17, Abril 2009

O Concello do Carballiño prevé este ano un descenso de atá o corenta por cento no imposto do ICIO, o imposto de construccións, intalacións e obras, o que unido ás taxas municipais de licencias urbanísticas, traduciráse nunha reducción dos ingresos entorno ós catrocentos mil euros, en relación a recadación acadada por este mesmo concepto, nos orzamentos do ano pasado, segundo deu a coñecer o Alcalde Carlos Montes, ó presentar os orzamentos para este ano 2009. Desta maneira, os once millóns seiscentos mil euros do ano pasado, quedanse reducidos ós dez millós seiscentos mil euros que contemplan os orzamentos para este exercicio. Montes xustificou ademáis esta rebaixa, no descenso das transferencias do Estado ós Concellos, previsto tamén para este ano.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Carlos Montes

No apartado de gastos, o capítulo máis elevado é o relativo a persoal, con tres millóns seiscentos mil euros, o que representa o 34 por cento do total. O de gastos correntes e servizos terá unha consignación de tres millóns trescentos sesenta mil euros, e para investimentos reservase algo maís de dous millóns de euros. Montes calficou este proxecto de orzamentos como de "apretados" e en sintonía con este tempo de crise que vivimos.

16, Abril 2009

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións de Bernardo García e Jose Antonio Barge

As afirmacións dos Sindicalistas da Ciga foron contestadas polo Concelleiro de Persoal. Barge negou que na proposta de RPT para este ano se recollan discriminacións salariais entre os traballadores e ´"en ningún caso se produciron aumentos nos soldos nas porcentaxes apuntadas polos sindicalistas da ciga, senón que os aumentos son nos complementos, informados favorablemente pola Intervención Municipal". Barge tamén se preguntou onde estaba a "dictadura" da que falaban os representantes sindicais xa que "´na reunión, de 13 votos, 12 foron favorables á proposta de RPT, e só ún voto en contra". A reunión non acudíu Comisiós Obreiras.  Finalmente, José Antonio Barge adiantou que se comprometeu a trasladar ó Pleno da Corporación esta RPT, sen modificacións posibles, e sen posibilidade, polo tanto, de que a Oposición Municipal poida participar neste proceso.

Foi, precisamente, este último aspecto o máis duramente criticado polo Concelleiro e portavoz do Bng en materia de persoal, Bernardo García, porque novamente "están saltandose á toreira o acordo do Pleno da Corporación  do 26 de marzo do pasado 2008, xa que non se convocou os grupos da oposición á mesa xeral de negociación". O Concelleiro do Bng tamén se preguntou qué democracia é a que pretende deixar á marxe deste Acordo os dous grupos que suman a maioria social representativa dos veciños do Carballiño. E recodou, ademáis, que será en última instancia o Pleno da Corporación quen terá que ratificar ou non esta RPT, igual que os Orzamentos, polo que non hai outra vía posibel que non sexa a do diálogo e o consenso.

15, Abril 2009

Celso Fernández, alcalde de Maside

O Alcalde de Maside anunciou na "NA MAÑÄ DE COPE" a instalación dunhos contedores de capacidade moi superior ós convencionais, para a recollida do lixo na zona da Fontela. Neste mesmo lugar procedeuse meses atrás a retirada de toneladas de chatarra, e a recuperación deste espazo, a través dunha actuación que levou a cabo a Consellería de Medio-Ambiente en colaboración co Concello Masidao. Coa intalación agora destes contedores completase  esta actuación "que tén caracter preventivo" -dixo Celso Fernández- para "evitar que volva aparecer outro vertedoiro incontrolado".

 

 

 

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Celso Fernández

O Rexidor Municipal Masidao confia, ademáis, que siga adiante o proxecto de erradicación do chabolismo emprendido polo Goberno da Xunta saínte, xa que o mesmo é  "un proxecto de Goberno máis que de partido". Neste senso, confia en que siga o seu curso esta actuación, que agora mesmo atópase pendiente dos trámites adiminstrativo-urbanísticos para a legalización dos terreos que foron adquiridos, nas inmediacións do actúal poboado xitano, para a construcción de casas ás que poidan trasladarse estas familias. Trátase dun proxecto no que ademáis do Concello de Maside, están involucradas as Consellerías de Vivenda e Solo, Política Territorial e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

 

14, Abril 2009

Carlos Montes

Unha denuncia pública do portavoz municipal do BNG, Manuel Amil, no programa "A MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO", motivou unha rápida actuación dos responsables municipais en relación o cerramento da rúa Rio Avia, que foi tapiada cun muro de perpiaño  polos promotores dunha obra en construcción. Antes, a emprresa que executou a construcción do novo paseo fluvial do río Arenteiro cerrrara o paso coa instalación dun valado metálico apoiado nun cerramento de bloques de cemento, no proxecto que estivo financiado pola Confederación Hidrográfica.

A rúa Río Avia comunica a avenida do balneario co río arenteiro, bordeando o balneario, e convertiráse agora no acceso máis directo desde o centro urbano para acceder o novo paseo fluvial.

Declaracións Carlo Montes

Trátase dunha via pública que como salientou o concelleiro nacionalista "os veciños teñen coñecemento dela desde tempos inmemoriais, e que moitos carballiñeses utilizabamos noutros tempos cando era habitual bañarse no verán na presa do balneario". O BNG, alertado da situación polos veciños do entorno, presentou ademáis un escrito no rexistro municipal no que se poñía os resposables municipais en antecedentes. Desta vez, a actuación foi inmediata.O Alcalde Carlos Montes, acompañado do Concelleiro de obras, Edelmiro Mateo, e o arquitecto municipal, achegaronse ata esta rúa, onde poideron comprobar a veracidade dos feitos denunciados. O rexidor municipal asegurou, preguntado sobre o asunto por COPE O CARBALLIÑO, que xa se ordenara por parte do Concello o restablecemento da legalidade urbanística. Tanto o muro de perpiaño como o valado do paseo fluvial deberán ser derrubados na zona onde invadiron espazo público.

 

 

 

13, Abril 2009

Unha gran carpa de 24x16 metros de superficie, que ocupará a "pista roxa", servirá para acoller a segunda edición da "feira de abril" que terá lugar os dias 24, 25 e 26 deste mes de abril de 2009, organizada por un grupo de hostaleiros do entorno da praza do Emigrante do Carballiño, e coa colaboración do Concello do Carballiño, que ademáis este ano será ún dos patrocinadores do evento, ó que aportará mil euros de subvención. Así o adiantou o Concelleiro de turismo, Manolo Dacal, que ademáis tivo un recordo especial no acto de presentación do programa para " as tertulias que falan e critican desde a súa iñorancia unha iniciativa como ésta". O Concelleiro salientou esta celebración festiva polo que reprresenta como "motivo para dinamizar a hostalería local".

A empresa ourensana "Cátering Xantar" será a encargada de ofrecer un servizo de restaurante, no que poderán degustarse  a diario productos típicos de Andalucía, entre os que destacará -será a novidade desta segunda edición- o "polbo á andaluza", que durante os tres días rivalizará co noso tradicional "polbo á feira".

No capítulo de animación musical e folclórica, contaráse coa colaboración da Escola Municipal de Danza do Carballiño e a Escola de Danza "Natifleta", de Ourense. Entre as novidades, haberá un Concruso de Baile de Sevillanas.

6, Abril 2009

A idea pasa por converter a antiga fábrica de papel de Lousado nun gran centro cultural, turístico e de formación ocupacional para as persoas con discapacidade e síndrome de Down. Todo principiou fai dous anos con motivo dunha exposición artística que tivo como escenario esta antiga fábrica e a súa finca anexa. Daquéla, foi cando varios persoeiros que acudiran a exposición "sondearon" ó propietario, José Hipolito Rodríguez Presas, sobre a súa disponibilidade de venda ou cesión desta propiedade para unha actividade pública. Nunha entrevista con Xan Pinal no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", Presas contou que fora a por aquél entón  Concelleira de Piñor Mª José Perez quen lle fixera a proposta, e pouco tempo despois, o tamén Concelleiro Xabier Saco, presentáralle o Xerente de Aspanas. Foi este quen lle falou do proxecto e da súa finalidade social: formar e dar traballo as persoas con discapacidade.

O ex-alcalde de Cea acolleu con tal entusiasmo a idea que o día da Festa da Saleta do pasado 2008 expuso ás súas intención á súa familia: ceder esta propiedade ó Concello de Piñor á cambeo e coa única condición de que nun prazo de cinco anos se execute o proxecto. "O apoio da miña familia foi total e incondicional" - contou Presas- , de maneira que  "asi llo comuniquei tanto ós responsables municipais de Piñor como da Asociaciòn Aspanas".  "Agora -engadiu- trataríase de constituír unha Fundación para xestionar todo o proceso de construcción e posterior funcionamento do futuro centro"

Antes será necesario acadar a financiación necesaria para poder levar a cabo este ambicioso proxecto. Calculase que  se precisarían unhos oito millós de euros,  e poderíanse crear unhos 150 postos de traballo, o que convertería a este proxecto en punteiro no seu ámbito a nivel galego. O Concelleiro Xabier Saco, nunha entrevista no programa "A MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO" asegurou que xa visitara o lugar Anxo Quintana, co que xa estaban moi adiantados os contactos para acadar o apoio autonómico, e tamén  que "espero o mesmo apoio e sensiblidade do Novo Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia".

UN POUCO DE HISTORIA

Esta antiga fábrica de papel de Lousado fora fundada por Antonio Rivero de Aguilar e estivo en producicón desde finais do século 19 e  atá mediados do 20. Foi vendida en varias ocasións e outros propietarios foron Perfectino Viétez, Fernando De Cardenas ou o catalán Pascual Llopart, que foi so seu último propietario antes de que a adquiríse José Hipólito Rodríguez Presas no ano 1965. Na súa época de explendor chegou a contar con perto de cen traballadores, na súa maioria mulleres. A nave, construída en pedra e nun bó estado de conservación,  tén unha superficie de 1.800 metros cadrados. Ademáis a propiedade conta cunha antiga minicentral eléctrica que estivo en funcionamento atá os anos setenta do século pasado, e que tamén forma parte da cesión, igual que un muiño restaurado fai unhos anos, e unha finca anexa.

 

6, Abril 2009

A Xunta de Goberno do Concello de San Cristobo de Cea ven de adxudicar a obra de pavimentación nas rúas Fondo de Cea, Bacelo, Matadoiro e Santo Cristo, por un importe de 231.000 euros á empresa "Consenor s.l." Doutra parte, este mesmo órgano municipal do Concello Ceano  adxudicou polo mesmo procedento de tramitaciòn urxente, o contracto para o proxecto de construcción de beirarúas na vila de Cea, neste caso por importe de 146.000 euros á empresa "Combarper".

Ambalasdùas actuaciòns, que en total suman 377.000 miles de euros, corresponden os proxectos que o Concello de San Cristobo de Cea financia con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.

6, Abril 2009

A Asociación Cultural "Castela Auriense" celebrou unha asemblea de socios nas antigas escolas de Berán, localidade onde nacía este colectivo no pasado ano 2008, co obxetivo de promover todo tipo de actividades no ámbito cultural e de conservación e promoción do patrimonio histórico-artístico, etnográfico e medio-ambiental. Precisamente, co medio-ambiente, ten que ver unha das actuacións que pretende promover  esta asociaciòn: a recuperaciòn integral do río Barbaña entre Beiro e Viete, nun percorrido de gran interese ecolóxico e paisaxístico.

Desde este mesma Asociación tamén se seguirá apoiando a reivindicaciónde declaración e recoñecemento institucional para o "camiño xacobeo do Ribeiro", de feito, esta idea partíu desta Asociación "Castela Auriense". Precisamente, unha das próximas actividades do colectivo será a organizaciòn dunha andaina para percorrer os oito kilómetros que seguiría esta ruta xacobea entre as localidades de Ribadavia e Berán.

En canto a outras iniciativas e actividades tanto para os socios de "Castela Auriense" como do público en xeral, a asociaciòn que preside Pablo Lorenzo promoverá excursións culturais e unhas xornadas sobrre a historia local.

5, Abril 2009

O Grupo de Goberno do Concello de Punxín, que preside o Alcalde Alfredo Cruz, espera que durante o actúal mandato municipal, que se prolongará atá o ano 2011, poida levarse a cabo o proxecto de construcción dun Complexo Termal na zona coñecida como "O bañiño". Trátase, ademáis dunha vella demanda das xentes de Punxín, para revalorizar estas augas termais, no entorno do río Barbantiño.

Segundo o proxeccto no que está a traballarse, o futuro complexo termal constará de piscinas de auga quente e fría, vestiarios, aseos, e iluminación exterior. Ademáis, a actuación prevista completaráse con outras obras, tales como o acondicionamento dos accesos e unha zona de aparcadoiro para vehículos.

Os responsables municipais de Punxín esperan contar coas axudas económicas necesarias para sacar adiante este proxecto, que deberán chegar a través de subvencións e convenios coa administración autonómica. O Complexo termal aproveitará as augas sulfurosas e bicarbonatadas que saen cun caudal de cinco litros por segundo e a unha temperatura de 27,2 graos centígrados.

1, Abril 2009

A un total de 268 mil euros ascende o importe dos investimentos en distintas obras que ven de adxudicar a Comisión de Goberno do Concello de Maside, e das que se beneficiarán varias localidades do ámbito municipal. Concretamente, levaráse a cabo a pavimentación de estradas e camiños nos pobos de Listanco, Pousada, A Carreira, Manzós, Santián, Garabás e Luuredo. Os traballos terán un orzamento de 110 mil euros, e a empresa que resultou adxudicataria foi Lorvicón.

Xa na capitalidade municipal, na vila de Maside, cóntase cun orzamento de 78 mil euros para a urbanización da rúa Sanjurjo e a praza de Correos. E finalmente, o Concello Masidao investirá outros 80 mil euros na reforma da iluminación pública da localidade de Dacón, ónde se instalará un novo sistema de aforro enerxético.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS