Oxe no pleno do concello do Carballiño, o novo concelleiro do grupo de goberno pasouse medio pleno reindose nas intervencións de os voceiros de outras formacións. O outro dia na rádio en unha entrevista cando interviñan os veciños con queixas de rúas, prazas ezt iste concelleiro non facía mais ca reírse. Q seray o q lle causa tanta gracia a este concelleiro? De q se ríe?Haber si un día nos explica q é o q lle fai tanta gracia.. Se non cambia de aptitude os grupos da oposicion teñen a chave pa mandalo pa casa e q se vaia reír a súa casa. Porque paréceme unha falta de respeto reírse no pleno na intervencións do compañeiros de corporación e reírse das queixas dos veciños q somos os q lle pagamos o soldo. O mínimo ter respeto a cidadanía.

Por vez primeira na súa historia o Festival de Teatro Galego celebraráse este ano fora das súas datas tradionais no mes de setembro, pra esta edición de 2023 será do 13 ao 16 de decembro e abrirá as funcións unha obra infantil, de balde para o alumnado dos centros educativos do Carballiño.
Na presentación oficial na Deputación de Ourense estiveron presentes Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.
O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda "Antón un neno diferente". Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo "O pequeno poni". O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con "As damas de Ferrol", ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra "Testosterona" de Malasombra, ás 20.30 horas, sempre no auditorio do Carballiño.
O prezo da entrada para cada xornada será de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono.
A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.
No marco do festival entregaránse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra.
Bo día a tod@s,
Vendo as datas parece que lamentablemente non se vai celebrar a XIV carreira do Arenteiro. O ano pasado foi o 11 de decembro. ¿Vai quedar unha vila do tamaño de o Carballiño sen unha carreira de correr no 2023? A min entristéceme moito. Hai máis vida fora do fútbol….Antes tamén se facía unha BTT moi bonita por parte dos Mosqueteiros, ahora fanse algunas probas de voltas circulares como o dia da bicicleta para os nenos pero nada que ver co de antes. Carreiras de correr chegou mínimo a haber 3 o ano nesta vila. Non temos piscina pública climatizada na vila como en outras vilas máis pequenas. En definitiva a sensación e que sò se axuda ó fútbol, que non se axudan os clubes e asociacións dos particulares que poñen cartos, tempo e responsabilidade do seu bolsillo para levar estas actividades adiante. Creo que habería que reflexionar o por qué está ocorrendo isto. Unha gran pena!!

No audio adxunto podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Carlos Nemesio e Rocio Valiñas, integrantes desta Plataforma Cidadán, que leva recollidas máis de 3.000 sinaturas de apoio nunhos poucos dias, en demanda de que se repoña o servizo de pediatría que atende no centro de saúde do Carballiño a preto de 2.000 nenos e nenas da comarca en idade pediátrica. Tamén demandan servizo de pediatría en horario de tarde.
Nin no concello mais miserento vin eu tal cousa. Tapar un bache na zona de adoquin , onda igrexa vella, na rua cesareo tizon con BARRO, e tan anchos, . Choveu e burato a vista outra vez. O carballiño esta a parecer tercermundista xa en todo. Pensan que co mes de Agosto, solucionado.
Pois, ide, ide ver o "parche" que e para sair na tv . Si o centro esta asi os pobos nin quero pensalo. .
Tranquilos, xa ven o nadal e a programacion estelar que fara que se esqueza todo.

O Grupo municipal do BNG no concello de San Cristovo de Cea lamenta que a maioria do Partido Popular rexeitase no pleno da corporación deste concello as súas inciativas, en concreto para a contratación dun novo conserxe para o colexio de Cea. O grupo nacionalista posicionouse en contra do orzamento presentado polo grupo de goberno, e presentou varias preguntas e un rogo á alcaldía, que agarda sexa atendido.
1-Proposta do PP: orzamentos para 2024 (por un total de 2.100.000 €)
O portavoz do BNG sinalou que no propio informe de intervención sobre do cumprimento da estabilidade orzamentaria se indica que o concello non cumpre as condicións de endebedamento para 2023, así como que nas bases de execución non se aclaran as condicións para a concesión de axudas, subvencións e premios ás distintas organizacións, asociacións ou clubes (orzamentadas en 6.000 €). Reducen a 2.400 € as axudas á natalidade, que a 600 € por neno só cubrirían ata 4 nenos.
O BNG resalta a cantidade destinada a persoal (1.136.000 €) que supón más do 54% do orzamento, mentres para inversións reais só se prevén 254.000 €. Todas as inversións obedecen a criterio exclusivo da alcaldía. Contemplan ademais outros 248.500 € para amortización de débeda.
Considera tamén desacertado que se manteña o continuísmo de anos pasados, sen buscar perspectivas de mellora, cando a situación vai a peor. Inclúen un salario elevado para un concelleiro do grupo de goberno, pero non a posible contratación dun conserxe para o grupo escolar. Seguen orientado os orzamentos a manter a inmensa estrutura que se foi creando entorno ao concello, sen novidades sobre o necesario desenvolvemento do polígono. Para a alcaldía, son uns orzamentos realistas e axeitados para o concello. Aprobada cos votos do PP (8) e voto en contra do BNG (3).
2- Moción do BNG para a contratación dun conserxe para o grupo escolar.
O grupo escolar está sen conserxe desde fai tempo, polo que non serven escusas, nin mirar para outro lado. Sobre todo se queremos manter a actual consideración dde “excelencia” para o grupo, se pensamos nas persoas que dirixirán o futuro inmediato ou nos beneficios dunha educación de calidade. A proposta solicitaba que o concello asuma a súa responsabilidade, xunto con Piñor, para contratar xa unha persoa, sexa con medios propios, sexa con axudas da Xunta.
A alcaldía para nada quixo saber deste asunto, manifestando que os custes do grupo son moi elevados para o concello e que non ía asumilos en ningún caso.
Rexeitada cos voto dos PP (8) e favorables do BNG (3)
ROGO do BNG para a modificación das bandas redutoras de velocidade instaladas en Cea.
Instaladas recentemente, sen sinalización axeitada, provocan impacto brusco nos automóviles. O BNG, estando sempre de acordo en mellorar a seguridade dos peóns, roga que se modifiquen para facer algo similar ao que vemos noutros concellos: elevacións sinaladas nos pasos de peóns, etc., que incrementan a seguridade peonil, sen provocar danos nos vehículos.
PREGUNTAS do BNG
Sobre as rozas solicitadas en Viduedo (Eira dos Ferreños) e Vilaseco (Os Carrís), recuperación da fonte da Lama, futuro paso dos vehículos sobre a Ponte Mandrás, restauración do seu forno, se ten pensado arranxar o problema das inundacións na casa sita na rúa Santo Cristo de Cea, actualización da páxina web do concello e apertura dese espazo á publicación dos plenos, propostas, acordos e máis información de interese para a veciñanza.

Hoxe contei polo menos 7 farolas arranxadas o fin en pouca distancia, 4 na Rúa Alberto Vilanova e 3 na Alexandre Bóveda, que levaban xa algún tempo fundidas, parece que Ainda que algo lentos se comezan a areanxar as cousas que moi necesario é
La calle es nueva y ya se está hundiendo en la unión con el parque.
Sin mencionar la maleza que invade el carril bici y los excrementos que más que de perro parecen de oso.

Esta sinal de paso de peóns á altura do Fuchela alumbraba nas esquinas cando a puxeron. Non sei se vai a pilas ou non...pero agora ilumina moi pouco, de noite non se ve e de día menos. Estas luces intermitentes vense moito, por eso penso que non debe de estar conectado a ningunha fonte de alimentación... Supoño que será cousa de fomento, pero É UN PERIGO.
Non miran para ela, toda chea follas, resvalas ca xiada. Sumideiros atascados. Luces fundias ou tapadas polos arboles, de noite da medo. Farolas que faltan inteiras. As aceras blancas están negras. Baldosas levantadas para esnafrarse. Terra de cando desborda nos aparcamientos dos coches acumulada desde hai meses. Aceras cheas de cagadas de cas. Os arboles con herbas aredor. Todo a monte.
E para colo a calle estase fundindo por 15 vez e o alcalde dinos que xa a arranxaran para cando saque o contrato da auga. Calquera día funde a calle con un coche ou unha persona e hai unha desgracia.
Ainda nos han de fundir as casas despois.
Alcalde cando pensa mirar para a avenida do Balneario cando pase unha desgracia?
Moito centro de salu e moita construcción, deixese de poñer ladrillo e asfalto que xa sabemos que é o que lle interesa e arregle o que hai, que non é capaz de mantelo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- seguinte ›
- última »