9, Xaneiro 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou a membros da Asociación de Veciños da Touza, en Maside. Da man do alcalde de Maside José Manuel Iglesias e a unha boa representación dos veciños involucrados, Gabriel Alén percorreu as dependencias do local social.

O delegado territorial destacou o labor desenvolvido polo asociacionismo local a prol da dinamización da vida social e incidiu na necesidade de que as asociacións veciñais, así como as asociacións de mulleres rurais e as comunidades de usuarios de augas coas que colabora a Xunta conten con espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades.

Gabriel Alén, referiuse á importancia de que as administracións apoien estes colectivos co obxectivo de mellorar a calidade de vida no eido local ao tempo que se contribúe a consolidar o movemento veciñal. Por iso, animou aos veciños a seguir concorrendo a esta orde de axudas, a piques de saír na edición de 2024.

Por último, o delegado territorial da Xunta recoñeceu o mérito de todos os veciños e veciñas que se involucran nos grupos directivos deste tipo de asociacións; “é un traballo voluntario que require dunha gran implicación e que se leva a cabo coa única motivación de facer un ben á súa veciñanza. Creo que é algo de admirar e agradecer”.

8, Xaneiro 2024

O mundo do cinema ten un xénero dedicado á gasolina, os disparos e os coches. Seguramente que na historia do cine encontrarémos centos de películas que se axustan a esta definición, e mesmo teñen o seu público, sobre todo entre os amantes do automobilismo.

Unha das últimas intervencións mediáticas da Policia Local do Carballiño podería enmarcarse neste xénero cinematográfico, con persecución incluída a un conductor que desafiando as ordes dos axentes tratou de fuxir deles poñendo o velocímetro a máis de 100 k/h.

Según o propio relato da Policia Local do Carballiño "sendo as 12:15 horas do sábado dia 6 de xaneiro, na rúa Conde Vallellano, unha patrulla da Policia Local observa un varón que carece de permiso de conducir. A patrulla procede a ordenarlle que se detivese facendo uso das sinais acústicas e luminosas, pero en lugar de deterse comezou a fuxida a gran velocidade polas rúas do Carballiño".

No mesmo atestado da policia carballiñesa figura que o conductor obxeto da persecución policial chegou a superar os 100 K/h. A patrulla advertíu aos outros usuarios das rúas do perigo coas súas sirenas, recabando o apoio tanto da Garda Civil do Carballiño como da Garda Civil de Tráfico.

No seu relato, a Policia Local asegura que durante a persecución "sucedéronse as situacións de perigo, sendo finalmente alcanzado na localidade de Anllo, xa no concello de San Amaro, procedendose a súa detención por un delito contra a seguridade vial, sendo proposto a maiores para dúas sancións administrativas por conducción temeraria e conducir sen cinto de seguridade. O conductor detido é veciño do concello de Leiro, A.P.D., de 22 anos de idade.

7, Xaneiro 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, ven de recibir no Pazo Provincial á alcaldesa de O Irixo, Susana Iglesias, para coñecer en primeira persoa as principais demandas deste municipio. No encontro, Luis Menor presentoulle o novo plan de cooperación da institución provincial a través do cal o Concello de O Irixo recibirá un orzamento de máis de 200.000 euros anuais que lle "permitirá acometer moitos dos proxectos pendentes", salientou o presidente provincial.

Na xuntanza tamén se acordou que a Deputación colaborará co Concello de O Irixo na adquisición dun novo inmoble ao carón da Casa Consistorial para mellorar os servizos, así como coa Banda de Gaitas de O Irixo, unha das actividades culturais máis senlleiras da zona.

6, Xaneiro 2024

Cine para todas as idades no Novocine de Leiro para esta fin de semana na que achegarse á maxia do cine en pantalla grande pode ser un bo agasallo de reis, con atra catro películas que se proxectan o sábado 6 e o domingo 7 nos horarios que podes ver na carteleira.

5, Xaneiro 2024

Victor Gulias e Bety Feijóo presentaron ante o rexistro municipal do concello do Carballiño o documento que conta co aval de 8.541 sinaturas de apoio á principal reivindicación da Plataforma pola mellora da Sanidade Pública do Carballiño e comarca, a inmediata reposición do servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño coas dúas prazas de pediatría que ten asignadas, e tamén que se amplie este servizo de pediatría en horario de tarde. Este mesmo documento coas sinaturas van remitilo á Consellería de Sanidade e a Valedora do Pobo.

Recordan que a actúal situación de precariedade representa un agravio para O Carballiño e comarca, e que afecta directamente a máis de dous mil nenos que ten a comarca en idade pediátrica.

Asemade, avanzaron que a próxima mobilización será o domingo dia 14 deste mes de xaneiro, ás 12:30 horas, consistirá cunha cazarolada que se inciará na Pista Roxa e continuará ata o centro de saúde. Tamén van remitir un escrito ao Conselleiro de Sanidade solicitándolle unha entrevista para tratar esta problemática que afecta a O Carballiño e comarca.

4, Xaneiro 2024

Nos últimos anos dende o Concello do Carballiño organizan un espectáculo polo Día de Reis dirixido ó público familiar que atrae a moita xente da comunidade autónoma, convertíndose nun referente que ademais cada edición conta con novas sorpresas.

O punto de encontro será, como xa ven sendo habitual, a fachada do Templo da Veracruz, que nesta ocasión recibirá os visitantes ás 17:30 horas cun espectáculo de altura, onde unha experta artista, executará un trepidante e elegante número de malabares suspendida a mais de 15 metros de altura, coordinado entre luces, son e figuras flotantes, que encherán o ceo de cor, dando paso a malabares con lume que quentarán o ambiente para rematar cun espectáculo de pirotecnia diseñado para a ocasión. As súas Maxestades de Oriente manifestarán a súa presenza saudando dende o alto da Veracruz, para logo baixar fugazmente e desfilar polas rúas nas súas carrozas máxicas, acompañados dun séquito de figuras de fantasía tales como cabalos de luz e cor, zancudos, xigantes ou mesmo patinadoras máxicas , entre outras personaxes.

O tramo afectado da rúa Evaristo Vaamonde deberá estar libre de vehículos aparcahdos dende as 8:00 horas do venres e permanecerá cortado ao tráfico dende as 12:00h. Ademais, as rúas polas que circulará a cabalgata serán Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, Cruce de Ribadavia, Rúa Ribeiro e Cesáreo Tizón. Ao remate da cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar pronunciarán o seu mensaxe de Nadal dende o balcón do concello para, posteriormente, recibir ós cativos no salón de plenos .

Dende a concellería de cultura do Carballiño queren agradecer a colaboración do grupo de voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella, Policía Local, Grupo Municipal de Emerxencias, brigadas de obras e medioambiente, servizo eléctrico municipal e Garda Civil que participarán no operativo durante a xornada do venres. Asemade, tamén fan un chamamento sobre a importancia que ten realizar as compras no comercio local, e máis nunhas datas tan sinaladas e de tanto consumo como estas, por eso, agardan que con este espectáculo de gran formato tamén moita xente aproveite a súa visita á vila para mercar.

3, Xaneiro 2024

A alcaldesa de Boborás aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para saír ao paso de comentarios feitos en redes sociais nos que afirmaban que a rexedora municipal presentaría en poucos dáis a súa renuncia á alcaldía deste concello para formar parte da candidatura do Partido Popular ao Parlamento de Galicia, de cara as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.

Patricia Torres, molesta con este tipo de comentarios "que non é a primeira vez que fan", quixo lanzar unha mensaxe á veciñanza de Boborás, na que asegurou que "seréi a súa alcaldesa mentres queiran".

Podes escoitar as súas manifestacións no audio adxunto, no que a alcaldesa de Boborás tamén fai referencia a diversos asuntos da actualidade municipal neste inicio de ano, entre eles as obras que vai soliciatar o concello de Boborás con cargo o Plan de Cooperación da Deputación, que estrea este ano novo modelo de financiación cos concellos, e a través do que Boborás recibirá case 209.000 euros para este ano 2024.

1, Xaneiro 2024

O aninovo de 2024 deixanos un comezo bastante accidentado, cun incendio que destruíu unha casa no municipio de Avión, mentres que no Carballiño un home de 43 anos foi detido tras enfrontarse a axentes da Policia Local e Garda Civil.

Os medios de extinción desprazados ata o incendio declarado nunha casa na localidade de Amiudal, no concello de Avión, lograron evitar que as lapas se propagaran a outras edificacións lindeiras. Con todo, indicaron que ardeu a casa por completo, a primeira, a segunda planta e o tellado. Nada mais recibir a chamada dun particular, dez minutos despois das cinco desta tarde, que informaba de ver saír fume pola parte de arriba da casa , o 112 Galicia avisou decontado aos Bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Avión.

Ademais foron informados os axentes da Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.  Co lume controlado, os traballos dos bombeiros continuaron ata primeira hora da noite, arrefriando a zona. Segundo informaban ao 112 Galicia non houbo máis edificacións afectadas, iso si, confirmaron que ardera a primeira, a segunda planta e o tellado da edificación. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

No Carballiño, esta pasada noitevella o 112 alertou as Forzas de Seguridade dun altercado entre persoas na rúa O Irixo, polo que ata o lugar desprazaronse dúas patrullas da Policia Local e Garda Civil, cando chegaron os axentes encontráronse cunha discusión na que unha persoa acusaba de agresión a outra, polo que pedíu presentar unha denuncia, nese momento unha segunda persoa intentou agredir aos axentes alí presentes, dous da Policia Local e dous da Garda Civil. Tras conseguir reducilo despóis de ofrecer resistencia, foi detido á espera de pasar a disposición xudicial.

1, Xaneiro 2024

Juan Arturo Marquina Vázquez (terceiro pola esquerda na primeira fila da foto) faleceu aos 90 anos de idade, fora alcalde do concello do Carballiño entre decembro de 1993 e xuño de 1995, baixo as siglas do Partido Popular, nun goberno municipal compartido cos Centristas de Argimiro Marnotes.

Marquina fora elixido alcalde polo pleno da corporación municipal tras a dimisión do tamén popular José Luis García Rodríguez, pasada a metade do mandato municipal 1991-1995. Non pudo revalidar o cargo nas eleccións municipais de 1995, sendo o seu sucesor Pachi Vázquez, do PSOE, cunha alianza de goberno co BNG, e relegando aos populares á oposición no concello do Carballiño.

En maio de 1995 Juan Arturo Marquina (PP) xunto a Pachi Vázquez (PSOE) e Chema Ferreiro (BNG) protagonizaran  nos estudos de Onda Cero O Carballiño o primeiro debate electoral público na historia política do concello do  Carballiño.

 

29, Decembro 2023

O Carballiño adianta a este sábado dia 30 o tradicional "Feirón" de fin de ano, a feira máis importante do ano en canto a ambiente e animación, este ano ao cadrar o dia 31 a domingo, adiántase a súa celebración ao sábado, un evento comercial, tamén festivo e gastronómico que estará amenizado nas rúas carballiñesas pola Rondalla do Centro Cultural A Merced de chaín -Gondomar.

Tamén este sábado dia 30 temos o concerto de Fin de Ano que ofrecerá o Coro de Cámara Música Viva do Carballiño, ás 18:30 horas na Veracruz.

No auditorio do Carballiño, tamén na tarde do sábado ás 19:00 horas, a agrupación teatral carballiñesa Dar Trela representa o seu novo espectáculo "Cabaret Enxebre". Entrada 5 euros.

Na carteleira cinematográfica do Novocine de Leiro temos para estes días de fin de ano e aninovo ata 3 películas con bo cine para todos os públicos: Migración un viaje patas arriba, Aquaman e Ocho Apellidos Marroquís, en horarios -respectivamente- ás 16:00, 18:00 e 20:00 horas.

E para a noite de fin de ano, despóis das badaladas, Gran Festa de Noitevella organizada pola ANPA do colexio de San Amaro, nas instalacións deste centro educativo, para toda a veciñanza de San Amaro e do resto da comarca que queira achegarse.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS