16, Maio 2009

"Sine die", a locución latina é a que mellor expresa a nova postura que facía pública o Alcalde do Carballiño en relación coa anunciada  cuestión de confianza que ía presentar ante o pleno da corporación muncipal, despois de que ésta rexeitase por maioria os orzamentos para o ano 2009. Durante as últimas semanas de forma reiterada, e xa menos durante o desenvolvemento da sesión plenaria, Montes desafiara ós grupos da oposición coa presentación dunha cuestión de confianza no caso de que os presupostos fosen rexeitados. Agora, este repentino xiro na súa postura, deixando en suspenso e sen data a presentación da cuestión de confianza, volve dar unha "vuelta de tuerca"  que o propio Alcalde trataba de xustificar "porque nos próximos dias hai asuntos que teñen que ver con actuacións do Estado moi impotantes para o Carballiño". A xustificación non convence os grupos da oposición, que ven na actitude do Rexidor Municipal outras razóns ocultas e que terían que ver directamente co seu seu propio grupo político no Concello Carballiñés. Según estas sospeitas que se apuntan en círculos políticos próximos tanto a PP como a Bng, Montes tería dado marcha atrás no seu órdago de presentar a cuestión de confianza porque dentro do propio grupo socialista algún dos seus integrantes estaría postulandose para sustituír a Montes. Por eso, o alcalde, que ademáis está a ver como desta vez parece que os grupos da oposición van en serio e poderían incluso buscar un candidato alternativo á Alcaldia do Carballiño, tería recuado na súa idea de someterse a unha custión de confianza, que podería apartalo da Alcaldia. Ante ese risco, Montes parece que prefire aquelo de "Virgencita, Virgencita déjame como estoy".

Nunha entrevista na edición fin de semana do programa "A mañá de Cope O Carballiño" o nº 1 do Bgn no Concello do Carballiño, Manuel Amil, referíuse  precisamente a esa circustancia " o feito de que poidan moverlle a silla no seu grupo fixo que recuara na súa postura, e é que ademáis tampouco  descartarmos no bloque que con outro posible candidato socialista á alcadia poideramos chegar a enterdernos ". Amil criticou duramente a "prepotencia dun alcalde en minoria o que lle vimos tendendo a man desde o pasado mes de novembro" sen obter ningún xesto   e "chegando á decir fai unhas semanas que se non lle aprobaban os orzamentos presentaría unha cuestión de confianza, pero sen abrir ningún tipo de negociación e poñendo a venda antes da ferida". Xa finalmente, o portavoz nacionalista saíu ó paso dalgunhos rumores  que apuntaban á súa retiradada da actividade política no Concello do Carballiño, afirmando que "para ben e para mal o bng é unha formación política na que o conxunto da militancia ten voz e voto na toma das decisións, e teño moi claro que seguirei en política moitos anos". Amil respondia as a esos rumores tras permanecer en segundo plano nos útlimos dias, e cedendo protagonismo o resto do grupo municpal no debate dos orzamentos.

 

14, Maio 2009

Se o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, cumple a súa palabra, someteráse a unha cuestión de confianza ante o Pleno da Corporación Municipal. Se a supera,  os orzamentos quedarán automáticamente aprobados, en caso contrario cesará como Alcalde e a Corporación terá un mes de prazo para presentar un novo candidato á Alcaldia do Carballiño e procederáse a convocatoria do Pleno para a votación que elixirá o novo Alcalde. Se transcurrido este periodo a maioria da Corporación non presenta Candidato, Montes recuperaría entón a Alcaldia e tamén neste caso, os orzamentos daríanse por aprobados. Previo ó debate e votación sobre os orzamentos, os dous grupos da oposición xa rexeitaran a Relación de postos de traballo -RPT- maila os esforzos do concelleiro de persoal José Antonio Barge por mostrarse dialogante, aínda que ben é certo que Carlos Montes  matizaba neste punto que estaría aberto a unha mesa de negociación coa condición de que  fose para tratar asuntos colectivos do persoal e nunca casos individuais, argumentos que non convenceron a ningún dos dous grupos da oposición.

Xa en canto o debate orzamentario, o Alcalde Carlos Montes,  na súa primeira exposición xustificou a rebaixa de maís dun millón de euros neste proxecto de presupostos en relación os do ano pasado, debido ó descenso no imposto de construccións , intalacións e obras -icio- e na reducción nas transferencias do Estado. No apartado de gastos, Montes  defendeu o aumento no capítulo de persoal  en base o incremento do dous por cento por imperativo legal, ainda que en realidade o gasto en persoal sube varios puntos máis. Tamén deixou sen resposta a pregunta da oposición sobre o aumento da súa nómina de Alcalde, cando había un acordo plenario para conxelar os soldos e dietas dos cargos políticos no Concello Carballiñés. Aúrea Francisco, portavoz do Bng, preguntouse como é posible que se aumente o gasto de persoal en nove puntos porcentuais nestes orzamentos en relación os do ano pasado.

O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, manifestou a pouca fialbilidade que lle merece o Alcalde e este grupo de goberno, anunciando o seu voto negativo e criticando o feito de que non se contase co seu grupo para unha posible negocaciación, agora que o PP obstenta o goberno da Xunta de Galicia. Pola sua banda, Aúrea Francisco calificou éstes como "os orzamentos de Macondo" porque "as obras proxectadas no capítulo de investimentos repetíanse ano tras ano sen ser executadas e poñendo énfase no posible recoñecemento extraxudicial das debédas do Concello.

Finalmente, o bng votou en contra, ainda que manifestando que "estamos dispostos a seguir dialogando pero non a ser cómplices de políticas erráticas, sempre e cando falemos en pé de igualdade e poñamos enriba da mesa os intereses do Carballiño". Abrese pois, unha etapa de incertidume na vida municipal carballiñesa. A pelota está no tellado de Carlos Montes, ou se pón a negociar en serio co Bng ou presenta a cuestión de confianza que anunciou. Tamén cabe a posiblilidade de que o órdago lanzado por Montes se quede nunhos orzamentos prorrogados indefinidamente.

13, Maio 2009

A cita prevista e anunciada para esta tarde de mércores non chegou a celebrarse. Finalmente,  suspendeuse o encontro que  estaba programado repetir entre o grupo de goberno, representado polo Alcalde Carlos Montes, e o bloque, que designara a Aúrea Francisco e Bernardo García como representantes para esta negociación de última hora. Os nacionalistas pediron tempo morto e aplazaron calquera decisión para esta xornada de xoves, non descartandose unha reunión  no transcurso da mañá, antes do inicio do pleno, convocado para as doce e media do mediodia. Nunhas declaraciós a Cope O Carballiño, Aúrea Francisco manifestou que o bloque acudira "in extremis" a esta chamada do Alcalde coa "mellor vontade posible e con espíritu constructivo"  e " en todo caso buscando o mellor para o Carballiño". A decisión a partir das doce e media da mañá. Ademáis dos orzamentos para o 2009, a Coroporación Municipal tamén deberá votar a RPT, a relación dos postos de traballo, ainda que a súa aprobación vai unida a dos orzamentos

 

13, Maio 2009

O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, entrevistouse co Delegado Territorial da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, ó que recordou diversas actuacións e proxectos, algunhos xa comprometidos polo anterior goberno bipartito, para sacalos adiante na nova lexislatura da Xunta de Galicia, agora cun goberno do Partido Popular. Asi, Caamaño puxo en antecedentes o representante da Xunta dun convenio pendiente de execución e xa asignado polo Concello de Boborás coa anterior consellería de medio-ambiente para a adquisición dun tráctor desbrozadora, unha operación avaliada en noventa mil euros, dos que 60 mil terían que corresponder a aportación da administracción autonómica e os trinta mil restantes o propio concello. Outra das prioridades nas que insistíu Caamaño foi no proxecto de adecuación do pavillón polideportivo, que presenta graves carencias que dificultan a práctica deportiva. A intención é a reforma integral das instalacións ou , incluso, acometer unha obra de nova construcción.

A implantación de novas tecnoloxias no territorio municipal foi outra das peticións nas que incidìu o Alcalde de Boborás nesta entrrevista co Delegado Territorial da Xunta. Máis concretamente, esperase completar a cobertura da banda ancha de acceso a internet en todas as parroquias que ainda non dispoñen deste servizo, xa implantado nalgunhas localidades do Concello de Boborás a través do sistema wimax. Finalmente Cipriano Caamaño solicitou a intermediación da Xunta, por medio da Dirección Xeral de Turismo, para a apertura da antiga rectoral de Pazos de Arenteiro, rehabilitada para o turismo rural con fondos públicos e adxudicada a súa explotación a unha empresa privada mediante concesión administrativa, sen que atá o de agora se inciase a actividade hosteleira.

12, Maio 2009

Todo parece indicar que haberá que agardar á celebración do Pleno da Corporación Municipal, para este xoves dia 14 ás doce e media da mañá, para saber con que posibliidades conta o Psoe á hora de someter a votación os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009. Tras unha nova reunión, celebrada a última hora da tarde entre socialistas e nacionalistas non se produciron grandes avances na negociación, que presentan os seus maiores puntos de fricción na política de persoal e a Relación de Postos de traballo, a RPT que vai unida a aprobación dos orzamentos. Outra das desavenencias entre Psoe e Bng que dificulta o acordo é o compromiso de pago ós acreedores e un plan de saneamento das contas municipais, tal como demanda o bng.

O Alcalde Carlos Montes, polo psoe, e os concelleiros Bernardo García e Aurea Francisco, polo bloque nacionalista galego, volverán reunirse novamente este mércores dia 13 pola tarde. Será, con toda seguridade o último intento para chegar a un posible, e de momento dificil acordo, antes da celebración da sesión plenaria do xoves.  O voto afirmativo ou a abstención dos nacionalistas facilitaría a aprobación dos orzamentos, do contrario serían rexeitados pola maioria do pleno, toda vez que co partido popular nin xiquera se intentou algún posible achegamento por parte dos socialistas.

12, Maio 2009

O Partido Popular volveu posicionarse en contra de novos acordos intermunicipais por parte do Concello de Maside, para xestionar distintos servizos que antes se levaban a cabo a través da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, na que causou baixa o Concello Masidao. Co voto en contra dos populares, o pleno -onde o psoe tén maioria- aprobou os convenios de cooperación entre os Concellos de Maside e Punxín, para xestionar a recollida do lixo e os servizos sociais. Sí houbo unanimidade para a desafectación dun sendeiro público para unha operación de permuta cun veciño, na capitalidade muncipal. E tamén se aprobou, coa abstención do pp, dar o nome de Alfonso Róo Gil a unha praza, no centro da localidade de Dacón, da que era veciño atá o seu falecemento o ano pasado despois de sufrir un accidente laboral, recoñecendose asi a traxectoria publica de quen durante 16 anos foi concelleiro da Corporación de Maside e ún dos promotores de actividades como o antroido ou o belén viviente de Dacón, organizadas desde a asociación de veciños daconense. O Partido popular abstivose nesta proposta, xa que según explicou o seu portavoz, Casimiro Campo, no mes de outubro do ano pasado xa presentara a súa propia proposta, que consistía na adquisición da carballeira da Garrida e darlle a esta paraxe o nome de Alfonso Róo Gil.

11, Maio 2009

A edición número 47 da festa do polbo, a que se corresponde con este ano 2009, estará adicada a México, como esta mañá se deu a coñecer por parte do Alcalde do Carballiño, Carlos Montes.  Unha elección na que se tivo en conta "os criticos momentos polos que está a travesar o país mexicano e por solidariedade tanto con México como tamén coa nosa comunidade emigrante", explicou o mandatario carballiñés. Desta maneira, México convertiráse no primeiro país ó que volve adicarselle a festa carballiñesa, vinte anos despois desde que xa tivera esta adicación no ano 1989. Desde o Concello do Carballiño xa se ralizaron os primeiros contactos coa Embaixada de México en España, coa finalidade de garantir a presencia e apoio institucional para os actos que terán lugar no Carballiño o domingo dia 9 de agosto, data de celebración da festa do polbo 2009.

11, Maio 2009

A 72 horas por diante da celebración da sesión plenaria da Corporación muncipal, convocada para este xoves dia 14 de maio ás doce e media da mañá, na que se deberán votar os orzamentos para este  ano no Concello Carballiñés, Psoe e Bng reuníronse para negociar un posible acordo que permita o grupo de goberno sacar adiante o seu proxecto de orzamentos. A pasada semana, o Alcalde Carlos Montes remitira unha carta-invitación dirixida ó portavoz do Bng Manuel Amil, para celebrar unha reunión e chegar a un acordo que permita aprobar as contas do 2009. Finalmente, a reunión celebrouse a primeira hora desta tarde, e á mesma non acudíu Amil, senón que en representación do Bng fixerono os concelleiros Bernardo García e Aúrea Francisco. Unha reunión bipartita á que non foi invitado o Partido Popular.

Do encontro entre socialistas e nacionalistas, pouco trascendeu de momento. Estiveron reunidos por espacio dunha hora e quedaron emplazados para unha nova xuntanza este martes dia 12.  Mentres, desde o Partido Popular, Argimiro Marnotes, manifestou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que a "actitude do Alcalde do Carballiño é dunha total irresponsabilidade" por deixar fora desta negociación o Partido Popular, e máis agora que o PP tería moito que decir e aportar desde o Goberno da Xunta de Galicia. Marnotes considera ademáis que esta actitude do Alcalde Carballiñés "que se pón a venda antes da ferida" é un desprecio para os miles de veciños que apoian o Partido Popular.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións a Cope O Carballiño de Argimiro Marnotes

10, Maio 2009

Un completo carrusel de prreguntas, atá un total de 75, son as que ven de presentar o portavoz do Partido Popular para que sexan contestadas na comisión constiuída para aclarar os sucesos na canceira do Carballiño, e outros aspectos relativos ás obras de construcción destas instalacións municipais. As preguntas, asinadas polo portavoz municipal, Argimiro Marnotes, foron feitas por escrito, tal como esixira o Alcalde do Carballiño cando se levou a cabo a constitución da comisión,  que él mesmo preside, e na que participan dous representantes por cada ún dos tres grupos políticos da Corporación Carballiñesa. En varias preguntas pídense explicacións sobre as circustancias nas que morreron 76 cans que según o infome oficial do Seprona desapereceron da canceira en apenas unhas semanas, e nunha das interrogantes que plantexa o Partido Popular preguntase expresamente "se foi golpeado algún can no seu craneo para matalo". A esta preguntase chégase despois de outras nas que se solicita información sobre os procedementos que se utilizaban cos cans feridos, e unha vez que se constatou que non existía servizo veterinario na canceira.

Outro conxunto de preguntas ten que ver coa existencia dunha fosa na que se enterraban os cans mortos, dentro das propias instalacións da canceira, e a este respecto o Partido Popular quere saber "quén díu a orde de abrir e ter aberta esa fosa" e ademáis porque os responsables municipais negaron a súa existencia. Tamén son obxeto de pregunta diversas cuestións relativas o proceso de adxudicación das obras feitas polo Concello do Carballiño, asi como do proxecto de conexión eléctrica. Según a inspección do Seprona o dia 3 de marzo non existía suministro eléctrico, e dous días despois sí, polo que o Partido Popular quere saber quén fixo a conexión, "se Fenosa ou o electricista do Concello", si se conta con boletín de instalación e " se se conta cos permisos de industria ouse conectou de forma irregular para sacar de encima a inspección do Seprona"

10, Maio 2009

A camiñada comezará ás 10 da mañá deste domingo 17 de maio, con saída desde a praza do Concello de Piñor, e percorrerá por Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán, completandose asi unha distancia dunhos 15 kilótmetos de dificultade media. O roteiro achegaráse a lugares de interese histórico como a antiga fábrica de papel de Lousado ou o camiño dos arrieiros, lugares de gran valor etnográfico como os muiños de Lousado ou os cabaceiros de Barrán, e desde logo, zonas de gran importancia paisaxística  e  natural como as Fervenza da Fareixa e o Peilán ou o pozo da Area, entre outros moitos. O longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento e tras a camiñata celebraráse un xantar saudáble para repoñer forzas.

Con esta inciativa, preetendese fomentar hábtos de vida saudables entre persoas de todas as idades, como o exercicio físico ó aire libre, a comida saudable e as relacións sociais. Os participantes deberán presentarse na praza do Concello de Piñor media hora antes do inicio da camiñada para recoller os seus dorsais, previa inscripción que será grautíta e que deberá formalizarse na casa do Concello ( Tfno 988 403 326)  atá o 15 de maio. A organización tén previsto entregar varios premios, e ademaís coincidindo con esta camiñata levaráse a cabo do 2º concurso fotográfico, que terá como tema central destacar os valores humanos, deportivos, organizativos, culturais e paisaxísticos.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS