10, Xaneiro 2024

Antonte dixose Nesta radio que a Xunta lle transferiu tres estradas autonómicas o Concello do Carballiño, ( entre ellas a estrada do Irixo onde esta o Rei de Copas) , outra en Veiga e outra en Madarnas,e me fago a seguiré pregunta, que gana o concello con esto, e que ganamos os veciños? A resposta e clara, NADA, a única que gana e a Xunta que se ahorra o mantemento, ahora o concello que xa lle costaba manter o que Hai Tera que facerse cargo deso, ademais de que estas estradas non se arranxaron antes de transferirse, sinceramente non o entiendo, igual que fixo Argimiro en 2015 coa Rua Ourense e algunas mais

10, Xaneiro 2024

A Xunta de Galicia investirá algo máis de 500.000 euros na redacción do plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) e instrumentos de desenvolvemento e execución do parque empresarial do Carballiño-Maside, tal como publica hoxe a Plataforma de contratos públicos de Galicia. O parque empresarial previsto pola Xunta de Galicia constituirá a ampliación do xa existente na Uceira pero emprazarase tanto nos concellos de Maside como no do Carballiño.

Así llo explicou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a empresarios e representantes de ambos concellos nun encontro no que lles comunicaron a licitación do contrato e lles ofreceron información sobre a ampliación do parque empresarial. A esta reunión asistiron tanto os alcaldes do Carballiño e Maside, Paco Fumega e José Manuel Iglesias, e o coordenador de Xestur para o sur de Galicia, o carballiñés Argimiro Marnotes. Como anfitrión, exerceu o presidente da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño, Manuel Carballeda.

Inicialmente prevese que o parque empresarial ocupe unha superficie total de máis de 1,2 millóns de metros cadrados dos que algo máis de 230.000 metros cadrados estarán no concello do Carballiño e preto de 990.000 metros cadrados corresponden ao concello de Maside. A superficie destinada a parcelas é de algo máis de 910.000 metros cadrados. A superficie das parcelas é moi variable para atender a demanda que na actualidade xa se está a recibir nos concellos do Caballiño e Maside, e van dos 1000-1500 m2 as máis pequenas ata a macroparcelas de 20.000 m2 as máis grandes.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas para optar a esta licitacion da redacción do plan estruturante do novo parque empresarial poden facelo ata o próximo 16 de febreiro. Según as estimacións avanzadas este mañá polo director do IGVS, a finais de 2025 o novo parque empresarial será xa unha realidade.

10, Xaneiro 2024

Chegou a Berán no ano 1969, facendose cargo durante os últimos 55 anos da parroquia de San Breixo de Berán, e tamén doutras parroquias ribeiráns durante todo este, como foron as de Beade, Viete, As Regadas ou Beiro. Ademáis tamén exerceu como arcipreste dos Arciprestazgos de Ribadavia e Avión.

No ano 2019 a Entidade Local Menor de Berán rendiralle unha homenaxe coincidindo co 50 aniversario da súa chegada a esta parroquia. O velorio instalouse no Tanatorio García Aliende de Leiro, o funeral terá lugar este xoves dia 11 de xaneiro ás catro da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Beade, e recibirá posteriormente sepultura no cemiterio da súa parroquia natal, en Cornoces-Amoeiro.

9, Xaneiro 2024

Buenas tardes,escuchando el programa de hoy el grave accidente ocurrido en la polemica nacional 541,me acabo de dar cuenta que aun vamos tener mucho mas trafico en la rua 25 de xulio con el cambio de la estacion de autobuses de carballiño a la nacional 541 yo soy vecino de la avenida al balneario y por delante de mi edificio pasan mas de 50 autobuses al dia cuidado que peligro a mayores mercadona va a ser un punto todavia mas conflictivo

9, Xaneiro 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou a membros da Asociación de Veciños da Touza, en Maside. Da man do alcalde de Maside José Manuel Iglesias e a unha boa representación dos veciños involucrados, Gabriel Alén percorreu as dependencias do local social.

O delegado territorial destacou o labor desenvolvido polo asociacionismo local a prol da dinamización da vida social e incidiu na necesidade de que as asociacións veciñais, así como as asociacións de mulleres rurais e as comunidades de usuarios de augas coas que colabora a Xunta conten con espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades.

Gabriel Alén, referiuse á importancia de que as administracións apoien estes colectivos co obxectivo de mellorar a calidade de vida no eido local ao tempo que se contribúe a consolidar o movemento veciñal. Por iso, animou aos veciños a seguir concorrendo a esta orde de axudas, a piques de saír na edición de 2024.

Por último, o delegado territorial da Xunta recoñeceu o mérito de todos os veciños e veciñas que se involucran nos grupos directivos deste tipo de asociacións; “é un traballo voluntario que require dunha gran implicación e que se leva a cabo coa única motivación de facer un ben á súa veciñanza. Creo que é algo de admirar e agradecer”.

8, Xaneiro 2024

O mundo do cinema ten un xénero dedicado á gasolina, os disparos e os coches. Seguramente que na historia do cine encontrarémos centos de películas que se axustan a esta definición, e mesmo teñen o seu público, sobre todo entre os amantes do automobilismo.

Unha das últimas intervencións mediáticas da Policia Local do Carballiño podería enmarcarse neste xénero cinematográfico, con persecución incluída a un conductor que desafiando as ordes dos axentes tratou de fuxir deles poñendo o velocímetro a máis de 100 k/h.

Según o propio relato da Policia Local do Carballiño "sendo as 12:15 horas do sábado dia 6 de xaneiro, na rúa Conde Vallellano, unha patrulla da Policia Local observa un varón que carece de permiso de conducir. A patrulla procede a ordenarlle que se detivese facendo uso das sinais acústicas e luminosas, pero en lugar de deterse comezou a fuxida a gran velocidade polas rúas do Carballiño".

No mesmo atestado da policia carballiñesa figura que o conductor obxeto da persecución policial chegou a superar os 100 K/h. A patrulla advertíu aos outros usuarios das rúas do perigo coas súas sirenas, recabando o apoio tanto da Garda Civil do Carballiño como da Garda Civil de Tráfico.

No seu relato, a Policia Local asegura que durante a persecución "sucedéronse as situacións de perigo, sendo finalmente alcanzado na localidade de Anllo, xa no concello de San Amaro, procedendose a súa detención por un delito contra a seguridade vial, sendo proposto a maiores para dúas sancións administrativas por conducción temeraria e conducir sen cinto de seguridade. O conductor detido é veciño do concello de Leiro, A.P.D., de 22 anos de idade.

7, Xaneiro 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, ven de recibir no Pazo Provincial á alcaldesa de O Irixo, Susana Iglesias, para coñecer en primeira persoa as principais demandas deste municipio. No encontro, Luis Menor presentoulle o novo plan de cooperación da institución provincial a través do cal o Concello de O Irixo recibirá un orzamento de máis de 200.000 euros anuais que lle "permitirá acometer moitos dos proxectos pendentes", salientou o presidente provincial.

Na xuntanza tamén se acordou que a Deputación colaborará co Concello de O Irixo na adquisición dun novo inmoble ao carón da Casa Consistorial para mellorar os servizos, así como coa Banda de Gaitas de O Irixo, unha das actividades culturais máis senlleiras da zona.

6, Xaneiro 2024

Cine para todas as idades no Novocine de Leiro para esta fin de semana na que achegarse á maxia do cine en pantalla grande pode ser un bo agasallo de reis, con atra catro películas que se proxectan o sábado 6 e o domingo 7 nos horarios que podes ver na carteleira.

5, Xaneiro 2024

Victor Gulias e Bety Feijóo presentaron ante o rexistro municipal do concello do Carballiño o documento que conta co aval de 8.541 sinaturas de apoio á principal reivindicación da Plataforma pola mellora da Sanidade Pública do Carballiño e comarca, a inmediata reposición do servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño coas dúas prazas de pediatría que ten asignadas, e tamén que se amplie este servizo de pediatría en horario de tarde. Este mesmo documento coas sinaturas van remitilo á Consellería de Sanidade e a Valedora do Pobo.

Recordan que a actúal situación de precariedade representa un agravio para O Carballiño e comarca, e que afecta directamente a máis de dous mil nenos que ten a comarca en idade pediátrica.

Asemade, avanzaron que a próxima mobilización será o domingo dia 14 deste mes de xaneiro, ás 12:30 horas, consistirá cunha cazarolada que se inciará na Pista Roxa e continuará ata o centro de saúde. Tamén van remitir un escrito ao Conselleiro de Sanidade solicitándolle unha entrevista para tratar esta problemática que afecta a O Carballiño e comarca.

4, Xaneiro 2024

Nos últimos anos dende o Concello do Carballiño organizan un espectáculo polo Día de Reis dirixido ó público familiar que atrae a moita xente da comunidade autónoma, convertíndose nun referente que ademais cada edición conta con novas sorpresas.

O punto de encontro será, como xa ven sendo habitual, a fachada do Templo da Veracruz, que nesta ocasión recibirá os visitantes ás 17:30 horas cun espectáculo de altura, onde unha experta artista, executará un trepidante e elegante número de malabares suspendida a mais de 15 metros de altura, coordinado entre luces, son e figuras flotantes, que encherán o ceo de cor, dando paso a malabares con lume que quentarán o ambiente para rematar cun espectáculo de pirotecnia diseñado para a ocasión. As súas Maxestades de Oriente manifestarán a súa presenza saudando dende o alto da Veracruz, para logo baixar fugazmente e desfilar polas rúas nas súas carrozas máxicas, acompañados dun séquito de figuras de fantasía tales como cabalos de luz e cor, zancudos, xigantes ou mesmo patinadoras máxicas , entre outras personaxes.

O tramo afectado da rúa Evaristo Vaamonde deberá estar libre de vehículos aparcahdos dende as 8:00 horas do venres e permanecerá cortado ao tráfico dende as 12:00h. Ademais, as rúas polas que circulará a cabalgata serán Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, Cruce de Ribadavia, Rúa Ribeiro e Cesáreo Tizón. Ao remate da cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar pronunciarán o seu mensaxe de Nadal dende o balcón do concello para, posteriormente, recibir ós cativos no salón de plenos .

Dende a concellería de cultura do Carballiño queren agradecer a colaboración do grupo de voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella, Policía Local, Grupo Municipal de Emerxencias, brigadas de obras e medioambiente, servizo eléctrico municipal e Garda Civil que participarán no operativo durante a xornada do venres. Asemade, tamén fan un chamamento sobre a importancia que ten realizar as compras no comercio local, e máis nunhas datas tan sinaladas e de tanto consumo como estas, por eso, agardan que con este espectáculo de gran formato tamén moita xente aproveite a súa visita á vila para mercar.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS