6, Novembro 2023

Entra en profundidad en los temas y con seriedad. Analiza cada tema dejando al margen la ideología. Abarca cualquier temática y se informa con precisión. Su margen de error es insignificante. 

Necesitamos muchos más nogueiras y menos hooligans palmeros del desastroso gobierno local. 

Siga así señor Nogueira porque es usted un lujo para cualquier tertulia.

6, Novembro 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá no Carballiño a nova edición do programa Outono Xove; iniciativa da Xunta, a través da Consellería de Política Social e Xuventude e co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables. Trátase dun programa de educación non formal durante o outono, co fin de ofrecer alternativas de ocio responsable e seguro á mocidade galega e favorecer a adquisición de competencias transversais, un destes programas vaise desenvolver na residencia de tempo libre do Carballiño, na que se deron cita o alcalde Francisco Fumega e concelleiros do grupo popular no concello carballiñés.

O delegado territorial explicou que o programa conta 900 prazas dispoñibles para que a mocidade galega desfrute de actividades de lecer e formativas durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro en albergues xuvenís e residencias de tempo libre situadas en diferentes localidades do territorio galego. Os mozos de entre 14 e 30 anos de idade que desexen anotarse poderán facelo a partir das 10:00 horas, xa aberto o prazo dende o venres 27 de outubro, e a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Gabriel Alén sinalou que o Outono Xove volve presentar un amplo catálogo de actividades que se vertebra en oito programas que se desenvolverán noutras tantas instalacións; unha delas na provincia de Ourense: ‘Aventureza no Carballiño II’, na residencia de tempo libre do Carballiño.

Cos programas Outono e Primavera Xove, a Xunta busca desestacionalizar a oferta de tempo libre para a xuventude. Así, ademais da tradicional campaña de verán, ofrécense actividades durante os meses de outubro e primavera.

Outro dos obxectivos deste programa é darlle aos distintos albergues xuvenís e residencias de tempo libre públicas utilidade durante todo o ano.

‘Aventureza no Carballiño’ desenvolverase do 10 ao 12 de novembro para a quenda de mozos e mozas de 14 a 17 anos, e do 24 ao 26 de novembro e do 1 ao 3 de decembro para os mozos e mozas de 18 a 30 anos. As actividades xirarán a carón de rutas e rastrexos culturais e de aventura, xogos populares, xogo de escape no Carballiño, láser tag e tiro con arco.

O número de prazas habilitadas para cada unha destas opcións e fins de semana é de 20 e o programa inclúe aloxamento na residencia de tempo libre, polo que se achega manutención completa desde a noite do venres ata o domingo pola mañá.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade diferentes, posto que haberá grupos con participantes de 14 a 17 anos e outros de 18 a 30. A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné Xove aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

6, Novembro 2023

A xunta de goberno da Deputación de Ourense acordou na súa reunión desta mañá destinar unha achega económica por importe de 48.000 euros a favor do concello de San Amaro, cuxa finalidade é a reforma do tellado e cuberta do edificio das antigas escolas da parroquial de Anllo, convertido agora en centro social.

Doutra parte, o concello de Punxín recibe unha axuda da Deputación para financiar o servizo municipal de transporte veciñal para este ano 2023. Trátase dun servizo que presta o concello á veciñanza, os martes de cada semana un autobús fai un recorrido por todas as parroquias do concello, transportarndo aos usuarios á capitalidade municipal, utilizado sobre todo para achegarse ao centro de saúde da localidade.

 

6, Novembro 2023

Incrible ler a crítica aos tertulianos e máis concretamente ao señor Nogueira. Parece que todo o malo que pasa no Carballiño é culpa dos tertulianos da cope e non do grupo de goberno.De momento co tema da rúa de Ourense o señor Nogueira foi o único que dixo claramente as deficiencias que tiña o expediente e que as obras non se comenzarían nin en septembro nin en outubro. E de momento, acertou. E non me parece que estea el moi contento con esa situación pois cada vez que saile o tema na tertulia el o di claramente: "ojalá estivese xa esa obra feita, pero...". Tamén explicou porque pode ser que o tan famoso convenio pode quedar sin financiación por parte da confederación hidrográfica, ao ser un convenio plurianual firmado por parte do concello con unha administración que depende dos presupuestos do estado e ser un convenio plurianual.

Pero case mellor, que o explique el novamente, para que quen queira escoitar e atender o faga.

Por certo, pois si, menos mal que non hai un tertuliano de ES-CO senon a algún saialle o veneno polos ollos e pola boca. E non só escribindo aquí, senon tamén nos plenos.

5, Novembro 2023

Despois de leer a un copenauta analizando a tertulia deste venres é chamativo que se lembre tanto de Espazo Común cando non hai ninguén desta formación nela. 

Dicirlle ó interfecto que non se debe confundir a política coas obsesións persoais. 

Hai medicación para esas cousas. 

 

5, Novembro 2023

Vista a anterior denuncia parece que a algúns lles escoce a diversidade de opinións e se critique o que se fai mal no Carballiño. Pola súa animadversión polos dous Nogueiras e tamén cara Espazo Común creo que xa sei de quen se trata pero non vou caer na baixura de dar nomes e apelidos aquí. Soamente dicir que non é obrigatorio escoitar a tertulia dos venres se con elo non se da canalizado a bilis axeitadamente.

5, Novembro 2023

O temporal "Domingos" deixa un carrusel de incidencias na comarca, en practicamente todos os concellos, sendo as máis numerosas as estradas cortadas por diversos motivos, árbores caídas, e cortes de suministro eléctrico que afectaron a máis de 3.000 usuarios durante a fin de semana, algunhos prolóngandose por espazo de varias horas, sendo os concellos mais afectados os de Cea, O Irixo e Maside.

Danos nun vehículo e no vello palco do campo da festa do Lago-Maside

A caída dunha árbore de grandes dimensións derrubada polos fortes ventos na xornada do sábado provocou grandes destrozos no vello palco do campo da festa da parroquia do Lago, no concello de Maside, e tamén nun vehículo estacionado neste mesmo lugar, sen que houbese que lamentar danos para as persoas.

O risco de desprendemento do rótulo do antigo hostal Noroeste corta a rúa Xosé Pontes

No casco urbano do Carballiño foron varias as incidencias provocadas polo temporal, a Policia Local cortou ao tráfico a Avda. do Arenteiro, o camiño Carboeiros entre a rúa Astureses e a Avda do Parque, onde se acumulaba moita auga e arrastres de terra, que os deixaron intransitables.

Na rúa Xosé Pontes a Policia Local cortou o paso tanto de vehículos como de peóns ante o risco de amenaza de que caese sobre a rúa o rótulo do antigo hostal Noroeste, o desprendemento dalgunhos elementos das fachadas dalgunhos edificios tamén motivou a instalación de vallas para advertir desta perigosa circustancia. No municipio carballiñés o 112 comunicou aos servizos de emerxencias un total de 13 incidencias durante a fin de semana.

O GES de Avión tivo que retirar unha ducia de árbores que impedían o trafico en varias estradas do municipio

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avíón tivo que atender numerosas incidencias, todas elas provocadas por árbores caídas na rede viaria municipal, como aconteceu nos accesos a Belecón, Acevedo, Oroso, Cortegazas, Beresmo, Pascais, e nas estradas intermunicipais Beresmo-Albarellos e Córcores-Cardelle.

 

5, Novembro 2023

Parece que ultimamente, nas tertulias, non se fai mais ca criticar todo o que pasa no Carballiño, e calar o do resto dos concellos da comarca, como se neles non pasase nada e estivese todo perfecto, a saber porque, e despois comentar varias cousas, que demostran unha gran desinformación do que se esta falando, en especial do señor Nogueira.

Comezamos co tema da rúa Ourense, que estan en mal estado e a sua reforma de moi necesaria, xa esta adxudicada a empresa PROYECON,foi adxudicada xa definitivamente a dia 30 de outubro, tras estimar a CHMS as alegacions presentadas contra a anterior adxudicacion, que efectivamente estaba incursa en presunción de temeridade, e que nestes casos a empresa ten que xustificar porque e capaz de facer a obra a tan baixo precio, cousa que non fixo e polo tanto se adxidicou a PROYECON, que estaba de segunda na licitacion, NON hai que volver a licitar señor Nogueira, asi que por favor non minta porque sei que sabe de sobra iso.

A obra VAISE FACER por moito que a alguns coma a vostede e os de Espazo Comun tanto lles disguste que as cousas avancen, e vostede sabe tan ben coma min, que v ai haber goberno socialista, non mare a perdiz con ese tema, e ainda que non o houbese, non iban a deixar eso sin facer xa que a obra esta xa adxudicada, ademais de defender o caciquismo dando a entender que se goberna outro partido non  se fan obras, porque a CHMS fixo obras en concellos gobernados polo PP se vostede non o sabe, porque o de informarse non vai con vostede polo que se ve.

E en úiltimo lugar e case mais sangrante e que se queixe de que non hai transporte público, cando vostede foi o primeiro, xunto co outro Nogueira, en deixar colgada a Plataforma, o ver que non podía sacarlle rédito político, que aquí somos poucos e todo se sabe Manoliño, e se non o sabe agora hai mais transporte público ca antes, hai dous autobuses máis o día, e se repuxeron os dous tren a Ourense que se suprimiron pola pandemia, e que dende logo grazas a vostede non foi.

Acepte a súa derrota e os seus resultados, e deixe de desinformar a poboación, e para desgaraza de moitos o seu partido que facilitou a saída do cárcere de numerosos violadores, vai a seguir gobernando.

E tamén querido resto de tertulianos, que seipades, que falar dende unha silla e moito mais doado que facer as cousas, e que se se fai unha taquilla aparte e porque ADIF NON DEIXA USAR A SÚA, aínda que eles non a usen, e tamén que seipan que van a levar para alí a Emilio, o que esta na estaciones de autobuses.

En penúltimo lugar tamén que sepan que a nova parada intermodal, que ben certo e, que e un pendello ridículo xa esta plenamente operativa, aínda que alguns conductores non a usen por comodidade, pero xa se lles dixo que deben empregala SEMPRE, en lugar de parar do outro lado como fan agora.

E que seipades que o centro de saúde vaise facer na estación de autobuses por moito que patalen os de Espazo Común.

E xa para rematar, en referencia a do cruce onda o Arsenio, tende coidadiño porque fai tempo sancionaron os de Tráfico a un conductor que se me puxo a dereita pensando que había dous carriles, e por certo Sebas, ese tramo e dos teus amigos da Xunta, que vaia por Deus, como no lo teñen.

Saúdos a todos

3, Novembro 2023

CINE. O Cine-Club Carballiño proxecta este venres a película "El maestro jardinero", dirixida polo cineasta Paul Schrader. Auditorio municipal, venres 3 ás 20:00 e 22:30 horas. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias "Trolis 3" (16:00 horas) e "Los asesinos de la luna" (17:45 e 21:15 horas)

TEATRO. A concelleria de cultura do concello carballiñés en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais presenta a "Teatro dos Vieiros" cun espectáculo de teatro infantil, con música en directo e narración oral, con Xoán Curiel e Charo Pita (Auditorio municipal, sábado ás 18:00 horas). Ademáis, Tiruleque Teatro clausura a Mostra de Teatro Amador coa compañía de A Coruña "Ditirambo Teatro" e a súa obra "Apuntamento para un magnicidio" (Domingo 5 ás 20:00 h. no auditorio".

XANTAR. O salón gastrómico de Expourense terá representación do Xeodestino turístico do Ribeiro-O Carballiño, ata o próximo domingo.

FESTA DOS COGOMELOS.  O pavillón de deportes de Soutelo de Montes acolle a XIX Festa dos cogomelos o domingo dia 5, con menú degustación, exposicións, concursos e actuacións musicais.

ARENTEIRO FOTOGRÁFICO. A  asociación O Potiños inaugura este sábado novas exposcións tanto individuais como colectivas no local de Evaristo Vaamonde 26, entre elas a expo colectiva "Pulpeiras do Carballiño".

FÚTBOL. O Arenteiro recibe en Espiñedo ao equipo madrileño do Fuenlabrada en partido de liga da Primeira RFEF (Sábado 4, ás 19:00 horas)

 

2, Novembro 2023

Ademáis de anunciar un novo proxecto para acondicionar a rúa Grupo Escolar e a contorna do CPI Terras de Maside por importe de 700.000 euros para os que agarda a colaboración da Xunta, o alcalde José Manuel Iglesias tamén presentou á directora xeral de administracción, Natalia Prieto que se reactive o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela.

A obra da mellora da rúa principal de Maside, os pasos que continúan dándose para avanzar no proxecto de parque empresarial O Carballiño-Maside, ou as actuacións de mellora no campo de fútbol do Outeiro Grande, son outros asuntos tratados polo rexedor municipal  nesta entrevista en COPE O Carballiño. Podes escoitála no audio adxunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS