O accidente aconteceu minutos antes da once da noite deste xoves 23 de abril, no cruce de confluencia de Conde Vallellano coa rúa Aldara, o colisionar unha motocicleta cun automóvil. Malia a aparatosidade do choque, como pode apreciarse na fotografia a moto resultou con grandes desperfectos, o piloto -que facía uso do casco- foi conducido á ambulancia de Urxencias Sanitarias polo seu propio pé, queixandose de dolores nunha man e nunha perna. O conductor do vehículo non precisou asistencia sanitaria, resultou ileso. Ambos son veciños do Carballiño. É o segundo accidente de circulación no que vai de semana no casco urbano do Carballiño. O pasado martes, unha motocicleta e un seat altea colisionaban na vella estrada de Pontevedra, na zona do parque, co resultado dun ferido grave, un veciño de Mesego que evoluciona favorablemente das feridas sufridas no Complexo hospitlario de Ourense.
As aportacións económicas de Caixanova e Deputación Provincial de ourense fixeron posible a adquisición dunha nova ambulancia, totalmente equipada, e da que xa dispón o Concello de Avión, para o servizo de traslado do urxencias sanitarias, incorporandose as prestacións da Agrupación Local de Protección Civil. O novo servizo terá unha cobertura horaria permanente de 24 horas, os 365 días do ano. Terá a súa sede no campo da feira de Avión, onde se ubica ademáis o Posto de Emerxencias de Protección Civil desta localidade. A ambulancia estará a disposción tanto dos veciños de Avión como dos Concellos limítrofes, cando se demande o seu servizo. Ademáis, para unha maior axilidade nesta pretación, poderá utilizarse un teléfono propio e gratuíto: 800 007 823.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Antonio Montero, alcalde Avión
No acto de presentación, O Alcalde de Avión agradeceu ás entidades colaboradoras a súa axuda, e salientou a importancia que para o seu Concello ten este novo servizo de urxencia sanitarias, que se pón en marcha para mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas a través dos propios recursos do Concello. Pola súa parte, O Presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, tamén presente neste acto puxo o Concello de Avión como exemplo a imitar en política de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, e invitou a outros Concellos a mirarse neste espello de Avión.
O Concelleiro do Bng solicitou da Secretaría Municipal do Concello do Carballiño un informe no que "se me aclare de que maneira se pode convocar a comisión de investigación sobre a canceira, se o Alcalde non o fai". Bernardo García asegurou que contaba xa con informes que validan xuridicamente esta posibilidade, que espera sexa confirmada pola Secretaría do Concello. O Concelleiro nacionalista lamentou esta falta de "talante democrático" do Alcalde do Carballiño e advertíu que o seu grupo non vai permitir que non se cumplan os acordos que adopta o Pleno da Corporación Municipal, porque "os acordos en democracia están para cumplirse" e "non imos permitir por maís tempo unha dictadura en minoría como a que estamos vivindo no Concello do Carballiño".
O acordo de constituír unha comisión de investigación sobre a canceira foi adoptado por unanimidade dos tres grupos políticos no último pleno que celebrou a Corporación Muncipal, que ademáis fixaba a súa convocatoria para o día segunte ó da sesión plenaria. Sen embargo, o Alcalde, Carlos Montes non a convocou alegando motivos de axenda. O Obxetivo desta comisión, integrada por representantes das tres formacións políticas, sería investigar e aclarar os feitos ocurridos na canceira da Medela, despois de varias irrregularidades no seu funcionamento denunciada por grupos ecoloxistas, e tamén despois de saberse dun informe oficial do Seprona que certificou a desaparición de perto de cen cans desta intalacións municipais. Entre as irrregularidades que sairon daquela á luz pública tamén se apuntou a existencia dun foso dentro das propias intalacións da canceira, onde estarían entrerrandose os cans mortos, vulnerando a normativa vixente nesta materia.
Os datos correspondentes a a primeira "oleada" do "estudio general de medios" do ano 2009, que se coñecían este pasado dia 22 de abril, volven situar a COPE O CARBALLIÑO como a emisora de radio líder en audiencia na Comarca do Carballiño, con idénticas porcentaxes que no Egm acumulado do pasado ano 2008. Desta maneira, o "EGM" certifica que COPE O CARBALLIÑO ten catro veces máis audiencia que o resto das emisoras da Comarca ás que audita este sistema de medición de audiencias. No ámbito provincial, o primeiro posto neste "ranking" é para a Cadena Ser, por diante de Onda Cero que é segunda e COPE terceira. Por detrás, sitúanse o resto das cadenas que emiten radio convencional na provincia de Ourense, a Radio Galega aparece en cuarta posición, por diante de Radio Nacional de España, Punto Radio e Radiovoz. Na radio musical, o liderazgo provincial é para a Cadena 40, seguida de Cadena 100.
O Partido Popular seguirá defendendo a legalidade urbanística no proxecto de urbanización da Veracruz, ó entender que a apertura dun vial de once metros de ancho vulnera o PXOM actúalmente en vigor no Concello do Carballiño, que fixa as condicións urbanísticas que deberá guiar calquera actuación que se faga neste entorno, e ás que deberá adaptarse calquera proxecto urbanístico que se leve a cabo. O Portavoz do PP no Concello Carballiñés non concede crédito o informe asinado polo Director Xeral de Urbanísmo en funcións, este pasado dia 17 de abril, a punto de cesar na súa responsabilidade.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Argimiro Marnotes voceiro do PP
Marnotes aludíu á opinión doutros técnicos de toda solvencia que "calificaron como de escandalosa" a contestación dada neste informe por un señor "que se está marchando". O portavoz dos populares tamén anunciou que desde o seu grupo solicitaráse un novo informe á Dirección Xeral de Urbanisimo, unha vez tome posesión o seu novo titular.
Unha resolución da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia do pasado dia 13 de abril, fixou un orzamento base dun millón e medio de euros para a licitación -mediante concurso público- do contrato de suministración e instalación de equiupamentos culturais do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás, nos Concellos de San Amaro e Punxín. O prazo para a presentación de ofertas será atá o dia 16 de maio, e periodo de execución do contrato, unha vez adxudicado, será de 300 dias naturais. Os criterios e condicións detalladas do contrato poden consultarse no perfíl do contratante da Consellería de Cultura.
O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, salientou -nunha entrevista na MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO, a gran dimensión deste proxecto cultural, xa que se trata "dunha das actuacións máis ambiciosas da Consellería de Cultura en matería cultural, e desde logo do maior equipamento cultural da nosa Comarca". Os investimentos feitos neste proxecto cl superarán os seis millóns de euros, aportados pola Consellería de Cultura e o Ministerio de Fomento do Goberno Central. O rexidor municipal agarda que a finais do ano 2010 este Parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás poida recibir os seus primeiros visitantes.
O proxecto de urbanización do entorno da Veracruz axustase o plaeamento urbanístico vixente no Concello do Carballiño, alomenos esto é o que se recolle nunha contestación remitida ó Concello Carballiñés polo Director Xeral de ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia. O escrito de contestación tén data de emisión o pasado 17 deste mes de abril, o derradeiro día en funcións da Xunta do bipartito. O punto discrepante entre o Goberno Municipal e o Partido popular refírese o ancho do vial de nova apertura que deberá comunicar a praza de San Ramón e a rúa Evairsto Vaamonde. No proxecto deseñado polo Concello este vial reducese a once metros de ancho, mentres que para o partido popular debería ser de 16 metros de ancho, tal como se recolle no Plan xeral de Ordenación Municipal. Sen embargo, entende o redactor deste informe da administración autonómica que unha modificación puntual do ano 2002 acordada para regular a contorna da Veracruz, recolle esa posibilidade, polo que se deduce que o proxecto presentado polo Concello do Carballiño axústase a legalidade urbanística vixente. O Alcalde, Carlos Montes, que deu a coñecer este infome, manifestou que atrás queda desta maneira "unha historia máis para non dormir do voceiro do partido popular", e adiantou que proximamente a Xunta de Goberno procederá a aprobación definitiva do proxecto.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións alcalde de O Carballiño, Carlos Montes
A un total de cinco mil euros ascende o valor da maquinaria e diverso material roubado no matadoiro comarcal do Carballiñ, sito nas inmediacións da localidade de Seoane, na estrada de Cea, segundo a denucia presentada ante a garda civil pola representante da empresa que se ocupa da xestión destas instalacións. Ó paerecer, os feitos sucederonse cando persoas descoñecidas romperon a alambrada do cerre exterior, a continuación forzaron o candado e dúas portas da oficina, levandose diversa documentación. Tamén sustraeron mil precintos sanitarios e unha máquina de hidrolavado.
O obxetivo deste obradoiro -segundo unha nota informativa difundida polo Concello de Boborás- é reflexionar sobre os modelos de educación afectivo-sexual, e a súa incidencia na sexualidade femenina, favorecer o coñecemento das características propias da sexualidade feminina e impulsar a creatividade e a imaxinación como elementos potenciadores do pracer. As sesións de traballo plantexaránse dende unha perspectiva dinámica, fomentando o diálogo para converter as sesións en "espazos de expresión e sensacións"
As destinatarias deste obradoiro son as mulleres residentes no Concello de Boborás maiores de 18 anos. Será impartido na Casa do Concello de Boborás e a cargo de persoal especializado do centro "Quérote" de Ourense, dependente da Dirección Xeral de Xuventude. A iniciativa partíu da Concellería de Cultura do Concello de Boborás, que dirixe a concelleira Eva Pardo.
O Concello do Carballiño deberá adaptar os pasos de peóns elevados existentes tanto na rúa Martínez Avellanosa como na Avda. de Julio Rodríguez Soto á normativa reguladora deste tipo de elementos, xa que incumplen a lexislación vixente, e podería darse o caso dalgún automovilista que denunciase o Concello Carballiñés como titular destas vias. En idéntica situación estarían os pasos elevados construídos na Avda. de Compostela, aínda que neste caso a titularidade da vía é autonómica. Atá o mes de octubro do ano pasado non existía unha normativa reguladora, pero desde entón, o regulamento xeral de circulación converte en obstáculos prohibídos os resaltos e pasos de peóns que non cumplan coa normativa básica do Ministerio de Fomento.
Os pasos de peóns elevados, adaptados á normativa legal, deberán consistir nunha plataforma trapezoidal de 10 cms de alto como máximo. Todos os pasos de peóns contruídos polo Concello do Carballiño rebasan amplamente esa medida. Ademáis, tamén fixa a normativa que os pasos de peóns elevados, deberán contar cunhas rampas de subida e baixada, que estarán en relación cos límites de velocidade existentes. Serán dun metro para vias con velocidade máxima permitida de 30 kms hora, de 1,5 para velocidades de 40 kms. hora e, finalmente de 2,5 para vías con velociddes de 50 kms. hora.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- 782
- seguinte ›
- última »