A Xunta de Goberno do Concello de San Cristobo de Cea ven de adxudicar a obra de pavimentación nas rúas Fondo de Cea, Bacelo, Matadoiro e Santo Cristo, por un importe de 231.000 euros á empresa "Consenor s.l." Doutra parte, este mesmo órgano municipal do Concello Ceano adxudicou polo mesmo procedento de tramitaciòn urxente, o contracto para o proxecto de construcción de beirarúas na vila de Cea, neste caso por importe de 146.000 euros á empresa "Combarper".
Ambalasdùas actuaciòns, que en total suman 377.000 miles de euros, corresponden os proxectos que o Concello de San Cristobo de Cea financia con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.
A Asociación Cultural "Castela Auriense" celebrou unha asemblea de socios nas antigas escolas de Berán, localidade onde nacía este colectivo no pasado ano 2008, co obxetivo de promover todo tipo de actividades no ámbito cultural e de conservación e promoción do patrimonio histórico-artístico, etnográfico e medio-ambiental. Precisamente, co medio-ambiente, ten que ver unha das actuacións que pretende promover esta asociaciòn: a recuperaciòn integral do río Barbaña entre Beiro e Viete, nun percorrido de gran interese ecolóxico e paisaxístico.
Desde este mesma Asociación tamén se seguirá apoiando a reivindicaciónde declaración e recoñecemento institucional para o "camiño xacobeo do Ribeiro", de feito, esta idea partíu desta Asociación "Castela Auriense". Precisamente, unha das próximas actividades do colectivo será a organizaciòn dunha andaina para percorrer os oito kilómetros que seguiría esta ruta xacobea entre as localidades de Ribadavia e Berán.
En canto a outras iniciativas e actividades tanto para os socios de "Castela Auriense" como do público en xeral, a asociaciòn que preside Pablo Lorenzo promoverá excursións culturais e unhas xornadas sobrre a historia local.
O Grupo de Goberno do Concello de Punxín, que preside o Alcalde Alfredo Cruz, espera que durante o actúal mandato municipal, que se prolongará atá o ano 2011, poida levarse a cabo o proxecto de construcción dun Complexo Termal na zona coñecida como "O bañiño". Trátase, ademáis dunha vella demanda das xentes de Punxín, para revalorizar estas augas termais, no entorno do río Barbantiño.
Segundo o proxeccto no que está a traballarse, o futuro complexo termal constará de piscinas de auga quente e fría, vestiarios, aseos, e iluminación exterior. Ademáis, a actuación prevista completaráse con outras obras, tales como o acondicionamento dos accesos e unha zona de aparcadoiro para vehículos.
Os responsables municipais de Punxín esperan contar coas axudas económicas necesarias para sacar adiante este proxecto, que deberán chegar a través de subvencións e convenios coa administración autonómica. O Complexo termal aproveitará as augas sulfurosas e bicarbonatadas que saen cun caudal de cinco litros por segundo e a unha temperatura de 27,2 graos centígrados.
A un total de 268 mil euros ascende o importe dos investimentos en distintas obras que ven de adxudicar a Comisión de Goberno do Concello de Maside, e das que se beneficiarán varias localidades do ámbito municipal. Concretamente, levaráse a cabo a pavimentación de estradas e camiños nos pobos de Listanco, Pousada, A Carreira, Manzós, Santián, Garabás e Luuredo. Os traballos terán un orzamento de 110 mil euros, e a empresa que resultou adxudicataria foi Lorvicón.
Xa na capitalidade municipal, na vila de Maside, cóntase cun orzamento de 78 mil euros para a urbanización da rúa Sanjurjo e a praza de Correos. E finalmente, o Concello Masidao investirá outros 80 mil euros na reforma da iluminación pública da localidade de Dacón, ónde se instalará un novo sistema de aforro enerxético.
O Concello de Avión destinará a cantidade que lle corresponde dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, perto do medio millón de euros, a un único proxecto, a obra de construcción dun "fogar residencial" para persoas maiores, que se ubicará nao lugar do Sifón e pasará a formar parte do complexo municipal de Servizos Sociais "Albetus", onde se concentran na actualidade o resto das prestacións que se ofrecen, tales como o Centro de día ou a Casa Comunitaria.
O Alcalde de Avión, Antonio Montero, defendeu no programa "A MAÑÄ DE COPE" este proxecto, e tamén o feito de que se decidise destinar o cento por cento dos recursos dispoñibles neste Fondo Estatal de Investimento Local a unha única obra. Dunha parte porque cumple plenamente coa filosofía deste plan, que é a creación de emprego, que neste caso non será tan só durante o tempo que dure a obra de construcicón do edificio, senón que tamèn se crearán despois postos de traballo permanentes, para a atención das persoas residentes. E doutra parte porque " coa construcción deste fogar residencial e a casa comunitaria xa existente, O Concello de Avión cubrirá boa parte das necesidades que temos na actualidade para atender as persoas maiores, cunha poboación coma é a nosa cada vez máis envellecida"
Finalmente foron catro as empresas que presentaron as súas plicas para facerse coa adxudicación desta obra, que se deberá executar durante este ano 2009.
O bng de Piñor amosase moi crítico coa política medio-ambiental que ven levando a cabo o Goberno Municipal que preside o Alcalde Socialista Francisco Fraga, atá o punto de considerar que os seiscentos mil euros destinados pola consellería de medio-ambiente na última lexislatura, non resolveron os problemas de saneamentos, ben o contrario, están a causar danos ambientais importantes. Asi o pón de manifesto o Bng no seu último "Boletín Informativo", distribuído entre a veciñanza das parrroquias que integran este Concello.
Entre as graves deficiencias detectadas, está a fosa intalada na zona do Torguedo, que recolle as residuais do Reino, Moire e Torguedo, ubicada á beira do río, en zona de servidume do mesmo, con problemas de funcionamento que están a converter o río Arenteiro nunha cloaca. Tamén se critica como se ubicou unha fosa séptica no lugar da Torre, ó pé dun cruceiro, que tampouco parece o lugar máis axeitado, polo que representa unha falla elemental de sensibilidade co patrimonio cultural.
O ministerio de Administracións públicas ven de efectar o libramento de fondos correspondentes o Concello de Beariz para financiciar os seis proxectos que executará este Concello con cargo o Fondo Estatal de Investimento local. Trátase das obras de acondicionamento da área recreativa na localidade de Doade e o acondicionamento do lavadoiro público de Lebozán, por importe de 14.481 e 16.273 euros, respectivamente. A instalación dun parque de ximnasia ó aire libre na vila de Beariz e intalalacións deportivas no monte da Goberna, cun orzamento de 19.179 e 31.141 euros. Finalmente, outros dous proxectos contarán cun investimento de 31.141 e 36.000 euros, que son as cantidades que se destinarán a obras de reforma nos centros sociais das localidades de Muradás e Correa.
Os Servizos sociais da Mancomunidade, a través da súa Unidade de Atención Temperá, levará a cabo un programa pioneiro no ámbito comarcal, destinado a nenos de 0-3 anos, de detección e prevención precoz, nos Concellos de San cristobo de Cea, Boborás, O Irixo, San Amaro e Beariz. Esta iniciativa ten coma obxetivo facilitar a colaboración e a comunicación das familias para atender as súas dúbidadas ou preocupacións ante calquera dificultade que poida xurdir no desenvolvemento dos nenos, nunhas idades consideradas claves para a configuración da personalidade.
O programa consiste na implantación dun cribado para a detección precoz de dificultades e facotres de risco no desenvolvemento dos cativos. Levaráse a cabo unha primeira fase de reunións coas familias, para sensibilizálas sobre a vulneraridade nesta etapa inicial da vida, e no que se refire á importancia de conseguir un bó apego, inicio da linguaxe, relación con iguais, xogo, autoestima ou habilidades sociais, e poder conciencialos da eficacia dunha pronta detección e atención precoz das dificultades. Estas reunións iniciaránse cos pais que acuden os Puntos de Atención á Infancia os Concellos de Boborás e San cristobo de Cea, e continuarán más adiante nos outros tres Concellos que forman parte da Mancomunidade, os de San Amaro, O irixo e Beariz.
Desde a Unidade de Atención Temperá dos Servizos sociais da Entidade Comarcal espérase a colaboración das familias, que resultará fundamental no éxito deste programa, á hora de facilitar os datos relativos á observación dos nenos e desta maneira poder administrar probas de cribado para identificar alteracións no desenvolvemento no caso de que se considere necesario por parte das educadoreas, sicólas e pais, e poder derivacións oportunas e precoces a esta Unidade, e para tratar de aminorar canto antes as problemáticas detectadas.
O ministerio de fomento acometerá a obra de mellora da N-541 ó seu paso pola localidade de Brués, una actuación que consistirá na reposoción das redes de abastecemento de auga e saneamento, asi como a construcción de beirarrúas, instalación de nova iluminación e sinalización tanto horizontal como vertical. A obra executaráse en toda a travesía, e ademáis teráse en conta a mellora da seguridade vial no cruce da estrada de Feás, un punto considerado como conflictivo para o tráfico e no que se rexistraron varios accidentes nos últlimos anos.
Segundo adiantou o alcalde de Boborás no programa "A MAÑÁ DE COPE", o concello xa dispón do proxecto remitido polo MInisterio de Fomento, e do mesmo vai dar trasaldo ó proximo pleno que celebre a Corporación Municipal para proceder a súa aprobación. Desta maneira espera axilizar a tramitación por parte do concello para que a execución do proxecto sexa o máis inmdiata posible.
Cipriano Caamaño, o rexidor municipal, espera agora que o Ministerio de Fomento contemple cara vindeiros anos esta mesma actuación de mellora para a travesía da Almuzara, tal como se ven demandando desde o Concello de Boborás.
A xunta xestora, que desde fai aproximadamente un ano ven traballando na xestación deste proxecto, convertiráse proximamente na primeira Xunta Directiva da nova asociación, á que xa se sumaron 20 empresarios e comerciantes que desenvolven a súa actividade no municipio do Irixo. Pendentes agora mesmo de completar algunhos aspectos formais, a nova asociación xa tramitou todo o proceso administrativo para proceder o seu recoñecemento e legalización.
Entre os primeiros obxetivos que se marcn os promotores da asociación está a creacíón de solo industrial no Concello do Irixo. De feito, xa se mantiveron os primeiros contactos cos responsables municipais para traballar conxuntamente na consecución deste obxetivo.
Pola súa parte, o alcalde do Irixo, Manuel Penedo, valorou moi positivamente o nacemento desta nova asociación e comprometeu toda a axuda municipal posible coas actividades e iniciativas que vaian desenvolver. En relación a demanda de promoción de solo industrial no municipio, Penedo asegujrou que no futuro Plan xeral de ordenación muncipal do Irixo, na actualidade en fase de redacción por parte dos técnicos, xa se recolle esa posiblidade, e incluso apuntou a zona de A bugallleira como a elexida para ubicar o futuro parque empresarial do Irixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- 781
- 782
- 783