñecemento institucional deste "camiño xacobeo do ribeiro".  No pasado mes de novembro tivera lugar a primeira edición desta andaina, daquéla fixerase o tramo deste camiño entrre as localidades de Berán e Moldes, cruzando Pazos de Arenteiro, cunha participación arredor dun cento de persoas, unha cifra que agora pretende supersarse nesta segunda edición da andaina.

25, Maio 2009

A quiniela premiada con 14 resultados correspondente á xornada futbolística de onte domingo foi selada na adinistracción de loterias Prada, na rúa Curros Enríquez do Carballiño, e o seu posuidor é "un home, veciño do Carballiño, e xogador habitual da quiniela" según manifestou o propietario do establecemento, Juan Antonio Prada, que non desvelou a identidade do afortunado "porque quere permanecer no anonimato". Polo pleno de 14 acertos corresponderonlle 90.462 euros, e o tratarse dun boleto reducido de 4 triples, obtivo ademáis unha de 13, e varias de 12,11 e 10 resultados acertados, polo que suma en total un premio de 104 mil euros.

25, Maio 2009

A capela ardente quedou instalada no auditorio de Vilatuxe, esta localidade dezana da que eran veciños Alberto Silva e Eulogio López, de 24 e 25 anos de idade respectivamente, as dúas victimas mortais do accidente de tráfico ocurrddo na mañá deste domingo na estrada O Carballiño-Lalín, á altura da localidade de A Xesta, e cando regresaban ós seus domicilios despois dunha noite de marcha no Carballiño. O vehículo no que regresaban a Vilatuxe, un seat león, saíuse da calzada pola marxe esquerda tras unha curva moi pechada e chocou contra unha árbore, o que provocou que o turismo rebotase e acabase nun terraplén. As dúas vícitmas mortais faleceron no acto mesmo do accidente, no que resultou con feridas leves unha terceira persoa, unnha moza que pudo saír do automóbil polo seu propio pé e dar aviso ós veciños da zona. Tra-lo aparatoso accidente, foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcelar ós dous cadáveres.

22, Maio 2009

Os paneis informativos instalados pola confederación hidrográfica no paseo fluvial do rio arenteiro, como pode apreciarse na fotografía ( PODE AMPLIALA FACENDO CLIC) conteñen un erro de bulto ó referirse á ponte medieval de Veiga, ó aparecer nos paneis como "Puente Romano", nada menos. Os paneis informativos nos que aparece este erro histórico forman parte da sinalización instalada ás beiras do paseo fluvial do río Arenteiro, que se inicia precisamente nesta antiga ponte, nas inmediacións do cuartel da Garda civil e as piscinas municipais, e continúa atá a piscifactoria. En total, foron instalados oito paneis que conteñen información sobre a historia dos lugares máis senlleiros de todo o percorrrido a carón do rio en ambas marxes, e  un total de 24 sinais informativas e direccionais.

Na presentación da sinalización, que foi financiada por medio dunha achega económica da consellería de medio ambiente, o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, adiantou que en poucos dias  iniciaráse a segunda e definitiva fase de construcción deste paseo fluvial do río Arenteiro, no tramo que resta por executar, na marxe dereita entre a ponte de Toscaña e o hotel Xardín, dunhos 300 metros de lonxitude. Inicialmente, no proxecto que se levou a cabo por parte da confederación hidrográfica calificouse este espacio como reserva de fauna, pero tras as alegacións presentadas tanto por veciños como polo propio Concello, decidiuse finalmente acometer esta actuación, e na que se contempla a instalación dunha pasarela de madeira sobre pivotes nunha gran parte deste percorrido, para evitar a zona de alagamento do río.

 

21, Maio 2009

O Concelleiro do Bng  Bernardo García deberá acudir nos vindeiros dias ó xulgado do Carballiño, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo tamén concelleiro da Corporación Carballiñesa Edelmiro Mateo, do Psoe,  e titular do departamento muncipal de obras do Concello do Carballiño. O acto de conciliación é o trámite que prevé a lei de enxuizamento criminal no proceso para presentar un querella por inxurias e calumnias. Neste caso, o motivo que levou o concelleiro socialista a presentar esta denuncia no xulgado foron unhas manifestaciós do concelleiro do bloque no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", o pasado 28 de abril, nas que criticou a xestión de Mateo como responsable de obras do Concello carballiñés.Ese dia, Bernardo García acompañara os veciños da rúa río Avia, solicitando que se restablecese a legalidade urbanística nesta rúa, na que a construcción ilegal dun muro impedía o paso. Despois, na súa interveción radiofónica, Bernardo García comentou que era " un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa" e referirase a outras polémicas urbanísticas no Carballiño, das que fixo responsable ó concelleiro de obras,  facendo un paralelismo entre Marbella e O Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Son precisamente estas dúas referencias as que menciona o concelleiro socialista no escrito do acto de conciliación, pedindo que Bernardo García rectifique as súas palabras, e solicitando unha indemnización simbólica de 1 euro.

A principios deste mes de maio, e por este mesmo motivo que agora chega o xulgado, ambos concelleiros protagonizaron un sonoro incidente verbal nas dependencias municipais, que pudo oírse en boa parte da casa do concello, cando o concelleiro socialista lle recriminou ó do bng a súa intervención radiofónica, na que Bernardo García afrimara que  "este señor está acostumado a facer un pandeiro do Concello".

Desde o Bng, a decisión de Edelmiro Mateo de levar este asunto ó xulgado causou perplexidade, xa que senta un precedente de xudicialización da vida política no Concello do Carballiño. E é que, efectivamente, é a primeira vez que unha liorta política destas características se vai debatir  en sede xudicial.

21, Maio 2009

Primeiro no mesmo lugar da obra, na rúa do paseo do Carballiño, e máis tarde na casa do Concello, un grupo de veciños residentes nesta zona volveron solicitar o traslado dunha instalación soterrada da rede de gas ciudad, ó enteder que o lugar elixido non é o maís apropiado para unha infraestructura destas carecterísticas, da que ademáis -insisten- non teñen a información suficiente para considerar que a mesma non entraña perigo para a poboación. Mentres, por parte dos responsables muncipais considerase que non hai ningún tipo de risco para a seguridade, e que a instalación que se está levando a cabo "cumple todas as medidas legais esixidas". O Alcalde Carlos Montes explicou ós veciños que esta mañá acudiron novamente á casa do Concello que "o proxecto foi aprobado na comisión informativa de obras na que está representados os tres grupos políticos da Corporación Municipal e non podo parar a obra porque incurriría nunha prevaricación", ainda que se comprometeu ante ós veciños para realizar xestiós coa empresa responsable desta instalación para ver se hai posiblidades de buscar outra ubicación.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Veciños da rúa do Paseo falando co alcalde Carlos Montes

20, Maio 2009

Aurelio, Rodi e Narciso forman a comisión de festas

 

Coa programación máis ambiciosa dos últimos anos, na que descatan as orquestras "Panorama" e "Paris de Noia", consideradas como as dúas mellores orquestras de Galicia, Dacón vive xa ambiente festivo.

 A presencia destas dúas grandes orquestras para a noite do venres 22, e a asistencia multitudinaria que se prevé levou a comisión de festas a organizar un servizo de transporte en autocar, que comunicará O Carballiño -rúa Evaristo Vaamonde- con Dacón, con intervalos de unha hora a partir das 10 da noite en adiante. Para as outras dúas verbenas destas festas de Santa Rita, do 21 ó 23 de maio, cóntase coas orquestras Marbella, Olympus, Nueva Generación e Casablanca, tamén de alto nivel artístico. Completan a programación musical a banda de gaitas do Concello de Verea, que actúa o dia 23,  a banda-escola do Carballiño que ofrecera concertos e acompañará á procesión de Santa Rita o dia 22, e un concerto da coral polifónica do Casino do Carballiño. Ademaís, para os nenos  están programadas diversas actividades durante os tres días, e para os maiores xogos populares. As sesións de fogo artístico estarán a cargo da pirotecnia Abad, e o momento maís emotivo será o acto no que se recordará a Alfonso Róo Gil, ex-presidente da Asociación de Veciños e tantas veces organizador destas festas, falecido o ano pasado tras sufrir un accidente laboral. A praza do centro do pobo levará a partir de agora o seu nome. 

Durante os últimos dias, e desde que comezou a novena na igrexa parroquial, calcúlase que unhas mil persoas acheganse diariamente a Dacón, desbordando a capacidade do Tempo Parroquial nas tres misas que se celebran a diario con motivo desta novena á Santa Rita, que acadou unha gran popularidade nos últimos anos. A diario centos de persoas, sobrre todo mulleres, fan o camiño entre O Carballiño e Dacón a pé, o que xa se convertíu nunha tradición. A Comisión de festas, integrada por tres daconenses, Aurelio, Rodi e Narciso, xa teñen as contas cadradas e antes de iniciarse a programación festiva o orzamento xa está cuberto.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS