A Audiencia Provincial devolve ao Xulgado as actuacións polos sucesos de 2009 na canceira do Carballiño

6, Marzo 2012

A Audiencia Provincial de Ourense ven de dictar unha resolución en contra do arquivo da causa que se sigue no Xulgado nº 1 do Carballiño pola morte de cans de forma violenta na canceira municipal da Medela.

Neste auto do pasado 24 de febreiro, a Audiencia considera "prematura a decisión do Xulgado de Instrucción de arquivar a causa sen tomar declaración aos responsables e traballadores da canceira, declaracións que se solicitaron no procedemento co obxeto de aclarar a morte dos animais", según declara a Asociación Matar por Matar Non, que recurrira ante a Audiencia o arquivo do procedemento denunciado no Xulgado do Carballiño.

Ademáis, a asociación recorda como "é a 3ª vez que a Audiencia Provincial detén o arquivo desta causa e decide devolvela ao Xulgado do Carballiño ao obxxeto de que se aclare o posible delito de maltrato animal, co resultado de máis dun cento de cans mortos con indicios de violencia".

En declaracións a COPE O Carballiño, o responsable da asociación, Xulio Fernández, recordou como "no Concello do Carballiño constituírase unha comisión de investigación para aclarar os feitos, houbo un cámbeo de goberno e aínda seguimos esperando que esta comisión faga o seu traballo, non dirán que non somos pacientes", ironizou.