A Corporación de Leiro apoia ó "camiño xacobeo miñoto Ribeiro"

1 Nov 2009
Pleno da Corporación de Leiro

A Corporación de Leiro en sesión de pleno

A iniciativa de reivindicar a existencia desta ruta xacobea partíu inicialmente da asociación cultural "Castela Auriense" que preside Pablo Lorenzo, e deu lugar posteriormente a constitución da "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro", un colectivo ó que se adheriron varios Concellos polos que atravesaría este camiño xacobeo, entre eles Padrenda, Castrelo de Miño, Ribadavia, Boborás, Avión ou Forcarei. A nova asociación leva maís dun ano traballando na documentación para achegar á Xunta de Galicia para lograr o recoñecemento oficial desta ruta xacobea que, procedente do norte de Portugal, atravesaría as actuais comarcas do ribeiro e O Carballiño para dirixirse á Terra de Montes, polo Concello de Forcarei e chegar a Compostela a través da bisbarra de Tabeirós. Na "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro" estaban representados Concellos gobernados polos tres grandes partidos, PP, PSOE e BNG. Ainda así, restaba o apoio doutros Concellos, como os de Arnoia, Beade e Leiro, que non chegaron a formalizar a súa adhesión nesta asociación.No pasado mes de setembro, as diferencias xurdidas no seo da xunta directiva da "Encomenda" deron lugar a creación dunha segunda asociación, constiuida baixo a denominación "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro". En tempo record, esta nova asociación conseguíu a adhesión do Concello de Leiro, xa que o 23 de outubro presentaba un escrito no rexistro municipal deste Concello, e seis dias despois, este pasado 29 de outubro, a petición foi trasladada ó Pleno da Corporación, que a aprobou. O acordo obriga ó Concello de Leiro a prestar os apoios necesarios para sacar adiante este proxecto, que se considera de suma importancia, non só desde o punto de vista histórico, senón tamén unha oportunidade única para o desenvolvemento socio-económico e turístico dos Concellos polos que decorre este camiño, para o que se agarda o recoñecemento institucional por parte da Xunta de Galicia.

Comentarios

Iste Alcalde e patetico

Iste Alcalde e patetico primeiro dice que non e interesante, pero...... dixo Rogelio que habia que apoyar ista iniciativa, e iste señor coma unha marioneta, fixolle caso.

Estaras contento

Estaras contento Fariñas???,¿¿¿ non se trata de reivindicar o camiño Xacobeo???, ou e que es ti agora quen non quere que este aprovado por o alcalde de Leiro....

En Leiro xa se sabe, senón

En Leiro xa se sabe, senón eres do grupo de goberno non esperes colaboración en nada, maís ben preparate para encontrarte con trabas a todos os nivéis. O pobo vai a menos a toda velocidade, por algo é.

As ideas son boas veñan de

As ideas son boas veñan de quen veñan, é unha mágoa que incluso nunha iniciativa tan positiva para o conxunto das nosas comarcas afloren as diferencias e os intereses políticos e partidistas, dos que mal entenden o exercicio da política, unha mágoa que atá para esto haxa dúas asociaicóns distintas cando o obxetivo é o mesmo. O pior enemigo de nós mesmós é o minifundismo político, así non imos a ningunha parte.

Que se sepa asociacións pode

Que se sepa asociacións pode haber duas, so que en unha delas deve quedar so "Pablito" , disque votou os demaís..... Isto so ocurre porque "pablito", quere que falemos de "PABLO". O pior enemigo de nós, non e maís que iste "pallista" e autarquico, egocentrista, fustrado "beibi mimado". Iste "salva patrias" e "minifundista na humildade", so pensa en como ser o centro de atención e prestase a que lle viquen o cuiño. Iste" SINCHAN " do carallo, os que o coñezemos de preto, sabemos que desfai mais que fai. Certo eh que dende o Concello de Leiro o "Paco"e un tranca camiños, e non so el comete o erro de persoalizar, e politizar alguns asuntos como este do Xacobeo, pero o "pablito" non se salva de isto, xa que ou il eh o morto do enterro, ou morre para chorar por si mesmo. O victimismo do pablo fariñas, e repelente para calquer que o coñeza, so isto e naide maís ten culpa, bueno... isto eh botellin ou botella, borrachera tras borrachera, e asi non hai "idea" que dure nin"rebaño" que lle sigua.............PONTE EN CURA de por vida, inda estas a tempo de quedar ben nos periodicos ou nos libros de historia, e sobor de todo se fas a tua bibliografia. Xa chegou de ridiculos, deixa de escarallar todo o que tocas "ILUMINAO".