
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou as pasadas semanas unha moción para ser debatida no pleno instando ao Concello Á ADQUISICIÓN PARA A SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DAS CASAS REITORAIS ABANDONADAS NO CONCELLO DO IRIXO.
O concello do Irixo, do que forman parte doce parroquias, ten a meirande parte das súas casas reitorais en auténtica ruína como a de San Cosme ou a de Reádegos , Froufe ou Espiñeira; ou en semi-ruína, como a de Dadín, Cangues ou Corneda, esta última dun gran valor artístico e arquitectónico e en continua espoliación. Xa no ano 2002 o concello anunciou publicamente a adquisición da casa reitoral de San Cosme para turismo Rural e así fora reflectido nos medios de comunicación, pero pasados, máis, de 14 anos nada se sabe da compra de ningunha destas casas reitorais que forman parte do noso rico patrimonio, aínda que non sexan propiedade deste Concello.
O Grupo Municipal Socialista, indica que estas accións se poden realizar sen prexuízo de incluír outras casas reitorais, edificacións ou terreos que puideran quedar en desuso como a do Campo, ou en estado de abandono progresivo, pero actualmente de forma mais urxente centrándose claramente na Parroquia de Cangues (Santo Estevo), Parroquia de A Cidá (Santa Mariña), Parroquia de Corneda (Santiago), Parroquia de Dadín (San Pedro), Parroquia de Espiñeira (San Pedro), Parroquia de Froufe (San Xoan), Parroquia de Reádegos (Santa Baia) e Parroquia de San Cosmede de Cusanca (San Cosmede) As casas reitorais do Concello do Irixo, conforman, en gran parte, un conxunto artístico e arquitectónico que merece, sen lugar a dúbidas, a pena ser conservado e posto en valor e uso con múltiples posibilidades.
Debido ao estado destas propiedades, e a que a Igrexa hai xa uns anos que decidiu vender algunhas propiedades en desuso e especialmente as que están en estado ruinoso ou practicamente, como é o caso das anteriores sinaladas, sería moi asumible negociar coas autoridades eclesiásticas para que o Concello do Irixo adquirise a titularidade de todas estas antigas casas reitorais para recuperalas e poñelas en valor. Todas estas casas, algunhas situadas estratexicamente e outras con enormes posibilidades segundo o caso, poderían, despois dun laborioso proceso de restauración, non so albergar espléndidas vivendas de turismo rural ou albergues, que darían un pulo importante ó concello no ámbito laboral e turístico; senón tamén poderían ser convertidas en centros culturais, dotacionais ou municipais que darían servizo social para todos os veciños e veciñas do Irixo.
Xa que logo, poderían ser puntos de ocio e reunión dos veciños de cada unha das parroquias. É, ademais, unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos a este concello, porque non esquezamos que o patrimonio do concello é dos veciños e veciñas de todas as parroquias. Debido ao seu estado de deterioro á inversión inicial non debería ser moi elevada e perfectamente asumible por este concello, sempre e cando se axuste o seu presuposto, dotando unha partida orzamentaria, ou chegado o caso, unha modificación de crédito para acometer a compra despois dunha negociación coas autoridades eclesiásticas.
A rehabilitación de todas estas propiedades, que se iría prolongando no tempo, podería contar con diversas subvencións de distintas administracións e mesmo poderían dar lugar á creación dun obradoiro de emprego, xerado polo propio concello ou en colaboración con outros concellos veciños, o que xeraría traballo e riqueza no concello.
Os socialistas, queren destacar que a negociación para a adquisición destas casas reitorais coas autoridades eclesiásticas, debería incluír espazos ou metros de terreos da Igrexa que sexan necesarios para mellorar as comunicacións ou as infraestruturas do concello. Sirva como exemplo, que coa cesión duns dous ou tres metros na fachada do destro da parroquia do Campo se podería acometer o ancheamento e a urbanización do entorno con beirarrúas, que mellorarían considerablemente o entorno e garantirían a seguridade dos peóns que actualmente circulan pola estrada para desprazarse á igrexa; ao non dispoñer, no entorno da parroquia, de accesos axeitados.
O Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, presentou, hai semanas, para a súa consideración e dada a importancia da conservación e posta en valor deste patrimonio existente no concello, que ademais serviría conxuntamente con outras accións para dinamizar o turismo e a economía do concello, unha moción instado ó Pleno municipal á adopción do seguinte ACORDO: “Que o Concello do Irixo negocie coas autoridades eclesiásticas, sexa o Bispado ou quen ostente a representatividade deste para tales cuestións, a adquisición na fórmula máis vantaxosa, preferiblemente a compra, das casas reitorais existentes no Concello, deshabitadas e en estado de abandono para rehabilitalas coa solicitude das axudas das distintas administracións autonómicas, estatais ou europeas, aproveitando a rehabilitación das mesmas para a creación dun Obradoiro que xere emprego e dinamice a economía do municipio e finalmente destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais, etc. para todos os veciños e veciñas de O Irixo.”

O PSdeG-PSOE de Leiro manifesta o seu rexeitamento á decisión do alcalde e do Partido Popular local de designar como pregoeiro da XXXIV Festa da Vendima a un alto cargo estatal do PP, sen ningunha vinculación co sector vitivinícola, coa vendima nin con Leiro.
A Festa da Vendima, celebrada desde hai máis de 30 anos e declarada de interese turístico de Galicia, é unha das citas culturais e turísticas máis importantes do noso concello. Naceu co obxectivo de poñer en valor a tradición vitivinícola, a nosa cultura e a identidade local, e ao longo da súa historia foi un escaparate para amosar ao mundo o orgullo do Ribeiro e de Leiro, manifestan os socialistas
Historicamente, o PSdeG de Leiro defendeu e defende "que o pregón debía recaer en persoas cunha ligazón real ao viño, á cultura ou á historia local, como adegueiros, colleiteiros, escritores, artistas ou divulgadores. Porén, nos últimos anos consolidouse unha tendencia preocupante".
E fan unha relación dos pregoneiros dos últimos anos: 2019: Mariano Rajoy, expresidente do Goberno e referente do PP, sen relación profesional nin persoal co viño do Ribeiro. 2022: Román Rodríguez conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 2023: José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta, cargo político do Partido Popular. 2024: Maria José Gómez, conselleira de Medio Rural da Xunta, cargo político do Partido Popular. 2025: Miguel A. Tellado Fidalgo secretario xeral do Partido Popular Nacional.
“Non se pode utilizar un evento financiado con fondos públicos e pensado para todo o pobo, como escaparate político dun partido”, declararon os concelleiros Pedro José e Manuel, portavoz e viceportavoz do PSdeG de Leiro. “Reclamamos que se respecte o espírito orixinal da Festa da Vendima e que o pregón volva ser unha honra para quen ama e promove a nosa terra neste o Concello de Leiro .”
O PSdeG de Leiro lembra que esta festa non pertence a ningún goberno municipal nin a ningunha sigla política, senón a todo o pobo. Por iso, comprometémonos a seguir defendendo que a Festa da Vendima permaneza libre de manipulación política e continúe sendo un espazo de encontro, orgullo e promoción da nosa cultura e do noso viño.
SUSANA IGLESIAS MENTIROSA
Decir nas redes que o concello do Irixo suspendeu o pleno de agosto cando (según me confirma un concelleiro que non e certo) solo o retrasaron dentro do mesmo mes uns días e mentir alto e claro. E de todas esas cousas que puxeches que habia que facer, tu o único que fixeches foi propaganda porque seica nada deixaches feito…. Perdón algo fixeches, pasar facturas de traballos sen facer segundo dixeron no ultimo pleno…. E creo que mais cousas pero eso vamolo deixar para outro dia, que moito te fartaches de criticar o sr lito e tu chamaches a quen che pareceu decindo que pdiran que querias deixar o concello a cero e os que lle dixeches de cousas do concello para facturr a nombre de certas empresas…. A merda cnado e moita o final flota…
Claro que cada un fai e dice o que mellor se lle da, a ti e mentir, porque outra prepracion non tes… e o q sabias de farmacia seica se che esqueceu que non te quixeron nela de novo… sorte pas xentes do Irixo e para ti que tes mais tempo para andar de bares o que mellor sabes facer…
Porque non escribes de que seica vas ter que devolver os cartos que cobraches do concello por estar mal cobrados… porque non escribes de que seica despois de toda esa propaganda das tuas denuncias resulta que seica as vas perder todas…. Empeza a contar da primeira xa… e as que veñen en camiño… porque o único que persigues e meter merda o concello, pero o final vas caer tu sola no tanque do purín… a xente xa fai tempo que lle empezas a cheirar, sobre todo cando andas chamando a xente por teléfono para decirlle o q deben ou non deben de facer… vives moi engañada tu e mais q te vas desengañar…

Con máis de 20 anos de traxectoria musical, seis discos de estudo e unha proxección internacional que as levou a actuar en máis de 50 países, Las Migas é unha das bandas españolas de fusión flamenco máis recoñecidas a nivel mundial. Chegarán á provincia de Ourense para ofrecer un exclusivo “showcase” nun enclave emblemático: o miradoiro Val de Oseira, con vistas ao emblemático Mosteiro de Oseira. Esta proposta fusiona a cultura de diferentes rexións que atravesa o itinerario xacobeo da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe, que preto dun 30% dos peregrinos inicia en Sevilla.
O evento celebrarase o mércores 13 de agosto a partir das 20:00 h e contará cun programa pensado para gozar dunha experiencia cultural completa vinculando arte musical e camiño. A xornada comezará cun monólogo a cargo do actor e humorista Manuel Chacón, seguido dunha entrevista en directo coas integrantes do grupo, que compartirán co público a súa traxectoria, inspiración e proxectos futuros. O broche final ponerlo unha actuación íntima de Las amigas, na que interpretarán en directo algúns dos seus temas máis coñecidos. Despois de tocar en máis de 50 países e colaborar con artistas destacados, “Las Migas” seguen conquistando corazóns coa súa proposta vibrante, valente e chea de música que chega á alma.
Este evento enmárcase no proxecto 0311_CAMIÑO_VERTICAL_6_E, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027), na que participa INORDE como socio. O seu obxectivo é achegar o patrimonio cultural e natural do Camiño de Santiago aos públicos máis novos, a través de propostas innovadoras que combinan arte, música e tradición.
Con máis de 850.000 seguidores en Instagram e un Latin Grammy no seu haber (Mellor Álbum de Música Flamenca, 2022), “Las Migas” seguen consolidándose como unha das bandas máis relevantes do panorama musical actual. Esta será unha oportunidade única para velas nun formato íntimo e nunha contorna de gran valor paisaxístico e cultural como é o do Mosteiro Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, que conta coa declaración de BIC na categoría de monumento histórico, e é un dos principais referentes patrimoniais na Vía da Prata ao seu paso pola provincia de Ourense.
Dí o dito popular que “pasou o día, pasou a romaría”. No caso da Festa do Pulpo é tal que así polo que toca facer balance de todo o acontecido durantes esta última semana, comezando porque cada vez hai menos romaría, unha das moitas cousas que se debe mellorar na planificación para anos vindeiros.
Espazo Común ven recollendo estes días tódalas queixas, ideas e aportación de colectivos, empresarios, cidadáns de a pé, xuventude, etc. e tentará que no pleno do vindeiro mes de setembro se debata a creación dun grupo de traballo con participación de todos estes sectores para mellorar a organización dunha festa que, a pesares da súa grandeza, semella estancada e menos atractiva cada ano que pasa.
A teórica semana grande da nosa vila baseouse nunha programación moito máis escasa ca outros anos e, sobre todo, moi repetitiva. Os Coribantes viñeron ao Carballiño 8 veces nos últimos 9 anos e os Gin Tony´s en 7 ocasións no mesmo tempo. Sen dubidar da calidade destes artistas, non estaría de máis algunha novidade. A “actuación estelar” de Zapato Veloz e de Los Limones deixou un sabor agridoce nos asistentes.
No programa tampouco atopamos actuacións nin actividades para o sector da xente xove, a gran esquecida ano tras ano por este Concello.
Outro aspecto a mellorar é o da organización do récord da tapa de polbo máis grande do mundo. Xa hai anos que todo o pobo, pulpeiros incluídos, insiste no seu traslado á Praza da Veracruz e só a teima inmobilista do goberno a mantén nun espazo reducido e con pésima visibilidade.
O caos da sábado á noite con respecto aos horarios tamén é algo a anotar, faise necesario compaxinar a diversión co descanso dos moitos cidadáns afectados polo ruído. Non pode haber locais coa música a todo volume ás 8 da mañá.
O eterno conflito de intereses do goberno tamén se percibe no desigual reparto das actividades e acutacións musicais, moi concentradas nun área concreta arredor da parte superior da rúa Principal.
E así chegamos ao domingo. O día grande por excelencia.
Na parte institucional, a xa acostumada desorganización no tocante aos actos. Por exemplo: a inauguración da praca conmemorativa do irmanamento con Noventa Padovana da que ninguén foi avisado e da que os medios de comunicación foron avisados con media hora de antelación.
Poderíamos continuar coa estrana e descafeinada recepción de autoridades que foron expostas á 1 da tarde a un sol inmisericorde contra todo sentido común.
Se hai uns anos a cuestión era se viña o presidente do goberno central, o da Xunta ou algún ministro, vemos como a presenza mediática na festa vai indo a menos.
Que houbo menos afluencia de xente nesta edición é unha obviedade que tódolos asistentes percibimos mesmo con moita menor densidade de tráfico nas horas punta ata o grao de que non había policía en moitos dos cruces conflitivos.
A escasez de pulpeiras no Parque repítese outro ano máis ante a aposta do goberno local de aumentar o seu número no casco urbán. Ao xuízo de moitos veciños, un erro que está facendo moito dano á romaría tradicional e que pon en perigo o futuro da festa.
A sensación xeneralizada é que para favorecer a uns poucos bares, vaise perder o espírito orixinal e o feito diferencial da Festa do Pulpo: o de ser unha romaría tradicional no marco incomparable do noso Parque Municipal.
A escaseza de baños, xunto cos fallos que obrigaron a inutilizar algúns e a hora á que foron pechados moito antes de que rematara a festa da xuventude o domingo pola noite tamén dá conta do grao de improvisación e da ausencia dunha planificación axeitada.
Todas estas cuestións e algunhas outras serán tratadas a instancias de Espazo Común no pleno de setembro onde aportaremos unha moción coa proposta de creación dun grupo de traballo. Un conxunto de veciños representantes do comercio, da hostalaría, da xuventude, da cultura, etc. que traballe con moita antelación para acadar que a Festa do Pulpo volte a medrar e saia do estancamento no que se acha.
O obxectivo ten que ser a elaboración dun regulamento para a organización da festa e unha folla de ruta que derive en moitas e necesarias melloras.
Es curioso como se permiten barras en el exterior, machacando el cesped de jardines y el Lunes a primera hora se riega.
Es curioso, como cafeterias de la calle principalvy alrededores del concello se transforman en discotecas con equipos de musica en el exterior, volviendo a su normalidad y aparente seriedad al llegar el Lunes.
Es curioso, que no se controle el trafico, ni coches mal aparcados, ni se busque una somucion a este problema, sabiendo que va en aumento.
Es curioso que la mayoria de actividades se concentren en el mismo sitio y las terrazas campen sin control.
Y lo curioso es que ni concejales, ni alcalde ni oposicion se muevan. No es decir, es hacer .
Pero con llenar el pueblo y ganar elecciones basta, hasta acabar con todo, como las fiestas patronales
Un saludo...

Aqui podes escoitar o PODCAST de COPE O Carballiño deste 11 de agosto dedicado á 63 edición da Festa do Pulpo.
EL AYUNTAMIENTO MUESTRA UNA IMAGEN DE LA FIESTA DEL PULPO EN LA QUE, APARENTEMENTE, SE APRECIA UNA FIESTA TRADICIONAL, CON LAS PULPEIRAS, EL PALCO CON LAS ACTUACIONES, PERO LA REALIDAD ES QUE ES UN BOTELLON DE GRANDES DIMENSIONES, DONDE UN BAR SE ENRIQUECE CADA AÑO MAS A COSTA DE LA CANTIDAD DE BASURA QUE SE GENERA, LA MALA IMAGEN QUE SE MUESTRA EN MUCHISIMAS IMAGENES, Y EL RIESGO ENORME QUE SE CONCENTRA EN LA ZONA DEL PARQUE DONDE SE LLEVA A CABO ESTO, TAN DIFERENTE UNAS IMAGENES DE OTRAS, REALMENTE ESTA ES LA FIESTA DEL PULPO??? EN QUE SE HA CONVERTIDO.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na 63ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, onde puxo en valor a relevancia deste produto para a vila e para o conxunto da comarca, tanto no ámbito cultural como económico.
Durante a súa intervención, o conselleiro subliñou que o polbo forma parte esencial da identidade galega e que celebracións como a do Carballiño contribúen a manter viva esa tradición, ao tempo que impulsan a economía local e a xeración de emprego e emprendemento ligado ao territorio. Destacou ademais que o impacto desta festividade abrangue sectores como a hostalaría, o turismo e o pequeno comercio, exemplificando un modelo de desenvolvemento sostible baseado en recursos propios. Por último, reiterou o compromiso da Xunta con todas aquelas iniciativas que apoian a promoción do territorio, a dinamización económica e a preservación dos nosos sinais de identidade.

O Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo congregou hoxe a máis de 2.000 persoas na Praza Maior, que amosaron a súa creatividade a través de coloridos e orixinais deseños. Preto dun centenar de peñas pasaron polo photocall para posar co Pulpo Octavio, e para presumir das súas creacións.
Por primeira vez, produciuse un empate entre as tres camisetas máis votadas, polo que foi necesario acudir ás bases do concurso e desempatar polo número de integrantes.
Así, a gañadora foi a peña 333 FM, de 45 integrantes, que recibiu os 300 euros do primeiro galardón. Os Tentaculazos de Cenlle, de 24 integrantes, levouse o segundo premio (200 euros), e os Pulpitos Fiufiu, de 21 participantes, gañou o terceiro premio (100 euros).
Ademais, todos os deseños que cumpran os requisitos recollidos nas bases recibirán unha compensación de 60 euros ata esgotar o crédito dispoñible. No caso de superarse o orzamento, terase en conta a orde de inscrición.
O Concello do Carballiño pon en valor a creatividade da veciñanza, á que agradece a súa participación nesta tradición que une a maiores e pequenos.