6, Xuño 2009

Suma e segue. Á inminente supresión de prazas de aparcamento unha vez se leve a cabo a peonalización do barrio de Flores, agora séguelle a rua Cerca, onde as obras de reforma que se están a levar a cabo siñificarán a eliminación de aproximadamente unhas 30 prazas de aparcamento nesta céntrica rúa carballiñesa. A obra enmarcase dentro do proxecto de mellora da seguridade vial que o Concello Carballiñés incluíu nos proxectos finaciados con cargo o Fondo Estatal de investimento local, e conta neste caso cun orzamento de 221.000 euros, nun proxecto no que tamén se levará a cabo esta mesma actuación nas rúas Calvo Sotelo e Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Polo que respecta á rua Cerca, a obra consiste na reposición das infraestucturas soterradas e a construcción de beirarúas, o que conleva a desaparición de máis prazas de aparcamento públicas nas rúas carballiñesas. Ademáis, e según anunciou recentemente o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, esta rúa experimentará algunhos cámbeos no sentido da circulación, que terá saída tanto á rúa Curros Enríquez coma á rúa dos Canteiros.

5, Xuño 2009

A denuncia foi presentada ante a garda civil do Carballiño, onde compareceu L.F.R., de 74 anos de idade, facendo constar que persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior do seu domicilio no Carballiño, tras forzar a porta da vivenda, levandose cinco mil euros que gardaba en efectivo e unha medalla de ouro. Na nota informativa da Garda Civil non se ofrecen máis detalles. O certo é que se trata dun novo caso dentro dunha série de roubos que durante os útlimos meses se veñen producindo en pisos e vivendas do casco urbano do Carballiño, ós que os ladrós acceden aproveitando a ausencia dos seus propietarios a diferentes horas do dia, xa que se trata de vivendas habitadas.

4, Xuño 2009

O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernandez, anunciou hoxe que o Concello de Leiro presentou un recurso de casación, unha vez confirmado o auto do Tribunal de Xustiza de Galicia que desentimou o anterior recurso de súplica, en relación o proceso de expropiación dos terreos nos que se construiu o acceso de entrada o novo balneario de Berán, un proceso que fora recurrido polos propietarios, e os que a xustiza deu a razón, ó declarar que a expropiación non se axustaba a dereito. Despois, o Concello de Leiro solicitara a inexecucón da sentencia, e finalmente con data do pasado 23 de abril a sala do contencioso-administrativo do alto tribunal galego desestimara o recurso de súplica. Agora, o Concello de Leiro prolonga o proceso xudicial coa única posiblidade que lle resta: o recurso de casación.  Ademaís, o Alcalde de Leiro avanzou que xa se están estudiando outras soluicións a este conflicto, e que pasarían por acometer unha pequena variante do trazado deste vial. Tamén insistiu o rexidor municipal de Leiro en que este problema entre un particular e o Concello de ningunha maneira debería interferír na apertura do novo balneario, polo que agarda que en breve se aproben as bases de concesión das novas instalacións balnearias tan pronto sexan informadas polos servizos xurídicos da Deputación, e chegado ese momento espera que " o vocal socialista na Entidade Local deixe de boicotear este proceso"

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións do Alcalde de Leiro

3, Xuño 2009

Nin a crise económica nin a "gripe a" parece que vaian ter influencias negativas no fluxo de emigrantes residentes nos países americanos, maiormente Mexico, que se van desplazar este ano para disfrutar das vacacións de verán nos seus concellos de orixe. Todo o contrario, os primeiros datos e as previsións coñecidas apuntan a que o número de emigrantes que viaxen vaise incrementar neste 2009 en relación ós últmos anos, unha circustancia que se notará especialemnte en concellos coma os de Boborás, Beariz ou Avión, de feito a este último concello xa chegaron numerosas persoas no transcurso das útlima semana nun número superior o de outros anos. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, confirmou nunha entrevista con Xan Pinal no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" estas optimistas previsións e explicou que se debe en gran parte "o abaratamento das viaxes de avión, con atractivas ofertas que animaron a moitos a facer o desplazamento". Montero dixo que no transcurso das vindeiras semanas, atá completar o mes de xuño, seguirán chegando centos de emigrantes que na maior parte dos casos prolongarán a súa estadia atá mediados do mes de agosto, de tal maneira que "seguramente imos doblar a poboación residente no Concello de Avión xa que rondaremos a cifra das cinco mil persoas". Axencias de viaxes consultadas por Cope O Carballiño tamén confirmaron estas boas prediccións, xa que o número de viaxes e aluguer de vehículos e superior ó dos últimos anos. De feito, no Carballiño xa se nota desde fai algunhos dias.

3, Xuño 2009

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións alcalde do Carballiño

O vindeiro venres dia 5 convocaráse, primeiro a comisión de obras, e posteriormente a comisión de goberno do Concello do Carballiño, para proceder a aprobación incial do proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz. O Alcalde, Carlos Montes, adiantou que serán estimadas a maioria das alegacións presentadas durante o periodo de exposición pública, e que foron varias, e algunhas coindidentes, solicitando a creación dunha zona de xogos infantiís ou unha área de aparcadoiro para autocares, presentadas pola asociación veciñal Camiño e o Partido Popular. Tamen serán estimadas a totalidade das alegacións presentadas polo Párroco e o Bispado, entre elas que se manteña a rampa de acceso á entrada principal do Templo, a comunicación coa rectoral ou que se permita o acceso de vehículos pola parte dereita da Igrexa, tal como acontece na actualidade. Pola contra, será rexeitada a solicitude do Partido Popular  en relación o ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, que será de 11 metros tal como se recolleu no proxecto promovido polo Concello e non de 16 metros, tal como fixaba o PXOM e demandaba o Partido Popular. Montes entende que un ancho de 16 metros sería excesivo e non respetaria a filosofia do proxecto, asegurando ademáis que non haberá ningún tipo de problema sobre a legalidade do novo vial, tal como plantexan os populares. Tamén deberá este vindeiro venres decidirse sobre a petición de conectar este novo vial coa rúa Adolfo Otero. Dase a circustancia que nas alegacións presentadas polo Partido Popular esta petición referíase a rúa Florentino Cuevillas, ó aparecer invertidos os nomes de ambas rúas no PXOM, un erro que fixo constar esta mañá o portavoz do PP Argimiro Marnotes a través dun escrito presentado no rexistro municipal.

2, Xuño 2009

Grupo Municipal do PP

Agora, por medio dunha alegación presentada ó proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz, o partido popular volve insistir no ancho do futuro vial que comunicará a praza de San Ramón e a rúa Evaristo Vaamonde, solicitando que o mesmo sexa de 16 metros en lugar dos 11 que contempla o proxecto promovido polo Concello do Carballiño. Precisamente, este martes 2 de xuño remataba o periodo de exposición pública e de presentación de alegacións. O partido popular ven defendendo desde que comezou a xestarse este proxecto que o ancho do futuro vial debería ser de 16 metros, para adaptarse a legalidade urbanística, xa que do contrario entende o partido popular que sería necesaria unha modificación puntual do PXOM, que podería levar varios meses de tramitación e por conseguinte retrasar a execución da obra. Ademáis, noutra alegacion, o Partido Popular solicita que o novo vial tamén teña conexión coa rúa Florentino Cuevillas.

As outras tres alegacións promovidas polos populares son as relativas a previsión dunha zona de estacionamento para autocares, a creación dunha zona de xogos infantís, e que se manteña a rampa actúal de acceso á entrada principal do Templo desde Evaristo Vaamonde, e que se suprime no proxecto que pretende levarse a cabo. Éstas, e o resto das alegacións presentadas en tempo e forma deberán ser agora resoltas polo Concello do Carballiño, antes de proceder a aprobación definitiva do proxecto, que será despois remitido á Consellería de medio ambiente, territorio e infraestucturas para proceder a licitaciòn da obra.

2, Xuño 2009

A futura base de montaxe  e almacenamento para a instalación da via do ave, e posterior estación de mantemento desta liña do ave, do corredor Norte-Noroeste ubicaráse no Concello do Irixo, ocupando unha superficie de oito hectáreas que se localizan nas inmediacións da actúal estación de ferocarril do Irixo. A obra foi adxudicada á empresa Copasa, cun orzamento de 14.247.398 euros e un prazo de execución de 12 meses. Desde esta base, levaránse a cabo as operación relacionadas co suministrro, abastecemento, transporte e acopio en puntos intermedios dos elementos necesarios para a montaxe da via do ave de ancho internacional no trazado dos 87 kilómentros entre Ourense e Santiago. Unha vez rematada a obra, a base servirá nun futuro para realizar as labores de mantemento da infraestuctura, e que siñificará a creación dunhos quince postos de traballo. O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, considerou -en declaracións a Cope O Carballiño- que tanto esta obra como a posterior base de mantemento representarán un beneficio importante para O Irixo, tanto polo volumen do proxecto e a creación de postos de traballo na zona, tanto directos coma indirectos. Penedo tamén amosou a súa preocupación polo proceso de expropiacións que xa están en marcha e que poderían afectar a varias vivenda na localidade da Reguenga.

1, Xuño 2009

Non é a primeira vez que  os usuarios do albergue de peregrinos de Cea manifestan os responsables municipais a súa queixa polas carencias que presenta a vila de Cea en canto a certos servizos de carácter privado, tales como establecementos de hostelería e alimentación, que inician a súa actividade a unha hora da mañá bastante avanzada, de tal maneira que os peregrinos vense obrigados a retrasar a súa saída ou ben a reiniciar o camiño sen poder facer as súas compras ou tomar un simple café. O Alcalde de San Cristobo de Cea, José Luis Valladares,  aproveitou unha intervención no programa "A Mañá de Cope" para "facer un chamamento os hosteleiros e negocios para que traten de poñerse o dia e atender a xente como teñen que atender".

Valladares comentou como "desde fai dous meses temos o albergue practicamente cheo" pero "pídolle un esforzo á xente de Cea", un chamamento que trasladou máis particularmente "ós propietarios de tendas e tabernas" para que Cea "estea a altura das circustancias". E  é que se o ritmo de camiñantes non deixou de medrar durante os úttimos anos, o Alcalde de Cea prevé que durante o 2010, que será ano xacobeo, se pulverizen todos os rexistros, polo que "haberá que estar preparados". Precisamente, durante os últimos operarios municipais e da Deputación Provincial realizaron traballos de acondicinamento do tramo deste camiño da rota da plata entre as localidades de Casasnovas e a vila de Cea, que estaba en bastante mal estado, e próximamente acometeráse esta mesma actuación noutros treitos do camiño entre Cea e Oseira.

1, Xuño 2009

A festa dos maiores xa tén data fixada no calendario para a súa celebración este ano, será o vindeiro sábado dia 27 deste mes de xuño no que andamos. Eso sí, resta agroa por coñecer se se mantén o modelo organizativo dos últimos anos, cando a Vicepresidencia da Xunta  do anterior bipartito organizara e impulsara esta festa, que tivera nos últimos anos as súas edicións máis exitosas e multitudinarias, desde que se celebra esta xuntanza a finais dos anos setenta. Co carballiñés Manuel Amil, como coordenador da festa nos últimos catro anos, a celebración converteráse nun dos mellores dias do ano para a hostelería carballiñesa, acadandose cifras de participación arredor das cincuenta mil persoas. Nos vindeiros dias, os novos responsables da organización darán a coñecer a programación e as pautas organizativas para a edición deste ano.

30, Maio 2009

Un numeroso grupo de veciños do barrio de Flores reuníuse a última hora da tarde do pasado venres para analizar a decisión municipal de converter en peonil esta zona. Na xuntanza puxeronse de manifesto diversos aspectos problemáticos que os veciños entenden se van agravar aínda cara o futuro, e tamén se constatou a falla de información sobre o proxecto de reordenación impulsado pola concellería de tráfico. Por este motivo, os reunidos consideraron oportuno a asistencia do titular deste departamento municipal, o concelleiro josé Antonio Barge, co que contactaron telefónicamente para expoñerlle estas inquedanzas. Tras a conversación telefónica o concelleiro comprometeuse a acudir persoalmente a unha nova  reunión que terá lugar o luns dia 1 de xuño ás oito e media da tarde na eira de Flores.Mentres, o Concello iniciou esta pasada semana a instalación dos bolardos nas rúas de acceso a este barrio carballiñés, unhos traballos que se completarán nos vindeiros dias, de tal maneira que desde entón quedará restrinxido ó  paso de automóbiles ós residentes con garaxe e a aqueles vehículos de servizo que realicen labores de carga ou descarga.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS