Os paneis informativos instalados pola confederación hidrográfica no paseo fluvial do rio arenteiro, como pode apreciarse na fotografía ( PODE AMPLIALA FACENDO CLIC) conteñen un erro de bulto ó referirse á ponte medieval de Veiga, ó aparecer nos paneis como "Puente Romano", nada menos. Os paneis informativos nos que aparece este erro histórico forman parte da sinalización instalada ás beiras do paseo fluvial do río Arenteiro, que se inicia precisamente nesta antiga ponte, nas inmediacións do cuartel da Garda civil e as piscinas municipais, e continúa atá a piscifactoria. En total, foron instalados oito paneis que conteñen información sobre a historia dos lugares máis senlleiros de todo o percorrrido a carón do rio en ambas marxes, e un total de 24 sinais informativas e direccionais.
Na presentación da sinalización, que foi financiada por medio dunha achega económica da consellería de medio ambiente, o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, adiantou que en poucos dias iniciaráse a segunda e definitiva fase de construcción deste paseo fluvial do río Arenteiro, no tramo que resta por executar, na marxe dereita entre a ponte de Toscaña e o hotel Xardín, dunhos 300 metros de lonxitude. Inicialmente, no proxecto que se levou a cabo por parte da confederación hidrográfica calificouse este espacio como reserva de fauna, pero tras as alegacións presentadas tanto por veciños como polo propio Concello, decidiuse finalmente acometer esta actuación, e na que se contempla a instalación dunha pasarela de madeira sobre pivotes nunha gran parte deste percorrido, para evitar a zona de alagamento do río.
O Concelleiro do Bng Bernardo García deberá acudir nos vindeiros dias ó xulgado do Carballiño, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo tamén concelleiro da Corporación Carballiñesa Edelmiro Mateo, do Psoe, e titular do departamento muncipal de obras do Concello do Carballiño. O acto de conciliación é o trámite que prevé a lei de enxuizamento criminal no proceso para presentar un querella por inxurias e calumnias. Neste caso, o motivo que levou o concelleiro socialista a presentar esta denuncia no xulgado foron unhas manifestaciós do concelleiro do bloque no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", o pasado 28 de abril, nas que criticou a xestión de Mateo como responsable de obras do Concello carballiñés.Ese dia, Bernardo García acompañara os veciños da rúa río Avia, solicitando que se restablecese a legalidade urbanística nesta rúa, na que a construcción ilegal dun muro impedía o paso. Despois, na súa interveción radiofónica, Bernardo García comentou que era " un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa" e referirase a outras polémicas urbanísticas no Carballiño, das que fixo responsable ó concelleiro de obras, facendo un paralelismo entre Marbella e O Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Son precisamente estas dúas referencias as que menciona o concelleiro socialista no escrito do acto de conciliación, pedindo que Bernardo García rectifique as súas palabras, e solicitando unha indemnización simbólica de 1 euro.
A principios deste mes de maio, e por este mesmo motivo que agora chega o xulgado, ambos concelleiros protagonizaron un sonoro incidente verbal nas dependencias municipais, que pudo oírse en boa parte da casa do concello, cando o concelleiro socialista lle recriminou ó do bng a súa intervención radiofónica, na que Bernardo García afrimara que "este señor está acostumado a facer un pandeiro do Concello".
Desde o Bng, a decisión de Edelmiro Mateo de levar este asunto ó xulgado causou perplexidade, xa que senta un precedente de xudicialización da vida política no Concello do Carballiño. E é que, efectivamente, é a primeira vez que unha liorta política destas características se vai debatir en sede xudicial.
Primeiro no mesmo lugar da obra, na rúa do paseo do Carballiño, e máis tarde na casa do Concello, un grupo de veciños residentes nesta zona volveron solicitar o traslado dunha instalación soterrada da rede de gas ciudad, ó enteder que o lugar elixido non é o maís apropiado para unha infraestructura destas carecterísticas, da que ademáis -insisten- non teñen a información suficiente para considerar que a mesma non entraña perigo para a poboación. Mentres, por parte dos responsables muncipais considerase que non hai ningún tipo de risco para a seguridade, e que a instalación que se está levando a cabo "cumple todas as medidas legais esixidas". O Alcalde Carlos Montes explicou ós veciños que esta mañá acudiron novamente á casa do Concello que "o proxecto foi aprobado na comisión informativa de obras na que está representados os tres grupos políticos da Corporación Municipal e non podo parar a obra porque incurriría nunha prevaricación", ainda que se comprometeu ante ós veciños para realizar xestiós coa empresa responsable desta instalación para ver se hai posiblidades de buscar outra ubicación.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Veciños da rúa do Paseo falando co alcalde Carlos Montes
Aurelio, Rodi e Narciso forman a comisión de festas
Coa programación máis ambiciosa dos últimos anos, na que descatan as orquestras "Panorama" e "Paris de Noia", consideradas como as dúas mellores orquestras de Galicia, Dacón vive xa ambiente festivo.
A presencia destas dúas grandes orquestras para a noite do venres 22, e a asistencia multitudinaria que se prevé levou a comisión de festas a organizar un servizo de transporte en autocar, que comunicará O Carballiño -rúa Evaristo Vaamonde- con Dacón, con intervalos de unha hora a partir das 10 da noite en adiante. Para as outras dúas verbenas destas festas de Santa Rita, do 21 ó 23 de maio, cóntase coas orquestras Marbella, Olympus, Nueva Generación e Casablanca, tamén de alto nivel artístico. Completan a programación musical a banda de gaitas do Concello de Verea, que actúa o dia 23, a banda-escola do Carballiño que ofrecera concertos e acompañará á procesión de Santa Rita o dia 22, e un concerto da coral polifónica do Casino do Carballiño. Ademaís, para os nenos están programadas diversas actividades durante os tres días, e para os maiores xogos populares. As sesións de fogo artístico estarán a cargo da pirotecnia Abad, e o momento maís emotivo será o acto no que se recordará a Alfonso Róo Gil, ex-presidente da Asociación de Veciños e tantas veces organizador destas festas, falecido o ano pasado tras sufrir un accidente laboral. A praza do centro do pobo levará a partir de agora o seu nome.
Durante os últimos dias, e desde que comezou a novena na igrexa parroquial, calcúlase que unhas mil persoas acheganse diariamente a Dacón, desbordando a capacidade do Tempo Parroquial nas tres misas que se celebran a diario con motivo desta novena á Santa Rita, que acadou unha gran popularidade nos últimos anos. A diario centos de persoas, sobrre todo mulleres, fan o camiño entre O Carballiño e Dacón a pé, o que xa se convertíu nunha tradición. A Comisión de festas, integrada por tres daconenses, Aurelio, Rodi e Narciso, xa teñen as contas cadradas e antes de iniciarse a programación festiva o orzamento xa está cuberto.
A partir do vindeiro lúns o barrio de Flores convertese en zona peonil, asi o anunciou o concelleiro de tráfico do Carballiño José Antonio Barge, nun acto informativo no que compareceu acompañado polo Alcalde Carlos Montes. Desta maneira, todos os accesos a este barrrio de Flores quedarán desde a vindeira semana pechados por medio da instalación de pivotes automáticos, entregandoselle unha tarxeta ós residentes para que poidan acceder cos vehículos ós garaxes existentes no barrio. A decisión municipal conlevará consigo a supresión de numerosas prazas de aparcamento, agravandose aínda máis esta problemática nunha tan próxima ó centro do Carballiño, sen que por parte dos responsables municipais se teña prevista alternativa algunha para compensar esta nova supresión de prazas de aparcamento públicas. Ademáis, Barge tamén adiantou futuros e novos cámbeos para a reorganización do tráfico nas rúas carballiñesas, que afectarían a rúa dos canteiros e un tramo da rúa cerca, que invertirán o sentido da circulación, ainda que os cámbeos non se farán efectivos atá que se leve a cabo a construcción da praza da Veracruz, que ademáis prevé a apertura dun novo vial que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde. Tamén se invertirá o sentido da circulación na rúa Marcelino Parrondo, no tramo entre Martínez Avellanosa e Curros Enríquez.
Aproveitando esta mesma comparecencia informativa, O Alcalde Carlos Montes volveu referirse - a preguntas dos xornalistas- sobre a fallida presentación da cuestión de confianza ante o pleno da Corporación Municipal, limitandose a decir que "é unha posibilidade que sigue ahí, pero agora o importante é traballar e pensar no dia a dia, seguir con toda tranquilidade, e a partir de ahí seguimos abertos ó diálogo"
Tras varios dias de protesta e mobilizacións, chegando incluso a cortar o tráfico e impedir o paso de camións á zona de obras, os veciños de Lama de Campo e representantes do Adif chegaron hoxe a un principio de acordo para a contrucción dun paso elevado nesta localidade, que quedou dividida en dúas partes pola construcción da nova via. Inicialmente os veciños viñan demandando a construcicón dun paso inferior, para evitar que o pobo quedase illado en dúas bandas, e incluso a petición se traladara ó Senado, a traves dunha iniciativa do senador do Bng Pérez Bouza, que lograra o compromiso do Ministerio de Fomento para que se construíra un paso inferior. Sen embaro, cuestíóns tecnicas levaron novamente o Adif a desbotar esa posiblidade. Finalmente, e tras varios dias de presión en forma de protestas e mobilizacións, veciños e responsables do adif chegaron hoxe a este principio de acordo no que se contempla a construcción dun paso elevado, aínda que mellorando o proxecto inicialmente previsto. A este acordo chegouse no transcruso dunha reunión na que tamén participou o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Luis portavoz dos veciños
Un numeroso grupo de veciños residentes na rúa Mosquera acudiron esta mañá á casa do Concello do Carballiño en demanda de información dunha obra da rede de gas ciudad, que se está executando desde fai varios dias nesta zona, e que provocou intranquilidade entre a veciñanza, ó descoñecer o proxecto que se está levando a cabo, e ante a sospeita que pudera tratarse da instalación dalgún deposito de gas. O concelleiro de Obras e Servizos, Edelmiro Mateo, e técnicos da propia empresa instaladora, explicaron os veciños, no transcurso dunha reunión,que se trata dun "armario de control" no que se instalarán válvulas reguladoras de presión, que non supoñen ningún perigo "máis que o que pode supoñer unha bombona de butano nunha vivenda" e que en ningún caso "se trata da instalación dun depósito de almacenaxe de gas". As explicacións non convenceron ós veciños que foron moi críticos coa falla de información por parte do Concello do Carballiño sobre este proxecto, do que non tiveron coñecemento atá que principiaron as obras. Entenden que o lugar elixido non é o máis apropiado, e ademáis pode afectar a cimentación de edificios que están apenas a un metro de distancia do lugar no que se está procedendo a instalar esta infraestructura. Mentres, desde o Concello asegurase que o lugar é o maís idóneo e a obra conta con todas as medidas de seguridade e legais esixidas. Veciños e responsables municipais quedaron emplazados para unha nova reunión a celebrar proximamente.
A Comunidade Cisterciense de Santa María A Real de Oseira conta desde hoxe con novo Abade, tras a xornada electoral que tiña lugar este dia 18 de maio de 2009. Trátase do monxe Juan Javier Martín Hernández, que viña exercedo durante os últimos anos como Superior, é desde hoxe moi probablemente, con 39 anos, ún dos Abades de idade maís nova de toda a historia da Abadia de Oseira. A elección foi xa confirmada polo Abade Xeral. Neste acto electoral actuou como presidente Enríque Trigueros, Abade de San Isidro de Dueñas, e como notario Pablo Gordillo, Abade de Santa María de Oliva (Navarra). Así pois, tras unhos anos de transición, a comunidade cisterciense de Oseira tén como novo Abade a Juan-Javier Martín Hernández, que exercerá este cargo por un periodo de seis anos.
O portavoz do bng no concello carballiñés, Manuel Amil, pronosticou hoxe que o Alcalde do Carballiño non presentará a anunciada cuestión de confianza atá dentro de dous anos, cando se celebren as eleccións muncipais do 2011, e "teño a impresión que daquéla xa non será él o candidato do Psoe". Amil tamén se referíu a posiblidade de que o bng chege a plantexar unha moción de censura no que resta de mandato municipal, manifestado que non pode descartarse ningunha hipótese, e máis tendo en conta que en épocas de crise coma a que vivimos necesítanse gobernos estables e fortes para poder superar situacións económicas tan adversas como a que estamos atravesando. Pero non deixa de ser unha conxectura máis que, eso sí, non pode desbotarse. (DECLARACIÓNS EN AUDIO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Entrevista Manuel Amil portavoz do BNG no Carballiño
Por segundo ano consecutivo COPE O CARBALLIÑO e coincidindo coa celebración do día das letras galegas, comezou a emisión a través da súa emisora de radio -91.9 FM - dunha campaña de fomento do galego na que unha representación dos alumnos e alunmas dos centros de ensinanza da Comarca do Carballiño son os protagonistas coas súas mensaxes, nas que reflexionan sobre a súa experiencia persoal arredor da lingua galega. A iniciativa partíu o ano pasado do equipo de normalización lingüística do Colexio Público de Maside, á que se sumaron nesta segunda edición outros centros educativos do ámbito local, como os dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño ou o colexio Vila do Arenteiro.
As mensaxes promocionais emítense polo sistema de rotación na programación local - de 12,30 da mañá ás 3 da tarde-
e nas desconexións locais, dentro da programación en cadea, repartidas no resto do día. A súa emisión prolongaráse atá finais deste mes de maio no que andamos. Os profesores de galego dos centros respectivos, que colaboraron nesta inciativa, veñen constatando nos últimos anos un paulatino e cada vez máis preocupante descenso do número de galego falantes entre o alunmado, incluso entre os procedentes de zonas rurais, ónde o galego mellor resitía atá o de agora. A Comarca do Carballiño tampouco é unha excepción en relación a esta problemática, e os datos son certamente reveladores. Na última década avanzou o monolingüismo castelán, que pasou do 27 ó 39 por cento, mentres que retrocedeu moi siñificativamente o das persoas que se expresan só en galego, que baixou do 55% por cento ó 40 por cento, incluso na zona rural. E eso que o paulatino avellantamento da poboación comarcal fai que as estadísticas non sexan aínda máis negativas para o galego. As voces desta campaña son as de Lara, Alba, Rocio, Igor, Brais e Alexandre, do ies nº 1 do Carballiño. Lucía, Israel, Iria, Alex, Uxía, Cielo, Mailén, Román, Adrián e Hugo, do Colexio Vila do Arenteiro. E Miriam, Saúl, Borja, Tania, Alber, Alex, Raquel, Almudena, Xurxo, José Manuel, Carlos, Andrea, Nacho e Nuria, do colexio púlblico de Maside.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- …
- seguinte ›
- última »