As carballiñesas do Club Aehde consiguien un meritorio décimo posto no Campionato de España de Grupos Show de patinaxe artística.

O Club Aehde O Carballiño continúa asinando unha tempada para enmarcar. Na súa primeira
participación no Campionato de España de grupos show de patinaxe artística, celebrado en Guadalajara e na modalidade de grupos pequenos (ata 12 membros), a entidade carballiñesa obtivo un meritorio décimo posto competindo os campions do mundo e as principais formacións da disciplina a nivel continental e universal.
O seu programa "Asasinato no Oriente Express" obtivo unha puntuación de 25,32 puntos,
quedando moi preto de entidades cheas de historia como o CPA Olot, que lle antecedeu nunha clasificación onde Cunit, Tona e Figueres leváronse o podio.
O Aehde carballiñes, ademáis, foi o terceiro equipo galego por detrás de Condado e Brión, as dúas entidades cas que compartiu podio no campionato Galego.
A próxima cita para o grupo de categoría Nacional do Club Aehde será o Trofeo Internacional de Alcoi, tamén coñecido como a Copa de España, o vindeiro 18 de abril.
Dende O Club Aehde agradecen "a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, que nos axudou a facer realidade a nosa presenza no Campionato de España".