8, Marzo 2025

A Deputación de Ourense culminou este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a campaña que desenvolveu durante todo o ano, titulada “8M, mes a mes”, centrada en visibilizar ás mulleres que desempeñan profesións altamente masculinizadas.

No acto institucional, celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor a vontade da institución provincial para “visibilizar a igualdade entre homes e mulleres durante todo o ano, tomando como exemplo as vidas profesionais das mulleres en todos os ámbitos laborais”. Para Luis Menor, a igualdade debe ser “unha loita conxunta e sen hostilidades”. Referiuse tamén ás mulleres protagonistas da campaña que se desenvolveu durante todo o ano: Cintia Piña (camioneira); Inés Rodríguez (empresaria e artesá); Lorena Quintas (empresaria con discapacidade); Raquel Biscaia (viticultora); Zaira Vidal (cosmética natural e marketing); Montserrat Dafonte (farmacéutica); Isolina Morais (praceira de Praza de Abastos); Julia Carballo (investigadora); Victoria Diéguez (sector forestal); Julia Vázquez (conductora) e María Fernández (científica).

Para o presidente provincial, a experiencia de todas as protagonistas “é de de suma importancia para contribuír a unha sociedade máis igualitaria onde as mulleres poidan ser o que desexen ser”. Luis Menor advertiu tamén que as administracións públicas “temos que poñer unha parte importante do noso foco na procura da igualdade”, lembrando accións desenvolvidas pola Deputación de Ourense que foron merecentes de recoñecemento, como o II Plan de Igualdade que en 2023 resultou finalista nos Napolitan Victory Awards na categoría de “Campaña Gubernamental do ano”. Un plan con 35 accións a desenvolver en dez áreas de traballo baixo tres principios fundamentais: a perspectiva de xénero, a transversalidade e a atención á diversidade.

O acto institucional do 8M, foi presentado pola deputada de Igualdade, Teresa Barge, e contou coa participación da profesora da Universidade de Vigo Yolanda Rodríguez Castro; da influencer Ro_Meiry; da representante da Asociación de Mulleres con Discapacidade (ACADAR), Laura Quintas; e da actriz Mariana Carballal, que falaron das súas respectivas experiencias profesionais. As participantes relataron as dificultades que atoparon nos seus respectivos sectores e reivindicaron a igualdade coma un “dereito”. Pola súa banda, Teresa Barge agradeceu ás poñentes a súa participación no acto e puxo en valor o traballo da Deputación de Ourense para “seguir avanzando no camiño da igualdade” e agradeceu ás mulleres que “loitan”, pero tamén “aos homes que nos acompañan para conseguir esta igualdade”.

7, Marzo 2025

Estes dias foi cambiado o valado de arame da parte de atrás do colexio e, no canto de ser levado a un punto limpo ou a onde corresponda, foi deixado alí, tirado; deste mesmo xeito se fixo coa maleza que foi cortada en dito centro educativo, quedando todo amontonado sen moito xeito nunha zoa de tránsito habitual, supoñendo un perigo tanto para as persoas como para o resto dos animais.

Hai comportamentos que son, en xeral, vergoñentos, pero que o fagan os operarios das administracións públicas...

E que decir da esplanada que hai diante do Colexio, (na ubicación habitual dos espectáculos circences) que, ademáis de dar unha imaxe lamentable, con restos de obras (muricos de area, ladrillos, coios , paus) supón un risco en xeral pero, particularmente, para os nenos do barrio que, a falla dun sitio mellor, ían a xogar aí.

Dende aquí, gostaría de abrir a estudo a posibilidade de realizar, polo Concello ou quen corresponda, unha area recreativa infantil ou unha zona de lecer , que embeleza e dignifique o actual desastre co que lidamos no día a día.

7, Marzo 2025

Nova entrega da Tertulia dos Venres, a deste 7 de marzo, con Luis Tosar, María Luisa Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebastián Lamazares, xunto a Xan PInal nos estudios de COPE O Carballiño.

Escóitaa aquí:

6, Marzo 2025

O alcalde de San Amaro anunciou hoxe e no transcurso dunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño a suspensión das actividades do entroido de San Amaro previstas para este sábado dia 8 na localidade.

Fernando Redondo lamentou esta decisión ao non poder garantir a organización dun desfile no que estaban inscritas un total de 16 comparsas debido ao empeoramento do tempo previsto para o sábado, cunhas condicións meteorolóxicas adversas, con previsión de chuvias xeralizadas e mesmo probabilidade de neve nas zonas máis altas da comarca.

Mentres, o concello do Carballiño mantén a celebración de todas as actividades programadas para este próximo domingo dia 9 con motivo da XXX edición da Festa da Cachucha.

O concelleiro de turismo, Manolo Dacal, avanzou en COPE O Carballiño que en principio vaise manter o programa previsto, incluidos os dous desfiles de carrozas, folións, comparsas e charangas, con 30 agrupacións inscritas. Tan so no caso de condicións meteorolóxias que asi o aconsellasen, suspederíanse estas actividades.

Onde non haberá problema, independientemente do tempo que faga, para o xantar nos comedores da hostalaría carballiñesa, que rexistrarán un cheo total, aínda con alguhas prazas dispoñibles -xa poucas- e coa previsión de completar un aforo que -igual que o ano pasado- agárdase tamén este domingo superar as dúas mil persoas degustando o menú da festa, a base dun cocido de cachucha.

5, Marzo 2025

Auténticas xoias rodantes, ata 60 vehículos históricos verémos este próximo sábado dia 8 de marzo participando no Rali do Lacón Históricos, unha proba de regularidade organizada pola asociación Clásicos Arenteiro.

A Praza da Veracruz acollerá o parque pechado, no que poderán verse os vehículos ata as 15 horas e á súa chegada despòis de completar o rali ás 20:30 horas. A entrega de premios será no transcurso dunha cea de confraternización no restaurante Fuchela.

O rali recorrerá por estradas dos concellos do Carballiño, Maside, Leiro, San Amaro, Punxín, Boborás e O Irixo.

Nos audios adxuntos podes escoitar a Pepe Castro Gil, concelleiro de deportes do Carballiño e a José Manuel Mosquera, secretario da asociación Arenteiro Clásicos:

3, Marzo 2025

Un ano máis O Carballiño congregará a centos de participantes no concurso-desfile do entroido, este martes dia 4 -festivo local no municipio- a partir das cinco da tarde, un entroido que conta cos maiores premios de toda Galicia, por exemplo, o primeiro premio é de 1.300 euros e tamén hai un premio que outorgan as propias comparsas participantes.

Entre as comparsas concursantes repiten varias do Concello do Carballiño coma Partovia, As Flores da Costa, Aspadisi, Entroula ou Lumareda, destaca tamén Maside que contará con tres representantes, tamén contan con representación San Amaro, a cidade de Ourense ou os gañadores da pasada edición, unha das comparsas do Irixo.

O desfile, que ademais de contar cas comparsas concursantes, tamén contará ca presenza da batucada do Conservatorio de Música do Carballiño, os incombustibles Liborianos ou os 100 Tolos, comparsa espectáculo que conta con banda de música propia e chegan desde Poio.

En total, serán 15 comparsas as que desfilarán ás 17h no percorrido tradicional, que ten a súa saída na Rúa Otero Pedrayo, seguindo polas rúas Conde Vallellano, Julio Rodríguez Soto, calvo Sotelo, Tomás María Mosquera e Rosalía de Castro.

Ao remate do desfile, sobre as 19h aproximadamente, terá lugar un baile de disfraces na Praza Maior a cargo da Orquestra Alkar, á espera de dar a coñecer os premios do concurso do carnaval carballiñés, un momento rodeado sempre de gran expectación.

28, Febreiro 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta as obras da futura residencia municipal de maiores de Piñor, un centro ao que a Xunta destina 1,2M€ e que contará con 41 prazas. No percorrido polas instalacións, o xerente estivo acompañado polo alcalde de Piñor, José Luis González.

Esta actuación forma parte do Plan de Investimentos de 18,5M€ acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e co que a Xunta financia unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O obxectivo principal deste Plan é dotar aos concellos máis rurais e con menor poboación de servizos de atención aos maiores. No caso de Piñor, o Goberno galego financia o 70% das obras mentres que o resto do investimento corre a cargo da Deputación de Ourense.

O proxecto de Piñor consiste na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores. Perfecto Rodríguez destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores. Así mesmo, fixo fincapé en que o Executivo galego financiará parte das obras con fondos europeos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

28, Febreiro 2025

Despedimos o mes de febreiro a venres 28 con ambiente de feira no Carballiño e de tertulia en COPE O Carballiño.

Con María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez, Sebas Lamazares, Manuel Nogueira e José Antonio Barge, e coordinación de Xan Pinal.

Escóitaa aquí:

27, Febreiro 2025

A Deputación de Ourense publicou no BOP do 27 de xaneiro as bases reguladoras do Programa de Termalismo Social provincial para 2025, que inclúe a modalidade orientada ás persoas maiores que viven soas, o Programa contra a soidade non desexada.

Desde a área de Benestar da administración provincial, en colaboración cos balnearios da provincia, preténdese configurar aos centros termais como un recurso idóneo para combater situacións de soidade non desexada de persoas residentes na provincia.

O Programa de Termalismo contra a soidade non desexada, que se iniciou no ano 2023 e consolidouse durante o 2024 , iniciará agora o seu terceiro ano en funcionamento e permitiralles ás persoas que participen nel acceder todas as semanas a un balneario para recibir terapias que se recibirá en grupos e durante un período dun mínimo de 6 meses e un máximo de 9.

O Programa inclúe o acceso a servizos termais que se complementarán con actividades grupais de diferente natureza, que aúnen a experiencia social cos beneficios da auga mineromedicinal.

A soidade non desexada, un problema de saúde pública

A Organización Mundial da Saúde (OMS) xa declarou a soidade non desexada como un problema de saúde pública debido aos seus efectos sobre a saúde das persoas, que non só englóbanse no aspecto mental, como a depresión, tamén no físico, xa que pode provocar perda de mobilidade, enfermidades cardiovasculares e mesmo mortalidade temperá.

A soidade non desexada é un problema silencioso que afecta cada vez a máis persoas. Supón unha fonte de sufrimento para as persoas e limita o seu dereito de participación na sociedade; ten consecuencias negativas para a saúde e o benestar e en consecuencia conleva custos sociais e económicos. Por iso, a loita contra a soidade converteuse nun reto para as administracións e a sociedade en xeral.

Acceso ao Programa a través dos concellos

Para o acceso ao Programa de Termalismo contra a soidade non desexada 2025 daráselles prioridade a aqueles concellos que no ano 2024 asinaron convenio coa Deputación de Ourense e que xa tiveron un grupo de persoas que participaron no mesmo, ás que se lles garantirá o acceso directo ao Programa 2025, sendo o obxectivo do Programa a continuidade de devanditos participantes na actividade.

No ano 2024, 16 municipios participaron no programa a través de acordos de colaboración: A Bola, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Maside, O Carballliño, O Irixo, Piñor de Cea, Punxín San Amaro, Ribadavia, San Cristovo de Cea e Vilamarín.

A administración provincial asinará novamente estes 2025 “convenios de termalismo contra a soidade non desexada” coas administracións locais da provincia interesadas para que estas poidan seguir ofertando a nivel local o Programa termal.

Procedemento

Dado que ao termalismo contra a soidade non desexada as persoas interesadas deben acceder a través dos servizos sociais municipais, o primeiro paso é a comunicación á Área de Benestar da Deputación o interese da entidade local en participar no Programa 2025.

A continuación asinarase un convenio coa administración provincial e a entidade local difundirá o Programa.

Os profesionais dos departamentos de servizos sociais municipais recollerán as demandas de participación dos/as veciños/as interesados/as, para que, se reúnen os requisitos de acceso, formalicen as solicitudes de participación na plataforma electrónica habilitada.

Reserva de praza

As persoas que participaron no Programa en 2024 terán reservada a súa praza para este 2025. A cobertura das prazas dispoñibles para cada grupo realizarase en varias fases, na primeira fase terán acceso directo as persoas que participaron durante o 2024, na segunda fase poderán acceder, se hai prazas vacantes, as persoas en situación de “soidade non desexada” do municipio, e, nunha terceira fase, se seguise habendo prazas, podería autorizarse a participación das persoas interesadas que non se atopen nesta situación.

Para xestionar o acceso das persoas solicitantes as entidades locais deben levar un rexistro cronolóxico de persoas interesadas en participar no Programa, que lle facilitará a posterior tramitación das solicitudes.

Para todas as persoas interesadas a Deputación de Ourense habilitou o teléfono de información 988317773 con horario de atención de 8:30 a 14:30.

--

27, Febreiro 2025

En Dacon en el barrio da fonte acaba de aparecer un agujero peligroso para los coches que van a comer agua a la fuente y los peatones que circulamos por la zona

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS