15, Novembro 2023

Asi o determinou o sorteo celebrado esta tarde na sede da RFEF, un dos equipos con renome da Segunda División, o Burgos CF será o rival do CD Arenteiro na segunda ronda da Copa do Rei.

Visitará Espiñedo o dia 6 de decembro as catro da tarde. O equipo burgalés leva varios anos con bos proxectos deportivos na categoria de prata do fútbol español, e tras a útlima xornada está clasificado no 13º posto, con 20 puntos.

15, Novembro 2023

Retiran as varandas do parque e deixan os parafusos no medio pra provocar tropezos. Incompetentes!

14, Novembro 2023

Por terceiro ano consecutivo o CD Arenteiro está clasificado para a segunda ronda da Copa do Rei, e desta vez tras superar na primeira eliminatoria ao Real Avilés Industrial en partido xogado o pasado dia 1 de novembro en terrras asturianas.

Agora, na segunda ronda o Arenteiro xogará como local e o seu rival será un equipo de superior categoria, da Liga de Fútbol Profesional. Tras ultimos resultados das eliminatorias que foran aprazadas polo temporal, hai un 90% de probabilidade de que o rival sexa un equipo de Segunda División e un 10% que sexa un equipo de Primeira División. Os partidos para esta segunda ronda xogaránse entre os dias 5 ao 7 do próximo mes de decembro.

Os equipos posibles rivais do Arenteiro son os seguintes:

Primera División: Alavés, Almería, Athletic, Cádiz, Celta, Getafe, Girona, Las Palmas, Mallorca, Rayo Vallecano, Real Betis, Real Sociedad, Sevilla, Valencia e Villarreal.

Segunda División: Alcorcón, Amorebieta, Cartagena, Burgos, Eibar, Elche, Eldense, Espanyol, Racing de Ferrol, Huesca, Leganés, Levante, Mirandés, Oviedo, Sporting, Tenerife e Valladolid.

O sorteo poderá seguirse en directo en COPE O Carballiño, este mércores dia 15 de novembro a partir das 13 horas. 

14, Novembro 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, Félix Rubial, mantiveron unha reunión co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, membros da corporación municipal e alcaldes da comarca para abordar a situación asistencial da especialidade de pediatría no centro de saúde da capital do Arenteiro.

O delegado territorial e o xerente explicaron que o centro de saúde do Carballiño conta con 2 prazas de pediatría (1 delas xubilouse en setembro e a outra está en comisión de servizos) e nestes momentos a atención pediátrica estase a cubrir con médicos de Familia Puericultor. Sen embargo e prevendo a situación convocouse por concurso de méritos, e sen necesidade de oposición, 1 praza para O Carballiño - A Ponte.

Esta modalidade extraordinaria de cobertura sen oposición é posible grazas a unha Lei de medidas excepcionais impulsada esta lexislatura pola Xunta, que introduciu este tipo de incentivos para facer fronte a escaseza de especialistas en determinadas áreas.

Gabriel Alén e Félix Rubial lembráronlle aos presentes que a partir das 15.00 horas, a atención urxente de calquera neno ou nena, tanto no Carballiño como en calquera outro punto de Galicia, faise nos Puntos de Atención Continuada; e que a Xunta de Galicia actúa en consecuencia e pon en marcha todas as medidas posibles dentro das súas competencias para solucionar a escaseza de profesionais sanitarios.

“Dende a Xunta -incidiron ámbolos dous representantes autonómicos- faise unha aposta decidida polos pediatras de atención primaria, e isto é por todos coñecidos xa que Galicia conta cunha das taxas máis baixas de ocupación de prazas de pediatría por parte de médicos de familia”.

Galicia é unha das poucas comunidades onde a atención pediátrica nos centros de saúde é realizada en case o 90% dos casos especificamente por especialistas en pediatría. E no 10% restante, a atención é realizada por médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, cunha formación sólida no campo da pediatría.

O número de pediatras en Galicia mantense a pesar do descenso da natalidade. Aínda así, sinalar unha vez máis que o Servizo Galego de Saúde está na continua procura de pediatras tanto para substituír os profesionais de baixa como para cubrir as vacantes que van quedando libres.

Medidas pioneiras ante a situación deficitaria de persoal médico
Ante a situación deficitaria de persoal médico especialista de pediatría, problema endémico en toda España, e dentro das competencias que a Xunta pode desenvolver, o Goberno galego adoitou medidas pioneiras como a través da lei de medidas fiscais e administrativas para 2022 establecer a creación da nova categoría de facultativo especialista de primaria e a súa provisión, de xeito extraordinario, por concurso de méritos.

Trátase dunha medida precursora en todo o Estado; unha medida que ofrece unha praza en propiedade por concurso de méritos, sen necesidade de pasar por unha oposición, tamén para aqueles profesionais que remataron a súa formación este ano.

Graza a esa Lei, a Xunta lanzou no 2022 a oferta de 106 prazas de facultativo especialista de atención primaria para dotar de persoal as prazas vacantes de mais difícil cobertura.

Estas 106 prazas xa están resoltas e publicadas (das que 2 delas foron para O Carballiño-Ribadavia), son 106 profesionais que cobren cada un deles dúas gardas ao mes nos Puntos de Atención Continuada, co cal poderase contar con 212 gardas mais ao mes, o que suporá mais de 2.500 gardas ao ano.

A Xunta de Galicia continuou traballando para estender esta medida e poder consolidala. Para iso foi aprobada no Parlamento unha Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, que permitirá á Xunta ofertar mais prazas en propiedade e a través de concursos de méritos, non só na atención primaria senón tamén nos hospitais comarcais

Estamos a falar de 423 prazas de persoal sanitario por concurso de méritos para cubrir postos de difícil cobertura, o que supón multiplicar por catro a convocatoria anterior. Entre estas 423 prazas están: 72 de facultativo especialista en atención primaria (4 convocadas para Carballiño), 59 de pediatría de atención primaria (unha desas prazas é para Carballiño/a Ponte), 109 de diferentes especialidades médicas nos hospitais comarcais e 173 de persoal sanitario nos programas iniciados ao abeiro do Plan de Saúde Mental.

A oferta foi aprobada a través do Decreto 32/2023, de 13 de abril de 2023 (DOG do 23 de abril de 2023). Os procesos selectivos xa están en marcha coa previsión de que antes de finalizar o ano podan estar resoltos.

13, Novembro 2023

O Partido Popular da comarca do Carballiño conta con cinco representantes na Xestora Provincial que dirixirá a formación política na provincia ata a celebración do próximo congreso provincial, asi o aprobou o Comité Executivo do PPdeG a proposta de Luis Menor. Deste órgano pasan a formar parte os veteranos alcaldes de Beariz, Manuel Prado e San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, ambos participarn no chamado "Consello de Veteranos".

Os outros tres representantes da comarca do Carballiño son o alcalde de Piñor, José Luis González, asi como os portavoces municipais do Partido Popular nos concellos do Carballiño, Lino González, e Maside, Nacho Campo. Ademáis, como integrante nata tamén forma parte da xestora a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na súa condición de deputada provincial.

O Comité Executivo do PPdeG aprobou esta proposta feita polo presidente da xestora provincial de Ourense, Luis Menor, dos 88 membros que formarán parte do único órgano que rexerá o partido ata a celebración do próximo congreso provincial. Logo de que este órgano aprobase a proposta, o presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, quixo destacar deste proceso interno que “onde moitos vían moitas dificultades, todo culminou con normalidade e con xenerosidade”.

Pola súa banda, Luis Menor explicou que a súa proposta inclúe unha ampla lista de persoas “para conseguir a máxima representatividade de toda a provincia, xuntando a experiencia con xente que nunca estivo na primeira liña política e procedentes dos máis diversos ámbitos de actividade”.

Destacou neste sentido a creación dun Consello de Veteranos “con homes e mulleres do partido que atesouran un importante caudal político”. O obxectivo máis inmediato que ten o PP de Ourense, afirmou, é “poñer ao partido a pleno rendemento para dar a primeira maioría absoluta a Alfonso Rueda e a quinta do PPdeG en Galicia”.

A xestora terá 32 membros natos, entre representantes nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia, na Deputación Provincial e cargos do Goberno galego; así como outras 47 persoas procedentes fundamentalmente da política local e os 9 integrantes do Consello de Veteranos.

12, Novembro 2023

A comarca do Carballiño supera en 13 puntos a media galega, e sitúase entre as comarcas galegas na que os autónomos teñen máis peso no total das afiliacións á Seguridade Social.

No conxunto dos nove concellos da comarca os autónomos son 2.033, mentres que os que cotizan no rexime xeral ascenden a 3891, segundo os datos da propia Seguridade Social rexistrados no último mes. Entre ambos reximenes suman 5.924 afiliacións á SS.SS. Logo, están os cotizantes do rexime do fogar, algo máis de 200, e os que figuran no agrario, practicamente con números simbólicos. Ademáis, hai que ter en conta que unha boa porcentaxe das afiliacións ao rexime xeral na comarca carballiñesa son traballadores de empresarios autónomos.

Por concellos, O Carballño ten 2519 afiliados ao rexime xeral, 1233 autónomos, 132 no do fogar e 10 no agrario.

En Maside, 442 no rexime xeral e 205 autónomos. 

San Cristovo de Cea contabiliza 291 no xeral e 177 autónomos.

Piñor ten 185 afiliacóns no rexime xeral e 114 autónomos.

O Irixo suma 153 no rexime xeral e 69 autónomos.

En Boborás case hai tantos autónomos como no rexime xeral, son 112 autónomos por 119 no xeral.

En San Amaro, hai tantos afiliados no rexime xeral como autómos, 61 e 60, respectivamente.

Punxín ten 98 afiliacións no xeral e 46 autónomos.

E finalmente, en Beariz o número de afilidados autónomos supera aos do rexime xeral, con 27 autónomos e 23 no rexime xeral.

 

 

10, Novembro 2023

Chegaronlle dúas intervencións ao tertuliano Nogueira para:

1. Aclarar o tema da denuncia de ESCO polo pago de 149 horas extras a un traballador do concello. 

2. Deixar claro que a licitación da obra da rúa de Ourense inclúe a redacción do proxecto, xa que o existente non era legal e tiña deficiencias. Aparte aclarou que o convenio decae si para o ano a hidrográfica non consegue presupuesto do estado para dita obra.

Pois menos mal que non está informado, porque si chega a estalo..

10, Novembro 2023

CINE.  O auditorio municipal do Carballiño acolle a proxección semanal do Cine Club Carballiño, "Cerrar los ojos" a gran última película de Victor Erice. Venres 10 ás 19:30 e 22:30 horas. O Novocine de Leiro presenta para estes dias unha carteleira con ata 4 películas, cos titulos, dias e horarios que son os que podes ver no cartaz que ilustra esta información.

TEATRO. A actriz carballiñesa Josi Lage e o actor valdeorrés Gabriel Prada presentan "ALMAR", unha obra inspirada nunha historia real, a relación amorosa que mantiveron o científico Albert Einstein e a espía rusa Margarita Kanionkova. Sábado 11 e domingo 12 ás 20:30 horas no auditorio do Carballiño.

TASCA E LITERATURA. A  Agrupación Cultural Avantar organiza unha nova edición desta actividade histórica no Carballiño, desta vez coas palabras e os versos de Belén de Andrade, Luis González Tosar, Carlos da Aira, Xil Alén e Andrés Fernández. A BODEGA DE FLORES, domingo 12 ás 12:30 horas.

MESA REDONDA DEDICADA A TOMÁS MARÍA MOSQUERA.  O Centro de Estudos Chamoso Lamas conmemora o bicentenario do nacemento deste persoiro histórico que vivíu e ten rúa dedicada no Carballiño. Venres dia 10 ás 20:30 hroas no salón de actos da casa do concello, coa intervención dos historiadores Xosé Luis Sobrado e Carlos Montes, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

FESTA DO MAGOSTO. A gran fin de semana magosteira chega con magostos en todos os concellos e parroquias da comarca, na que varias parroquias celebran a festividade do patrón San Martiño. Os concellos do Irixo e Cea celebrarán este sábado magostos multitudinarios, e no Carballiño, no barrio de Flores desde as 8 da tarde deste 11 de novembro.

 

10, Novembro 2023

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira participan nesta nova tertulía dos venres en COPE O Carballiño, moderada por Xan Pinal, e na que se repasan e comentan os asuntos da actualidade semanal.

10, Novembro 2023

Seguimos sin servicio de autobuses de Carballiño a Vigo , todo pasa por Ourense o Ribadavia. 

Donde los autobuses estan llenos de gente de aqui que se tiene que despla,ar a Ribadavia por ejemplo, y ser los padres o familuares lis que lleven aeztudiantes o trabajadores. 

Antes habia el bus que bajaba de Chabrada, pero lo quitaron . Despues de llamar a la empresa, dijeron que depende de que losconcellos lo reclamen . Santiago seria otro destino. 

Pues bien, ahora que tenemos intermodal, pongamos 

Seria otro tema parasacar en la tertulia y presionar. Seria un buen setvicio porque viajeros hay muchos. 

Saludos

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS