A Afluencia de público ao mitín do Carballiño desborda as previsóns de AGE

14, Outubro 2012

A casa da cultura do Carballiño quedouse pequena este pasado sábado, moitas persoas tiveron que seguir o mitin de AGE e pé e outras moitas tiveron que quedarse fora, ao completarse o aforo.

Os responables carballiñeses da Alternativa Galega de Esquerda, a candidatura que lidera Xosé Manuel Beiras, fixeron un mal cálculo da posible asistencia ao seu acto electoral no Carballiño, e ao final a asistencia de público desbordou as previsións da organización.

O Alcalde de Teo e membro de Anova, Martiño Noriega, non perdeu a ocasión para referirse a este éxito de convocatoria no Carballiño "cada vez enchense máis os auditorios e cada dia que pasa nesta campaña, AGE provoca máis ilusión e máis xente se vai sumando a este proxecto, esto é o que me estou encontrando por todo o país adiante en todas as vilas, aldeas e cidades ás que vou falar", subliñaba.

Antes da intervención do Alcalde de Teo, que pechou o acto, falaron os candidatos que abren a lista por Ourense, que explicaron as liñas fundamentais do programa electoral da Alternativa Galega de Esquerdas, que baixo o lema "hai que paralos" pretende converterse na clave da derrota electoral do Partido Popular.

O representante da comarca do Carballño na candidatura de AGE, Andrés Fernández, que actúou como presentador dos distintos oradores que tomaron a palabra, pedíu disculpas a "todos os que non poideron entrar na casa da cultura do Carballiño", para seguir este acto electoral.