16, Febreiro 2026

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Cultura, organiza este martes 17 de febreiro o Gran Desfile de Entroido, unha das datas festivas máis esperadas pola veciñanza.

Polas rúas da vila desfilarán preto de 1.200 persoas entre os integrantes das comparsas e das agrupacións musicais participantes.

A Batucada PercuCar iniciará os festexos ás 16,45 horas, e o Gran Desfile arrancará ás 17,00 desde a rúa Otero Pedrayo. O percorrido continúa pola rúa Conde Vallellano, rotonda Alameda, avenida Julio Rodríguez Soto, rúa Calvo Sotelo e rúa Tomás María Mosquera para rematar na Praza Maior.

Un total de 15 comparsas son candidatas a levarse os oito premios da Concellería de Cultura, que repartirá preto de 8.000 euros entre as agrupacións gañadoras. O fallo do xurado darase a coñecer durante o concerto do Grupo La Noria, que actuará a partir das 19,00 horas na Praza Maior.

As comparsas que teñan vehículos de mobilidade reducida e carrozas, por seguridade de todos, deberán cumprir coas instrucións indicadas pola organización e a Policía Local para que o desfile transcorra sen incidentes. A organización non se fai responsable do que poida derivarse da infracción desta orde.

Record de participación no lúns de antroido de Maside

A vila de Maside acolleu este lúns unha multitudinaria celebración, nin xiquera a chuvia foi impedimento para que a vila masidá rexistrase unha participación de record.

Os tradicionais felos de Maside, orixinarios da parroquia de Garabás, como os que poden verse na fotografia, abriron un desfile no que participaron as comparsas da comarca do Carballiño e as sempre espéctaculares carrozas chegadas desde Parada de Amoeiro e o seu tradicional entroido.

16, Febreiro 2026

    O de este Goberno Municipal coas rúas Puerto Rico e Colombia xa non ten nome. Supera o soportable. Temos a rúa chea de fochancas, socavóns, cráteres, máis ben xa non temos rúa. Dende aquí pídolle o grupo de goberno, que troque o nome deste vial. Lameiro ou Congostra Colombia. Às cousas hai que chamarlle polo seu nome.

   Pero o asunto mellora. Agora en pleno entroido, en inverno con choiva, néboa e demais elementos, resulta que levamos DUAS NOITES SEN ALUMEADO PÚBLICO EN COLOMBIA E PORTO RICO.

    Pase que non teñamos servizo de limpeza, que teñamos os contedores na Julio Rodríguez Soto, que todos os cans do Carballiño veñan mexar e ... a esta rúa, pero home que estemos a escuras xa é  pasarse. 

    Neste intre son as oito da tarde e da medo, pavor circular pola rúa Colombia. 

    Logo imos por hai falando de estadios de fútbol, parques empresariais, aeroportos e reloxos de sol.

     Vaiche boa vai.

14, Febreiro 2026

De 30 euros que pagabamos a 79,95 euros anuais.

Publicado no BOP o día 30 de decembro do 2025.

Aquí non se libra ninguén do tarifazo.

14, Febreiro 2026

Alguien podria decirme por que lasdependencias de la Cruz Roja, estan en un piso, con escaleras, sin ascensor y sin otro acceso para personas con movilidad reducida? Gracias.

13, Febreiro 2026

Hoxe nun dos momentos de debate intenso entre o señor Sebastian e o señor Gonzalo, o primeiro dixo que o contrato para cambiar as farolas da avenida do Balneario foi no seu momento redactado polo psoe moito antes de que o pp entrase a gobernar co pacto de "polo ben do Carballiño" e que agora o alcalde en funcions e o actual goberno tiña a obriga de executar dito contrato. Esto estaría ben si fose verdade pois me parece que o amigo Sebastian non contaba que alí tamén opina o señor Manuel. Manuel detallou que ese era un contrato menor, a cantidade do mesmo e que lle parecía que o mesmo fora redactado cando xa estaba formada a coalicción pppsoe. Como dato mata relato e Manuel, ao meu parecer, é de esa pouca xente que intenta informarse antes de opinar, tardou menos de dez minutos en dar a data na que se da a coñecer o contrato: noviembre do 2025. Eu que non é que desconfie de ninguén pero tamén me gusta saber as cousas busquei ese contrato na páxina que dixo o amigo Manuel e, claro, alí está o documento.

Vaia silencio máis incómodo se sinteu na onda radiofónica.É decir, si o señor Sebastian minte (de forma consciente ou inconsciente, pero minte) ao dar ese dato e non tendo el ningún cargo institucional dentro do pp, que non farán quenes nos gobernan tanto no concello como en outros sitios? Que non se malinterpreten estas liñas buscando acusar a Sebastian de ser un mintireiro nin moito menos, pero as veces cando se falan de certas cousas si non se coñecen datos o mellor é non decir nada e non intentar defender o indefendible pois pódese caer en que esteamos a contar cousas que carencer de total certeza,

Moitas gracias a Cope e aos tertulianos polo seu traballo e as súas opinións de todos os viernes.

 

 

13, Febreiro 2026

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez, participan na tertulia radiofónica deste venres 13 de febreiro.

Escóitaa aquí:

12, Febreiro 2026

Os cortes no servizo de submistración eléctrica son recurrentes na capitalidade municipal do concello, na vila de Cea, cos conseguintes perxuízos para industriais, comerciantes, hostaleiros e veciñanza en xeral.

Varios oíntes desta emisora de radio manifestaron o seu malestar por esta situación na nosa programación local, a paciencia está ao límite, o a última incidencia rexistrada deixou a Cea sen suministro por máis de once horas, desde as 15:00 horas deste pasado mércores dia 11 ata entrada a madrugada de hoxe.

O alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares anunciaba en COPE O Carballiño a presentación dunha demanda do concello contra a empresa subministradora,  e invitaba a todos os afectados a sumarse á mesma.
Escóitao aquí:

12, Febreiro 2026

Entiende uno y comprende que las adversidades climatológicas vienen sobrevenidas y sus consecuencias son casi siempre impredecibles.

Dicho lo cual comprendo que el viento pueda afectar a las infraestructuras que transportan la energía eléctrica y que por su efecto nos veamos privados por un período de tiempo de ella.Lo que ya no es tan comprensible en la época en que vivimos y con toda la tecnología y medios existentes los vecinos del concello de San Cristovo de Cea tengamos que sobrepasar más de diez horas para que solventen una avería,con los prejuicios económicos en los establecimientos de alimentación,hostelería…así como del resto de empresas vinculadas al sector servicios y fabriles.

Atrás quedan los tiempos de Unión Fenosa,(o Penosa por la cantidad de averías),pero aunque sensiblemente mejorada su sucesora Naturgy deja bastante que desear.
Lejos queda aquello de que” :en Cea cando mexa un can nun poste váise a luz”,pero ahora cuando se va tarde regresa.

A todo ello hai que sumarle la falta de información por parte de Naturgy,entre que todos nuestros operadores están ocupados y ya le llamará un agente,es toda respuesta.
Total que paciencia.No sé si sirve para algo reclamar,viendo las perspectivas,lo único para deshagorse.

La semana pasada sufrimos cortes, ayer desde las tres de la tarde hasta entrada esta pasada madrugada. Ninguna respuesta por parte de Naturgy.

11, Febreiro 2026

No PODCAST de COPE O Carballiño, o portavoz do grupol de Espazo Común Adollfo Nogueira repasa a actualidade municipal no concello carballiñés.

Escóitao aquí:

11, Febreiro 2026

Coincido en todo lo que expone el anterior denunciante. Yo en su momento tuve la ocasión de escuchar al señor Nogueira en el acto que celebró Espacio Común en la biblioteca y quedé muy sorprendida de que todo lo que nos contó no coincidiese ni lo más mínimo con lo que nuestros dirigentes locales nos pretendían hacer creer sobre este incremento del impuesto de la basura. En varias sesiones plenarias defendieron a capa y espada la idoneidad y necesario incremento en el pago de este servicio y que era algo impuesto desde Europa y de Pedro Sánchez, dependiendo el color político de quien hablase. Creo recordar que hasta hubo un pleno extraordinario para hablar de esto. Pues nada, va el señor Nogueira ese día, aunque yo ya le había oido decir algo en la tertulia, y sin tener que leer ni un papel explica claramente el robo al que nos están sometiendo y de quien es realmente la culpa. No he escuchado a nadie desmentir sus comentarios. Parece ser que algo de razón tenía.Ahora leo el comentario de la anterior denuncia y me parece increible que ningún político, esos que dicen representarnos y defendernos, haga nada y que tenga que ser este señor el que dea un paso adelante. No se a que esperan nuestros representantes locales tanto de la oposición como del gobierno, teniendo más delito estes últimos al ver beneplacitamente el abuso al que nos someten con este "tarifazo", para hacer algo si es que tienen pensado hacerlo.

No se que pasará con este tema, pero que sepa el señor Nogueira que si su intención es anular este despropósito e ir hasta el final, su ejercito ya cuenta con otro soldado más.

De otro fan suyo, muchas gracias señor Nogueira.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS