Asi o anunciou esta mañá o Concelleiro de turismo Manolo Dacal. Esta celebración, que imita á feira de abril sevillana, trasladaráse cara a época de verán, precisamente, para evitar na medida do posible o mal tempo que acompañou á segunda edición celebrada no Carballiño esta pasada fin de semana, e que tivo unha irregular asistencia de público, moi condicionada pola fria climatoloxía dos últimos dias. Asi e todo, Dacal fixo un balance positivo desta segunda edición na que "chegou O Carballño xente de varias vilas e cidades" e anunciou, ademáis, que o Concello asumirá o gasto do aluguer da carpa, que ascende a mil quinientos euros.
O Concelleiro de Turismo tamén adiantou novas iniciativas do seu departamento nesta política de dinamización da hostelería local, coa organización de novas actividades festivas. A máis inmediativa, para o vindeiro mes de xuño, serán as foqueiras de San Xoán.
Agora, unha vez adoptado o acordo por parte da Xunta Local de Goberno, e unha vez que se proceda a súa publiiación, haberá un prazo de vinte diás no que estará en periodo de exposición pública, ós efectos de presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra o mesmo. O acordo da Xunta de Goberno da desta maneira luz verde municipal a este proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, despois da polémica suscitada sobre a súa legalidade urbanística en relación do ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón coa rúa Evaristo Vaamonde, e que segundo as advertencias do Partido popular vulnera o PXOM do Carballiño, ó reducir a 11 metros de ancho unha rúa que debería ser de 16. Non entanto, informes do Director Xeral de Urbanísmo da extinta Consellería de Política Territorial e Obras públicas e do arquicteto municipal, precisamente os redactores do proxecto, avalaron a legalidade do mesmo. O Alcalde carballiñés subliñou que, unha vez superado o periodo de exposición pública, o proxecto será remitido á nova consellería do territorio e infraestructuras para que proceda de inmediato a licitación da obra.
A actuación prevista está orzamentada en millón e medio de euos, que deberá aportar a administración autonómica, e consistirá na construcción dunha praza no entorno do Templo deseñado por Palacios, dunha superficie de trece mil metros cadrados. Será acondicionada a base dun pavimento de terra batida con pedras enrasadas, e a plantación de 83 especies de plantas arbóreas e ornamentais. Todo o recinto rodearáse dun muro de mampostería granítica. Completaráse coa instalación de bancos de pedra, madeira e fundición, asi como proxectores de luz empotrados na zona axardinada e orientados ás fachadas da igrexa. Finalmente, o proxecto contempla a apertura dunha rúa que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamononde, e que deu lugar a esta controversia entre socialistas e populares. Polo de agora, van alá dezaséis anos desde que comezou a xestarse esta obra, no ano 1993, e sendo alcalde do Carballiño José Luis García Rodríguez.
Antonio Montero
O Alcalde de Avión, Antonio Montero confirmou na "Mañá de Cope O Carballiño" que son varios os veciños deste Concello que están pendientes de viaxar a México en datas próximas e que por motivos tanto personais como profesionais é moi complicado que poidan anular estas viaxes, malia as preocupantes informacións sobre a situación sanitaria no país Mexicano derivada do brote de gripe porcina. Os casos de persoas mortas naquél país xa se elevan ás cento cincuenta e as persoas que están en observación xa ascenden a máis de dúas mil. Montero subliñou que tanto as informacións que chegan vía telefónica como a través dos medios de comunicación son altamente preocupantes, a unhas semanas vista do tradicional trasvase de emigrantes que cada ano chegan os Concellos de Avión, e a outros coma Beariz ou Boborás, aínda que confía o rexidor municipal que para esas datas esta problemática estea controlada. O Alcalde de Avión tamén fixo un chamamento á prucencia, evitando alarmismos innecesarios e aconsellou ós veciños que vaian a viaxar a México para que adopten as medidas de prevención e control recomendadas polas autoridades sanitarias.
No ámbito do Estado Español, son xa 26 os casos de pacientes que permanecen en observación, sospeitos de ter adquirida a enfirmidade, despois de recentes viaxes a México, ainda que atá o de agora só ún deses casos está confirmado como positivo. En Galicia apareceu xa un primeiro e posible caso de infección por este virus na localidade pontevedresa de Mos. A ministra de Sanidade e política social, Trinidad Jimenez, recomendou esta mañá aplazar as viaxes a México ás persoas que tiñan previsto esta desplazamento, non sendo por unha causa de "forza maior".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Intervención de Antonio Montero alcalde Avión a Cope O Carballiño
Os concellos de Avión e Beariz esperan, a partir do vindeiro mes de maio e como acontece cada ano, a chegada de centos de emigrantes residentes no país mejicano, que en moitos casos prolongan a súa estadía atá o mes de agosto. Non parece logo extraña a inquietude e preocupación polas informacións chegadas durante a fin de semana e que apuntan xa a oitenta casos de mortes confirmadas, e máis de mil pacientes en observación nos Estados Mejicanos, coma consecuencia da virulencia desta epidemia de gripe porcina. Unha preocupación tanto para as familias emigrantes residentes en méjico como os seus familiares e veciños residentes na nosa terra.
A ministra de sanidade española, Trinidad Jimenez, confirmaba este domingo a aparición de oito posibles casos en España, ningùn en Galicia, de persoas chegadas recentemente de Méjico. A Organización Mundial da Saúde recomendou ás autoridades sanitarias medidas de prevención e control exhaustivo daqueles casos anormais de neumonía ou gripe, sobre todo en persoas que non sexan nenos ou anciáns. Dase a circustancia que este brote afecta especialmente e con máis forza os adultos xóvenes e con boa saúde.
Dende as dez e media desta mañá de sábado, 25 de abril, xa quedou definitivamente aberto ó tráfico o derradeiro treito da autoestrada Santiago-Ourense, o que vai desde Ariz de San Facundo de Cea atá a autovía das Rias Baixas, de 14 kilómetros de percorrido, e no que os automobilistas se atoparán con dous grandes viaductos, que resultaron dunha gran complexidade na súa obra de construcción e que retrasaron a apertura deste treito durante varios meses. O de máis lonxitude, 780 metros, construído sobre o val do río Barbantiño, tén unha altura de 80 metros. O segundo viaducto en extensión, de 440 metros, sirve para salvar o río Miño e enlaza esta autoestrada de Santiago coa Autovía Estatal das Rias Baixas. Este treito agora aberto ó tráfico completa a autoestrada autonómica que arranca en Dozón, libre de peaxe. A Consellería do Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicía ordenou a apertura ó tráfico deste treito, sen ningún acto de inauguración.
Unha iniciativa conxunta das concellerías de tráfico e medio-ambiente vai poñer en marcha un programa que pretende favorecer a utilización da bicicleta como medio de transporte entre a veciñanza carballiñesa. Unha aposta polo "fomento da mobilidade sostible" que xa se está levando á practica en numerosas cidades e vilas españolas desde fai algunhos anos atrás, aínda que con resultados bastante desiguais. Con bastante máis éxito, e desde fai anos, xa veñen apostando por este medio en moitas cidades europeas. Trátase, evidentemente, dun medio de transporte ecolóxico, e tan recomendable para a saúde como para o medio ambiente, como subliñou o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, que deu a coñecer diversos aspectos deste programa.
O Concello do Carballiño creará un servizo municipal de préstamo para aqueles veciños e veciñas que non dispoñan de bicicletas en propiedade, e levará a cabo unha campaña divulgativa na que repartirá diverso material impreso, no que se invitará a poboación para que se aposte polo hábito de desplazarse en bicicleta. Ademáis, procederáse a intalación de aparcabicis municipais, que se ubicarán na piscifactoría, o camping, parque municipal, pavillón de deportes, piscinas, alameda, casa da cultura, concello, auditorio e nos dous institutos de ensinanza secundaria.
Outro dos obxetivos deste programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar as condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pensase que descenderá a utilización dos automóbiles, conseguiráse unha maior fluidez na circulación e máis prazas de aparcamento. Precisamente, coincidindo coa presentación desta iniciativa, deuse a coñecer a memoria da actividade desenvolvida pola Policía Local do Carballiño durante o ano 2008, e que revela un alto índice de accidentalidade nas rúas do casco urbano carballiñés. O informe, presentado polo Concelleiro José Antonio Barge e o Xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, pon de manifesto que cada tres días de 2008 produciuse un accidente de tráfico nas rúas e cruces da zona urbana.
O accidente aconteceu minutos antes da once da noite deste xoves 23 de abril, no cruce de confluencia de Conde Vallellano coa rúa Aldara, o colisionar unha motocicleta cun automóvil. Malia a aparatosidade do choque, como pode apreciarse na fotografia a moto resultou con grandes desperfectos, o piloto -que facía uso do casco- foi conducido á ambulancia de Urxencias Sanitarias polo seu propio pé, queixandose de dolores nunha man e nunha perna. O conductor do vehículo non precisou asistencia sanitaria, resultou ileso. Ambos son veciños do Carballiño. É o segundo accidente de circulación no que vai de semana no casco urbano do Carballiño. O pasado martes, unha motocicleta e un seat altea colisionaban na vella estrada de Pontevedra, na zona do parque, co resultado dun ferido grave, un veciño de Mesego que evoluciona favorablemente das feridas sufridas no Complexo hospitlario de Ourense.
As aportacións económicas de Caixanova e Deputación Provincial de ourense fixeron posible a adquisición dunha nova ambulancia, totalmente equipada, e da que xa dispón o Concello de Avión, para o servizo de traslado do urxencias sanitarias, incorporandose as prestacións da Agrupación Local de Protección Civil. O novo servizo terá unha cobertura horaria permanente de 24 horas, os 365 días do ano. Terá a súa sede no campo da feira de Avión, onde se ubica ademáis o Posto de Emerxencias de Protección Civil desta localidade. A ambulancia estará a disposción tanto dos veciños de Avión como dos Concellos limítrofes, cando se demande o seu servizo. Ademáis, para unha maior axilidade nesta pretación, poderá utilizarse un teléfono propio e gratuíto: 800 007 823.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Antonio Montero, alcalde Avión
No acto de presentación, O Alcalde de Avión agradeceu ás entidades colaboradoras a súa axuda, e salientou a importancia que para o seu Concello ten este novo servizo de urxencia sanitarias, que se pón en marcha para mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas a través dos propios recursos do Concello. Pola súa parte, O Presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, tamén presente neste acto puxo o Concello de Avión como exemplo a imitar en política de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, e invitou a outros Concellos a mirarse neste espello de Avión.
O Concelleiro do Bng solicitou da Secretaría Municipal do Concello do Carballiño un informe no que "se me aclare de que maneira se pode convocar a comisión de investigación sobre a canceira, se o Alcalde non o fai". Bernardo García asegurou que contaba xa con informes que validan xuridicamente esta posibilidade, que espera sexa confirmada pola Secretaría do Concello. O Concelleiro nacionalista lamentou esta falta de "talante democrático" do Alcalde do Carballiño e advertíu que o seu grupo non vai permitir que non se cumplan os acordos que adopta o Pleno da Corporación Municipal, porque "os acordos en democracia están para cumplirse" e "non imos permitir por maís tempo unha dictadura en minoría como a que estamos vivindo no Concello do Carballiño".
O acordo de constituír unha comisión de investigación sobre a canceira foi adoptado por unanimidade dos tres grupos políticos no último pleno que celebrou a Corporación Muncipal, que ademáis fixaba a súa convocatoria para o día segunte ó da sesión plenaria. Sen embargo, o Alcalde, Carlos Montes non a convocou alegando motivos de axenda. O Obxetivo desta comisión, integrada por representantes das tres formacións políticas, sería investigar e aclarar os feitos ocurridos na canceira da Medela, despois de varias irrregularidades no seu funcionamento denunciada por grupos ecoloxistas, e tamén despois de saberse dun informe oficial do Seprona que certificou a desaparición de perto de cen cans desta intalacións municipais. Entre as irrregularidades que sairon daquela á luz pública tamén se apuntou a existencia dun foso dentro das propias intalacións da canceira, onde estarían entrerrandose os cans mortos, vulnerando a normativa vixente nesta materia.
Os datos correspondentes a a primeira "oleada" do "estudio general de medios" do ano 2009, que se coñecían este pasado dia 22 de abril, volven situar a COPE O CARBALLIÑO como a emisora de radio líder en audiencia na Comarca do Carballiño, con idénticas porcentaxes que no Egm acumulado do pasado ano 2008. Desta maneira, o "EGM" certifica que COPE O CARBALLIÑO ten catro veces máis audiencia que o resto das emisoras da Comarca ás que audita este sistema de medición de audiencias. No ámbito provincial, o primeiro posto neste "ranking" é para a Cadena Ser, por diante de Onda Cero que é segunda e COPE terceira. Por detrás, sitúanse o resto das cadenas que emiten radio convencional na provincia de Ourense, a Radio Galega aparece en cuarta posición, por diante de Radio Nacional de España, Punto Radio e Radiovoz. Na radio musical, o liderazgo provincial é para a Cadena 40, seguida de Cadena 100.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- 782
- seguinte ›
- última »