Todo parece indicar que haberá que agardar á celebración do Pleno da Corporación Municipal, para este xoves dia 14 ás doce e media da mañá, para saber con que posibliidades conta o Psoe á hora de someter a votación os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009. Tras unha nova reunión, celebrada a última hora da tarde entre socialistas e nacionalistas non se produciron grandes avances na negociación, que presentan os seus maiores puntos de fricción na política de persoal e a Relación de Postos de traballo, a RPT que vai unida a aprobación dos orzamentos. Outra das desavenencias entre Psoe e Bng que dificulta o acordo é o compromiso de pago ós acreedores e un plan de saneamento das contas municipais, tal como demanda o bng.
O Alcalde Carlos Montes, polo psoe, e os concelleiros Bernardo García e Aurea Francisco, polo bloque nacionalista galego, volverán reunirse novamente este mércores dia 13 pola tarde. Será, con toda seguridade o último intento para chegar a un posible, e de momento dificil acordo, antes da celebración da sesión plenaria do xoves. O voto afirmativo ou a abstención dos nacionalistas facilitaría a aprobación dos orzamentos, do contrario serían rexeitados pola maioria do pleno, toda vez que co partido popular nin xiquera se intentou algún posible achegamento por parte dos socialistas.
O Partido Popular volveu posicionarse en contra de novos acordos intermunicipais por parte do Concello de Maside, para xestionar distintos servizos que antes se levaban a cabo a través da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, na que causou baixa o Concello Masidao. Co voto en contra dos populares, o pleno -onde o psoe tén maioria- aprobou os convenios de cooperación entre os Concellos de Maside e Punxín, para xestionar a recollida do lixo e os servizos sociais. Sí houbo unanimidade para a desafectación dun sendeiro público para unha operación de permuta cun veciño, na capitalidade muncipal. E tamén se aprobou, coa abstención do pp, dar o nome de Alfonso Róo Gil a unha praza, no centro da localidade de Dacón, da que era veciño atá o seu falecemento o ano pasado despois de sufrir un accidente laboral, recoñecendose asi a traxectoria publica de quen durante 16 anos foi concelleiro da Corporación de Maside e ún dos promotores de actividades como o antroido ou o belén viviente de Dacón, organizadas desde a asociación de veciños daconense. O Partido popular abstivose nesta proposta, xa que según explicou o seu portavoz, Casimiro Campo, no mes de outubro do ano pasado xa presentara a súa propia proposta, que consistía na adquisición da carballeira da Garrida e darlle a esta paraxe o nome de Alfonso Róo Gil.
A edición número 47 da festa do polbo, a que se corresponde con este ano 2009, estará adicada a México, como esta mañá se deu a coñecer por parte do Alcalde do Carballiño, Carlos Montes. Unha elección na que se tivo en conta "os criticos momentos polos que está a travesar o país mexicano e por solidariedade tanto con México como tamén coa nosa comunidade emigrante", explicou o mandatario carballiñés. Desta maneira, México convertiráse no primeiro país ó que volve adicarselle a festa carballiñesa, vinte anos despois desde que xa tivera esta adicación no ano 1989. Desde o Concello do Carballiño xa se ralizaron os primeiros contactos coa Embaixada de México en España, coa finalidade de garantir a presencia e apoio institucional para os actos que terán lugar no Carballiño o domingo dia 9 de agosto, data de celebración da festa do polbo 2009.
A 72 horas por diante da celebración da sesión plenaria da Corporación muncipal, convocada para este xoves dia 14 de maio ás doce e media da mañá, na que se deberán votar os orzamentos para este ano no Concello Carballiñés, Psoe e Bng reuníronse para negociar un posible acordo que permita o grupo de goberno sacar adiante o seu proxecto de orzamentos. A pasada semana, o Alcalde Carlos Montes remitira unha carta-invitación dirixida ó portavoz do Bng Manuel Amil, para celebrar unha reunión e chegar a un acordo que permita aprobar as contas do 2009. Finalmente, a reunión celebrouse a primeira hora desta tarde, e á mesma non acudíu Amil, senón que en representación do Bng fixerono os concelleiros Bernardo García e Aúrea Francisco. Unha reunión bipartita á que non foi invitado o Partido Popular.
Do encontro entre socialistas e nacionalistas, pouco trascendeu de momento. Estiveron reunidos por espacio dunha hora e quedaron emplazados para unha nova xuntanza este martes dia 12. Mentres, desde o Partido Popular, Argimiro Marnotes, manifestou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que a "actitude do Alcalde do Carballiño é dunha total irresponsabilidade" por deixar fora desta negociación o Partido Popular, e máis agora que o PP tería moito que decir e aportar desde o Goberno da Xunta de Galicia. Marnotes considera ademáis que esta actitude do Alcalde Carballiñés "que se pón a venda antes da ferida" é un desprecio para os miles de veciños que apoian o Partido Popular.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións a Cope O Carballiño de Argimiro Marnotes
Un completo carrusel de prreguntas, atá un total de 75, son as que ven de presentar o portavoz do Partido Popular para que sexan contestadas na comisión constiuída para aclarar os sucesos na canceira do Carballiño, e outros aspectos relativos ás obras de construcción destas instalacións municipais. As preguntas, asinadas polo portavoz municipal, Argimiro Marnotes, foron feitas por escrito, tal como esixira o Alcalde do Carballiño cando se levou a cabo a constitución da comisión, que él mesmo preside, e na que participan dous representantes por cada ún dos tres grupos políticos da Corporación Carballiñesa. En varias preguntas pídense explicacións sobre as circustancias nas que morreron 76 cans que según o infome oficial do Seprona desapereceron da canceira en apenas unhas semanas, e nunha das interrogantes que plantexa o Partido Popular preguntase expresamente "se foi golpeado algún can no seu craneo para matalo". A esta preguntase chégase despois de outras nas que se solicita información sobre os procedementos que se utilizaban cos cans feridos, e unha vez que se constatou que non existía servizo veterinario na canceira.
Outro conxunto de preguntas ten que ver coa existencia dunha fosa na que se enterraban os cans mortos, dentro das propias instalacións da canceira, e a este respecto o Partido Popular quere saber "quén díu a orde de abrir e ter aberta esa fosa" e ademáis porque os responsables municipais negaron a súa existencia. Tamén son obxeto de pregunta diversas cuestións relativas o proceso de adxudicación das obras feitas polo Concello do Carballiño, asi como do proxecto de conexión eléctrica. Según a inspección do Seprona o dia 3 de marzo non existía suministro eléctrico, e dous días despois sí, polo que o Partido Popular quere saber quén fixo a conexión, "se Fenosa ou o electricista do Concello", si se conta con boletín de instalación e " se se conta cos permisos de industria ouse conectou de forma irregular para sacar de encima a inspección do Seprona"
A camiñada comezará ás 10 da mañá deste domingo 17 de maio, con saída desde a praza do Concello de Piñor, e percorrerá por Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán, completandose asi unha distancia dunhos 15 kilótmetos de dificultade media. O roteiro achegaráse a lugares de interese histórico como a antiga fábrica de papel de Lousado ou o camiño dos arrieiros, lugares de gran valor etnográfico como os muiños de Lousado ou os cabaceiros de Barrán, e desde logo, zonas de gran importancia paisaxística e natural como as Fervenza da Fareixa e o Peilán ou o pozo da Area, entre outros moitos. O longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento e tras a camiñata celebraráse un xantar saudáble para repoñer forzas.
Con esta inciativa, preetendese fomentar hábtos de vida saudables entre persoas de todas as idades, como o exercicio físico ó aire libre, a comida saudable e as relacións sociais. Os participantes deberán presentarse na praza do Concello de Piñor media hora antes do inicio da camiñada para recoller os seus dorsais, previa inscripción que será grautíta e que deberá formalizarse na casa do Concello ( Tfno 988 403 326) atá o 15 de maio. A organización tén previsto entregar varios premios, e ademaís coincidindo con esta camiñata levaráse a cabo do 2º concurso fotográfico, que terá como tema central destacar os valores humanos, deportivos, organizativos, culturais e paisaxísticos.
A Corporación Municipal de Maside aprobará na vindeira sesión, a celebrar o martes dia 12 de maio, o expediente polo que a rúa Santa María, na localidade de Dacón, pasará a denominarse oficialmente "rúa Alfonso Roo Gil". A proposta levase o Pleno da Corporación Masidá cando está proximo a cumplirse o primeiro cabodano do pasamento deste veciño de Dacón, falecido tras sufirir un accidente laboral, e cando contaba 63 anos de idade. Alfonso Róo Gil foi, duante 15 anos, entre 1991 e 2007, concelleiro do psoe na Corporación Municipal de Maside, e durante moitos anos -practicamente desde a súa creación- presidira a Asociación de Veciños de Dacón. Agora, dandolle o nome dunha rúa do seu pobo, O Concello de Maside pretende recoñecer o traballo público que durante tantos anos realizou en favor da comunidade.
Ademaís, nesta mesma sesión plenaria, a Corporación debatirá a aprobación de dous convenios de cooperación co veciño concello de Punxín, para a recollida do lixo e a xestión dos servizos sociais, tras abandonar ambos Concellos a Mancomunidade Comarcal. Tamén se someterá á consideración do pleno a adhesión do Concello de Maside ó convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades xestoras para a recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e aprobaráse unha operación de permuta dun sendeiro público.
Con data do dia 23 de abril de 2009, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
desestimou o recurso de súplica interposto polo Concello de Leiro, contra un acto anterior desa mesma sala na que non se lle adimitía a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo, que consideraba non se axustaba a dereito o proceso de expropiación dos terreos nos que se construíu a entrada ó novo balneario de Berán.
No mesmo auto requíreselle o Concello de Leiro que "lleve a puro y debido efecto" a sentencia do Tribunal Supremo. Chegados a este punto, ó non proceder ningún outro tipo de recurso, o Concello de Leiro terá necesariamente que negociar co particular afectado ou levar a cabo o proxecto dunha nova entrada de acceso ás instalacións balnearias.
O vindeiro dia 26 de xuño celebraráse a 2ª Gala do Deporte Carballiñés, que terá o seu acto central no auditorio coa entrega das distincións ós e ás deportistas locais que pola súa traxectoria durante o último ano se fagan merecedores do recoñecemento do xurado, que deberá seleccionar os mellores en 10 modalidades. Mellor alumno e alumna das escolas deportivas municipais, mellores deportistas dos ximnasios carballiñes, asi como en fútbol-sala, fútbol e motor. Tamén se recoñecerán os deportistas da 3ª idade e históricos, asi como as empresas colaboradoras a través dos patrocinios e a promoción do deporte local nos medios de comunicación.
A presentación de candidaturas podese realizar tanto a nivel individual como polos clubs, asociacións ou entidades deportivas, e deberán formalizarse na área de deportes do Concello do Carballiño. Desde este mesmo departamento muncipal, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, xa se levaron a cabo varios contactos con deportistas de elite para que asistan a esta gala, estando aínda pendiente de confirmación.
No mesmo dia no que estaba convocada a Comisión de facenda para fixar a postura dos grupos políticos en relación o proxecto de orzamentos elaborado polo grupo muncipal de goberno, o alcalde do Carballiño remitíu un escrito ó voceiro do Bng, Manuel Amil, solicitándolle a colaboración dos nacionalistas para a aprobación dos orzamentos deste ano 2009, e con vistas a convocatoria da sesión do pleno da Corporación Municipal, onde os socialistas están en minoria, polo que necesitan do apoio ou abstención dun dos dous grupos da oposición.
Na carta enviada por Montes o grupo do Bloque Nacionalista galego, o Alcalde convida formalmente ós nacionalistas a manter unha xuntanza o vindeiro lúns dia 11 de maio, para "analizar e consensuar as contas para este ano", según unha nota informativa difundida a última hora desta mañá polo gabinete de comunicación do Concello do Carballiño. A invitación chega nun contexto bastante paradóxico, xa que hoxe mesmo, tamén esta mañá, celebrouse a comisión de facenda, preceptiva á convocatoria do Pleno. Nesta comisión, tanto Partido Popular como Bng abstiveronse. Se mantiveran esta mesma postura no Pleno, o grupo de goberno non tería problemas para que os orzamentos resultasen aprobados, pero en ambos casos xa advertiron que necesitan aínda tempo para estudiar detalladamente a documentación e fixarán a súa postura definitiva na sesión plenaria da Corporación Municipal. Asi que calquera posibilidade está aberta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- seguinte ›
- última »