A Corporación Municipal de Maside aprobará na vindeira sesión, a celebrar o martes dia 12 de maio, o expediente polo que a rúa Santa María, na localidade de Dacón, pasará a denominarse oficialmente "rúa Alfonso Roo Gil". A proposta levase o Pleno da Corporación Masidá cando está proximo a cumplirse o primeiro cabodano do pasamento deste veciño de Dacón, falecido tras sufirir un accidente laboral, e cando contaba 63 anos de idade. Alfonso Róo Gil foi, duante 15 anos, entre 1991 e 2007, concelleiro do psoe na Corporación Municipal de Maside, e durante moitos anos -practicamente desde a súa creación- presidira a Asociación de Veciños de Dacón. Agora, dandolle o nome dunha rúa do seu pobo, O Concello de Maside pretende recoñecer o traballo público que durante tantos anos realizou en favor da comunidade.
Ademaís, nesta mesma sesión plenaria, a Corporación debatirá a aprobación de dous convenios de cooperación co veciño concello de Punxín, para a recollida do lixo e a xestión dos servizos sociais, tras abandonar ambos Concellos a Mancomunidade Comarcal. Tamén se someterá á consideración do pleno a adhesión do Concello de Maside ó convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades xestoras para a recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e aprobaráse unha operación de permuta dun sendeiro público.
Con data do dia 23 de abril de 2009, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
desestimou o recurso de súplica interposto polo Concello de Leiro, contra un acto anterior desa mesma sala na que non se lle adimitía a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo, que consideraba non se axustaba a dereito o proceso de expropiación dos terreos nos que se construíu a entrada ó novo balneario de Berán.
No mesmo auto requíreselle o Concello de Leiro que "lleve a puro y debido efecto" a sentencia do Tribunal Supremo. Chegados a este punto, ó non proceder ningún outro tipo de recurso, o Concello de Leiro terá necesariamente que negociar co particular afectado ou levar a cabo o proxecto dunha nova entrada de acceso ás instalacións balnearias.
O vindeiro dia 26 de xuño celebraráse a 2ª Gala do Deporte Carballiñés, que terá o seu acto central no auditorio coa entrega das distincións ós e ás deportistas locais que pola súa traxectoria durante o último ano se fagan merecedores do recoñecemento do xurado, que deberá seleccionar os mellores en 10 modalidades. Mellor alumno e alumna das escolas deportivas municipais, mellores deportistas dos ximnasios carballiñes, asi como en fútbol-sala, fútbol e motor. Tamén se recoñecerán os deportistas da 3ª idade e históricos, asi como as empresas colaboradoras a través dos patrocinios e a promoción do deporte local nos medios de comunicación.
A presentación de candidaturas podese realizar tanto a nivel individual como polos clubs, asociacións ou entidades deportivas, e deberán formalizarse na área de deportes do Concello do Carballiño. Desde este mesmo departamento muncipal, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, xa se levaron a cabo varios contactos con deportistas de elite para que asistan a esta gala, estando aínda pendiente de confirmación.
No mesmo dia no que estaba convocada a Comisión de facenda para fixar a postura dos grupos políticos en relación o proxecto de orzamentos elaborado polo grupo muncipal de goberno, o alcalde do Carballiño remitíu un escrito ó voceiro do Bng, Manuel Amil, solicitándolle a colaboración dos nacionalistas para a aprobación dos orzamentos deste ano 2009, e con vistas a convocatoria da sesión do pleno da Corporación Municipal, onde os socialistas están en minoria, polo que necesitan do apoio ou abstención dun dos dous grupos da oposición.
Na carta enviada por Montes o grupo do Bloque Nacionalista galego, o Alcalde convida formalmente ós nacionalistas a manter unha xuntanza o vindeiro lúns dia 11 de maio, para "analizar e consensuar as contas para este ano", según unha nota informativa difundida a última hora desta mañá polo gabinete de comunicación do Concello do Carballiño. A invitación chega nun contexto bastante paradóxico, xa que hoxe mesmo, tamén esta mañá, celebrouse a comisión de facenda, preceptiva á convocatoria do Pleno. Nesta comisión, tanto Partido Popular como Bng abstiveronse. Se mantiveran esta mesma postura no Pleno, o grupo de goberno non tería problemas para que os orzamentos resultasen aprobados, pero en ambos casos xa advertiron que necesitan aínda tempo para estudiar detalladamente a documentación e fixarán a súa postura definitiva na sesión plenaria da Corporación Municipal. Asi que calquera posibilidade está aberta.
Un dos espacios naturais maís embletáticos da Serra da Martiñá, Pena Veidosa, será obxeto dun acto informativo organizado pola asociación medioambiental "Terra de Osos", que terá lugar este domingo 10 de maio á unha da tarde na casa parroquial de Oseira. Pena Veidosa en un lugar de interese comunitario (L.I.C), integrado na Rede Natura, unha paraxe singular cualificada pola Unión Europea como lugar a conservar, pola riqueza da súa flora e a súa fauna.
O L.I.C. Pena Veidosa ocupa unha superficie de 2.354 ha. e desde o ano 2004 está considerada como Zona Especial de Protección dos Valores Naturais. Neste espacio teñen especial importancia as formacións de uceiras, especialmente a carqueixa, e as zonas de hidoromorfia, especialmnete turbeiras. Entre a fauna, destacan o anfibio pintega rabilonga, que é unha especie exclusiva do noroeste penínsular, e entre os invertebreados, a vacaloura .
Varios focos de incendios rexistrados á beira da via de ferrocarril á altura dos Concellos de Maside e Punxín, obrigou a cortar o tráfico ferroviario, entre Maside e Ourense, no trascurso desta tarde de mércores. Según a información facilitada polo Adif, esta incidencia motivou que o tren talgo Galicia-Madrid, tivera que permanecer detido durante máis dunha hora a altura do Concello do Carballiño, con 400 pasaxeiros a bordo. Nun primeiro momento sospeitouse que os lumes, todos localizados á beira da vía férrea, foran provocados polas chispas desprendidas por un tren mercancias, ainda que das inspeccións realizadas posteriormente desmentíuse esa posiblidade. Tras a intervención dos equipos anti-incendios forestais, o tráfico ferroviario entre O Carballiño e Ourense quedou novamente restablecido.
En apenas 48 horas, desde que recibiron esta semana o expediente, deberán posicionarse partido popular e bloque nacionalista galego na comisión informativa de facenda, convocada para este xoves dia 7 e na que se presentarán os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009, unha comisión informativa previa á convocatoria da sesión do pleno da corporación. Tamén este xoves está convocado o consello de participación cidadán, órgano de carácter consultivo, que se reunirá para dar cumplimento o regulamento de tramitación dos orzamentos, antes de sometelos á aprobación plenaria. Os grupos da oposición, PP e BNG, estudan contra reloxio o documento elaborado polo grupo de goberno, unhos orzamentos cifrados para este ano en dez millóns seiscentos mil euros, un millón por debaixo en relación ó exercicio económico do ano pasado. Daquéla, o grupo de goberno socialista - en minoría no Pleno- lograría sacar adiante os orzamentos, grazas á abstención do bng.
¿Que pasará este ano? Pois velahí a gran incognita que se plantexa, xa que a dia de hoxe desde o grupo de goberno non se levou a cabo ningún tipo de negociación cos grupos da oposición e para conseguir os apoios suficientes e necesarios para que os orzamentos sexan aprobados. Se non fose así, a situación complicaríase para os responsables municipais, porque terían que prorrogarse os orzamentos do 2008, de maneira que non poderían facerse operacións de tesorería, e tampouco se aprobaría a RPT, entre outras consecuencias. Pero quen o tería aínda máis complicado é Montes, toda vez que anunciou xa publicamente que si son rexeitados os orzamentos presentaría unha cuestión de confianza ante o Pleno, unha arma perigosa xa que se a supera tamén automaticamente quedarían aprobados os orzamentos, pero do contrario, se non supera a moción de confianza, entón a maioria da Corporación tería un mes de prazo para presentar ó pleno un novo candidato á Alcaldia do Carballiño.
Os "Vázquez Raña", a coñecida familia orixinaria do Concello de Avión, está de luto, tras confirmarse o falecemento dun neto de Mario Vázquez Raña, que tería sido victima da gripe A, según as informacións que chegaron nas últimas horas. Tras varios dias internado nun hospital infantil de Houston, nos Estado Unidos, a onde fora trasladado. Tráse dun cativo, aínda bebé, o máis pequeno dos 6 fillos de Miriam Vázquez, filla de Mario Vázquez Raña. A noticia causou fondo pesar en Avión, a onde os "Vázquez Raña" viaxan periodicamente.
Mario Vázquez Raña, o coñecido empresario mexicano, criouse atá os quince anos cos seus abós en Avión, atá que a súa familia o trasaladou a México, onde xa residia o su pai Venancio, tamén veciño natural de Avión. Con 76 anos na actualidade, Mario convertiríase co paso do tempo un dos empresarios máis influíntes na vida mexicana. Empresario do sector da comunicación, é propietario dunha cadea de radio e da maior editorial de periódicos en lingua española. Miguel, o neto de Vázquez Raña, victima mortal da gripe A, contaba con tan só 21 meses de idade
A situación pola que atravesa o proceso para a aprobación das bases que deberán regular o concurso público para adxudicar a concesión da expoltación do novo balneario de Berán parece que chegaron a un punto irreversible e sen retorno posible á negociación entre socialistas e populares. Tras o plantón dado o Presidente da Entidade Local Menor de Berán esta pasada fin de semana por parte do vocal socialista Tomás Lorenzo, que non se presentou -tal como se comprometera no último pleno da Entidade- para cerrar xa a redacción das bases, o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández deu por definitivamente rotas as negociaciòs entre PP e PSOE, despois de acusar novamente o vocal socialista na entidade de ser o único cupable desta situación que seguirá retrasando a apertura das novas instalación balnearias. Nunha entevista no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" o alcalde de Leiro calificou como de "intolerable e antidemocrática" a actitude do representante socilaista na Entidade Local de Berán, e adiantou que nos próximos días trasladará esta problemática á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para que estudie o cámbeo da normativa en canto o quuorom destas Entidades, xa que non ve outra solución posible.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Alcalde de Leiro
Recuperar antigas zonas de baño no río Arenteiro, ésta é a idea dos resposables muncipais e como alternativa ó peche das piscinas públicas do Carballiño para este vindeiro verán, mentres se acometan as obras de reforma destas instalacións, que están financiadas con cargo ó fondo estatal de investimento local e cun investimento que soprepasa os seiscentos mil euros. A intención do Concello do Carballiño é proceder, de inmediato, ó acondicionamento das ribeiras do río Arenteiro tanto na zona do Cuco como na piscifactoría, para recuperalas como praias fluviais. O Alcalde, Carlos Montes, anunciou que solicitarán permiso ante a confederación hidrográfica para levar a cabo esta actuación de forma inmediata. A zona do Cuco, antiga praia fluvial dos carballiñeses do século pasado, estaba en completo abandono desde mediados dos anos setenta, condo se construiron as piscinas muncipais. No caso da zona de baño da piscifactoria estaba en desuso desde fai anos, motivado pola contaminación no río Arenteiro, nunha zona que se agravaba esta problemática derivada do mal funcionnamento do colector de residuais. En canto o prazo de execución da obra de reforma nas piscinas, son tres meses os que tén diante a empresa adxudicataria para rematar o proxecto.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Alcalde do Carballiño
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- 782
- seguinte ›
- última »