
A primeira hora da mañá, a Ponte Romana da Ourense foi testemuña da saída dunha proposta turística, impulsada desde a Deputación, e que se prolongará ata o 30 de marzo. Consistirá en percorrer a Vía da Prata – Camiño Mozárabe, desde Ourense a Santiago, facilitando así a obtención da “Compostela”.
O presidente provincial, Luis Menor, asistiu á saída da primeira etapa desta iniciativa, que discorrerá ata Cea e na que tamén participou facendo íntegro o percorrido de 21 quilómetros o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Menor ratificou o firme compromiso da Deputación de manter como prioridade provincial potenciar o turismo a través da Vía da Prata – Camiño Mozárabe, salientando a gran singularidade deste percorrido, que é a súa “conexión directa en AVE co resto da Península”, cifrando así en máis de 7 millóns de persoas os seus potenciais usuarios. Polo tanto, o presidente provincial sinalou o firme compromiso da institución “en seguir promocionando un dos Camiños máis antigos, máis extensos, con maior historia e monumentalidade”.
O programa desta iniciativa da Deputación inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada, con tramos de uns 20 quilómetros. Durante o traxecto, os peregrinos contarán cun guía especializado, que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño
O día da chegada a Santiago de Compostela disporán de tempo libre para visitar a Catedral ou o casco histórico, así como a Oficina do Peregrino. Ademais, prestarase asistencia para contar co “selo” diario da “Compostela” que acredita a peregrinación.
A primeira etapa, que foi a que comezou hoxe, levará aos peregrinos de Ourense a Cea, desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira para visitar este monumento, un dos grandes referentes patrimoniais do Camiño. A segunda etapa pasará por Cea, Piñor, percorrendo Castro Dozón ata Puxallos (22 quilómetros). A terceira etapa será de Puxallos a Silleda (22 quilómetros); mentres que a cuarta etapa irá de Silleda a Vedra ou a Susana (23 ou 30 quilómetros). Finalmente, o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago.
Aposta da Deputación
Esta iniciativa enmárcase na aposta da Deputación de Ourense por promocionar un camiño que discorre por máis dunha vintena de municipios ourensáns, desde a súa entrada en Galicia por A Mezquita. É o camiño xacobeo galego de maior percorrido e trátase dun obxectivo estratéxico dinamizador da provincia, debido ao gran atractivo turístico da Vía da Prata.
A Deputación intensificará os esforzos para potenciar esta ferramenta clave para o desenvolvemento da provincia. De feito, para aproveitar o potencial diferencial que supón a chegada do AVE, a intención é facilitar que os viaxeiros que chegan á estación de A Gudiña poidan comezar neste municipio o seu camiño en bicicleta, ou ben desde a capital a pé. Isto permitiríalles en ambos casos acadar a súa correspondente acreditación.

A Comunidade Cisterciense de Oseira daba conta esta mañá do pasamento dun dos seus monxes, o irmán Rafael Manzano García-Triviño, falecido neste martes santo 26 de marzo en Oseira á idade de 96 anos.
Levaba residindo en Oseira desde 1976, e durante boa parte destes últimos 48 anos foi o encargado da portería do mosteiro. A Comunidade recordao coma "un monxe alegre e entregado aos diversos servizos que prestou", entre os que tamén estivo o de mestre de novicios.
A misa de "corpore insepulto" terá lugar este mércores dia 27 de marzo ás 11:30 horas na igrexa monacal de Santa María A Real de Oseira.

O concello do Carballiño comunica que os horarios diarios de atención ao público ata o próximo domingo dia 31 de marzo tanto no museo do Parque Etnográfico do río Arenteiro como na oficina municipal de turismo sita na Alameda será de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 19:30 horas.
Nestas datas, o concello "agarda a chegada dun importante numero de visitantes a O Carballiño" e tamén recorda a toda a veciñanza "a importancia de apostar tamén nestas datas polo comercio e a hostalaría da vila, sectores que forman tamén parte do reclamo turístico do Carballiño".
Asemade, recordan que ao coincidir o dia 31 a domingo, adiántase a feira ao sábado 30, "animando a facer as reservas para comer con debida antelación", ao considerar que ao coincidir esta feira de final de mes en plena Semana Santa e no medio de dous festivos, espérase un cheo nos comedores da hostalaría carballiñesa.

O bo tempo acompañou e favoreceu a afluencia de público nas dúas primeiras procesións da Semana Santa do Carballño xa celebradas, as do Traslado da Dolorosa o pasado venres de Dores e a do domingo de Ramos, que contou co acompañamento musical da Banda da Brilat Galicia VII.
En contraste co inicio desta Semana Santa, para o resto da semana as previsións meteorolóxicas apuntan a un empeoramento do tempo, con baixada de temperaturas e choivas a diario, o que sen dúbida podería condicionar a celebracións das grandes procesións da Cofradía da Veracruz, nese caso, os actos programados desenvolveríanse no interior do Templo da Veracruz, segundo os protocolos previstos.
Procesión Penitencial de la Sentencia y la Misericordia. Fecha: 28 de marzo, Jueves Santo. Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Cena). Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rosalía de Castro – Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Nuestro Padre Jesús de la Sentencia y la Misericordia. Participan: Legio VII Civitas Limicorum, con su tercio de tambores. Destacado: Abre filas la Cruz Franciscana de Santa María de Mesego, custodiada por nazarenos de la Cofradía.
Procesión del Cristo de la Salud. Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo. Hora: 12:00 horas. Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Rúa de Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa de Tomás Mª Mosquera – Rúa de Rosalía de Castro – Rúa de Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Cristo de la Salud. Banda: Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.
Procesión Solemne del Santo Entierro o «dos Caladiños». Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo. Hora: 21:00 horas. Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Conde Vallellano – Rúa Aldara – Rúa Cesáreo Tizón – Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Praza Maior – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores. Bandas: Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe. Destacado: Abren filas la Cruz Procesional, el Estandarte de la Cofradía y el Lignum Crucis custodiado por las secciones de nazarenos, prometidos descalzos y mantillas.
Procesión Gloriosa de la Resurrección. Fecha: 31 de marzo, Domingo de Pascua. Hora: 13:00 horas (al finalizar la Santa Misa). Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Conde Vallellano – Rúa Rosalía de Castro – Praza Maior – Rúa Tomás Mª Mosquera – Iglesia Parroquial de San Cibrao. Pasos: Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria. Banda: Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.
Dende a semana pasada hai un tubo, de 1cm de diámetro e 2cm de altura, que sobresae do solo na parte de arriba da praza maior. Se provoca algún accidente, quén será o responsable?

O Grupo Provincial Socialista obtivo o compromiso do Pleno da Deputación para adoptar “as medidas oportunas para que se garanta no curto prazo a implantación real e efectiva do transporte de viaxeiros que inclúa a todos os concellos da área metropolitana de Ourense”. A moción socialista recolle a “creación inminente dun comité técnico e político no que se acorde a mellor fórmula de implantación do transporte metropolitano no menor tempo posible”.
Esta táboa de traballo estará composta por representantes da Deputación de Ourense, que incluiría a participación dos grupos políticos do mandato actual, da Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e cada un dos concellos da área metropolitana da capital provincial. O voceiro socialista, Álvaro Vila, fixo fincapé na “eiva” que supón a actual situación, da que derivan “limitacións” e “prexuízos” para a comarca de Ourense e os seus habitantes. “A implantación do transporte metropolitano é unha demanda histórica do PSdeG-PSOE que o PP, que representa o principal factor de bloqueo até hoxe, ven de subscribir durante a máis recente campaña das autonómicas, polo cal queremos aproveitar a ocasión para arrincar o compromiso do Pleno para a posta en marcha sen demora do transporte metropolitano”, destacou Vila.
Para éste, “a determinación exhibida polo PP en campaña é unha moi boa nova sempre que se vexa concretada e non sexa só resultado dunha estratexia electoralista”. Do proxecto de crear áreas metropolitanas para o transporte na entorna das cidades galegas fálase desde 1995, facéndose realidade paseniñamente na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e Lugo. O bloqueo do transporte urbano metropolitano suscita polémica en Ourense cada certo tempo, pero sen que a situación avance. Segundo Vila, “as áreas metropolitanas de transporte son unha realidade nas principais cidades galegas, quedando relegado Ourense, co agravio comparativo que este feito supón”. Para Vila, “é o momento de impulsar o transporte metropolitano a través da acción coordinada dos grupos da Deputación, Xunta e os concellos” de Ourense, Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Barbadás, Amoeiro, Coles, Toén e Punxín, e mesmo A Peroxa, Cenlle, Taboadela, Paderne de Allariz e Vilamarín

A Ínsua dos Poetas acolleu este xoves 21 de marzo o seu tradicional acto con motivo do “Día do Árbore, a Auga e a Poesía”, unha conmemoración múltiple que contou coa presenza de rapaces e rapazas de todos os centros educativos da comarca do Carballiño, así como do colexio invitado este ano, o Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar.
Esta actividade cultural organizada pola Fundación “Insua dos Poetas” pretende promocionar a natureza e a lingua galega, con diversas actividades que se sucederon no transcurso da mañá e na que a rapazada da comarca carballiñesa foi a protagonista, con música, poesía e a prantación de árbores.
Este acto contou cunha ampla representación institucional na que figuraban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura en funcións da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal en funcións da Xunta de Galicia, José Luis Chan; en represenación da Deputación estivo o deputado de Medio Ambiente José María Lago, asi como os alcaldes do Carballiño e O Irixo, Francisco Fumega e Susana Iglesias, respectivamente; e o deputado provincial socialista Diego Fernández.
A Fundación "Insua dos Poetas", presidida por Luis González Tosar, está declarada de Interese Galego e ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura.

O confrade maior da Confraría da Veracruz, Rafa Melero, repasa nesta entrevista toda a programación para esta Semana Santa do Carballiño.

A Xunta culminou as obras de humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, no concello de Piñor, tras un investimento autonómico global de 460.000 €.
A intervención que se vén de rematar correspóndese coa segunda fase dos traballos da humanización desta travesía. Concretamente actuouse en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.
As obras acometidas supuxeron un investimento de preto de 300.000 euros. Centráronse na humanización destes treitos da estrada, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.
Os traballos desta segunda fase incluíron as demolicións da beirarrúa e de parte da calzada, que se repuxo mellorando a accesibilidade e a sección do firme. Tamén se realizou unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.
No treito entre os quilómetros 1+686 e 1+723 elevouse a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.
Ademais, entre os puntos quilométricos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, dispúxose unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.
Tamén se dispuxo unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.
Os traballos completáronse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e coa colocación de nova sinalización.
Esta intervención completa a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 desta estrada. Tratouse dunha primeira fase de actuación co fin de protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.

Na súa última intervención en COPE O Carballño o rexedor municipal masidao avanzou as actuacións que este concello vai levar a cabo a través dos dous Obradoiros de Emprego promovidos conxuntamente cos concellos do Carballiño e Boborás.
José Manuel Iglesias tamén repasou outros proxectos nos que traballa o concello de Maside, entre eles o de erradicación do chabolismo na Fontela, as obras de mellora da rede viaria na zona de Corzos, a reforma da rúa Principal de Maside, ou as actuacións que quere acometer no Outeiro Grande e a contorna do colexio Terras de Maside, onde non descarta a construcción de vivendas de promoción pública.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao alcalde de Maside.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »