A conselleira de Medio Ambiente informa ás sociedades de pescadores dos rios Arenteiro e Viñao das axudas para o fomento da pesca fluvial

5, Febreiro 2020

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ángeles Vázquez, reuníuse no novo centro sociocultural de Boborás cunha ampla representación social da Sociedade de pesca deportiva Arenteiro do Carballiño e A Sociedade de pesca do río Viñao.

Ademáis, xunto aos numerosos pescadores, tamén estiveron presentes nesta reunión os alcaldesdo Carballiño e O Irixo e a alcaldesa de Boborás.

Neste acto informativo, Angeles Vázquez Mejuto adiantou que a previsión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural é publicar no DOG as axudas, de concorrencia competitiva, polo que as entidades interesadas poderán presentar ao día seguinte a solicitude correspondente, sempre e cando esteen recoñecidas como tal, para financiar os seus proxectos.

Recordou que en base a estas axudas poderán desenvolverse no ano 2020 actuación e accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e actividades divulgativas ou formativas, encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural como medida de fomento da actividade da pesca fluvial.