Concelleiros do goberno municipal "ignoran o confinamento de forma habitual facendo un uso partidista para obter rédito electoral" denuncian desde Espazo Común

15, Abril 2020

Espazo Común cita un informe da Xefatura da Polícia Local do Carballiño no que se afirma que existen excepcións no estado de alarma "deben limitarse a desprazarse desde as súas casas ao concello e coas liminatacións que temos calquera veciño."

"A semana pasada, deuse unha circunstancia pola que recibimos numerosas queixas de veciños de diferentes lugares do Carballiño. A visita a domicilio dalgúns concelleiros do goberno que semellan crer que a lei que obriga aos cidadáns a un confinamento para evitar contaxios, a eles non lles afecta, molestou a moitos veciños", subliñan.

A formación política liderada por Pachi Vázquez, Adolfo Noguiera e Érika Paz, aseguran que durante os últimos dias e por parte de varios membros do goberno local e pola do propio alcalde Fumega "estiveron a percorrer rúas e aldeas para facerse ver e entregar mascarillas a quen a eles lles parecera convinte, sen criterio sanitario algún e obviando a moita xente de risco".

Censuran este comportamento citando as manifestacións públicas dos dirixentes provincais do PSOE porque "como ben sinala o propio PsdeG-PSOE provincial nun comunicado onde censuran que alcaldes do PP estean a aproveitar a crise do coronavirus para facer publicidade electoral e afirman que o único que amosan con esta publicidade é a súa absoluta irresponsabilidade e indecencia política, facendo un uso partidista desta situación para obter un rédito electoral" e remarcan por elo dende Espazo Común "non o dicimos nós, dío o PSOE".

E recurren ao refraneiro para recordar que "semella moi acaído aquel dito da palla no ollo alleo e a viga no propio".

"Namentras moitos fillos e netos non poden achegarse a ver a seus pais ou avós, a reincidencia no comportamento e, polo tanto, nas protestas de moitos cidadáns que consideran que se pon en risco a saúde dos seus familiares, leváronnos a demandar un informe policial para clarexar se os concelleiros teñen algún privilexio sobre o resto da cidadanía que lles permita circular ao seu capricho", proclaman desde Espazo Común.

E aseguran que resposta "foi clara e contundente, non existe tal excepción e deben limitarse a desprazarse das súas casas ao Concello e ás limitacións que temos calquer outro veciño".

Finalmente, agardan que tras revelar publicamente este informe asinado polo xefe da Policía Local do Carballiño "deixen de levarse a cabo estas perigosas visitas que ignoran o confinamento para todos os cidadáns e se comece a predicar co exemplo por parte do grupo de goberno, proque a saúde debe ser o primeiro", conclúen.