30, Outubro 2025

Dacordo totalmente coa folga pola situación da atención primaria do Carballiño. Un escándalo

Espazo común e BNG teñen que moverse neste tema tan importante para os vecinos

Da coalición Frankenstein PSOE-PP, pouco podemos esperarr??

30, Outubro 2025

Tiruleque, Grupo de Teatro, porá novamente este sábado dia 1 de novembro ás oito da tarde en escena a comedia "A CONSPIRACIÓN DA PIOLLA" que tivo na súa estrea, o pasado domingo, unnha extraordinaria acollida entre os asistentes, que practicamente encheron o Auditorio Manuel María do Carballliño.

Esta nova representación contará con algúns novos actores interpretando distintos personaxes da obra. Será o primeiro de novembro.

Ao remate da actuación entregarase o Premio Tiruleque, consistente nunha placa conmemorativa á mellor obra da Mostra do 2024, que correspondeu a "SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN" que na pasada mostra correu a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Vigo, Campus de Vigo.

Ao acto oficial da entrega espérase a asistencia de dona Susana Reboredo Morilla, Vicerreitora da Extensión Universitaria, as dúas directoras da comedia, dona Casilda García e dona Sonia Rúa, así como sete dos acores e actrices, que tamén acudirán no nome de tódolos seus compañeiros de elenco.

O domingo, 2 de novembro, tamén as oito da tarde, Rebuldeira Teatro achegarase á vila cunha irreverente representación de "@S VELL@S NON DEBEN DE NAMORARSE", como homenaxe aos 75 anos do falecemento de Castelao.

29, Outubro 2025

Como propietaria de unha mascota pareceme vergonzosa a irresponsabilidade de algunhas persoas, que non recollen os excrementos dos seus cans. Algunhas rúas dan noxo cheas de excrementos por todos lados. Non custa tanto levar unhas bolsiñas e recoller. De verdade non hai civismo nin respeto por os demais. Se tes un can ten responsabilidade das suas necesidades.

29, Outubro 2025

Dúa mulleres xóvenes precisaron atención médica urxente tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono.

Quedaron durmidas e cun braseiro encendido no interior dunha vivenda no Camiño da Revoltiña, na capitalidade municipal de Avión. Afortunadamente, unha delas despertouse mareada e con vómitos e pudo avisar a unha veciña, que foi a que de inmediato chamou ao 112 pedindo axuda.

O operativo mobilizou ao Grupo de Emerxencias Municipais do concello de Avión, á Garda Civil e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon e trasladaron ás dúas mulleres afectadas.

Os efectivos do GES realizaron as medicións necesarias na vivenda afectada, procedendo a súa ventilación.

28, Outubro 2025

O Arenteiro Fotográfico despídese ata o próximo ano tras o éxito de participación desta edición, a primeira no Auditorio Manuel María. Desde o 13 de setembro e ata o pasado domingo, o público puido desfrutar de 17 exposicións de temática e perspectivas variadas.

O alcalde, Francisco Fumega, destacou no acto de peche da mostra a boa resposta do público, o que dá conta da importancia de apoiar as iniciativas culturais, “un eido no que O Carballiño sempre foi moi activo e mesmo pioneiro, con iniciativas coma esta, o festival de teatro ou as Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga), que precisamente comezarán o próximo 19 de novembro”.

Pola súa parte, Manuel Blanco, presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, impulsora do Arenteiro Fotográfico, valora moi en positivo a edición deste 2025: “Estivemos nun local excepcional que creo que serviu para darlle unha maior amplitude e visibilidade á mostra”.

O Auditorio Manuel María do Carballiño favoreceu a gran afluencia de visitantes, que se achegaron para desfrutar de teatro ou cine e aproveitaron para descubrir as exposicións fotográficas. “Ao ter centralizada a cultura no Auditorio compartimos público co resto de actividades”, apunta Blanco. Nese sentido, agradece a colaboración do edil de Cultura, Diego Fernández, e do resto do goberno municipal, pola cesión do espazo. “Da edición deste ano tamén temos que salientar a presenza dun fotoxornalista de nivel mundial como é Gervasio Sánchez, quen nos ofreceu unha magnífica masterclass”, recorda Manuel Blanco, que asegura que O Potiños xa ten a mirada posta na edición de 2026.

27, Outubro 2025

O Concello do Carballiño promociona a calidade da súa gastronomía na Fiera del Folpo da vila italiana irmá de Noventa Padovana, a quen se lle adicou a Festa do Pulpo deste 2025. Unha pequena delegación carballiñesa, liderada polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, desprazouse ata a localidade para participar na multitudinaria celebración, que congrega a preto de 100.000 personas nos seis días de festa.

“O obxectivo desta visita era dobre: dar a coñer o plato que máis indentifica ao Carballiño e a Galicia, ao tempo que dar a conocer a nosa vila como posible destino turístico para os miles de italianos que visitan cada ano España”, explica Dacal.

Co edil tamén viaxou Letizia, da Pulpería Fuchela, quen contou cun posto propio no evento para cociñar e vender pulpo. “Todo o mundo desfrutou moito do noso prato, é moi distinto ao deles, tanto no tamaño como na forma de cociñalo e aderezalo”, apunta Manuel Dacal.

A intención é repetir esta experiencia de intercambio gastronómico nas próximas edicións da Feira do Pulpo e da Fiera del Folpo. “Esta foi unha primeira toma de contacto moi satisfactoria, aínda que xa pedimos que se mellorase a localización do posto da pulpeira no futuro. Ela marcha encantada e disposta a repetir, e eles tamén queren vir ao Carballiño para promocionar o seu pulpo”, explica Dacal.

24, Outubro 2025

O Concello do Carballiño impulsa do 19 ao 23 de novembro o Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga, que se consolida na súa segunda edición despois da renovación da proposta en 2024. “Este é un ano importantísimo porque ademais de continuar, consolidouse un novo modelo que foi un auténtico éxito en 2024.

O novo festival internacional no que se transformou as Xociviga é un motivo de orgullo”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación oficial da cita. Nese sentido, o edil destacou o traballo dos irmáns Mario e Daniel Fernández Filloy, artífices da renovación e directores artísticos do actual festival.

O éxito de 2024 tradúcese nas máis de 1.000 curtas recibidas desde a apertura da convocatoria desta nova edición, así como na crecente proxección internacional da cita cultural. “Esta nova etapa consolídase coa forza, coa intención de seguir medrando e co respaldo dun público que respondeu moi positivamente a este cambio”, resaltou Mario Fernández Filloy.

O público poderá desfrutar do 19 ao 23 de novembro no Auditorio Manuel María de producións audiovisuais de 22 nacionalidades distintas, desde Francia a China, Exipto ou Indonesia. “Teremos unha estrea mundial, estrearemos 18 curtas internacionais que se verán por primeira vez en Galicia e 4 que se verán por primeira vez en España”, detallou Mario Fernández Filloy. A estrea mundial, que se desvelará proximamente, terá lugar o día da inauguración, o mércores 19.

Catro seccións

O festival conta con catro seccións: Xentes, Xénese, Infantil e Videoclip. “O primeiro bloque, o máis grande, é a sección oficial internacional Xentes, na que se combinan 22 curtametraxes internacionais con 4 galegas”, indicou Daniel Fernández Filloy. As propostas inclúen estilos variados e linguaxes innovadoras.

“O xurado profesional otorgará o premio Xentes, valorado en 1.500 euros”, engadiu. As catro curtas galegas, por outra banda, tamén optan ao premio Xentes de aquí, valorado en 1.000 euros. “A sección Xénese dá cabida a curtas realizadas por menores de 30 anos do territorio peninsular, quen nos presentarán novas formas de facer cinema, de narrar e mesmo de imaxinar o mundo”, explicou.

Neste caso será un xurado novo o que entregue o galardón de 500 euros á mellor curtametraxe e o galardón de 500 euros á mellor dirección de fotografía xove. A sección Videoclip, pola súa parte, inclúe videoclips galegos que o público poderá votar polas redes sociais. O galardón á mellor produción é de 300 euros. “Este ano colaboramos cos centros educativos, polo que temos unha sección Infantil que reúne curtas de temáticas divertidas que apostan pola sensibilidade, o humor e a emoción como ferramentas para educar e entreter”, sinalou Daniel Fernández Filloy.

O público, ademais, poderá votar tras cada sesión para decidir o Premio do Público, valorado en 500 euros en metálico. “O sistema de votación que implementamos o ano pasado resultou moi enriquecedor e permitía coñecer en tempo real a opinión da audiencia. Sorprendeunos moito a alta nota media das votacións, sinal de que a selección foi moi ben recibida”, valorou Mario Fernández Filloy.

Una das novidades desta nova edición é un obradoiro infantil de foley e dobraxe, no que os nenos e nenas poderán descubrir como se fan os sons e como se dobran os diálogos nas producións audiovisuais. A actividade, dirixida a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos, levarase a cabo o sábado 15 de novembro.

24, Outubro 2025

Como paciente do Ambulatorio do Carballiño, insisto en que temos que sair a calle e protestar por unha Sanidade Pública de Calidade; temos que loitar por un ben tan necesario como é ter un médico que te poda consultar cando te atopas mal.  Dende o ano 2020 a Sanidade caeu en picado,  os traballadores da Administración Pública deixan moito que desear, hai moito deixadismo pola sua parte, moita xente ocupando cargos que non dan defendido, etc.

Dende o 2020 levan esmagándonos, afundindonos cos elevados precios, tanto na alimentación como na vivenda,( un abuso de precios en xeral en todo)  e nós como borregos apandamos con todo ,da igual o que nos fagan que non se protesta por nada, bueno por case nada , Se suspenderan un partido DE FUTBOOL polo que fora, ahi si que se moveria a xente.

por que claro esta sociedad sen futbolistas non pode ir adiante pero sen MÉDICOS, CIRUJANOS, ENFERMEIROS, ALBAÑILES, CARPINTEIROS, FONTANEIROS, AGRICULTORES, GANDEIROS, ETC SI QUE PODEMOS VIVIR E SAIR ADIANTE.

24, Outubro 2025

O PSdeG-PSOE continúa coa súas reunións orgánicas pola provincia, e desta vez as e os representantes socialistas mantiveron un encontro no Carballiño, no que se constituíu a coordinadora comarcal Ribeiro/ O Carballiño, que estará dirixida por María Luz Roo Cabo, concelleira en Maside.

Na xuntanza participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria provincial de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. A comarca estivo representada por cargos do partido nos municipios do Carballiño, Maside, Punxín, Boborás ou O Irixo.

Dende a Executiva Provincial salientan que a reunión “permitiunos coñecer as necesidades da comarca, os puntos sobre os que temos que incidir a nivel municipal e escoitar as suxestións dos cargos do partido nestes concellos”. Asemade tamén apuntan que o obxectivo detrás destes encontros “é por a funcionar a maquinaria do partido e axustar o engranaxe coa vista posta nas municipais do 2027”.

Os socialistas apostan "por reforzar o partido nunha comarca clave no desenvolvemento da provincia e na que buscarán aumentar a representación nos municipios, obter novas alcaldía e, principalmente, formar as mellores candidaturas posibles para as eleccións do 27”.

A Executiva Provincial considera “primordial percorrer o territorio, escoitar a nosa xente, traballar cóbado con cóbado con eles e comezar a mobilizar ás bases do partido, atraer novos militantes e xerar espazos para o diálogo e o debate, tanto coa veciñanza, como cos axentes sociais”.

En relación á comarca do Carballiño "actualmente gobernase no Carballiño e en Maside e cóntase con representación nos municipios de Punxín, Boborás e O Irixo. A meta marcada é manter ambas alcaldías e tentar sumar algunha nova, ademais de lograr representación en municipios como San Amaro, Piñor, San Cristovo de Cea ou Beariz", subliñan.

24, Outubro 2025

Na tertulia deste venres 24 de outubro participan nos estudos de COPE O Carballiño Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, xunto a Xan Pinal.

Escóitaa aquí:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS