Cine en Leiro e O Carballiño, música e xornada xacobea en Cea, mercado de nadal en Maside, e arte en Boborás, na axenda da fin de semana.
Unha fin de semana de tempo inestable e temperaturas diurnas con máximas no entorno dos 12 graos, e con diversidade de actividades, algunas delas ao aire libre.
Cine en O Carballiño e Leiro
O Cine-Club proxecta este domingo ás 19:00 horas no auditorio a película galega "Lúa Vermella", a última obra de Lois Patiño. No Novocine de Leiro cine de estrea coa película española "Hasta el Cielo", co galego Luis Tosar no reparto, en sesións -sábado e domingo- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.
A cantante Lucía Pérez e Feitizo de Pau en Cea
O centro multiusos de San Cristovo de Cea acolle este sábado unha xornada de promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que abrirá o grupo de música tradicional Feitizo de Pau ás 11:30 horas. Despois terán lugar tres relatorios sobre diversos aspéctos do Camiño Xacobeo, para dar paso seguidamente a actuación da eurovisiva Lucía Pérez, antes dunha degustación de productos locais. A xornada concluirá cunha visita a un forno de Cea e o mosteiro de Oseira.
Mercado Navideño en Maside
Con postos de artesanía, productos locais, ou reposteiría, que se ubicarán baixo unha carpa, en horario de 11:00 a 18:00 horas do domingo na Alameda de Maside. Haberá sorteos entre o público asistente e antes de finalizar o mercado, á media tarde, fará acto de presenza Papá Noel.
Visita guiada en Boborás
O domingo ás 10:30 horas os participantes están convocados a reunirse na Igrexa de San Martiño de Camexia (Na foto), onde comezará a visita guiada. Tras coñecer esta xoia do románico, os participantes achegaránse ata o Castro de Cameixa, e finalmente visitarán a "Casa da Gafa", en Laxas. Margarita Estévez -guía turística- e Jorge Lamas -arqueólogo- guiarán esta cita coa arte e a arqueoloxía.
Sáude e boa fin de semana !